Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 85 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 125
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Ofertada)
Matrícula: Non matriculable (Só alumnado repetidor)
- Coñecer o concepto de perspectiva de xénero e as implicacións que supón a súa aplicación no deseño e avaliación de programas.
- Deseñar e avaliar programas desde a perspectiva de xénero adquirindo un compromiso ético-metodolóxico na transformación da realidade social.
- Aplicar a perspectiva de xénero na práctica profesional.
1.- Deseño de programas desde a perspectiva de xénero: marco teórico-conceptual
1.1. Concepto de programa
1.2. Fases no deseño de programas
1.2.1. Diagnóstico
1.2.2. Planificación e Execución
1.2.3. Avaliación
2. Incorporación da perspectiva de xénero na avaliación de programas
2.1. Concepto e modelos de avaliación de programas
2.2. Fases do proceso de avaliación de programas
2.3. Enfoques metodolóxicos e deseños de avaliación
2.4. Técnicas de recollida e análisis e interpretación da información
3. Avaliación de políticas públicas e programas de xénero
Bibliografía Básica
Emakunde (1998). Guía metodológica para integrar la perspectiva de género en proyectos y programas de desarrollo. Vitoria: Instituto Vasco de la Mujer. http://www.emakunde.es/images/upload/guia_cast.pdf
Emakunde (2004). Manual de evaluación con enfoque de género. Para proyectos y programas de empleo. Instituto Vasco de la Mujer http://cinterfor.org.uy/public/spanish/region/ampro/cinterfor/temas/gen…
Rebolloso, E.; Fernández Ramirez, B., & Cantón, P. (2008). Evaluación de programas de intervención social. Síntesis
Bibliografía Complementaria
Álvarez Rojo, V. (Coord.). (2002). Diseño y evaluación de programas. EOS.
Anguera, Mª. T., Chacón, S., & Blanco, A. (2008). Evaluación de programas sociales y sanitarios: un abordaje metodológico. Síntesis.
Caro, D., Schueller, J., Ramsey, R., & Voet, W. (2005). Manual de integración de una perspectiva de género en programas de Salud reproductiva y VIH: del compromiso a la acción. Recuperado de http://www.prb.org/pdf05/ManualIntegrGendr_Sp.pdf
Emakunde (2000). Buenas prácticas de igualdad de oportunidades en los proyectos de empleo y formación. Instituto Vasco de la Mujer.
Expósito, J., & Olmedo, E. (2006). La evaluación de programas. Teoría, investigación y práctica. Grupo Editorial Universitario.
Instituto Andaluz de la Mujer (2002). Mainstreaming o enfoque integrado de Género: Manual de aplicación en Proyectos de Empleo. LIKADI.
Martínez Mediano, C. (2007). Evaluación de programas: modelos y procedimientos. UNED.
Pérez Serrano, Mª. G. (Coord.). (2000). Elaboración de proyectos sociais. Casos prácticos. Narcea.
VV.AA. (1999) Mainstreaming de género. Marco conceptual, metodología y presentación de “buenas prácticas”. Instituto de la Mujer.
Páxinas web
Secretaría Xeral de Igualdade: http://igualdade.xunta.es/es
Instituto de la Mujer: http://www.inmujer.es/
Centro de Documentación Instituto de la Mujer: http://www.inmujer.es/servRecursos/centroDocumentacion/home.htm
Revistas
Revista multidisciplinar de estudios de género: https://e-revistas.uc3m.es/index.php/FEMERIS
Revista Internacional de Estudios Feministas: https://revistas.udc.es/index.php/ATL
Journal of Feminist, Gender and Women Studies: https://revistas.uam.es/revIUEM
Competencias Básicas e Xerais
CG3 - Adquirir a capacidade de obtención e xestión da información e dispoñer da capacidade de decisión.
CG5 - Ser capaces de traballar en equipo utilizando parámetros de diversidade e multiculturalidade.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
Competencias Transversais
CT2 - Ser capaces de efectuar avaliacións e análises de políticas públicas e de planificacións didácticas desde unha óptica de interconexións e transversal de xénero.
CT3 - Posuír a capacidade de impulsar e xestionar a implementación de accións favorecedoras da igualdade de xénero desde unha perspectiva transversal de xénero ( mainstreaming) nos distintos niveis da educación institucional formal, isto é, da educación infantil, primaria e secundaria, e tamén nos campos da educación formal no ámbito comunitario.
CT4 - Ser capaces de organizar accións favorecedoras da igualdade de xénero desde unha perspectiva transversal de xénero ( mainstreaming) en todas as esferas sociais, administrativas e políticas.
Competencias Específicas
CE3 - Poder efectuar e xestionar avaliacións das múltiples situacións sociais, culturais, educativas, económicas e políticas desde o punto de vista do coñecemento científico específico das mulleres e do xénero.
CE4 - Desenvolver e planificar accións educativas e de intervención socio-educativa nos múltiples contextos sociais e de planificación cultural, económica, política e administrativa desde o punto de vista do coñecemento científico específico das mulleres e do xénero.
A metodoloxía a seguir basearase na combinación de clases expositivas e interactivas, a través da exposición por parte do profesorado dos aspectos máis relevantes dos contidos propostos no programa, e a realización de actividades prácticas para afondar nas distintas temáticas traballadas na aula. Para o desenvolvemento da materia farase uso da aula virtual da USC na que o alumnado terá a súa disposición toda a documentación necesaria.
O sistema de avaliación estará baseado nun proceso de seguimento continuo a partir de traballos e prácticas relacionadas cos contidos da materia. A avaliación será continua e consistirá na realización en grupo dun traballo práctico relacionado cos contidos da mesma, que suporá o 100% da cualificación, no que se valorará a súa calidae asi como a observación derivada do seguimento do mesmo durante o seu desenvolvemento.
O alumnado con dispensa de asistencia a clase ou exención de docencia, deberá poñerse en contacto co profesorado da materia nos primeiros 15 días posteriores á comunicación de dita concesión para presentar a documentación pertinente e acordar o plan de traballo. Para este alumnado o seguimento da materia se realizará a través do campus virtual e titorías individuais e a avaliación consistirá na realización dunha proba escrita (40%) e un traballo práctico relacionado cos contidos da materia (60%).
Na segunda oportunidade, o alumnado será avaliado unicamente por unha proba final que terá un peso do 100% na avaliación.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordinada.
A asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é un requisito imprescindible para a avaliación (e non puntúa).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
AVALIACIÓN NO CURSO 2024/25:
Dado que durante o curso 2024/25 non haberá docencia presencial desta materia, os/as estudantes matriculados na mesma deberán contactar canto antes coa coordinadora da materia no curso 2023/24 para acordar o sistema de avaliación. En todo caso, de non acordarse outra cousa, o alumnado será avaliada/o mediante un traballo final nas convocatorias previstas que suporá o 100% da cualificación.
A un crédito ECTS lle corresponden 25 horas, das cales como mínimo 12 son de traballo persoal.
- Consulta e estudo dos materiais recomendados polo profesorado da materia.
- Realización e participación activa nas actividades prácticas.
- Traballo do alumnado dun modo progresivo para acadar a comprensión da materia.
-Asistencia a Clase
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. O alumnado con dispensa de asistencia a clase (Instrución núm.1/2007, da Secretaria Xeral da USC) deberá poñerse en contacto co profesorado para concretar o sistema de titorizacion e avaliación.
- Perspectiva de Xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
-Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Maria Josefa Mosteiro Garcia
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813842
- Correo electrónico
- pepa.mosteiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
06.06.2025 16:00-18:00 | Grupo de exame | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
08.07.2025 16:00-18:00 | Grupo de exame | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |