Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 8 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Comprender a base xenética dos caracteres cuantitativos e os métodos dispoñibles para o seu estudo
Entender os métodos de estimación de parámetros xenéticos como a taxa de mutación de caracteres cuantitativos, efectos xénicos aditivos e dominantes, compoñentes da varianza xenética, etc.
Aprender a predicir e estimar a magnitude do lastre de consanguinidade, e a fracción que se purga por selección natural
Entender os principios da selección artificial e as súas implicacións sobre a varianza xenética
Entender a acción da selección natural sobre os caracteres cuantitativos e o seu detección
Aprender a detectar e mapear loci de caracteres cuantitativos mediante datos xenómicos
1. Base xenética dos caracteres cuantitativos
2. Estimación e predición de parámetros xenéticos
3. Depresión consanguínea e purga xenética
4. Selección artificial
5. Selección natural e a súa detección
6. Análise dos carácteres cuantitativos con datos xenómicos
• TEMAS
TEMA 1. A variación continua. Conceptos e definicións básicos. O modelo infinitesimal.
TEMA 2. Os compoñentes do valor e a varianza fenotípicos. Heredabilidade e correlación xenética. A desviación ambiental e a súa contribución á varianza fenotípica.
TEMA 3. Análise xenética das poboacións. Desequilibrio de ligamento. Forzas de cambio nas frecuencias alélicas.
TEMA 4. Consanguinidade e parentesco. Consanguinidade en poboacións subdivididas. O censo efectivo de poboación.
TEMA 5. Estimación de valores, varianzas e covarianzas xenéticas. Estimación da heredabilidade e a correlación xenética.
TEMA 6. Estimación e análise da mutación en caracteres cuantitativos. Estimación de parámetros mutacionais. Mutación e recombinación.
TEMA 7. Consecuencias da consanguinidade sobre os caracteres cuantitativos. Cruzamento e heterose. Aplicacións en conservación.
TEMA 8. Principios da selección artificial e as súas aplicacións. Resposta a longo prazo. Selección familiar, intrafamiliar e por BLUP. Uso de marcadores moleculares.
TEMA 9. Os caracteres cuantitativos e a eficacia biolóxica. A resposta á selección natural. Selección direccional, estabilizadora e diversificadora. Pegada xenómica da selección natural.
TEMA 10. Análise xenómico dos caracteres cuantitativos. Mapeado de loci de caracteres cuantitativos. Estudos de asociación xenómica. Detección da pegada da selección. Selección xenómica.
Bibliografía básica:
Caballero A. 2017. Genética Cuantitativa. Editorial Síntesis, Madrid. ISBN: 97-884-9077-466-3.
http://www.sintesis.com/biblioteca-de-genetica-302/genetica-cuantitativ….
Caballero A. 2020. Quantitative Genetics. Cambridge University Press, Cambridge, Reino Unido. ISBN: 978-1-108-48141-0 (Tapas duras) y 978-1-108-72235-3 (Tapas blandas).
https://www.cambridge.org/es/academic/subjects/life-sciences/genomics-b….
Bibliografía complementaria:
Lynch M., Walsh B. 1997. Genetics and Analysis of Quantitative Traits. Sinauer, Sunderland, Massachusetts, EE.UU.
Walsh B., Lynch M., 2019. Evolution and Selection of Quantitative Traits. Oxford University Press, Oxford, Reino Unido.
Competencias Básicas:
CB6
CB8
CB10
Competencias Xerais:
CG01
CG02
CG05
Competencias Específicas:
CE01
CE02
CE03
CE04
CE05
CE06
Competencias Transversais:
CT05
CT06
Clases Expositivas
Lectura e análise dos textos proporcionados por o/a profesor/a, presencialmente e/ou no aula virtual
Talleres/ Seminarios presenciais ou en aula virtual
Traballos grupais e/ou participación en foros de debate presencial ou virtual
Actividades mediante TIC (equipos informáticos)
Desenvolvemento de traballos académicos e defensa presencial
Titorías personalizadas presenciais e online
Traballo autónomo do alumnado non presencial
• Proba escrita: Se avaliará mediante unha proba escrita a adquisición dos principais conceptos teóricos por parte do alumnado (70 % da cualificación na materia). En caso de necesidade poderase realizar online.
• Avaliación continua: Se avaliará de xeito continuo tanto a actitude do alumnado nas clases teóricas e prácticas como a resolución de problemas, cuestións e exercicios propostos (30 % da cualificación da materia)
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Horas presenciais: 24
Expositivas: 15
Interactivas de Laboratorio (prácticas): 7
Exame: 2
Horas de traballo do alumnado: 51
Ter cursado previamente polo menos algunha materia con contidos de Xenética de Poboacións e/ou Xenética Evolutiva