Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 85 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 125
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Ofertada)
Matrícula: Non matriculable (Só alumnado repetidor)
Coñecer a orixe do principio de igualdade de trato.
- Coñecer as especialidades deste principio en materia social.
- Coñecer os tipos de discriminación por razón de xénero.
- Coñecer a discriminación expresa por acoso sexual, acoso no traballo e maternidade.
- Coñecer as normas internacionais, da Unión Europea, nacionais e autonómicas en materia de non discriminación por razón de xénero.
- Coñecer as medidas de acción positiva.
- Coñecer as medidas sociais e de procedemento laboral no ordenamento xurídico español en materia de non discriminación por razón de xénero.
i. O principio de igualdade de trato por razón de xénero : Orixes e evolución histórica.- II. Igualdade formal e igualdade material.- III. Xénero, sexo, orientación sexual e identidade de xénero.- IV. Formulación teórica da discriminación e a desigualdade.- V. Dobre discriminación.- VI. Formulación teórica da acción positiva.
ii. Fontes: Tratados internacionais.- II. Convenios e recomendacións da OIT.- III. Dereito Social da Unión Europea: Dereito orixinario e Dereito Derivado.- IV. Constitución española de 1978 e normas sociais estatais e autonómicas.- V. Convenios colectivos e pactos de funcionarios.
iii. Nocións básicas en relación ao sistema de Xustiza español.
iv. Xénero e sistema de Xusticia penal.
v. Xénero e sistema de Xusticia civil.
vi. As políticas públicas e as políticas de igualdade de xénero: definición, tipoloxía e evolución temporal
vii. A estratexia do mainstreaming de xénero: definición, requisitos, instrumentos e fases
viii. As políticas de igualdade de xénero en España
ix. As políticas de igualdade de xénero na comunidade autónoma galega
ALONSO ÁLVAREZ, ALBA, Y ISABEL DIZ OTERO. «La implementación de las políticas de género en España». Políticas públicas en tiempos de incertidumbre: aportes para una agenda de investigación, Tirant lo Blanch, 2018, pp. 333-47.
ALONSO ÁLVAREZ, ALBA. El «mainstreaming» de género en España: hacia un compromiso transversal con la igualdad. Tirant lo Blanch, 2015.
DIZ OTERO, ISABEL, Y MARTA IRENE LOIS GONZÁLEZ. «Las políticas de igualdad de género en tiempos de crisis.» Investigaciones feministas, vol. 5, 2014, pp. 96-128, https://doi.org/10.5209/REV_INFE.2014.V5.47988.
MARTÍN VALVERDE, A., RODRÍGUEZ-SAÑUDO GUTIÉRREZ, F. y GARCÍA MURCIA, J.: Derecho del Trabajo, 27ª edic., Tecnos (Madrid, 2018).
MORENO CATENA, VÍCTOR; CORTÉS DOMÍNGUEZ, VALENTÍN, Derecho Procesal Penal, Tirant lo Blanch (última edición).
MORENO CATENA, VÍCTOR; CORTÉS DOMÍNGUEZ, VALENTÍN, Derecho Procesal Civil. Parte general, Tirant lo Blanch (última edición).
MORENO CATENA, VÍCTOR; CORTÉS DOMÍNGUEZ, VALENTÍN, Introducción al Derecho Procesal, Tirant lo Blanch (última edición).
PALEO MOSQUERA, NATALIA. As políticas municipais de xénero en España: o caso dos municipios galegos. Laiovento, 2018.
VALDÉS DAL-RÉ, F.: Igualdad de género y relaciones laborales: entre la ley y la negociación colectiva, Editorial Reus, S.A. (Madrid, 2010).
VV. AA., Manual de conceptos jurídicos básicos, Colex, A Coruña, 2021.
Competencias xerais
- Capacidade de comprensión, análise e síntese.
- Capacidade de organización e planificación.
- Capacidade de obtención e xestión da información.
- Capacidade de resolución de problemas.
- Capacidade de decisión.
- Razoamento crítico.
- Compromiso ético e deontolóxico.
- Traballo en equipo.
- Aprendizaxe autónoma.
Competencias específicas
- Percibir o carácter unitario do Ordenamento xurídico e conseguir a necesaria visión sistemática e de conxunto dos problemas xurídicos.
- Percibir a interrelación do Dereito con outras disciplinas científicas e cos problemas da sociedade.
- Comprender adecuadamente os fenómenos políticos, sociais, económicos, culturais, persoais e sociolóxicos, entre outros, considerándoos na interpretación e aplicación do Dereito.
- Adquirir o dominio das técnicas de obtención de información xurídica.
- Manexar e interpretar correctamente as distintas fontes xurídicas,
- Adquirir a capacidade de razoamento e argumentación xurídica cunha conciencia crítica na análise do Ordenamento.
- Adquirir a capacidade de redactar textos e expresarse oralmente nunha linguaxe fluída e técnica, utilizando termos xurídicos precisos, claros e comprensibles.
- Adquirir a capacidade de analizar e resolver os problemas que suscite a práctica e a práctica do Dereito.
Competencias transversais
- Adaptación a novas situacións.
- Creatividade.
- Liderado.
- Iniciativa e espírito emprendedor.
- Motivación pola calidade e a excelencia profesional.
- Sensibilidade cara a temas da realidade social e económica.
- Recoñecemento da diversidade e da multiculturalidade.
- Espírito de superación.
Impartiranse clases expositivas explicando os contidos do programa. A exposición será sobre os principais problemas prácticos que se expoñen en relación cos temas tratados.
Darase especial importancia ao manexo da xurisprudencia e dos textos legais. Unha e outros son soportes fundamentais das clases.
É recomendable que o alumnado leve ao día a preparación das leccións
Nas clases interactivas desenvolveranse os problemas máis novos que susciten cada unha das leccións.
A asistencia a clase é obrigatoria.
A metodoloxía empregada será a avaliación continua, baseada na cualificación de traballos e probas prácticas realizadas no desenvolvemento das clases (tanto ensaios escritos, como presentacións orais).
O alumnado que non supere a materia coa realización dos traballos, poderá optar por realizar o exame final presencial na data oficial establecida que suporá o 100% da cualificación final.
PLAXIO
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Avaliación Curso Sen Docencia
Dado que o máster é bienal e durante o segundo curso de cada edición do máster non haberá docencia presencial desta materia, as/os estudantes matriculados na mesma deberán contactar cuanto antes coas docentes responsables da materia para precisar o sistema de avaliación. En todo caso, de non acordarse outra cosa, a/o alumna/o será avaliada/o mediante traballos e actividades prácticas nas convocatorias previstas.
Reunida a Comisión do Titulo do Master Igualdade , Xénero e Educación acórdase enviar instrucción as coordinación das materias para que se introduzcan nos programas alusión a instrucción da secretaria xeral en relación a dispensa de asistencia a clase e a metodoloxia e avaliación a utilizar.
Rógase se faga esta modificación antes do dia 6 de Xuño, data en que serán aprobados en Xunta de Facultade de Ciencias da Educación.
DISPENSA DE ASISTENCIA
O alumnado que teña exención de docencia ou dispensa de asistencia (Instrución núm. 1/2017, do 27/04/2017, da Secretaría Xeral da USC sobre a dispensa de asistencia á clase) deberá informar da súa situación ás docentes. Estas convocarán a persoa interesada a unha titoría para proporcionarlle un programa de actividades específico destinado a superar a materia.
Dependerá de cada alumna e alumno, pero pártese da base de que por un crédito ECTS se calculase, no contexto que nos ocupa, aproximadamente de 12-15 horas de traballo persoal á semana.
A non asistencia a clase e o deixar para o final o estudo da materia limita extraordinariamente as posibilidades para superala.
Co fin de facilitar a resolución das dúbidas, as profesoras están a disposición do alumnado no horario de titorías.
-Asistencia a clase
O Consello de Goberno do 25 de marzo de 2010 aprobou o Regulamento de asistencia a clases nos cursos adaptados ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Nel expóñense os beneficios da asistencia a clase, entre eles que facilita unha mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupo e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa co resto do alumnado ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-alumno máis participativa. Cómpre lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións lectivas. Nos supostos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar a exención oficial da docencia.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
-Responsabilidade medioambiental. Se a/o docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
-Perspectiva de xénero:
o Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
-Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
-Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
-Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado
do mesmo.
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
13.01.2025 16:00-18:00 | Grupo de exame | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
19.05.2025 16:00-18:00 | Grupo de exame | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |