Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 76.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 13.5 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado, Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais, Área externa M.U en Estudos Internacionais
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Brindar un coñecemento xeral sobre os principais trazos que definen as organizacións internacionais en canto suxeitos do ordenamento xurídico internacional e actores destacados das relacións internacionais, que permita ao alumno comprender o seu papel na realidade política, económica e social na que se enmarcan.
- Analizar --desde a comprensión do fenómeno da Organización Internacional-- a Organización das Nacións Unidas como modelo de organización universal, así como o regionalismo internacional por referencia a algunhas organizacións rexionais concretas co obxectivo de coñecer as dimensións política, xurídica, económica e social dos procesos de integración regional.
- Examinar a participación de España nas Organizacións Internacionais máis relevantes, de maneira que o alumno poida valorar a contribución española e as súas actuacións máis relevantes no seo da organización.
PARTE I. TEORÍA DAS ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS
TEMA 1. A institucionalización da Sociedade Internacional
1. As Organizacións internacionais e a institucionalización parcial da Sociedade Internacional.
2. A subjetividad das Organizacións internacionais: A) Suxeito derivado e funcional do Dereito Internacional. B) Principais manifestacións da subjetividad das Organizacións internacionais. C) Disolución.
TEMA 2. As Organizacións internacionais. Aspectos xerais.
1. Concepto e clases.
2. Membros
3. Competencias e funcións.
4. Estrutura e medios: A) Órganos. B) Axentes e función pública internacional. C) Financiamento.
PARTE II. As ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS DE ALCANCE UNIVERSAL
TEMA 3. As Nacións Unidas como modelo de Organización universal.
1. A creación das Nacións Unidas. A Carta e os seus proxectos de reforma.
2. Membros.
3. Estrutura orgánica: A) Órganos principais. B) Órganos subsidiarios. C) Programas e fondos.
4. Funcións.
TEMA 4. Organizacións internacionais de cooperación sectorial.
1. Os organismos especializados das Nacións Unidas
2. Outras Organizacións internacionais de cooperación.
PARTE III. REGIONALISMO INTERNACIONAL E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS
TEMA 5. O regionalismo internacional. Modelos e dinámicas de cooperación e de integración rexional.
1. Concepto, elementos e etapas da integración rexional.
2. Principais Modelos e dinámicas: Europa, América, África e mundo árabe islámico, Asia e Oceanía.
PARTE IV.- ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS V. DESINSTITUCIONALIZACIÓN DA SOCIEDADE INTERNACIONAL
TEMA 6. Novas formas de cooperación internacional.
1. Os réximes internacionais de medioambiente e desenvolvemento.
2. Procesos intergobernamentais, foros internacionais e redes de política pública global.
3. A participación do terceiro sector na gobernanza global
MANUAL BÁSICO RECOMENDADO
- DIEZ DE VELASCO, M.: Las Organizaciones Internacionales, Madrid, 16ª ed., Tecnos, 2010.
INSTRUMENTO NORMATIVO RECOMENDADO
- PUEYO LOSA, J., PONTE IGLESIAS, M. T. (coordinadores): Derecho Internacional Público. Organización Internacional. Unión Europea. Recopilación básica de instrumentos jurídicos (Espacio Europeo de Educación Superior), Santiago de Compostela, 2ª ed., Andavira Editora. 2016.
Este Manual e a Recompilación de Instrumentos normativos servirán como contidos mínimos de referencia na impartición da docencia teórica e interactiva da materia e na súa avaliación.
OTROS MANUALES Y OBRAS GENERALES COMPLEMENTARIAS
- BADÍA ANA, M., HUICI SANCHO, L.: Las organizaciones internacionales en el siglo XXI, Madrid/Barcelona/Buenos Aires/Sao Paulo, Marcial Pons, 2021.
- BERNAL MEZA, R.: Sistema mundial y MERCOSUR. Globalización. Regionalismo y Políticas Exteriores Comparadas, Grupo Editor Latinoamericana, Buenos Aires, 2000.
- DÍAZ BARRADO, C.M.: Perspectivas sobre las relaciones entre la Unión Europea y América Latino, Universidad Carlos III de Madrid/Boletín Oficial del Estado, Madrid, 2008.
- DÍAZ GALÁN, E.: La conformación jurídica de las organizaciones internacionales : de las conferencias internacionales a las uniones administrativas, Navarra, Thomson Reuters Aranzadi, 2018.
- DAVID, E.: Droit des organisations internationales, Bruxelles, Bruylant, 2016.
- GUTIÉRREZ-SOLANA JOURNOUD, A.: La legitimidad social de las organizaciones internacionales, Madrid, Marcial Pons, Ediciones Jurídicas y Sociales, 2014.
- KARNS, M. P./ MINGST, K. A./ STILES, K. W.: International Organizations. The politics and processes of global governance, London, 3rd. ed., Lynne Rienner Publishers Inc., 2015.
- KLABBERS, J.: An introduction to international organizations Law, Cambridge, 3rd ed., Cambridge University Press, 2015.
- MARIÑO MENÉNDEZ, F.: Instrumentos y regímenes de Cooperación Internacional, Madrid, 2ª ed., Trotta, 2017.
- MARTÍNEZ PUÑAL, A.: El sistema institucional del MERCOSUR: de la intergubernamentalidad hacia la supranacionalidad, Tórculo Edicións, Santiago de Compostela, 2005.
- PASTOR RIDRUEJO, J. A.: Curso de Derecho Internacional Público y Organizaciones Internacionales, Madrid, 27ª ed. Tecnos, 2023.
- PONTE IGLESIAS, Mª T.: “Las relaciones Mercosur-Unión Europea a 20 años de creación del Mercosur”, Revista-de Estudios Europeos, Nº 57, Enero-Junio 2011.
- “Sobre la responsabilidad los miembros de una Organización internacional respecto a terceros por el hecho internacionalmente ilícito de esa Organización”, Estudios de Derecho Internacional y de Derecho Europeo en Homenaje al Profesor Manuel Pérez González, (Jorge Cardona Llorens/Jorge Pueyo Losa/José Luis Rodríguez-Villasante y Prieto/José Manuel Sobrino Heredia, Eds. y Mariano Aznar Gómez, Coord.), Tirant lo Blanch, Valencia, 2012, Tomo I, pp. 995-1037.
- PUEYO LOSA; J./REY CARO, E.: (eds.): MERCOSUR: Nuevos ámbitos y perspectivas en el desarrollo del proceso de integración, Buenos Aires, Editorial Ciudad Argentina, 2000.
- SANTOS VARA, J: La participación de la Unión Europea en las organizaciones internacionales. Editorial Constitución y Leyes, Madrid, 2002.
OUTROS RECURSOS COMPLEMENTARIOS
- e-RG Electronic Resource Guide: International Organizations, American Society of International Law, 2015, dispoñible en https://www.asil.org/resources/electronic-resource-guide-erg
- Biblioteca dixital das Nacións Unidas: https://digitallibrary.un.org/?ln=é
- Publicacións da American Society of International Law: https://www.asil.org/
- Real Instituto Elcano http://www.realinstitutoelcano.or
- Revista Electrónica de Estudios Internacionales: http://www.reei.org
Direccións electrónicas das organizacións estudiadas, entre outras, as siguintes:
- Organización das Nacións Unidas (ONU): http://www.un.org
- Organización Mundial da Saúde (OMS): https://www.who.int/es/home
- Consello de Europa (COE): http://hub.coe.int/
- Organización de Estados Americanos (OEA): http://www.oas.org/es/
- Unión Africana (UA): http://www.au.int/
- Liga de Estados Árabes: http://www.arabe.cl/ligadelosestadosarabes.html
- Organización para a Cooperación Islámica: https://www.oic-oci.org/home/?lan=fr
- Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN): http://www.nato.int/cps/en/natolive/index.htm
- Organización de Seguridade e Cooperación en Europa (OSCE): http://www.osce.org/
- Comprensión do funcionamento e a acción das Organizacións Internacionais na orde internacional.
- Coñecer as dimensións política, xurídica, económica e social das organizacións internacionais e os principais procesos de integración rexional.
- Desenvolver a capacidade analítica e crítica do alumno para que, a partir dos coñecementos adquiridos, poida realizar unha valoración das organizacións internacionais estudadas e os seus ámbitos de actuación máis relevantes.
- Avanzar no coñecemento dos procesos de integración rexional, que permita ao alumno valorar a importancia destes procesos
- Fornecer as ferramentas necesarias e adecuadas para que o alumno poida aplicalos nun mercado onde os intercambios e fluxos comerciais operan a través de actores supranacionales.
O ensino desta disciplina desenvolvésese a través de clases teóricas (expositivas), clases prácticas/ seminarios (interactivas), traballos tutelados e tutorías.
- A clase teórica -que poderá contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos- centrarase na explicación dos contidos esenciais da materia, incentivando o debate e o comentario sobre aspectos da actualidade.
- A clase práctica/seminario ten por obxectivo propor, debater e resolver supostos de feito da práctica internacional nos que o alumno debe aplicar os coñecementos teóricos adquiridos. Por iso, esíxese a participación activa do estudante durante o seu desenvolvemento, así como unha preparación previa sobre a base dos materiais de apoio entregados.
- O traballo tutelado diríxese a profundar sobre algún dos aspectos mais relevantes da materia, e a fortalecer a capacidade analítica, discursiva e expositiva do alumno.
- A tutoría permite ofrecer ao alumno unha orientación individualizada sobre a materia e potenciar o diálogo co profesor. Atenderase ao estudante para tratar cuestións concretas en relación coas súas tarefas e/ou resolver calquera dificultade relacionada coa materia.
- A materia, como materia obrigatoria, consta de 4,5 créditos ECTS, o que equivale a 112,5 horas. Polo que se refire ao traballo presencial na aula, ditas horas distribúense como segue: Clases teóricas, 18 horas; Practicas/Seminarios, 6 horas; Traballos tutelados, 3 horas; Tutorías, 2 horas; Exame, 3 horas.
- O exame suporá o 60% da calificación final e aprobalo será requisito para superar a asignatura. O exame, que estará composto por unha parte teórica e outra práctica, busca valorar a adquisición de coñecementos teóricos por parte do alumno e a súa capacidade para aplicalos nun suposto práctico.
- Poderase convocar a una proba adicional para a obtención da Matrícula de Honra aos estudantes que obtiveran na proba final a cualificación de Sobresaínte para a que terán que inscribirse no prazo que fixe o Profesor responsable da materia.
-As actividades programadas, particularmente as clases interactivas (elaboración e entrega de casos prácticos, traballos tutelados e exposición, comentarios de xurisprudencia, seminarios ou calqueira outra actividade que se indique), así como a asistencia ás clases teóricas e interactivas suporá o 40% restante da calificación final.
Os criterios de valoración serán os seguintes:
• Asistencia en máis do 90% as actividades docentes realizadas durante o curso.
• Elaboración e entrega por escrito a través da Aula Virtual da USC dos casos prácticos ou calquera outra actividade que se indique.
• A participación activa do alumno durante o desenvolvemento da clase interactiva será un requisito indispensable para a valoración da mesma.
- No caso de que o alumno realice algunhas das actividades programadas, pero non o exame, a calificación será de "non presentado".
- Os alumnos repetidores que cubrisen o requisito da asistencia ás clases expositivas e interactivas quedarán exentos do devandito requisito no curso seguinte, sen prexuízo da súa obrigación de someterse ao mesmo sistema de avaliación que o resto dos demais alumnos; e en todo caso deberan elaborar e entregar por escrito a través da Aula Virtual da USC os casos prácticos ou calquera outra actividade que se indique.
- Os alumnos aos que a Xunta de Facultade lles recoñeza o dereito a desfrutar dunha "exención de docencia" serán avaliados exclusivamente en función da calificación que obteñan no exame final da asignatura e das actividades interactivas que entregarán por escrito a través da Aula virtual da USC.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A materia, como materia obrigatoria, consta de 4,5 créditos ECTS, o que equivale a 112,5 horas. Polo que se refire ao traballo persoal do alumno, estas horas distribúense como segue:
- Estudo individual do alumno: 42,5 horas.
- Preparación de clases prácticas/seminarios: 19 horas
- Preparación de traballos e exposicións (traballos tutelados): 19 horas.
- Asistir a clase de maneira regular e participar activamente
- Planificar o traballo con antelación e estudar continuadamente
- Completar o ensino cos manuais e obras especializadas indicadas. Esta recomendación é especialmente importante para aqueles alumnos que carezan de formación xurídica.
- Recorrer ás tutorías aos efectos de despexar as dúbidas que platee o estudo da materia
O uso de computadores e outros dispositivos electrónicos en clase poderá limitarse a criterio do docente encargado da materia.
Maria Teresa Ponte Iglesias
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
- Teléfono
- 881814709
- Correo electrónico
- mteresa.ponte [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Carmen Montero Ferrer
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
- Correo electrónico
- carmen.montero.ferrer [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 18 |
28.05.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 18 |
07.07.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 18 |