Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 57 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 6 Clase Interactiva: 9 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
Áreas: Fundamentos de Análise Económica
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo principal da materia é proporcionar unha introdución ao desenvolvemento das teorías, métodos e prácticas da Economía, en particular no período posterior á Segunda Guerra Mundial.
1. INTRODUCIÓN
O pensamento económico como unha árbore de decisións.
2. O PENSAMENTO ECONÓMICO ANTES DA 2ª GUERRA MUNDIAL
A Economía Política Clásica.
O marxinalismo.
Escolas de pensamento económico: Cambridge, Lausanne, Viena, Estocolmo,...
3. PENSAMENTO E INSTITUCIÓNS ECONÓMICAS DESPOIS DA 2ª GUERRA MUNDIAL
O keynesianismo e a síntese neoclásica.
A matematización da economía.
O desenvolvemento da econometría.
Un mundo de institucións keynesianas.
4. BIFURCACIÓNS NAS TEORÍAS, MÉTODOS E PRÁCTICAS DA ECONOMÍA
A racionalidade económica e os seus límites.
A busca do equilibrio xeral.
A economía en movemento.
Fóra da corrente principal da economía.
A revolución da credibilidade.
Bibliografía básica:
Backhouse, R., Tribe, K. 2017. The History of Economics: A course for Students and Teachers, Columbia University Press
North, D. C. (1990). Institutions, Institutional Change, and Economic Performance. New York: Cambridge University Press.
Rodrik, D. 2015. Economics Rules. Oxford University Press
Bibliografía complementaria:
Angrist, J.D., Pischke, J.-S. 2010. "The Credibility Revolution in Empirical Economics" Journal of Economic Perspectives 24(2)
Blaug, M. (2001). No history of ideas, please, we're economists. Journal of economic perspectives, 15(1), 145-164.
Düppe, T., Weintraub, E. R. (2014). Finding equilibrium. Princeton University Press.
Eichengreen, B. (2011). Exorbitant Privilege: The rise and fall of the Dollar and the Future of the International Monetary System. Oxford University Press.
Leamer, E. E. (1983). Let's take the con out of econometrics. The American Economic Review, 73(1), 31-43.
Leijonhufvud, A. (2006). The uses of the past.
Mirowski, P. (1991). More heat than light: economics as social physics, physics as nature's economics. Cambridge University Press.
Sent, Esther, 2004. "Behavioral Economics: How Psychology Made Its (Limited) Way Back Into Economics;" History of Political Economy 36(4)
Stiglitz, J. E. (2000). The contributions of the economics of information to twentieth century economics. The quarterly journal of economics, 115(4), 1441-1478.
Competencias básicas
Que os estudiantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos mais amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecimentos e enfrentarse á complexidade de formular xuizos a partires dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecimentos e xuizos.
Que os estudiantes saiban comunicar as súas conclusións –e os coñecimentos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüedades.
Competencia xerais
Capacidade de concebir, diseñar e por en práctica un proceso sustancial de investigación no campo da economía en xeral, e en particular nas súas áreas de especialización, con rigor académico.
Capacidade para realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
Capacidade para fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance tecnolóxico, social e cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecimento.
Competencia específicas
Capacidade para defender argumentos económicos con claridade e precisión tanto no entorno habitual de traballo, como en reunións científicas nacionais e internacionais.
Capacidade para analizar o papel das institucións económica na alocación dos recursos e, mais particularmente, no desenvolvimento económico.
Discernir o alcance e as limitacións das conclusións e xuizos que se derivan do emprego de teorías e modelos económicos.
Competencias transversais
Capacidade para comunicarse por oral e por escrito na língua galega.
Destreza para investigar
Capacidade de síntese
A materia combinará:
-Sesións de docencia expositiva, onde se expoñerán os contidos da materia a través de leccións maxistrais apoiadas con presentacións audiovisuais.
-Sesións de docencia interactiva, onde se debaterán lecturas recomendadas e os estudantes defenderán os traballos que vaian realizando ao longo do curso.
A guía docente detallada do curso (na que se describe de forma pormenorizada o sistema de avaliación, as guías docentes para cada tema, os boletíns de exercicios, material de apoio, actividades complementarias...) proporcionarase a través da aula virtual do curso.
Ao alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia, seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, avaliarase cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación.
Avaliación continua (10 puntos). Elaboración dun traballo ao longo do curso proposto polo profesor e que deberá entregarse antes da data establecida na guía docente da materia. Para a oportunidade extraordinaria esixirase a entrega deste mesmo traballo. En todos os casos o traballo remitirase por correo electrónico no formato demandado.
O alumnado repetidor será avaliado do mesmo xeito que o non repetidor.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Sesión maxistral: Horas presencias 15 Horas non presenciais 15
Traballos tutelados: Horas presenciais 0 Horas non presenciais 20
A asistencia regular ás sesións, a participación activa e a revisión extensa da bibliografía son os elementos fundamentais para o aproveitamento desta materia.
Manuel Fernandez Grela
Coordinador/a- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 881811534
- Correo electrónico
- mf.grela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Venres | |||
---|---|---|---|
12:45-14:15 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula de Informática 5 |
04.12.2024 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula de Informática 5 |
04.12.2024 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática 5 |
07.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula de Informática 5 |
07.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática 5 |