Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 85 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 125
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Ofertada)
Matrícula: Non matriculable (Só alumnado repetidor)
Nesta materia trátase de que o alumnado poida analizar os distintos contextos económicos e laborais baixo o enfoque das relacións de xénero.
Un dos obxectivos específicos consiste en poder avaliar as situacións nos distintos ámbitos concretos e chegar a poder impulsar procesos de concienciación e de transformación social das relacións de traballo, actividade económica e xénero. Ao mesmo tempo preténdese preparar para a investigación específica das dinámicas económicas e do mercado laboral desde a perspectiva de xénero.
1. Introdución
2. Aspectos metodolóxicos
3. Mercado de traballo.
3.1.- Delimitación conceptual.
3.2.- Principais características e indicadores.
3.3.- Evolución da participación feminina no mercado laboral nas últimas décadas. Factores explicativos.
3.4. Segmentación e segregación segundo xénero. Enfoques teóricos explicativos. Consecuencias desta situación.
4. Brecha salarial segundo xénero no mercado de traballo. Principais causas e posibilidades de reversión.
5. Crises económicas e situación das mulleres no mercado laboral.
6. As mulleres e o desenvolvemento rural.
7. Mujeres e cidade. Urbanismo feminista.
Bibliografía básica
ANKER, Richard. (1998), “Gender and Jobs. Sex segregation of occupations in the world”. International Labour Office, Ginebra.
BAYLINA, Mireia (2004): “Metodología para el estudio de las mujeres y la sociedad rural”, Estudios Geográficos. Vol. 65, nº 254, pp.5-28
PEREZ-OROZCO, Amaia (2019). “Subversión feminista de la economía. Aportes para un debate sobre el conflicto capital-vida”. Ed. Traficantes de Sueños. Madrid.
Bibliografía complementaria:
AGUAYO, Eva e LAMELAS, Nélida. (2011). “Educación y empleo: desigualdad de género en las regiones mexicanas. 2000-2005.”. Estudos Feministas. Vol.19, nº.3, pp.733-750
BAYLINA, Mireia (2004): “Metodología para el estudio de las mujeres y la sociedad rural”, Estudios Geográficos. Vol. 65, nº 254, pp.5-28
CARDIM -BARATA, Sofia, AGUAYO, Eva e LAMELAS, Nélida (2018). “Índice de desigualdad por género en Portugal”. Estudios Económicos Regionales y Sectoriales. EERS. Vol. 18, nº 1, pp.97-106.
DEL RÍO, Coral; ALONSO-VILLAR, Olga (2010). “Gender segregation in the Spanish labor market: An alternative approach.” Social Indicators Research. Vo.l 98. nº2, pp. 337-362.
GÁLVEZ, Lina e RODRÍGUEZ, Paula (2017). “Crisis, austeridad y transformaciones en las desigualdades de género”. Ekonomiaz: Revista vasca de economía, nº 91, pp.330-359.
GARCÍA, María D. (2008). “¿Espacios asexuados o masculinidades y feminidades espaciales?: hacia una geografía del género”, EN FEMENINO. Voces, miradas, territorios, SEMATA, 20, pp. 25-51.
GARCÍA, Benjamín (2004). La mujer rural ante el reto de la modernización de la Sociedad rural. Madrid. Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales, Instituto de la Mujer.
GARCIA, Benjamín (2011). Ruralidad emergente, posibilidades y retos, Madrid. Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino.
GARCÍA, María del Carmen e RADL, Rita. (1992). “Agora que as mulleres traballan: significado de agora”. Andaina. Revista do Movemento Feminista Galego, nº3, pp.22-23.
HIDALGO, Álvaro; PÉREZ, Santiago y CALDERÓN, María J. (2007). “La discriminación laboral de la mujer: una década a examen”. Instituto de la Mujer. Ministerio de Igualdad
IGLESIAS, Carlos e LLORENTE, Raquel (2008). “Evolución reciente de la segregación laboral por género en España”. Serie Documentos de Trabajo, nº 13. Instituto Universitario de Análisis Económico y Social. Universidad de Alcalá.
MARTÍNEZ GARCÍA, Patricia (2017): Democratizando el mar con perspectiva de género. El proceso de profesionalización de las mariscadoras a pie en Galicia, Política y Sociedad, Vol. 54, nº. 2, pp. 377-398
MUXÍ, Zaida, et al. (2011): ¿Qué aporta la perspectiva de género al urbanismo?, Feminismo/s 17, junio 2011, pp. 105-129
PÉREZ OROZCO, Amaia (2006), “Amenaza tormenta: la crisis de los cuidados y la reorganización del sistema económico”, Revista de Economía Crítica, nº5, pp. 7-37
TORRES, Obdulia e PAU, Bernadette (2011). “Techo de cristal” y “suelo pegajoso”. La situación de las mujeres en los sistemas alemán y español de ciencia y tecnología. Revista CTS. Vol. 6, nº18, pp.35-59.
BÁSICAS E XERAIS
CG1 - Saber transmitir aspectos de planificación de programas e os coñecementos correspondentes a públicos especializados e non especializados.
CB7 - Aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Ser capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
TRANSVERSAIS
CT2 - Ser capaces de efectuar avaliacións e análises de políticas públicas e de planificacións didácticas desde unha óptica de interconexións e transversal de xénero.
CT4 - Ser capaces de organizar accións favorecedoras da igualdade de xénero desde unha perspectiva transversal de xénero (mainstreaming) en todas as esferas sociais, administrativas e políticas
ESPECÍFICAS
CE2 - Posuír unha formación epistemológico-crítica desde un ángulo espistemológico crítico e poder conducir procesos formativos
de transformación con vistas ás estruturas androcéntricas existentes e en pos dunhas relacións de xénero realmente igualitarias
entre mulleres e homes.
CE3 - Poder efectuar e xestionar avaliacións das múltiples situacións sociais, culturais, educativas, económicas e políticas
desde o punto de vista do coñecemento científico específico das mulleres e do xénero.
CE5 - Ser capaces de realizar análises de datos empíricos referentes a elementos escollidos da estrutura social desde a óptica das mulleres e do xénero
Para as sesións expositivas utilizarase o modelo de clase maxistral combinado con intervencións activas do alumnado. De modo concreto utilizaranse:
- Clases teóricas nas que, tras a exposición inicial dun tema, farase unha discusión en grupo.
- Estudo de casos
- Materiais audiovisuais.
Nas sesións interactivas, propoñeranse diversas actividades prácticas a partir dos materiais propostos para os diferentes núcleos temáticos do programa.
A aula virtual será un soporte esencial no desenvolvemento e entrega das actividades.
Avaliación continua (60% da nota final): traballo persoal ou en grupo ( detallado na aula virtual) e as achegas reflexivas do alumnado no transcurso das sesións e actividades de clase.
Realizarase unha avaliación final escrita (40% da nota final).
O alumnado con concesión de dispensa de asistencia a clase terá un exame sobre 10 puntos.
AVALIACIÓN NOS CURSOS SEN DOCENCIA
Dado que o máster é bienal e durante o segundo curso de cada edición non se contempla docencia presencial desta materia, o estudantado matriculado deberá contactar coas docentes responsables para precisar o sistema de avaliación.
Dependerá de cada estudante, pero se parte da base de que por un crédito ECTS calcúlase, no contexto que nos ocupa, aproximadamente de 12-15 horas de traballo persoal á semana.
-Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
-Responsabilidade medioambiental. Se as docentes da materia solicitan a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
-Perspectiva de xénero:
Uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
-Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
-Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
-Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polas docentes, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre docente e estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Maria De Los Angeles Piñeiro Antelo
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- manxeles.pineiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
04.06.2025 16:00-18:00 | Grupo de exame | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
03.07.2025 16:00-18:00 | Grupo de exame | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |