Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O programa desta materia organízase coa intención de que o alumnado dispoña duns coñecementos que lles permitan comprender os aspectos fundamentais da análise estrutural en economía e algunhas pautas da formación do sistema económico mundial. Aspírase a que aprendan a analizar a economía mundial cos instrumentos propios dunha metodoloxía sistémica, que saiban interpretar as súas características actuais a través de referencias históricas, a súa evolución e movementos cíclicos, e coñezan os elementos relacionais que hai detrás dos modelos de acumulación
Abordarase un tratamento concreto e detallado de certos temas claves da realidade económica mundial. Esta abordaxe tenta detectar e comprender as características estruturais do sistema económico, as relacións económicas mundiais, as desigualdades existentes e os problemas globais. Daranse a coñecer as características das estruturas económicas dos países centrais e dos periféricos, a división internacional do traballo na que se insiren e o ámbito institucional no que se desenvolven estas relacións
BLOQUE I - ECONOMÍA MUNDIAL: DO CRECEMENTO ECONÓMICO AO DESENVOLVEMENTO
- A Economía como obxecto de estudo e como ciencia.
- A Economía Mundial: un enfoque sistémico.
- A Economía Mundial no pensamento económico.
- Crecemento económico: aspectos conceptuais, teóricos e empíricos (disparidades internacionais en crecemento e converxencia).
- Desenvolvemento: aspectos conceptuais, teóricos e empíricos (disparidades internacionais en desenvolvemento)
- A Axenda das Nacións Unidas para o desenvolvemento sostible (ODS e Axenda 2030). Estratexias para o desenvolvemento sostible e a Economía Circular.
BLOQUE II - MACROMAGNITUDES ECONÓMICAS
- Crecemento económico: aspectos metodolóxicos (da Producción ao PIB) e fontes de información.
- Desenvolvemento: aspectos metodolóxicos, indicadores (IDH) e fontes de información.
- A balanza de pagamentos como instrumento para o estudo da economía internacional: estrutura, compoñentes e interpretación.
BLOQUE III - INVESTIMENTO, COMERCIO E GLOBALIZACIÓN
- A globalización produtiva: investimento estranxeiro directo e multinacionais.
- A globalización comercial e o retorno do proteccionismo: comercio internacional e marco regulador. As guerras comerciais.
- As cadeas globais de valor: xénese, evolución e implicacións.
- A globalización financeira e as crises.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
-ALONSO, J. A. (dir.) (2023): Lecciones sobre economía mundial: introducción al desarrollo y a las relaciones económicas internacionales, 10ª edición, Cizur Menor (Navarra): Civitas Thomson Reuters.
-PALAZUELOS, E. (dir.) (2015): Economía Política Mundial, Madrid: Ediciones Akal.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
-ALONSO, J. A. (2013): La teoría del desarrollo y los cambios en el sistema internacional. Revista CIDOB d’Afers Internacionals n.100, p. 43-65. Disponible online.
-BANCO DE ESPAÑA (2017): La Balanza de Pagos y la Posición de Inversión Internacional de España en 2016. https://www.bde.es/webbde/es/estadis/infoest/bolest17.html
-BERZOSA, C. (2006): Economía del subdesarrollo y subdesarrollo de la economía. Principios,4,2006. Disponible online. https://www.fundacionsistema.com/wp-content/uploads/2015/05/Ppios4_Berz…
-ORGANIZACIÓN MUNDIAL DEL COMERCIO (2020): Informe sobre el comercio mundial 2019. Disponible online. https://www.wto.org/spanish/res_s/booksp_s/00_wtr19_s.pdf
-PEREZ, S. et al (2020): Evolución de la cohesión interna y el desarrollo socioeconómico: un análisis comparativo a escala de país en la Unión Europea. Revista de Economía Mundial. Nº 55, pp. 97-120. http://uhu.es/publicaciones/ojs/index.php/REM/article/view/3821
-STIGLITZ, J. E. (2012): Empleo, justicia social y bienestar de la sociedad. Revista Internacional del Trabajo, vol. 121 (2002), núm. 1-2. http://www.oit.org/public/spanish/revue/download/pdf/stiglitz.pdf.
-STIGLITZ, J. E. (2002): El malestar en la globalización. Traducción de Carlos Rodríguez Braun. Madrid: Taurus, 2002. (Original: Globalization and its Discontents, 2002)
Posuír e comprender os coñecementos que definen a economía como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, historia, métodos, técnicas e áreas de aplicación, a un nivel que se apoia nos libros de texto avanzados e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento en economía.
Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas a un nivel xeral e non especializado, así como resolver problemas sobre estas cuestións, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade económica, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios da economía.
Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións económicas, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
Saber comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a cuestións de índole económica tanto a un público especializado como non especializado, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrita como dos medios e técnicas de representación de relacións e presentación de datos que se empregan en economía.
Posuír os coñecementos xerais de economía e as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e para emprender estudos especializados en economía e noutras áreas relacionadas, cun alto grao de autonomía.
Contribuír á boa xestión da asignación de recursos tanto no ámbito privado como no público.
Identificar e anticipar problemas económicos relevantes en relación coa asignación de recursos en xeral, tanto no ámbito privado como no público.
Achegar racionalidade á análise e á descrición de calquera aspecto da realidade económica.
Avaliar consecuencias de distintas alternativas de acción e seleccionar as mellores, dados os obxectivos.
Emitir informes de asesoramento sobre situacións concretas da economía (internacional, nacional ou rexional) ou de sectores desta.
Redactar proxectos de xestión económica a nivel internacional, nacional ou rexional.
Integrarse na xestión empresarial.
Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido
Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de como funciona a economía.
Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos propios da economía.
O traballo nas aulas parte da explicación de cada tema do programa por parte do profesorado. Irá precedida dunha presentación-esquema do mesmo e dos obxectivos a conseguir. O alumnado poderá dispoñer previamente dun esquema detallado dos contidos de cada tema. Plantéxanse, en calquer caso, como clases participativas, adicando as clases interactivas a análise e debate dos resultados das actividades propostas para cada tema que o alumnado debe ter realizado previa e persoalmente.O tipo de actividade proposta variará en función dos contidos de cada tema: preguntas de avaliación da aprendizaxe de contidos, casos prácticos construidos a partires de exemplos reais, comentarios críticos de textos, análise de datos, etc....As titorías serán prioritariamente presenciais (persoais e de aula). Toda a información da asignatura, incluida a guía docente da materia, estará a disposición do alumnado na aula virtual da material.
Contémplanse dúas opcións de avaliación:
Opción 1 (carácter xeral): avaliación contínua e avaliación final: aplicarase ao alumnado que asista regularmente a clase, seguindo o establecido ao respecto na memoria de titulación do Máster de Estudos Internacionais.
Neste caso téñense en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do curso (valorando aspectos tales como o cumprimento das actividades que se propoñan, a claridade e capacidade expositiva, o dominio de conceptos propios da materia, a participación activa e colaborativa e, no seu caso, probas de curta duración), e tamén a avaliación final:
- avaliación continua: 40%, desglosado en:
* comentarios de texto/análise de artigos-videos: 15%
* realización dun traballo grupal sobre un tema relacionado coa asignatura: 20%
*participación activa no desenvolvemento da clase: 5%
- avaliación final: 60% (examen final presencial), sendo preciso obter cando menos unha nota de 4 puntos sobre 10 para que faga media.
Opción 2 (carácter excepcional): avaliación mediante exame final presencial: aplicarase ao alumnado que teñan concedida a dispensa de asistencia a clase. Neste caso a avaliación farase por medio dun exame final da materia sobre os contidos que se inclúan na bibliografía básica que se indica neste programa.
Para a segunda oportunidade, para cada opción de avaliación manterase o mesmo sistema de avaliación.
Información importante: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Para a realización destas actividades estímase que o alumnado debe adicar en torno a 2,5 horas á semana de traballo persoal autónomo. A estimación deste tempo medio de traballo autónomo é orientativa e virá modificada fundamentalmente pola atención e participación nas actividades da aula e as complementarias, a base de coñecementos e a actitude e aptitude de cada quen.
Ademais da asistencia á clase e utilización do material, lecturas e recomendacións que se fagan ao longo do curso, o alumnado deberá adicar o que resulte necesario segundo a súa capacidade e coñecementos para asentar os contidos e realizar os traballos que, no seu caso, se demanden.
Oscar Rodil Marzabal
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811657
- Correo electrónico
- oscar.rodil [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 18 |
Xoves | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 18 |
13.01.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 18 |
20.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 18 |