Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Contribuír á comprensión do sistema de información contable desde unha perspectiva interdisciplinar e recoñecer o papel da contabilidade de custos e de xestión como unha ferramenta para a posta en práctica e control da estratexia e a xestión empresarial.
Aprender a elaborar, presentar e analizar informes que sirvan de base para a resolución de problemas e a toma de decisións empresariais, o que supón coñecer e manexar as distintas fontes de datos (financeiros e non financeiros) ás que un controller pode recorrer para elaborar un informe e coñecer os distintos tipos de fichas/documentos/modelos nos que se poden recoller os datos necesarios para a elaboración dun informe.
Coñecer e manexar os principais tipos de informes que se poden elaborar dependendo do obxectivo perseguido, do tipo de problema a resolver ou decisión a adoptar e dos usuarios (internos/externos) a quen se dirixa.
Concienciar acerca da necesaria visibilidade do control empresarial e inserir o control interno na actuación integral da organización e relacionar os seus contidos cos das distintas actividades propias.
Contribuír á comprensión do ciclo información-comunicación válida e fiable e capacitar ao alumnado para captar e informar oportunamente os cambios.
Os contidos recollidos na Memoria da titulación agrúpanse nos seguintes temas:
1. Significado, valor e caracterización da información en relación coa actividade da xestión e decisión.
2. Información para a toma de decisións (I).
3. Información para a toma de decisións (II).
4. Información para o control.
5. Introdución ao control interno
6. O control interno no novo contexto do Bo Goberno Corporativo.
7. Estratexia, obxectivos e riscos.
BÁSICA:
AIBAR GUZMÁN, B. e AIBAR GUZMÁN, C. (2022): Contabilidad de costes y Gestión: teoría y práctica. Garceta, Madrid.
BUENDÍA, D. e GARCÍA, E. (coordinadores) (2016). Casos prácticos de contabilidad de gestión. Madrid: Editorial Pirámide.
Committee of Sponsoring Organizations of the Treadway Commission (COSO) (2012): Risk Assessment in Practice. New York: COSO.
Committee of Sponsoring Organizations of the Treadway Commission (COSO) (2004 y modificaciones posteriores): Enterprise Risk Management. Integrated Framework. Executive Summary Framework.
HORGREN, C.T.(2012): Contabilidad de custos. un enfoque gerencial. Prentice Hall.
COMPLEMENTARIA:
AMAT SALAS, O; e SOLDEVILLA, P. [2011]: Contabilidade e xestión de custos; Barcelona : Profit.
ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE CONTABILIDADE E ADMINISTRACIÓN DE EMPRESAS. AECA ( varios años) . Documentos Serie Contabilidade de xestión.
BLANCO DOPICO, Mª I. (1994): Contabilidade de custos. Análise e control, Pirámide, Madrid.
FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, A. e MUÑOZ RODRÍGUEZ, MªC. (1997): Contabilidade de xestión e excelencia empresarial, Ariel Economía, Barcelona.
FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, A.; GUTIÉRREZ DÍAZ, G.; DONOSO ANES, R.; e MARTÍN GARRIDO, J. (1997): Contabilidade de custos e contabilidad de xestión: exercicios e soluciones, Mc Graw-Hill, Madrid.
GARCÍA SUÁREZ, J.L. (Coordinador) (2010) Cálculo, análise e xestión de custos. Guia práctica para a sua aplicación na empresa. Delta Publicaciones.
GARCÍA SUÁREZ, J.L. (Coordinador) (2013) Cálculo de Custos e control de gestión. 70 casos de aplicación práctica. Delta Publicaciones.
GONZÁLEZ FERNANDEZ, F.J. (2010): Reducción de costes e mellora de resultados en mantenimento. A xestión mediante indicadores. Fc. Editorial.
LÓPEZ GONZÁLEZ, E.; MENDAÑA CUERVO, C.; e RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, M.A. (2001): Exercicios de contabilidade de costes e de gestión, Pirámide, Madrid.
MALLO RODRIGUEZ, C.; KAPLAN, R.S.; MELJEM S.; e GIMÉNEZ, C. (2000): Contabilidade de custos e estratégica de xestión, Prentice Hall, Madrid.
REQUENA RODRÍGUEZ, J.M.; MIR ESTRUCH, F.; e BEIRA RÍOS, S. (2002): Contabilidade de custos e de xestión : cálculo, análise e control de custos para a toma de decisions, Ariel, Barcelona.
RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, R. (2002): Contabilidad de costes e de gestión: supuestos prácticos, Mc Graw-Hill, Madrid.
SÁEZ TORRECILLA, A.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, A.; e GUTIÉRREZ DÍAZ, G. (2004): Contabilidade de custos e contabilidade de xestión, 2ª ed., Mc Graw-Hill, Madrid.
CB01- Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB03- Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB04- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB05- Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
CG01- Coñecemento avanzado en Dirección de empresas, fundamentalmente nos seus métodos, técnicas e áreas de aplicación.
CG02- Capacidade para dispoñer dunha visión estratéxica dos problemas empresariais.
CG03- Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos á realidade empresarial.
CG05- Capacidade para a toma de decisións de xestión no ámbito da empresa en xeral e en particular das súas diferentes áreas funcionais.
CG06- Capacidade para comunicar información, ideas, problemas de dirección de empresas -de carácter xenérico ou específico- e propostas de solución.
CG07- Capacidade para deseñar proxectos de xestión integrada ou de áreas funcionais da empresa.
CT01- Sentido ético da dirección e xestión empresarial.
CT03- Capacidade de análise e síntese.
CT06- Capacidade para integrarse e traballar en equipos de composición diversa.
CE08- Coñecemento e comprensión do papel da información contable como mecanismo para a avaliación e o control da xestión empresarial.
- Grupo expositivo de aula: 20 estudantes. As sesións expositivas utilizaranse para introducir os contidos dos temas que conforman o programa, salientando os aspectos especialmente relevantes e as relacións entre os diferentes contidos, estimulando a participación do alumnado. Estas sesións poderán contar coa presenza de profesionais expertos na materia e/ou profesorado convidado doutras universidades.
- Grupo interactivo de seminario: 20 estudantes. Nestas sesións interactivas trátase de que o alumnado aplique os conceptos teóricos, traballe en equipo e desenvolva a capacidade de comunicación, en particular, a de presentación e argumentación. Consistirán basicamente en expor exercicios, para resolvelos autónomamente, intercambiando opinións e dúbidas cos seus compañeiros, facendo o profesorado os comentarios pertinentes sobre os aspectos máis relevantes do mesmo.
- Grupo de titoría: 1-5 estudantes. As titorías están destinadas fundamentalmente a orientar ao alumnado sobre os traballos e presentacións a realizar, casos prácticos ou lecturas, así como a liquidar as dúbidas e problemas que se lle expoñan e proporcionarlles retroalimentación sobre os resultados do proceso de aprendizaxe.
A avaliación da materia leva a cabo a través de dúas actuacións:
(1) Avaliación continua (50%): terá en conta tódalas actividades realizadas ao longo do cuadrimestre considerando aspectos tales como o dominio da terminoloxía propia da materia ou a participación activa en clase. En particular, na avaliación continua valoraranse:
a) a asistencia a clases (requírese un mínimo do 85%),
b) o traballo realizado en clases e a participación (razoada) nas mesmas.
c) traballo(s) e casos que se entregarán por escrito e presentaranse en clase.
d) probas de nivel, a realizar en datas que se indicarán na aula virtual, coa fin de controlar o grao de comprensión e asimilación por parte dos alumnos do contido da materia.
Por medio deste instrumento avalíanse as seguintes competencias: CB01, CB02, CB04, CG01, CG02, CG03, CG05, CG06, CG07, CT01, CT03, CT06, CE08
A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso, a sua ponderación e seguimento indicaranse na guía docente da materia que estará publicada na aula virtual ao comezo do curso. Poderán establecerse actividades de avaliación obrigatorias non puntuables.
(2) Exame final teórico-práctico (50%): avaliarase o dominio dos coñecementos teóricos adquiridos, así como a súa aplicación a casos prácticos.
Por medio deste instrumento avalíanse as seguintes competencias: CB04, CB05, CG03, CG06, CT03, CE08
NOTAS XERAIS:
O sistema de avaliación será o mesmo en ambas as oportunidades de exame (decembro/xaneiro e xuño/xullo) e para todos os alumnos.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), avaliarase cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A materia é de 6 créditos.
Sesións expositivas: 18 horas
Sesións interactivas: 24 horas
Titorías de grupos moi reducidos: 12 horas
Avaliación na aula: 6 horas
Estudo autónomo individual ou en grupo: 42 horas
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos: 6 horas
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar: 30 horas
Preparación de presentacións orais, debates ou similar:12 horas
Total horas traballo persoal do alumno: 90
Para lograr o máximo aproveitamento e asimilación nesta asignatura por parte do alumno é importante que con anterioridad ao desenvolvemento de cada tema o alumno proceda á lectura do material pertinente. Así mesmo, es imprescindible para superar a asignatura polo sistema de avaliación continua, a asistencia a clase e levar o estudo da materia ao día.
O idioma en que se imparte a materia é o español.
Pablo Duran Santomil
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 881811596
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Garrido Ruso
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Correo electrónico
- mariagarrido.ruso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 13 |
Venres | |||
17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 13 |
20.01.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 13 |
20.01.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |
26.06.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |
26.06.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 13 |