Ir o contido principal

Máster Universitario en Desenvolvemento Económico e Innovación (3ªed)

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Ámbito de coñecemento
Ciencias económicas, administración y dirección de empresas, márquetin, comercio, contabilidad y tur
Centro(s)
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Avda. do Burgo, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881811726 (Conserxaría)
881811504 (Decanato)
ecoade.decanato [at] usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Xavier Vence Deza
Contacto
masterdein [at] usc.es
+info
Web propia do título

O Máster DEIN-Circular proporciona unha formación avanzada, de carácter especializado e multidisciplinar, no ámbito do desenvolvemento económico e da innovación, con dous perfís alternativos, un orientado á xestión e as políticas de I+D e a innovación e outro á a Economía Circular e ao desenvolvemento sustentable.

No curso 2022-2023 o título consolida a súa fortaleza na especialidade de xestión da innovación e a sustentabilidade ao tempo que establece unha nova especialidade en análise e xestión da Sustentabilidade e a Economía Circular.

Duración: 1 ano académico
Código RUCT: 4311753
Número de ECTS: 60
Número prazas: 25

Decano/a ou director/a do centro:
XOAN RAMON DOLDAN GARCIA
xoan.doldan [at] usc.es

Coordinador-a do título:
Xavier Vence Deza
masterdein [at] usc.es

Linguas de uso:
Castelán, Galego

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
Decreto 434/2009 do 3 de decembro (DOG 15/12/2009)

Data de publicación no BOE:
BOE do 7/04/2023

Data da última acreditación:
03/06/2022

Neste curso reformulanse os contidos do Máster reforzando o seu enfoque cara a eco-innovación, a sustentabilidade, a transición ecolóxica e a Economía Circular. Combinando formación teórica crítica, ferramentas de análise e xestión nas organizacións e a análise e deseño de políticas públicas, así como a realización de prácticas en empresas e institucións.

O Máster DEIN-Circular é un Máster orientado especialmente a titulados en Economía e Administración e Dirección de Empresas e tamén a titulados en outras ciencias sociais como Políticas, Socioloxía, Xeografía, Ciencias da Información, Dereito e outras como Enxeñerías Industriais e Agrarias, Ciencias experimentais... 

O Master DEIN capacita aos alumnos para saídas profesionais nos campos da:
•    xestión da I+D e innovación en empresas e institucións públicas, centros tecnolóxicos, laboratorios de I+D, etc;
•    xestión de plans e proxectos de Economía Circular e desenvolvemento sustentábel a nivel rexional e local; 
•    consultaría especializada en innovación, políticas de innovación, proxectos europeos de I+D, Innovación y Economía Circular; estratexias innovadoras, desenvolvemento rexional e local, estratexias de desenvolvemento sustentábel e economía circular. 
•    Investigación científica e académica (Doutoramento) nestes campos.

Créditos que deberá cursar o alumno para obter a titulación:

Obrigatorios 24
Optativos 24
Prácticas Externas Obrigatorias 6
Traballo Fin de Máster 6
Total 60

Este máster conta con dúas orientacións:

-Académico-profesional
-Investigadora

Na orientación académico-profesional, o alumnado terá que presentar un TFM claramente aplicado, realizar as prácticas externas en empresas ou institucións e cursar a materia optativa Avaliación e financiamento de proxectos de investimento (salvo autorización motivada do mestrado).

Na orientación investigadora deberá presentar un TFM cunha metodoloxía e unha carga teórica propia dun traballo de investigación, realizar as prácticas externas nun centro ou grupo de investigación e cursar a materia optativa Metodoloxía e técnicas de investigación aplicada en desenvolvemento, sustentabilidade e innovación.

Ademais, o máster organízase en dúas especialidades:

-Especialidade en Xestión da Investigación e da Innovación
-Especialidade en Sustentabilidade e Economía Circular

O alumnado deberá cursar obrigatoriamente unha das dúas especialidades, para o cal deberá superar 7 materias optativas (21 ECTS) do módulo da especialidade elixida.

Modelos de Acumulación e Cambio Estrutural

  • P3131101
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Economía da Innovación

  • P3131103
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Sistemas Nacionais e Rexionais de Innovación

  • P3131104
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Planificación Estratéxica e Deseño de Programas e Proxectos

  • P3131108
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Economía Ecolóxica e Sustentabilidade

  • P3131117
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Comercio, Innovación e Sustentabilidade

  • P3131118
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Políticas Ambientais e Innovadoras

  • P3131119
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Medición e Indicadores de Sustentabilidade e Innovación

  • P3131120
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Avaliación e Financiamento de Proxectos de Investimento

  • P3131257
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Metodoloxía e Técnicas de Investigación Aplicada en Desenvolvemento, Sustentabilidade e Innovación

  • P3131258
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Economía das Políticas Científicas e de Innovación

  • P3131201
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Políticas e Programas de Apoio á I+D e á Innovación

  • P3131202
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Fronteiras das Ciencias e das Tecnoloxías

  • P3131203
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Deseño, Avaliación e Xestión de Proxectos de Investigación

  • P3131205
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Propiedade Industrial e Intelectual: Economía e Dereito

  • P3131206
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Dirección Estratéxica da Innovación

  • P3131207
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Implantación de Sistemas de Xestión da Innovación

  • P3131208
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Creación de Empresas de Base Tecnolóxica

  • P3131209
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Pautas Sectoriais e Orientación da Innovación

  • P3131259
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Recursos e Desenvolvemento Sostiblle

  • P3131213
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Estrutura Sectorial e Territorial da Economía Galega

  • P3131220
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Políticas para a Economía Circular: Fiscalidade e Financiación

  • P3131253
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Desenvolvemento Urbano e Sustentabilidade

  • P3131254
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Economía Circular

  • P3131255
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Ferramentas para a Avaliación da Economía Circular

  • P3131256
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Modelos de Negocio Circulares e Sustentables

  • P3131260
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Desenvolvemento Rural e Sustentabilidade

  • P3131261
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Sustentabilidade, Desenvolvemento Social e Desigualdade

  • P3131262
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Modalidade: con límite de prazas e criterios específicos.

Non se contempla

Créditos que deberá cursar o alumno para obter a titulación:

Obrigatorios 24
Optativos 24
Prácticas Externas Obrigatorias 6
Traballo Fin de Máster 6
Total 60

A Universidade, através do Servizo de Relacións Exteriores, mantén un sistema de información permanente que se complementa con campañas e accións informativas específicas de promoción das convocatorias.

Ademais, conta con recursos de apoio para os estudantes de acollida, tales como a reserva de prazas nas residencias universitarias, ou o Programa de Atención a Estudantes Extracomunitarios (PATEX) do Vicerreitorado con competencias en mobilidade, através do cal voluntarios/as da USC realizan tarefas de acompañamento dirixidas á integración na cidade e na universidade dos estudantes de acollida.

Tamén se organiza unha sesión de recepción, ao comezo de cada cuadrimestre, en que se informa e orienta sobre o centro e os estudos, á vez que se poñen en contacto cos coordinadores académicos, que actuarán como titores, e o persoal do centro implicado na súa atención.

A universidade dispón de diversos servizos para o apoio e orientación do alumnado durante a súa traxectoria universitaria:

Asesoramiento e acción tutorial.

- Informa sobre as características académicas dos estudos e sobre as súas saídas profesionais.
- Informa sobre o réxime de acceso e permanencia do alumnado na universidade.
- Informa sobre os dereitos do alumnado e asesora sobre o modo de exercelos e/ou reclamalos.
- Informa, a nivel xeral e nos centros, das bolsas e axudas convocadas.
- Promove a creación de bolsas e axudas e propoñe ás Xuntas de Goberno as accións a levar a cabo en materia de bolsas, axudas e exencións.
- Asesora na procura de emprego. Nesta liña realízanse varias actuacións que teñen como finalidade atender necesidades de información e orientación laboral. Ofrece información sobre saídas profesionais, prácticas, ofertas de emprego, direccións de empresas, axudas e subvencións para o autoemprego.
- Asesora na creación de empresas novas.
- Asesora sobre programas europeos.

A USC Dispón tamén de plans de acción tutorial que asignan profesorado titor ao alumnado para ofrecer asesoramiento académico en canto ás opcións e a orientación do seu proxecto académico e profesional.

Acceso

Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:

1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.

Admisión

Modalidade: con límite de prazas e criterios específicos

Titulacións por orde de preferencia:
1º) Titulacións en Economía e en Administración e Dirección de Empresas.
2º) Outras titulacións de Ciencias Sociais e Xurídicas
3º) Titulacións das ramas de Humanidades, Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñaría e Arquitectura.

Complementos de Formación
-cursarán o mestrado sen Compl Form: titulacións de ADE e Económicas
-con 3 Compl.Form.: resto de titulacións

Os alumnos procedentes de países de lingua diferente ao galego, portugués ou español deberán acreditar o nivel de lingua galega: Celga II, ou española: B1, consonte o Acordo do Consello de Goberno da USC do 28 de febreiro de 2019.
De non posuíren algún dos títulos, a USC realizaralles unha proba de nivel e, de non superala, deberán asistir a un curso intensivo de galego ou español no primeiro semestre até acadaren o nivel requirido.

Criterios de admisión:
• Expediente académico 70%
• Currículum: 20%
• Entrevista (de ser necesaria): 20%

Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

Modalidade: con límite de prazas e criterios específicos

Titulacións por orde de preferencia:
1º) Titulacións en Economía e en Administración e Dirección de Empresas.
2º) Outras titulacións de Ciencias Sociais e Xurídicas
3º) Titulacións das ramas de Humanidades, Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñaría e Arquitectura.

Complementos de Formación
-cursarán o mestrado sen Compl Form: titulacións de ADE e Económicas
-con 3 Compl.Form.: resto de titulacións

Os alumnos procedentes de países de lingua diferente ao galego, portugués ou español deberán acreditar o nivel de lingua galega: Celga II, ou española: B1, consonte o Acordo do Consello de Goberno da USC do 28 de febreiro de 2019.
De non posuíren algún dos títulos, a USC realizaralles unha proba de nivel e, de non superala, deberán asistir a un curso intensivo de galego ou español no primeiro semestre até acadaren o nivel requirido.

Criterios de admisión:
• Expediente académico 70%
• Currículum: 20%
• Entrevista (de ser necesaria): 20%

Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

- Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
- Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
- Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo

- Que os estudantes sexan capaces de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance tecnolóxico, social ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.
- Desenvolver a capacidade para a adaptación a contextos novos, cambiantes, globalizados ou multidisciplinares.

- Comprensión crítica das diferentes teorías económicas da innovación e do desenvolvemento sustentábel, do carácter multidimensional e global dos procesos de cambio económico e as súas crises, así como dos motores dos devanditos procesos
- Que os e as estudantes posúan coñecemento teórico e aplicado das técnicas de investigación e das ferramentas de diagnóstico para poder elaborar estudos e informes de carácter científico, técnico e de consultoría no ámbito da sustentabilidade e a economía circular, e da innovación
- Capacidade de concibir, deseñar analizar e avaliar políticas e instrumentos de políticas públicas para promover a innovación, o desenvolvemento económico sustentable e a economía circular nos diferentes niveis de goberno (europeo, estatal, rexional e local)
- Capacidade de formular, integrar e sintetizar ideas novas e complexas en procesos participativos para a elaboración de plans estratéxicos no campo do desenvolvemento económico e a sustentabilidade.
- Capacidade de concibir, deseñar, poñer en práctica e gestionar programas e proxectos de I D, economía circular, innovación ou desenvolvemento sectorial nos ámbitos propios de especialización (rexional, local, sectorial, empresarial)
- Adquirir o coñecemento teórico e instrumental necesario para o exercicio dunha actividade profesional de alto nivel para o deseño e xestión de plans estratéxicos, programas e proxectos relacionados co desenvolvemento económico circular, a innovación e a sustentabilidade.
- Capacidade para comunicarse cos seus colegas, coa comunidade académica, coa profesional, coa administración pública e coa sociedade en xeral acerca das diversas áreas de coñecemento no campo da sustentabilidade e a economía circular e da innovación
- Coñecer políticas e modos de gobernanza da sustentabilidade participativos nos contornos urbano e rural

- Comunicación oral e escrita
- Organización e planificación
- Razonamento crítico
- Autonomía na aprendizaxe
- Traballo en equipo
- Sensibilidade cara a problemas sociais e ambientais
- Creatividade e capacidade innovadora
- Competencia para a procura e xestión de información e datos

Mobilidade

A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

Portal Internacional

Prácticas

Todo o alumnado terá que cursar a materia Prácticas Externas, de 6 ECTS, consistente na realización de prácticas en empresas o instituciones.

Cada alumno contará cun profesor-titor e cun responsábel-titor na empresa ou institución en que se desenvolvan, para realizar o seu seguimento e valoración.

Ademais das funcións asignadas na empresa, o estudante debe realizar e entregar unha memoria das actividades realizadas e dos beneficios obtidos para a súa formación.

As persoas que acrediten experiencia laboral no ámbito da innovación e o desenvolvemento económico poderán solicitar o recoñecemento da devandita materia, para que se pronuncie sobre a súa pertinencia a comisión académica do mestrado, seguindo os criterios estabelecidos para o efecto.

Todos os alumnos deberán realizar un Traballo Fin de Máster (TFM) de 6 ECTS.

O TFM consiste na elaboración dun traballo orixinal de carácter individual en que se demostren os coñecementos e destrezas adquiridos nas materias que conforman o plan de estudos, baixo a supervisión dun titor académico. Debe integrar e desenvolver os contidos formativos recibidos, e as capacidades, competencias e habilidades adquiridas durante os estudos de Máster. Os traballos deben estar orientados á aplicación das competencias específicas da titulación, a capacitar para a procura, xestión, organización e interpretación de datos relevantes da súa área de estudo, para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica, tecnolóxica ou ética, e que facilite o desenvolvemento dun pensamento e xuízo crítico, lóxico e creativo.

No caso do alumnado con orientación académico-profesional, o TFM terá un carácter claramente aplicado e no caso do alumnado con vocación investigadora deben realizar un TFM cunha metodoloxía e unha carga teórica propia dun traballo de investigación.

Este máster conta con profesorado da USC cunha ampla traxectoria académica, de xestión e investigadora para garantir a súa viabilidade. Así mesmo, o máster conta con profesorado externo colaborador de recoñecido prestixio.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.07.2022.