Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
-Interpretar as cidades e o feito urbano dende as teorías económica e xeográfica. O desenvolvemento urbano como expresión das dinámicas contemporáneas do capitalismo
-Observar as diferentes manifestacións do desenvolvemento urbano: o aumento demográfico, a concentración económica e o avance edificativo
-Achegarse á crise parcial do concepto de desenvolvemento. calidade de vida, sustentabilidade e prevención de riscos como novos eixos de reflexión.
-Coñecer os principais sistemas de planificación e gobernanza dos espazos urbanos de cara a súa ordenación integral e sostible
-Interpretar a substitución dunha base industrial e consumidora masiva de enerxia por outra diversificada e que procura reducir as emisións contaminantes
A materia Desenvolvemento Urbano e Sustentabilidade introduce na análise económica a variable territorial, rexional e urbana á hora de modelizar os procesos de urbanización, a metropolitanización e os novos obxectivos de transición enerxética para as cidades. Trátase de comprender os factores económicos que explican a concentración demográfica e da actividade nos núcleos urbanos. Por suposto, de estudar como a consolidación das cidades e metrópoles, que tanto tivo que ver co proceso industrial, deu paso nos últimos decenios a unha urbe postindustrial, onde outros sectores económicos, cada vez máis diversificados, comezan a explicar as dinámicas de auxe ou declive destas localidades centrais. A sustentabilidade e o custo dos impactos ambientais urbanos
Programa
I. Introdución. Os conceptos de cidade e urbanización desde a perspective económica
II. A expresión demográfica da urbanización
III. As manifestacións espaciais do crecemento urbano. A produción física da cidade
IV. Economías de aglomeración
IV. Diversificación da economía urbana e o papel do consumo enerxético
V. O obxectivo da sustentabilidade e o obxectivo das emisión 0 nun contexto urbano
VI. A planificación urbana e metropolitana: dos PXOM e PTP aos plans estratéxicos
-ALBERTOS PUEBLA y SÄNCHEZ HERNÁNDEZ, J.L. (EDs.) (2014): Geografía de la crisis económica en España. Valencia: Universitat de Valencia.
-DAVIES, W.K.D (Ed.) (2015): Theme Cities: Solutions for Urban Problems. Cham (Suiza): Springer.
-GARCIA ESPUCHE, A. & RUEDA, S. (dirs.) (1999): La ciutat sostenible. Barcelona: Centre de Cultura Contemporània.
-HALL, P. (1996): Ciudades del mañana. Historia del urbanismo en el siglo XX. Ed. del Serbal. Barcelona.
-HANNIGAN, J e RICHARDS, G. (2017): The Sage Handbook of New Urban Studies. SAGE. London.
-KNOX, P.L. (1994): Urbanization. An introduction to Urban Geography. Prentice Hall Inc.. New Jersey.
-LOIS GONZÁLEZ, R.C. (COORD.), GONZÁLEZ PÉREZ, J.M. e ESCUDERO GÓMEZ, L.A. (2012): Los espacios urbanos. El estudio geográfico de la ciudad y la urbanización. Ed. Biblioteca Nueva. Madrid
-PACIONE, M. (2001): Urban Geography, a global perspective. Ed.. Routledge. Londres.
-SCHWANEN, T. e KEMPEN R van (Eds.) (2019): Handbook of Urban Geography. Edward Elgar Publishing. Cheltenham
-SHORT, J.R. e KIM, Y.H. (1999): Globalization and The City. Longman Ltd. Harlow (Essex).
-ZOIDO, F.; DE LA VEGA, S.; PIÑEIRO, A.; MORALES, G.; MAS, R., LOIS, R.C. y GONZÁLEZ, J.M. (2013): Diccionario de Urbanismo, Geografía Urbana y Ordenación del Territorio. Ed. Cátedra. Madrid
Saber analizar os procesos que deron lugar ao desenvolvemento das cidades e á súa conversión en entidades económicas complexas.
Adquirir os coñecementos que contribúan a aplicar os enfoques económico e territorial no traballo práctico de planificación urbana e estratéxica
Aplicar as ferramentas necesarias para a ordenación racional do territorio, de cara ao seu desenvolvemento integral e a sustentabilidade.
Acadar a capacidade para a realización de estudios e diagnósticos de consultoría avanzada para administración e empresas en materia de intervención sobre espazos urbanos desde os principios da transición verde e a economía circular.
Vontade de adoptar unha perspectiva espacial ampla que contemple as diferentes escalas posibles de actuación (intraurbana, municipal, comarcal y rexional), na análise do desenvolvemeto urbano baixo a perspectiva da sustentabilidade.
Para abordar o programa utilizaremos como método didáctico básico a clase expositiva, que ten coma obxectivo a exposición completa, sistemática e ordenada do contido dos temas e epígrafes descritos con anterioridade. Xunto con isto, faranse diferentes clases prácticas nos que se require tanto da participación activa do/a estudante de xeito individual e o traballo en grupo.
Para a superación da materia considérase necesaria a participación activa e continua do estudantado, tanto nas clases teóricas coma prácticas, pois ademais de ponderarse na nota final, só así conseguirá alcanzar os obxectivos da materia. A avaliación continua complétase co traballo e as exposicións dos estudantes nas aulas. Ademais da entrega dun traballo de curso, que poderá realizar de xeito individual ou en grupo.
Só no caso de que o alumno non acade a cualificación suficiente para superar a materia a través da avaliación continua, realizarase un exame final, segundo os epígrafes do programa.
Actividades formativas co seu contido en horas para o alumno/a
Traballo presencial do alumno/a Horas Traballo persoal del alumno/a Horas Clases teóricas 9 Seguimento (lecturas, documentación, etc.) 15
Clases prácticas 12 Preparación (lecturas, documentación, búsqueda, etc.) realización de actividades (exposicións, debates,comentarios, exercicios, traballos, etc.) 30
Actividades tutoriales 3 Estudio 5 Exames 1 -
Total 25 Total 50
1) Traballo continuado ao longo do período de aulas
2) Realización inmediata das actividades prácticas que se propoñen.
Valorarase moito a actitude activa, crítica e participativa do estudantado
Rubén Camilo Lois González
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Teléfono
- 881812635
- Correo electrónico
- rubencamilo.lois [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jose Ignacio Vila Vazquez
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- jose.vila.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 09 |
05.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 09 |
05.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |
16.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 09 |
16.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |