Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Ciencia Política e da Administración
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Familiaridade cos conceptos técnicos comúns ás novas tecnoloxías aplicables á Administración local
- Coñecemento da evolución e aplicacións actuais da tecnoloxía na administración pública
- Capacitación para xestionar os sistemas de información existentes no ámbito da Administración local
- Capacitación para deseñar e xestionar procesos de contratación e modernización tecnolóxica
- Fundamentos da tecnoloxía: orixe histórica e elementos comúns
- Tecnoloxía e administración: campos de aplicación
- Identidade dixital: Sinatura electrónica e arquivo
- Automatización de procesos: administración electrónica e xestión da información
- Interacción cos cidadáns: servizos en liña e interfaces de interacción
- Seguridade e privacidade: protección de datos e infraestruturas críticas
- Integración con outras Administracións Públicas: Red SARA, CCAA, UE
- Novas aplicacións: ciencia de datos, intelixencia artificial, aprendizaxe automática, sensorización e blockchain
A bibliografía básica e complementaria facilíase na Guía Didáctica ao comezo do curso.
Competencias básicas:
CB2- Que o alumnado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade para resolver problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo;
CB4- Que o alumnado sexa capaz de expresarse e realizar a defensa oral dunha tese, discurso e argumentación, afrontando cuestións concretas sobre aspectos concretos por parte dun público especializado. Potenciación dos recursos de expresión oral.
CB5- Que o alumnado teña as habilidades de aprendizaxe que lle permitan seguir estudando de forma que terá que ser en gran parte autodirixida ou autónoma.
Competencias transversais:
CT2. Organización e planificación
CT4. Autonomía na aprendizaxe
CT5. Capacidade para traballar en equipo interdisciplinar
CT7. Creatividade e capacidade innovadora
CT8. Competencia para a busca e xestión de información e datos
CT9. Compromiso coa calidade, o rigor, a responsabilidade e a honestidade no desenvolvemento do traballo, así como nos seus resultados.
CT10. Capacidade de aprendizaxe autodirixida e traballo autónomo no ámbito das ciencias sociais.
Competencias específicas:
CE3. Capacidade para deseñar e implementar políticas sociais innovadoras, promovendo a economía social, a defensa do medio ambiente e a igualdade de xénero, no marco da Axenda 2030.
CE4. Coñecer os principais paradigmas e enfoques teóricos, clásicos e actuais, así como as novas técnicas de xestión e xestión pública desde unha perspectiva interdisciplinar.
CE5. Coñecer os procedementos administrativos para a contratación pública e a xestión financeira e orzamentaria das facendas locais.
CE7. Poder interactuar cos cidadáns de forma bidireccional, a través da administración electrónica; e xerar comunicación eficaz, transparente e ética.
CE8. Coñecer o papel fundamental que desempeñan as persoas dentro dunha organización como suxeitos de coñecemento para acadar a excelencia.
As competencias da materia desenvólvense a través da participación activa do alumnado en sesións semanais que requiren a preparación previa dos materiais asignados, como textos, exercicios prácticos ou audiovisuais.
As clases serán principalmente presenciais, xa sexa na aula ou a través de plataformas para o ensino a distancia (videoconferencia colectiva) segundo as necesidades docentes, combinando a explicación maxistral coa discusión por parte dos alumnos. As clases teóricas complétanse con contidos prácticos centrados nas técnicas descritas no programa. O alumnado disporá das horas de titorías para resolver dúbidas.
Avaliación continua, incluíndo prácticas, e exame.
Clases expositivas: 9 horas
Clases interactivas: 12 horas
Tutorías: 3 horas
Examen: 1 horas
Traballo personal do alumnado: 50 horas
É importante asistir á primeira sesión do curso para garantir unha correcta comprensión da loxística do curso, así como a adecuada adaptación ao perfil específico do alunado.
É esencial coñecer e comprender a Guía Didáctica que se facilitará ao comezo do curso.
O programa desta materia prevé o uso dos recursos electrónicos disponibilizados pola Área TIC da Universidade tal como a Aula Virtual para a entrega de traballos ou o sistema de videoconferencia corporativo para as sesións telemáticas no seu caso. O acceso a estes recursos virtuais require o uso da conta institucional (rai.usc.gal, usc.gal ou equivalente). En caso de non dispoñer dunha conta institucional operativa, o alunado debe poñerse en contacto coa súa unidade de xestión académica e comunicalo ao profesor con suficiente antelación.
Recórdase que, de acordo coa Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións, aprobada por Acordo do Consello de Goberno da USC de 15 de Xuño de 2011 e modificada por Acordo do Consello de Goberno da USC de 5 de Abril de 2017, a realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de trabados plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas a autores e fontes.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de "Non Presentado".
Jesus Manuel Benitez Baleato
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Correo electrónico
- jesusmanuel.benitez.baleato [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario 2.2 |
Mércores | |||
18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario 2.2 |
07.04.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario 2.2 |
07.04.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario 2.2 |
04.07.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario 2.2 |
04.07.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario 2.2 |