Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 9 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Área externa M.U en Xenómica e Xenética
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Comprender o proceso de mutación no cancro
Entender a dinámica evolutiva tumoral
Coñecer e aplicar distintas técnicas para o estudo xenómico do cancro
Coñecer as diferentes aplicación clínicas da xenómica do cancro
1. Introdución á bioloxía dos procesos tumorais e aspectos funcionáis do cancro
2. Alteracións xenéticas, patróns de mutación e procesos mutacionais
3. Evolución somática; heteroxeneidade intratumoral e clonalidade
4. Aplicacións clínicas entorno á xenómica do cancro e mediciña persoalizada
TEMAS
• Tema 1. Introdución á xenómica do cancro. Bioloxía do cancro. Xenes condutores do cancro. Bases de datos xenómicas do cancro. Toma de mostras e secuenciación xenómica de tumores.
• Tema 2. Alteracións xenómicas do cancro. Tipos e identificación de variantes xenómicas. Heteroxeneidade intratumoral e evolución somática.
• Tema 3. Relevancia clínica da xenómica do cancro. Biomarcadores xenómicos. Impacto da xenómica no diagnóstico molecular.
• Tema 4. Tratamentos guiados pola xenómica. Estratexias terapéuticas. Translación clínica. biopsia líquida.
Bibliografía básica:
Strachan T. Goodship J Chinney P. 2015. Genetics and Genomics in Medicine. Garland Science
Bibliografía complementaria:
Hesketh R. 2013. Introduction to Cancer Biology: A concise journey from epidemiology through cell and molecular biology to treatment and prospects. Cambridge University Press
Weinberg R.A. 2014. The Biology of Cancer. Garland Science.
Outros recursos para consulta:
• Greaves M. Maley C.C. 2012. Clonal evolution in cancer (Review). Nature, 481, 306-313.
• Martincorena I., et al. 2015. Somatic mutation in cancer and normal cells. 2015. Science, 349: 1483-1489
• Stratton M.R., Campbell P.J., Futreal P.A. 2009. The cancer genome. Nature, 458: 719-72
Competencias Básicas:
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que proporcionen unha base ou oportunidade para ser orixinais no desenvolvemento e / ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinarios) relacionados coa súa área de estudo.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que será en gran parte autodirixido ou autónomo.
Competencias Xerais
CG01 - Capacidade para organizar e planificar o estudo e experimentación nas áreas de coñecemento implicadas.
CG02 - Integrar coñecementos e afrontar a toma de decisións baseada en información científica e técnica.
CG04 - Creatividade para xerar novas ideas e aplicalas no seu estudo actual e posterior.
Competencias Específicas:
CE01 - Comprender a relación entre a xenómica e a xenética e a saúde humana, animal e vexetal, necesaria para o desenvolvemento das diversas funcións dun profesional orientado ao avance da saúde.
CE03 - Desenvolver habilidades e habilidades na análise xenómica e xenética e no asesoramento xenético.
CE04 - Ser capaz de realizar a rastrexabilidade de material xenético para a detección de mutacións e o control de riscos e identificación de puntos críticos, en saúde, produción, manipulación e procesamento.
Competencias Transversais:
CT05 - Capacidade para reflexionar desde diferentes perspectivas do coñecemento.
CT06 - Capacidade para a xestión da información, resolución de problemas e toma de decisións.
CT07 - Capacidade para preparar, presentar e discutir un texto científico-técnico organizado e comprensible.
CT08 - Capacidade para xestionar as tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC).
Leccións maxistráis onde presentaranse os contidos do temario e onde proporánse actividades de apredizaxe (presencialmente e/ou a través de contidos na aula virtual)
Discusión de exercicios propostos como actividade individual
• Proba escrita: a adquisición dos principais conceptos teóricos e as capacidades para a análise de datos serán avaliados mediante unha proba escrita (50% da nota da materia).
• Informe práctico e avaliación continua: os alumnos elaborarán un informe por escrito cos exercicios prácticos que se resolverán de forma non presencial (40% + 10% = 50% da nota da materia).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Horas presenciais: 24
Expositivas: 22
Examen: 2
Horas de traballo do alumnado: 51
Precísase levar ordenador portátil as clases presenciais
O curso consiste nunha serie de presentacións, prácticas informáticas e traballo autónomo que abarcan aspectos teóricos e prácticos da xenómica do cancro, con un forte énfase nos datos de secuenciación masiva, e na sua aplicación clínica. O curso está deseñado para facilitar a interacción co alumno, proporcionando novos coñecementos e capacidades para afrontar os retos que presenta a o abordaxe xenómica do cancro.