Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 57 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 6 Clase Interactiva: 9 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
Áreas: Fundamentos de Análise Económica
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Comprender o concepto de risco, risco financeiro e risco sistémico. Coñecer diferentes modelos de estimación do risco financeiro e do risco de crédito. Familiarizarse coa aplicación de técnicas de estimación de riscos.
1. Risco e risco de mercado
a. Cales son os riscos?
b. Tipos de Riscos
c. Obxectivos de xestión de riscos
2. Medidas de risco e modelos de estimación
3. Estimación do risco financeiro
4. Como mitigar os riscos financeiros
a. Futuros
b. Forward
c. Operacións financeiras
5. Risco de crédito
Básica:
Jorion, P. (2007). Value at Risk: The New Benchmark for Managing Financial Risk. 3rd Ed. McGraw Hill.
Mc Neil, A.J., Embrechts, P., Rüdiger, F. (2005). Quantitative risk management:concepts, techniques and tools. Princeton University Press.
Gatarek, D. (2006) The LIBOR Market Model in Practice John Wiley and Sons, New York.
Complementaria:
Ofrecease bibliografía complementaria para cada sesión de seminarios.
Capacidade para avaliar o risco de mercado dun activo ou unha carteira de activos utilizando medidas de risco.
Valoración dos riscos dos tipos de interese e a súa implicación na valoración de activos.
Manexo de técnicas de estimación de risco de crédito.
Os contidos da materia preséntanse mediante unha serie de seminarios impartidos por especialistas nas diferentes temáticas tratadas. Para un óptimo aproveitamento dos seminarios, o alumnado coñece de antemán os traballos presentados e a metodoloxía empregada. A revisión dos traballos antes de asistir aos seminarios permite aos estudantes identificar cuestións relevantes e ter a oportunidade de discutilos con expertos.
A asistencia a estes seminarios permite que o alumnado coñeza os modelos, as técnicas de estimación de uso habitual e tamén a aplicación a problemas concretos en situacións reais.
Para a avaliación da materia teranse en conta tres aspectos, coa ponderación indicada: asistencia (20%), participación activa (30%), elaboración dunha memoria escrita das actividades realizadas (50%).
En caso de plaxio ou uso indebido de tecnoloxías na realización de tarefas ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Os alumnos repetidores serán avaliados do mesmo xeito que os non repetidores. Os alumnos con dispensa de docencia, seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, serán avaliados cun exame final que suporá o 100% da cualificación.
Ademais das horas de traballo presencial na aula, o alumno deberá dedicar 30 horas de traballo persoal, que inclúe o estudo autónomo (individual ou en grupo), a análise de casos, lecturas ou realización de exercicios e traballos, e a preparación de presentacións orais.
Para superar a materia con éxito é recomendable:
(a) esforzo e estudo continuado ao longo do curso
(b) resolver e discutir os exercicios prácticos propostos, preferiblemente en grupo
(c) lectura dos artigos e capítulos de libros recomendados
(d) acudir ás tutorías para expor e resolver todas as dúbidas relacionadas coa materia
Para cursar este curso requírese que os alumnos teñan uns coñecementos previos de Econometría e Excel, así como cursar a materia "Fundamentos de valoración de mercado". Ademais é necesario un dominio do inglés mínimo que permita a lectura dalgunhas das referencias bibliográficas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
Jose Manuel Amoedo Meijide
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 881811715
- Correo electrónico
- jm.amoedo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula de Informática 5 |
Martes | |||
11:30-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula de Informática 5 |
25.04.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula de Informática 5 |
25.04.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática 5 |
23.05.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula de Informática 5 |
23.05.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática 5 |