Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
OBXECTIVOS RELACIONADOS COS NOVOS COÑECEMENTOS (CE3).
O obxectivo principal nesta materia, é que o alumnado acade as capacidades necesarias para deseñar e implementar entidades ou políticas sociais innovadoras, promovendo a economía social, a loita contra a pobreza, a defensa do medio e a igualdade de xénero, no marco da Axenda 2030.
OBXECTIVOS RELACIONADOS CO DOMINIO DE CERTAS FERRAMENTAS DE APRENDIZAXE OU DE FORMACIÓN (XENÉRICAS)
Adquisición de ferramentas para:
• Argumentar loxicamente.
• Afondar, actualizar e autoxestionar o propio coñecemento.
• Plasmación práctica das solucións aos problemas.
• Diferenciación entre análise positiva e análise normativa.
OBXECTIVOS VINCULADOS A VALORES OU ACTITUDES IMPORTANTES EN FUNCIÓN DA MATERIA OU DO SEU SENTIDO NO PLAN DE ESTUDIOS.
• Pensamento crítico.
• Capacidade para comprender os aspectos económicos das institucións.
• Comprensión do comportamento estratéxico dos axentes sociais.
• Adquisición de coñecementos teóricos e prácticos que permitan deseñar e valorar instrumentos para acadar os obxectivos perseguidos pola sociedade de referencia en materia social.
• Capacidade de planificación, avaliación da eficacia e eficiencia das opcións dispoñibles, e deseño de estratexias conducentes á busca de solucións para os problemas analizados.
I. Introdución á economía social
Tema 1.-. Delimitación da economía social
1.1.- Concepto e obxecto da economía social.
1.2.- Enfoque normativo e positivo na economía social.
1.3.- Evolución histórica da economía social
Tema 2.-. Finalidade da economía social
2.1.- Axentes involucrados na economía social.
2.2.- Financiamento das actividades do terceiro sector
2.3.- Fiscalización e control na economía social.
Tema 3.-. Aplicacións da economía social.
3.1. Economía social e política social.
3.3. Economía social e xénero.
3.2. Economía social e loita contra a pobreza.
II. Goberno local, economía social e promoción económica.
Tema 4.-. O desenvolvemento económico social no ámbito local
4.1.-. Competencias das entidades locais para o desenvolvemento económico.
4.2.-. Políticas sociais de impulso e respaldo á economía social.
4.3-. A promoción económica nas entidades locais.
Tema 5.-. Os Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDLs)
5.1.-. A figura do Axente de Emprego e Desenvolvemento Local.
5.2.-. Funcións do Axente de Emprego e Desenvolvemento Local.
5.3.-. Coñecementos, habilidades e actitudes do Axente de Emprego Desenvolvemento Local.
5.5.-. Difusión da cultura emprendedora.
5.6.-. O asesoramento a emprendedores e demandantes de emprego.
Tema 6.-. As incubadoras de empresas como ferramenta de promoción económica e social
6.1.-. Definición e obxectivos dos viveiros de empresas.
6.2.-. Análises dos viveiros de empresas.
6.3.-. Perfil do emprendedor nos viveiros de empresas.
6.4.-. O asesoramento a emprendedores, empresas.
6.5.-. A creación e fomento de redes de traballo.
Tema 7.-. Innovando na promoción local.
7.1.-. O papel do goberno local nos procesos de cuádruplo hélice
7.2.-. Transicións ecolóxicas e desenvolvemento local
7.3.-. A Economía solidaria. Outra economía para outro desenvolvemento.
7.4.-. Modelos de rede colaborativa e colaboracións público-privado.
Tema 8.-. Os fondos europeos na promoción local.
8.1.-. Desenvolvemento, priorización, financiamento, execución e seguimento de resultados dos proxectos
8.2.-. Impacto no emprego, a cohesión social e a inclusión dos excluídos ou en risco de exclusión
8.3.-. Next Generation no ámbito local
• Chaves, R.; Monzón, J.L. (2018): La economía social ante los paradigmas económicos emergentes: innovación social, economía colaborativa, economía circular, responsabilidad social empresarial, economía del bien común, empresa social y economía solidaria. CIRIEC-España, Revista de Economía Pública, Social y Cooperativa, 93, 5-50, DOI: 10.7203/CIRIEC-E.93.12901.
• Pastor Seller, Enrique (2011) El papel de la economía social como motor del cambio social y la democratización sostenible de las políticas públicas sociales en el ámbito local. REVESCO. Revista de Estudios Cooperativos (104). pp. 143-169. ISSN 1885-8031
• Red de Entidades para el Desarrollo Local (2014). Retos y Futuro del Desarrollo Económico Local.
• Xunta de Galicia (2019). Manual de acollida para Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local. Santiago de Compostela.
• Xunta de Galicia (2019). Manual práctico para Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local. Santiago de Compostela.
3.1 BÁSICAS E XERAIS
CG1 - Adquisición de coñecementos, ferramentas e recursos de alto nivel para cubrir as expectativas investigadoras e profesionais do alumnado e da sociedade no relativo á organización do goberno local e as políticas públicas innovadoras.
CG2 - Capacidade de analizar, sintetizar e integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos con información limitada
CG3 -Capacidade de realizar reflexións e análises críticas sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos no ámbito da xestión das administracións locais.
CG4 - Capacidade para xerar novas ideas e resolver problemas en contornas cambiantes que permita avances no coñecemento da xestión local e das políticas públicas.
CG6 - Habilidade para recuperar e analizar información de diversas fontes, que permita deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos innovadores no ámbito da xestión pública local e das ciencias sociais en xeral.
CG7 - Capacidade para abordar situacións complexas, críticas e impredicibles de forma sistemática e creativa, con xuízo crítico, con información incompleta, asumindo riscos, tomando decisións e comunicándoas a calquera tipo de audiencia.
CG9 - Xestionar e dirixir proxectos, sendo quen de adoptar diferentes roles dentro dun equipo e as etapas dun proxecto; e adquirir as capacidades de síntese e exposición que permitan presentar e expoñer de forma convincente un proxecto ante os principais actores implicados.
CG10 - Desenvolver un pensamento estratéxico que permita definir problemas, diagnosticar e estruturar obxectivos de análise e de acción nas áreas da xestión local, a consultoría e a investigación.
CG11 - Detectar e xestionar a influencia dos cambios tecnolóxicos nos servizos en liña, as redes sociais, a comunicación e a promoción de servizos públicos; que permita facer un aproveitamento óptimo dos mesmos na xestión local.
CB7 - Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan quen de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
3.2 TRANSVERSAIS
CT1 - Comunicación oral e escrita.
CT2 - Organización e planificación.
CT3 - Capacidade de razoamento crítico.
CT4 - Autonomía na aprendizaxe.
CT5 - Capacidade de traballo nun equipo interdisciplinar.
CT6 - Sensibilidade cara a problemas sociais e ambientais.
CT7 - Creatividade e capacidade innovadora.
CT8 - Competencia para a procura e xestión de información e datos
CT9 - Compromiso pola calidade, o rigor, a responsabilidade e a honestidade no desenvolvemento do traballo, así como nos seus resultados.
CT10 - Habilidade de aprendizaxe autodirixida e traballo autónomo no campo das ciencias sociais.
3.3 ESPECÍFICAS
CE9 - Adquirir o coñecemento teórico e instrumental necesario para o exercicio dunha actividade profesional de alto nivel, para o deseño e xestión de plans estratéxicos participativos, programas, proxectos e servizos relacionados coa xestión e a innovación no espazo urbano.
CE10 - Adquirir a capacidade de localizar, seleccionar e avaliar información, fontes estatísticas, documentais e bibliográficas de utilidade, interese e aplicación ao ámbito da xestión pública local innovadora.
CE11 - Capacidade de deseñar, analizar e avaliar políticas, proxectos e programas innovadores, para promover un goberno e unha xestión pública eficiente e próxima á cidadanía.
CE2 - Adquirir coñecementos teóricos e aplicados das técnicas de investigación e das ferramentas de diagnóstico, para poder elaborar estudos e informes de carácter científico, técnico e de consultoría no ámbito da Administración Local e da innovación democrática.
CE3 - Capacidade para deseñar e implementar políticas sociais innovadoras, promovendo a economía social, a defensa do medio e a igualdade de xénero, no marco da Axenda 2030.
A docencia (presencial) da materia organízase en catro partes:
1) Aula expositiva:
Concentran a aprendizaxe teórica. Nelas o profesor mostra os conceptos a desenvolver na materia, empregando, no seu caso, material complementario como esquemas, gráficas ou bibliografía de apoio.
Incorpora aspectos prácticos que presentan situacións reais ou ficticias para proceder á súa análise. Baixo a dirección do profesor, o estudantado deberá analizar estes problemas e sacar as súas conclusión na mesma aula, podendo ser preguntados para comprobar o seu grado de seguimento e comprensión da materia na súa aplicación práctica.
As aulas expositivas terán lugar de acordo co horario fixado pola Xunta da Facultade de Ciencias Políticas.
2) Seminarios (aula interactiva):
Teñen como obxectivo afondar nalgún aspecto de interese do temario da materia cunha intervención máis activa do alumnado. Poderán ter que realizar un traballo sobre o tema tratado que deberán entregar no prazo fixado polo profesor, quen decidirá se é individual ou en grupo.
As aulas interactivas terán lugar nos días e horas fixadas pola Xunta de Facultade de Ciencias Políticas.
3) Titorías en grupos reducidos:
Nas mesmas realizarase un seguimento individualizado do nivel de comprensión do estudantado, ao tempo que se explicarán dúbidas poidan ter sobre os contidos explicados na materia. Segundo as directrices do Departamento, a súa celebración estará supeditada á carga docente do profesor.
4) Tarefas relacionadas co obxecto da materia:
Ao longo do semestre, o profesor poderá fixar a asistencia a conferencias, lecturas de libros, ou calquera outro elemento que considere de interese para o alumnado.
CONSIDERACIÓNS XERAIS SOBRE A AVALIACIÓN
A avaliación que se leva a cabo pretende tomar en consideración:
• A valoración do proceso formativo seguido polo alumno.
• Valoración dos coñecementos teóricos adquiridos.
• Valoración da capacidade para aplicar tales coñecementos.
ASPECTOS A VALORAR E CRITERIOS DE AVALIACIÓN
Aplicarase un sistema de avaliación continua na convocatoria do segundo semestre, conforme aos criterios recollidos nesta guía docente.
Non se celebrará exame final, senón que haberá un traballo final (o profesorado poderá fixar grupos para realizalo) que será presentado públicamente na aula.
A táboa de valoración aplicable será a seguinte:
Aspectos a valorar Criterios Instrumento Ponderación (sobre 10)
1) Asistencia Presenza na aula. Partes de sinaturas 5 %
2) Participación Participación activa na aula. Observación e notas do profesor 20 %
3) Traballos Estrutura e presentación. Bibliografía empregada. Orixinalidade. Traballos 70 %
4) Outras Pertinencia e calidade Criterios ad hoc 5 %
A cualificación final será a suma das puntuacións acadadas en cada concepto.
Para obter unha avaliación favorable na convocatoria ordinaria será preciso
• Ter máis dun 40 % da cualificación teórica no punto 3,
• Superar o 50 % da puntuación máxima na suma das puntuacións dos distintos conceptos.
No caso de non resultar favorable a avaliación na convocatoria do segundo semestre, na convocatoria de fin de curso (xuño-xullo) (sen actividade presencial) deberán presentar os traballos esixidos polo profesorado. Resultará imprescincible solicitar unha titoría ao profesor co fin de que fixe a forma e o tema do traballo a presentar na convocatoria extraordinaria
• Os apartados 1, 2 e 4 serán prorrateados e sumarán en conxunto o 10%
• Os traballos presentados para avaliación extraordinaria serán ponderados xunto cos xa entregados na avaliación ordinaria até un 90 % da cualificación total.
• Deberá acadarse un 50 % da puntuación máxima nestes conceptos.
O alumnado que teña dispensa ou exención de docencia terá que contactar co profesor tan pronto lle sexa concedida esta condición co fin de ser informado do sistema de avaliación aplicable no seu caso.
Con independencia do anterior, a efectos de aplicación do previsto no artigo 5.2 da normativa da USC sobre permanencia nas titulacións de grao e máster, entenderase que o estudante non realizou ningunha actividade académica avaliable cando non se entregue ningún dos traballos requiridos, constando nese caso como "non presentado”.
VOLUME DE TRABALLO EFECTIVO (ESTIMACIÓN)
No marco da creación do Espazo Europeo de Educación Superior, o estudo desta materia organízase no sistema europeo de transferencia de créditos (ECTS), polo que, en función das actividades programadas, o volume de traballo efectivo de cada persoa estímase conforme á seguinte táboa:
3 CRÉDITOS (x25) 75 HORAS
ACTIVIDADE HORAS PRESENCIAIS. HORAS NON PRESENCIAIS
Clases expositivas 9
Interactivas 12
Estudo personalizado 30
Realización traballos 20
Exame 1
Outras actividades 3
25 50
Ademais da asistencia e participación nas aulas, a materia require un esforzo adicional por parte do alumnado, para revisar conceptos e autoavaliar o seu grado de coñecemento.
Por suposto, o número de horas de traballo (non presenciais) resulta tan só indicativo, xa que cada quen poderá avanzar a un ritmo diferente, así como dividir o seu traballo como estime oportuno para optimizar o seu esforzo.
En especial quen non asistan a clase deberán realizar un esforzo moi superior para a aprendizaxe dos conceptos, técnicas e instrumentos propios da materia, e, de acordo cos criterios fixados na avaliación, estará aceptando unha menor cualificación de partida, polo que resulta moi pouco recomendable.
A asistencia ás clases é altamente recomendable para facilitar a aprendizaxe do estudantado reducindo os custos que implica, por tratarse dunha materia que non require tanto a súa memorización (chapar) como a súa comprensión (entender).
Aqueles estudantes que opten polo sistema de avaliación continua deberán cubrir un mínimo de asistencia ás aulas (expositivas e interactivas).
Como instrumento de apoio da docencia, manterase unha aula virtual da materia, que será a canle primordial de comunicación entre profesor e alumnado, tanto á hora de realizar avisos, entregar materiais complementarios, ou establecer prácticas, como para recibir os traballos solicitados polo profesor.
Recoméndase revisar os materiais dispoñibles na aula virtual de forma regular, e realizar os exercicios en tempo e forma por parte do alumnado.
Actividade a desenvolver polo alumnado.
O longo do seu proceso formativo deberá:
• Asistir a clase.
• Manter ao día o estudo da materia e chegar ao coñecemento teórico dos conceptos básicos.
• Realizar os traballos solicitados polo profesor e entregalos no prazo fixado.
• Revisar regularmente o disposto na Aula Virtual da materia.
• Preparar e tomar parte dos debates organizados na clase.
• Consultar ao profesor as dúbidas que se teñan presencialmente (na propia aula ou no horario de titorías do profesor) ou virtualmente (por correo electrónico).
• Realizar as actividades complementarias que o profesor considere de interese.
Ao longo do curso manterase aberta unha aula virtual desta materia, na que estará á súa disposición o material complementario que o profesor estime oportuno, e na que se fixarán os traballos a realizar polos alumnos. Xa que logo, o seguimento a través da aula virtual resulta imprescindible para a materia.
Aqueles estudantes matriculados nesta materia e neste grupo poderán acceder mediante a conta de correo da RAI que teñen constituída, introducindo a conta de correo completa e o contrasinal no Campus Virtual da USC.
En caso de dúbidas sobre o seu funcionamento poderá adquirir información nas páxinas virtuais do Centro de Tecnoloxías para a Aprendizaxe (CETA) da USC.
Francisco J. Sanjiao Otero
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881814669
- Correo electrónico
- fuco.sanjiao [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Francisco Jesus Ferreiro Seoane
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- franciscojesus.ferreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Seminario 2.2 |
Xoves | |||
16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Seminario 2.2 |
03.04.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario 2.2 |
03.04.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario 2.2 |
02.07.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario 2.2 |
02.07.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario 2.2 |