Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 147.4 Horas de Titorías: 2 Clase Interactiva: 0.6 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica, Economía Cuantitativa, Economía Aplicada
Áreas: Fundamentos de Análise Económica, Economía Cuantitativa (propia da USC), Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Identificar o contexto e entender os procesos que se abordan tanto dentro como no entorno da empresa ou institución onde se desenvolve a práctica.
Diferenciar as distintas tarefas, desenvolver a capacidade de integrarse en equipos multidisciplinares e organizar o traballo encomendado.
Apreciar o valor da experiencia ligada á práctica e valorar as capacidades propias de adaptación, de aportar enfoques ou ideas orixinais e de ter un espírito crítico e positivo.
Realización de prácticas nun entorno laboral e profesional ligado a algunha das especialidades do plan de estudios.
As prácticas levaranse a cabo baixo a supervisión dun titor académico e outro da empresa ou institución de destino.
Dado o carácter desta materia, que consiste na realización de prácticas nun entorno laboral, non procede recomendar bibliografía.
Competencias básicas e xerais
• Aplicar os coñecementos de economía á identificación, previsión e solución dos problemas económicos en xeral, e en particular os relativos ao nivel de especialización, en contextos novos ou pouco coñecidos.
• Capacidade de pensar, deseñar y poñer en práctica un proceso substancial de investigación no campo da economía en xeral, e en particular nas súas áreas de especialización, con rigor académico.
• Capacidade para a crítica e a defensa intelectual das solucións propostas.
• Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar.
• Capacidade para presentar e defender con rigor, claridade e precisión novas ideas tanto no el entorno habitual de traballo como en reunións científicas nacionais o internacionais.
• Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
• Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contextos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudio.
• Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partires dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
• Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades.
• Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudiando dun modo que terá que ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias específicas
• Participar en grupos de traballo interdisciplinarios ligados ao estudio das tendencias socioeconómicas de longo prazo.
• Discernir o alcance e as limitacións das conclusións e xuízos que se derivan do emprego de teorías e modelos económicos.
Competencias transversais
• Capacidade para interaccionar e defender con rigor, claridade e precisión ante outros especialistas traballos, propostas, novas ideas etc.
• Comunicación oral e escrita.
• Capacidade para traballar en un contexto internacional.
Cada curso académico ofertaranse prácticas nas entidades coas que se teña firmado un convenio de colaboración. A Comisión Académica será a encargada de nomear aos titores e de coordinar tanto a profesores como a alumnos no proceso de selección e na realización das prácticas externas. De acordo co establecido na normativa aplicable, ao longo do curso a Comisión Académica fará público as entidades e prazas dispoñibles así como os criterios de asignación. Cada estudante clasificará as entidades elixidas por orde de preferencia. Una vez asignadas as entidades nas que se van realizar as prácticas, comunicaráselle ao estudante e aos titores académico e profesional. Os estudantes acordarán coa empresa asignada a data de comezo e finalización. Na data de comezo, o estudante ten que presentarse na entidade, na que deberá dirixirse ao titor profesional para que poda indicarlle as actividades a desenvolver e levar a cabo un seguimento das mesmas. O estudante tamén deberá estar en contacto periódico co titor académico para informarlle das actividades que está desenvolvendo e das posibles incidencias que se podan presentar.
Ao rematar o período de prácticas, o titor profesional deberá elaborar un informe de avaliación sobre o desempeño do estudante durante a realización das prácticas. O estudante tamén ten que elaborar unha memoria das actividades realizadas. Finalmente, o titor académico tamén deberá realizar o seu propio informe de avaliación en base aos informes entregados polo titor académico e o estudante.
A Avaliación final do titor académico respetará a seguinte ponderación:
• 75%: Informe do titor profesional.
• 25%: Memoria realizada polo estudante sobre as actividades realizadas.
Presenza na entidade para a realización das prácticas: 140 horas.
Realización da memoria de actividades: 10 horas.