Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Dotar ao alumno dun coñecemento profundo sobre o funcionamento das institucións económicas internacionais desde unha perspectiva crítica.
As relacións económicas entre países: xustificación e clases.
O proceso de institucionalización da economía internacional desde 1945.
Organismos de cooperación económica (I): do GATT á OMC.
Organismos de cooperación económica (II): o grupo Banco Mundial.
Organismos de cooperación económica (III): o FMI.
Os procesos de integración económica. O caso da UE.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
José Antonio Alonso (director), Lecciones sobre economía mundial, Editorial Thomson-Civitas, Madrid, 2011.
Donato Fermández Navarrete. Fundamentos económicos de la UE. Thomson, 2007.
Sara González Fernández, Organización económica internacional, Ed. Pirámide, Madrid, 2002.
Cándido Muñoz Cidad, Estructura económica internacional, Thomson-Civitas, Madrid, 2003.
Rafael Muñoz de Bustillo y Rafael Bonete Perales, Introducción a la UE: un análisis desde la economía. Alianza editorial, 2009.
Jaime Requeijo, Economía mundial, 3ª edición, McGraw-Hill, Madrid, 2006.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
José Carlos Fernández Rozas, Sistema del comercio internacional, Editorial Civitas, Madrid, 2001.
José Manuel García de la Cruz y Gemma Durán Romero (coordinadores), Sistema Económico Mundial, Thomson, Madrid, 2004
Josep Mª Jordán Galduf (coordinador), Economía de la Unión Europea, Editorial Civitas, Madrid, 2008.
Luis Fernando Lobejón Herrero, El comercio internacional, eds. Akal, Madrid, 2001.
Elvira Martínez Chacón y José Mª García Alonso (coordinadores), Economía mundial, Editorial Ariel, Barcelona, 2002.
Ramón Tamames y Mónica López, La Unión Europea, Alianza Editorial, Madrid, 2002.
Adquirir os coñecementos instrumentais mínimos para o coñecemento das institucións económicas internacionais.
Achegarse á comprensión do funcionamento actual das institucións internacionais no presente e na súa xénese.
Adquirir capacidades mínimas no enfoque crítico sobre o funcionamento de devanditas institucións.
Coñecer a perspectiva sistémica na análise da economía mundial na súa perspectiva institucional, o que implica unha promoción da capacidade de análise crítica no estudante.
Para o desenvolvemento do programa da materia conxugamos o método didáctico da lección maxistral -ou clase expositiva-, que ten como obxectivo a exposición completa, sistemática e ordenada do contido dos temas e epígrafes descritos con anterioridade, así como da formuylación de distintos exercicios de carácter mais práctico, xunto coas clases interactivas, nas que se require da participación e traballo do alumno.
Asimesmo, os alumnos deberán realizar o longo do curso dous traballos individuais definidos ao comenzo do cuatrimestre.
A avaliación basearase principalmente (70% nota final) nunha proba escrita sobre o temario desenvolvido o longo do curso académico. Dita nota compleméntase con outras actividades propias dunha avaliación continua (30% nota final): asistencia (mínimo 80% sesións): 5%; participación (notas do profesor sobre a participación activa do alumno nas clases e os comentarios/debates realizados sobre os diferentes temas analizados): 10%; estudio de casos (valoración dos traballos realizados durante o curso): 15%.
Os alumnos aos que a Xunta de Facultade lles recoñeza o dereito a desfrutar dunha "exención de docencia" serán avaliados exclusivamente en función da cualificación que obteñan no exame final da materia e das actividades interactivas que entregarán por escrito a través da Aula virtual da USC.
Para a elaboración do TFM é altamente recomendable a realización do "Curso avanzado de formación en competencias en información" impartido pola la Biblioteca Universitaria de la USC. Polo que a obtención do certificado de aptitude, no período do curso que se imparta esta materia, será valorada cun 0,30 de puntos que se engadirán ao total da nota obtida.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
TRABALLO PRESENCIAL NO AULA
Clases de encerado en grupo grande: 9
Clases de encerado ou ordenador en grupo reducido: 12
Titorías en grupo reducido ou individual: 3
Avaliación grupo grande: 6
Total horas traballo presencial no aula: 30
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
Estudo autónomo individual ou en grupo: 15
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos: 15
Outros traballos no ordenador/laboratorio: 5
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou semellante: 10
Total horas traballo persoal do alumno: 45
Considérase imprescindible para a superación da materia, non só a memorización dos contidos dos epígrafes, senón, sobre todo, a comprensión dos mesmos, para o que é oportuno tamén a resolución de xeito individual dos exercicios propostos, xa que o exame non é o mellor momento para que se formulen dúbidas ao respecto.
No caso de que, trala participación activa en clase do alumno ao longo do curso, a realización das actividades propostas e a cualificación obtida nos exames non fose suficiente para superar a materia na convocatoria de xuño, o alumno deberá realizar o exame da convocatoria de xullo, conservando as notas obtidas nos traballos e pola asistencia e participación activa nas aulas. Esta reserva non se fará para convocatorias posteriores.
Bibliografía básica e complementaria.
No caso de pasarse a algún dos escenarios con restricións da docencia presencial, o profesor subministrará por medios virtuais os recursos necesarios para o estudo da materia. Isto entenderase sen prexuízo das procuras de materiais e información que poidan corresponder aos alumnos, na realización das tarefas que o profesor lles poña.
Metodoloxía da ensinanza
Ao longo do curso manterase aberta unha aula virtual desta materia, na que estará á disposición dos alumnos o material que o profesor estime oportuno subministrarlles por esta canle, e na que se fixarán os traballos a realizar polos alumnos. Xa que logo, o seguimento a través da aula virtual resulta imprescindible para a materia.
Aqueles estudantes matriculados nesta materia poderán acceder mediante a conta de correo da RAI que teñen constituída, introducindo a conta de correo completa e o contrasinal no Campus Virtual da USC (http://www.usc.es/campusvirtual/).
En caso de dúbidas sobre o seu funcionamento, poderase adquirir información nas páxinas virtuais do CETA: http://www.usc.es/ceta.
A organización das titorías para o estudantado comunicarase por cada profesor.
Francisco Jesus Ferreiro Seoane
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- franciscojesus.ferreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 18 |
26.05.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 18 |
04.07.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 18 |