Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Área externa M.U en Estudos Internacionais
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Identificar as características e desequilibrios da actual economía globalizada, e analizar as distintas políticas propostas para a cooperación ao desenvolvemento.
- Comprender o papel desempeñado neste ámbito polas organizacións non lucrativas ou do chamado "terceiro sector", e aplicar á súa análise os principios xerais da economía.
a) Conceptos xerais acerca das ONG: 1.- Introdución; 2.- Actividade non lucrativa e ONG; 3.- Clasificación das ONG; 4.- O sector non lucrativo: Economía Social e ONGD (Organizacións Non Gobernamentais de Cooperación ao Desenvolvemento); 5.- Tamaño e distribución do sector non lucrativo no ámbito internacional; 6.- O sector non lucrativo en España.
b) Altruísmo e demanda ás ONG: 1.- Introdución; 2.- Doazóns privadas e Sector non Lucrativo; 3.- Altruísmo e economía; 4.- Evidencia empírica.
c) Capital social e ONG: 1.- Introdución; 2.- Iniciativa social e estado do benestar; 3.- As ONG e a creación e desenvolvemento de capital social; 4.- Fiscalidade de entidades non lucrativas.
d) Economía sectorial e internacional de entidades solidarias: 1.- Finanzas éticas e Banca Solidaria; 2.- Mercado social; 3.- Consumo responsable; 4.- Comercio xusto; 5.- Economía do traballo solidario.
e) O voluntariado: 1.- Introdución; 2.- Actualización do voluntariado; 3.- Cambio de modelo de voluntariado; 4.- Autonomía das ONG.
f) Economía do desenvolvemento: 1.- Introdución; 2.- Modelos de desenvolvemento; 3.- poboación, distribución da renda e pobreza; 4.- Economía do desenvolvemento e eco sistema.
Arancibia Tapia, L. (coord.), La sensibilización y educación para la solidaridad, Madrid: Fundación Luis Vives: Editorial Centro de Estudios Ramón Areces, 2002.
Baiges, F., Las ONG de desarrollo en España, Barcelona: Flor del viento, 1996.
Barea, J. e Monzón Campos, J. L. (dirs.), Libro blanco de la economía social en España, Madrid: Ministerio de Trabajo y Seguridad Social, 1992.
Buendía Martínez, I. e García Alonso, J. V. (coords.), Cooperativismo y desarrollo local, Madrid: Editorial Centro de Estudios Ramón Areces: Fundación Luis Vives, 2003.
CIRIEC (Centro Internacional de Investigación e Información sobre la Economía Pública, Social y Cooperativa), La Economía Social en la Unión Europea, CIRIEC, 2007.
Eade, D., Development, NGOs and Civil Society, Oxford: Oxfam, 2000.
Fantova Azcoaga, F., Tercer sector e intervención social: trayectorias y perspectivas de las organizaciones no gubernamentales de acción social, Boadilla del Monte (Madrid): PPC, 2005.
García Delgado, J. L. et al., Las cuentas de la economía social: el tercer sector en España, Madrid: Civitas, 2004.
George, S. e Sabelli, F., La religión del crédito: el Banco Mundial y su Imperio Secular, Barcelona: Intermón, 1996.
Guixé, I., Gestión de las organizaciones no lucrativas, ESADE, 2003.
King, K. e McGrath, S., Knowledge sharing in development agencies: lessons from four cases, Washington: Banco Mundial, 2003.
Mokbul Morshed, A., Understanding the south: how northern donor agencies and NGOs understand the needs and problems of southern NGO clients, Bangladesh: Social Sciences Research Council, National University of Ireland, 2001.
Nyssens, M. (ed.), Social enterprise: at the crossroads of market, public policies and civil society, New York, NY: Routledge, 2006.
Obra Social, Instituciones para la cooperación internacional para el desarrollo: el caso de España, Barcelona: Obra Social.
Plataforma de ONG de Acción Social, Plan estratégico del tercer sector de acción social: contribuir al desarrollo social y a la vertebración de la sociedad civil, promocionando la participación plena, la defensa de la libertad y la igualdad, la inclusión y la cohesión social de todas las personas y grupos que la integran, Madrid: Plataforma de ONG de Acción Social, 2006.
Rogaly, B. et al., Poverty: Social Exclusion and Microfinance in Britain, Oxford: Oxfam GB: New Economics Foundation, 1999.
Secretaría de Estado para la Cooperación Internacional y para Iberoamérica, Metodología de evaluación de la Cooperación Española, Madrid: Cyan, 2003.
Secretaría de Estado para la Cooperación Internacional y para Iberoamérica, Estrategia de la Cooperación Española en salud, Madrid: Ministerio de Asuntos Exteriores, 2003.
Vereda del Abril, A.; Berrocal, L. e Viúdez, J., Deuda por desarrollo: canje de deuda por iniciativas de desarrollo social y fondos de cooperación bilateral, Fundación Iberoamericana para el Desarrollo (FIDE), 2005.
• Competencias xenéricas:
- Pensamento crítico: analizar a coherencia dos xuízos propios e alleos e valorar as implicacións prácticas das decisións e propostas considerando a súa relación cos dereitos das persoas.
- Pensamento analítico: análise de situacións complexas, iniciativa propia.
- Traballo en equipo: ser capaz de dirixir grupos de traballo, asegurando a integración dos seus membros e a súa orientación a un rendemento elevado.
• Competencias específicas:
- Identificar as características da economía globalizada, os seus axentes e impacto nas distintas economías.
- Describir as principais características e impacto do terceiro sector.
- Reflexionar sobre os desequilibrios da economía mundial e as distintas políticas propostas para a cooperación ao desenvolvemento.
- Definir os principais logros e déficits da actuación das distintas organizacións solidarias.
- Aproximar aos/ás estudantes á variedade, complexidade e importancia das Organizacións Non Lucrativas e coñecer as orixes económicas e sociais das ONL cun protagonismo crecente nas sociedades desenvolvidas.
- Desenvolver e aplicar os principios xerais da economía no ámbito das organizacións cuxa forma xurídica lles limita a libre disposición do excedente xerado pola súa actividade.
O curso desenvolverase mediante a exposición de clases teóricas e a realización de exercicios prácticos. Nas clases teóricas explicaranse os conceptos contidos en cada tema mediante a utilización de razoamentos verbais e gráficos.
Periodicamente realizaranse exercicios ou problemas relativos á materia estudada. En ámbolos casos, potenciarase a participación dos alumnos, tanto á hora de preguntar dúbidas, como á de comentar cuestións actuais da materia obxecto de estudo.
As prácticas consistirán na corrección de exercicios e comentarios de texto previamente realizados polos alumnos, sobre temas de actualidade relacionados coa economía das ONG e do voluntariado.
A avaliación terá lugar mediante un exame, que estará integrado por un caso práctico, a través do cal se busca valorar os coñecementos teóricos do alumno e a súa capacidade para aplicalos nun suposto práctico. Este exame supoñerá o 60% da cualificación. A participación activa do alumno ao longo do curso nas actividades prácticas programadas (casos prácticos, entrega de traballos, exposicións...), así como a súa participación activa nas clases supoñerá o 40% da cualificación.
- Os alumnos aos que a Xunta de Facultade lles recoñeza o dereito a desfrutar dunha "exención de docencia" serán avaliados exclusivamente en función da calificación que obteñan no exame final da asignatura e das actividades interactivas que entregarán por escrito a través da Aula virtual da USC.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
TRABALLO PRESENCIAL NO AULA: 23 horas
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO: 52 horas
Non existen requisitos previos para cursar esta materia, pero é recomendable que o estudante dispoña de coñecementos básicos de Economía Política e Facenda Pública.
Francisco Reyes Santías
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Estudos Internacionais
- Correo electrónico
- francisco.reyes [at] rai.usc.es
- Categoría
- Profesor/a área externa
María Fe Lopez Juiz
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Estudos Internacionais
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h