Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 76.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 13.5 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Organización de Empresas
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Comprensión, desde unha perspectiva estratéxica, da potencialidade das persoas como fonte de vantaxes competitivas para as empresas.
- Capacidade para formular e implantar estratexias relativas ás persoas que, en coherencia coa estratexia empresarial, axuden ás empresas para obter vantaxes competitivas sostidas.
- Comprensión de potenciais modelos de análises para a dirección estratéxica de persoas.
- Comprensión das repercusións das decisións sobre as persoas, sobre as organizacións e a sociedade no seu conxunto.
- Desenvolvemento do coñecemento de fontes de información, autores e experiencias empresariais relevantes na xestión de recursos humanos.
1. Retos da dirección de persoas.
2. Enfoques para a dirección de persoas.
3. Modelo de dirección estratéxica de persoas.
4. Obxectivos da dirección estratéxica de persoas.
5. Deseño e implantación de estratexias relativas ás persoas que contribúan aos resultados organizativos.
6. Dirección de persoas nun contexto global.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
-Gómez-Mejía, L..; Balkin, D.; Cardy, R. (2016). Gestión de recursos humanos. Octava edición. Editorial Pearson Educación, Madrid.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
-Albizu, E.; Landeta, J. (2001): Dirección estratégica de los recursos humanos: teoría y práctica, Editorial Pirámide, Madrid.
-Bonache, J.; Cabrera, A. (2006): Dirección de Personas. Editorial Pearson Educación- Prentice Hall, Madrid.
-Chiavenato, I (2017): Administración de recursos humanos: el capital humano de las organizaciones, Editorial McGraw-Hill, Madrid.
-Dolan, S.L.; Valle, R.; Jackson, S.E.; Schuler, R.S. (2007): La gestión de los recursos humanos, tercera edición, Editorial McGraw-Hill, Madrid.
-Dolan, S.L., Valle, R. y López, A. (2014). La gestión de personas y del talento. Editorial McGrawHill, Madrid.
-Robbins, S.; Judge, T. (2017). Comportamiento organizacional. 17ª ed. Ed. Pearson.
-Sastre, M.Á.; Aguilar, E.Mª (2003): Dirección de recursos humanos. Un enfoque estratégico Editorial McGraw-Hill, Madrid.
Para cada tema o profesorado poderá proporcionarase bibliografía específica.
-Básicas e Xerais:
CB03- Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB04- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB05- Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
CG02- Capacidade para dispor dunha visión estratéxica dos problemas empresariais.
CG03- Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos á realidade empresarial.
CG05- Capacidade para a toma de decisións de xestión no ámbito da empresa en xeral e en particular das súas diferentes áreas funcionais.
CG06- Capacidade para comunicar información, ideas, problemas de dirección de empresas -de carácter xenérico ou específico- e propostas de solución.
CG07- Capacidade para deseñar proxectos de xestión integrada ou de áreas funcionais da empresa.
CG10- Conciencia da responsabilidade social da empresa.
-Transversais:
CT01- Sentido ético da dirección e xestión empresarial.
CT05- Capacidade de argumentación e comunicación.
CT06- Capacidade para integrarse e traballar en equipos de composición diversa.
-Específicas:
CE05- Capacidade para formular e implantar estratexias relativas ás persoas que axuden ás empresas a obter unha vantaxe competitiva sostida.
As sesións expositivas e interactivas desenvolveranse presencialmente no horario oficial publicado polo centro.
As sesións dedicadas ás clases expositivas servirán para introducir os contidos dos temas que compoñen o programa, destacando os aspectos especialmente relevantes e as relacións entre os distintos contidos.
Nas sesións interactivas o obxectivo é que os estudantes apliquen conceptos teóricos, traballen en equipo e desenvolvan habilidades de comunicación, especialmente presentación e argumentación. Para iso, analizaranse casos, celebraranse sesións de role-playing, debateranse as cuestións plantexadas polo profesorado e realizaranse presentacións dos traballos realizados individual ou colaborativamente.
Poderase contar coa presenza de profesionais expertos e/ou dalgún profesor/a doutra universidade especializado nos contidos da materia.
A participación nas sesións expositivas e interactivas complementarase co traballo persoal do alumnado que poderá incluír, ademais do tempo dedicado ao estudo, a busca, lectura e síntese de material bibliográfico referenciado polo profesorado. Tamén inclúe a preparación dun traballo individual ou en equipo que terá que ser presentado nunha clase interactiva. Coas lecturas preténdese que os estudantes accedan a fontes de información relevantes, especialmente revistas de interese, para que se familiaricen con autores destacados, coñezan experiencias empresariais de interese para a materia e desenvolvan a capacidade de síntese e presentación escrita. Mediante o traballo en equipo e a súa presentación na clase, espérase que os estudantes desenvolvan a competencia para traballar en equipo no futuro, así como a comunicación oral.
O profesorado orientará o traballo autónomo do alumnado nas horas dedicadas á docencia e ás titorías. As titorías están destinadas fundamentalmente a orientar ao alumnado sobre os traballos, presentacións a realizar, casos prácticos ou lecturas, así como a resolver as dúbidas e problemas que podan xurdir e proporcionarlles retroalimentación sobre os resultados do proceso de aprendizaxe.
As titorías levaranse a cabo fundamentalmente de forma presencial, se ben en determinados casos tamén poderán realizarse de xeito virtual: síncrona (a través da plataforma institucional MS Teams) e asíncrona (a través do campus virtual). En calquera caso, as titorías desenvolveranse no horario habitual publicado oficialmente polo profesorado.
O desenvolvemento da materia realizarase con apoio da aula virtual docente creada a tal efecto na plataforma Moodle.
A avaliación terá en conta tódalas actividades desenvolvidas polo alumnado (participación activa na análise de casos, debate e comentario de lecturas, artigos ou noticias de prensa, realización e exposición de traballos, exame de contidos, etc.).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda. O sistema de avaliación destas dúas oportunidades recóllese a continuación.
-Primeira oportunidade ordinaria:
A avaliación continua terá en conta a participación nas clases, así como todas as actividades desenvolvidas polo alumnado A avaliación continua supón o 50% da cualificación.
A avaliación dos coñecementos teóricos realizarase mediante un exame final obrigatorio, que supón o 50% da cualificación. Esta proba será presencial, nas datas establecidas polo centro.
Para engadir a cualificación continua á cualificación do exame de coñecementos, os estudantes deberán obter un mínimo de 2 sobre 5 no exame de coñecementos. Para superar a materia, a nota total debe ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Ademais, para superar a materia requírese unha asistencia mínima do 80% ás clases.
-Segunda oportunidade extraordinaria de recuperación:
Aplicarase o mesmo sistema de avaliación que na primeira oportunidade. É dicir, farase un novo exame final de contidos coa ponderación establecida para a primeira oportunidade.
Manterase a cualificación de avaliación continua para a segunda oportunidade de recuperación, pero en ningún caso para cursos posteriores. O sistema de avaliación explicado anteriormente tamén é aplicable para estudantes repetidores.
-De acordo co Regulamento de permanencia vixente na USC para estudos de Grado e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades obxecto de avaliación significará que a nota final do alumno/a sexa diferente de ‘NON PRESENTADO’.
-O alumnado ao que se lle conceda a dispensa de asistencia a clase seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a exención de asistencia a clase en determinadas circunstancias, será avaliado cun exame final específico presencial que suporá o 100% da cualificación.
-Avaliación de competencias:
CB03, CG05, CT01- Avaliación continua: Preparación individual ou por equipos de traballos sobre contidos relacionados coa materia.
CB04, CG06, CT05- Avaliación continua: Participación en clases interactivas. Presentación oral de casos/lecturas/noticias ..., participación en debates. Elaboración de material complementario en equipo e exhibición do mesmo ao resto de colegas. Realización e presentación individualmente ou por equipos de traballos, casos e actividades nas clases interactivas.
CB05, CG03- Actividades de avaliación continua e exame final da materia.
CG02, CG07, CE05- Actividades de avaliación continua e exame final da materia. -Resolución de casos (reais ou inventados) axustados a cada parte do tema. Participación nas clases interactivas. Discusión/debate argumentado con razoamento crítico en relación con temas actuais/noticias/lecturas/casos prácticos de xestión de persoas. Realización e presentación individualmente ou por equipos de traballos, casos e actividades nas clases interactivas.
CG10, CT06- Avaliación continua: Realización e presentación por equipos de traballos, casos e actividades en equipo nas clases interactivas.
A materia é de 4,5 créditos e cada crédito equivale a 25 horas.
O total das horas de traballo distribúese do seguinte xeito:
Horas de clase expositiva e interactiva, titorías e avaliación na modalidade que se determine: 45.
Traballo persoal do estudante: 67,5.
Para maximizar a aprendizaxe é recomendable que o alumnado ademais de asistir ás sesións expositivas e interactivas, participe activamente en todas as actividades propostas polo profesorado e consulte a bibliografía básica e outro material recomendado.
As titorías son un recurso útil que o alumnado debería utilizar as veces que fose necesario. O acceso ao campus virtual para informarse de diferentes cuestións que xurdan ao longo do curso e poder dispor e revisar antes das clases o material complementario, facilita a participación do alumnado e a súa capacidade de adquirir coñecementos.
Maria Del Carmen Castro Casal
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 881811633
- Correo electrónico
- carmela.castro.casal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
15:30-17:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 13 |
Xoves | |||
18:30-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 13 |
16.12.2024 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |
19.06.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |