Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 85 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 125
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Ofertada)
Matrícula: Non matriculable (Só alumnado repetidor)
Coñecer e utilizar recursos conceptuais e metodolóxicos para a comprensión, deconstrucción e transformación das desigualdades sociais derivadas dos sistemas de xénero.
- Familiarizar ás alumnas e aos alumnos coas novas metodoloxías de análise histórica con perspectiva de xénero. Unha achega aos vellos e os novos paradigmas. Analizar a vixencia histórica do sistema sexo/xénero como principio de organización social.
- Mostrar un balance historiográfico da historia das mulleres e do xénero. Particular atención ao caso de Galicia.
- Mostrar un balance historiográfico da historia das mulleres e do xénero. Particular atención ao caso de Galicia.
- Construir un coñecemento non androcéntrico que incorpore novas categorías de análise, constitua ás mulleres como suxeitos de coñecemento e estableza líneas de investigación que contribuan ao entendemento das desigualdades de xénero, así como ao cuestionamento e transformación da orde sociosimbólica que as sostén.
- Promover o coñecemento acerca da contribución social, científica e tecnolóxica das mulleres.
1.A perspectiva de xénero: conceptos, fontes e metodoloxía.
2.As mulleres nas sociedades pre-industriais: reproducción biolóxica, económica e social
3.As mulleres nas sociedades pre-industriais: educación, cultura e relixión
4.A desigualdade legal e os antecedentes do pensamento feminista
5.As mulleres nas sociedades contemporáneas: economía, traballo e educación
6.As mulleres e o cambio sociodemográfico e familiar.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Bolufer Peruga, M. (2019), Mujeres y hombre en la Historia, una propuesta historiográfica y docente, Granada, Comares.
Gallego Franco, H. (2018), Feminidades y masculinidades en la historiografía de género, Comares, Granada.
Morant, I. (ed.) (2005), Historia de las mujeres en España y en América Latina, Madrid, Cátedra.
Perrot, M. (2006), Historia de las mujeres. 5 vol. Taurus. Madrid.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Agenjo Calderón, Astrid (2021). Economía política feminista. Sostenibilidad de la vida y economía mundial. Catarata: Madrid.
Arias de Saavedra, I. y López-Guadalupe, M. (2015), Vida cotidiana en la Monarquía Hispánica. Tiempos y espacios, Granada, Universidad.
Bock G. (2001), La mujer en la historia de Europa, Barcelona, Crítica.
Bolufer Pergua, M. (1998), Mujeres e ilustración: la construcción de la feminidad en la Ilustración española, Valencia, IAM.
Borderías, C.; Carrasco, C. e Alemany, C. (comp.) (1994), Las mujeres y el trabajo. Rupturas conceptuales, Icaria, Barcelona.
Borderías, C. (ed.) (2009), Historia de las mujeres: perspectivas actuales, Icaria, Barcelona. Duby, G.;
Durán, M. A. (2018), La riqueza invisible del cuidado, Universitat de Valencia.
Espigado, G. y otras (2004), Mujer y deseo: representaciones y prácticas de vida, Cádiz, Universidad.
Franco Rubio, G. (coord.) (2010), Debates sobre la maternidad desde una perspectiva histórica (siglos XVI- XX), Icaria, Barcelona.
Franco Rubio, G. y Iriarte Goñi, A. (eds.) (2009), Nuevas rutas para Clío. El impacto de las teóricas francesas en la historiografía feminista española, Icaria, Barcelona.
Franco Rubio, G. (2018), El ámbito doméstico en el Antiguo Régimen, Síntesis, Madrid.
Gallego Franco, H. y García Herrero, M.C. (eds.) (2018), Autoridad, poder e influencia: Mujeres que hacen historia, Icaria, Barcelona.
Nash, M.(2004), Mujeres en el mundo. Historia, retos y movimientos, Madrid, Alianza Editorial.
Radl Philipp, R. (2010), Investigaciones Actuales de las Mujeres y del Género, Universidade de Santiago de Compostela
Rey Castelao, O. (coord.) (2011), Historia das mulleres en Galicia, Nigratrea, Santiago de Compostela: Vol.1: Prehistoria e Idade Antiga: Mar LLinares
Vol. 2: Idade Media: M.C. Pallares Méndez
Vol. 3: Idade Moderna: O. Rey Castelao e S. Rial García Vol. 4: Idade Contemporánea: H. Pernas Oroza
Rodríguez Galdo, M.X. (ed.) (1999), Textos para a Historia das Mulleres en Galicia, Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela.
Rodríguez Galdo, M.X. (dir.) (2014), Donantes de tiempo. Una valoración en perspectiva de género del trabajo de cuidados y de la aportación al bienestar por parte de las personas longevas, Instituto de la Mujer, Madrid.
Scanlon, G. (1986), La polémica Feminista en la España Contemporánea 1868-1974, Akal, Madrid.
Competencias Básicas:
- Capacidade de obtención e xestión da información.
- Capacidade de decisión.
- Traballo en equipo.
- Aprendizaxe autónoma.
- Creatividade.
- Liderado.
- Iniciativa e espírito emprendedor.
-Competencias Xerais:
- Capacidade de comprensión, análise e síntese.
- Capacidade de organización e planificación.
- Capacidade de resolución de problemas en novas áreas e contextos multidisciplinares.
- Capacidade para a integración de coñecementos.
- Razoamento crítico e capacidade de reflexión sobre responsabilidades sociais e éticas en relación co coñecemento.
-Capacidade de comunicación, tanto con colectivos especializados como non especializados.
- Capacidade de seguir unha aprendizaxe de forma continuada e autónoma
- Compromiso ético e deontolóxico.
- Recoñecemento da diversidade e da multiculturalidad.
- Adaptación a novas situacións.
- Motivación pola calidade e a excelencia profesional.
- Sensibilidade cara a temas da realidade social e económica.
- Espírito de superación.
-Competencias específicas:
Adquisición dun coñecemento histórico que permita unha perspectiva crítico-ideolóxica con respecto a nosa historia.
Adquisición dun coñecemento que permita unha perspectiva crítico-ideolóxica con respecto a historia das mulleres e dos homes nas distintas formacións sociais.
Descubrir e redescubrir novas formas de efectuar análises e lecturas da historia tanto da máis afastada no tempo como da máis recente.
Descubrir e estudar novas formas de efectuar análises e lecturas da historia referente aos roles e relacións de xénero.
-Competencias transversais:
- Que alumnas e alumnos sexan capaces de impulsar a implementación de accións transformadoras da igualdade de xénero desde unha perspectiva transversal, concretamente nos ámbitos económico e laboral.
- Que alumnas e alumnos sexan capaces de efectuar avaliacións políticas desde unha óptica de interconexións e transversal de xénero.
- Que alumnas e alumnos sexan capaces de impulsar a implementación de accións favorecedoras da igualdade de xénero desde unha perspectiva transversal, de xénero (mainstreaming), nos distintos niveis da educación institucional formal, isto é, da educación infantil, primaria e secundaria, e tamén nos campos da educación formal no ámbito comunitario.
- Que alumnas e alumnos sexan capaces de impulsar a implementación de accións favorecedoras da igualdade de xénero desde unha perspectiva transversal, de xénero (mainstreaming), en todas as esferas sociais, administrativas e políticas.
Perséguese a adquisición do coñecemento teórico básico na temática da teoría e investigación feminista e das mulleres co fin de que a alumna/alumno sexa capaz de analizar, comprender e investigar de forma adecuada as relacións de xénero actuais e poder desenvolver accións prácticas e impulsar estratexias político-sociais con respecto ao problema da igualdade de xénero.
Para a docencia teórica usarase un modelo de clase maxistral modificada para optimizar a interacción profesora-alumnado. Non entanto, seguindo unha concepción didáctico -comunicativo- interaccionista, combinarase a forma da clase maxistral con intervencións activas e alocucións das alumnas e dos alumnos (exposicións, resumos, formulación de preguntas para o pleno da clase etc.), isto é, achegas en relación co material que se usará nas distintas clases para profundar nos distintos complexos temáticos suscitados no espacio da aula. De modo concreto usaremos:
- Clases teóricas nas que, trala exposición inicial dun tema, procédese á discusión en grupo das posibilidades de execución dunhas determinadas accións e as posibles repercusións que isto pode ocasionar.
- Apoio de casos prácticos.
- Vídeos de diferentes actuacións e intervencións.
- Actividades prácticas sobre cada un dos temas expostos en clase e contidos no programa da materia.
MOI IMPORTANTE: Nos anos sin docencia a avaliacion realizarase a través de examen nas datas oficiais. Para iso deberase poñer en contacto coa equipa docente
ANOS CON DOCENCIA:
Nesta materia establécese o sistema de avaliación continua. Para poder seguir este sistema é un requirimento a asistencia regular ás clases (tanto teóricas como prácticas) así como a participación activa nas clases e demais actividades programadas. Aquelas persoas matriculadas que non estivesen presentes en máis do 20% das comprobacións de asistencia quedarán excluídas do sistema de avaliación continua e só se poderán acoller ao sistema de avaliación única (exame final de 3 horas de duración).
Actividades que se poderán desenvolver no sistema de avaliación continua:
1. Probas periódicas de avaliación: Celebraranse dúas probas de avaliación, obrigatorias, consistentes na resposta a unha ou máis preguntas sobre a materia de explicación recente nas clases.
2. Traballo de curso: Co formato preestablecido polas profesoras, cada estudante deberá realizar un traballo persoal, consistente nunha redacción sobre un dos epígrafes ou sobre un dos temas do programa.
3. Exposición oral do traballo
4. Seminarios: A participación nos seminarios esixe realizar algunhas lecturas previamente sinaladas.
5. Participación activa na clase.
6. Exercicios prácticos: Sen periodicidade nin convocatoria predefinida realizaranse unha serie de prácticas consistentes en: comentarios sobre lecturas e datos de interese recomendados en clase; procura de información bibliográfica, documental ou estatística sobre unha temática proposta polas profesoras.
No caso de exención de docencia será sustituida a avaliación continua pola avaliación dos traballos con textos.
Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala
Dependerá de cada alumna e alumno, pero partese da base de que por un crédito ECTS se calcula, no contexto que nos ocupa, aproximadamente de 12-15 horas de traballo persoal á semana.
Recoméndase o seguimento continuo da materia durante todo o cuadrimestre. Para iso é conveniente asistir regularmente ás clases, incorporarse ao sistema de avaliación contínua, facer uso das titorías e asumir o hábito de lectura que permita desenvolver habilidades interpretativas sobre a materia do curso.
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual
Responsabilidade medioambiental. Se o docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos: o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
Imprirmir dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero:
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na
Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de
cualificacións”.
Ofelia Rey Castelao
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Teléfono
- 881812610
- Correo electrónico
- ofelia.rey [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
20.01.2025 16:00-18:00 | Grupo de exame | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
26.05.2025 16:00-18:00 | Grupo de exame | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |