Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 76.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 13.5 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Matemática, Didáctica das Ciencias Experimentais
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer os aspectos básicos da interdisciplinariedade en diversos contextos educativos.
- Explorar contextos que permitan tratar a interdisciplinariedade buscando a sinerxia entre distintas materias curriculares.
- Analizar criticamente as pautas e concrecións interdisciplinares que aparecen nos currículos escolares.
- Identificar e analizar/valorar criticamente as metodoloxías docentes que mellor se axustan ao traballo interdisciplinar en E. Infantil e/ou Primaria.
- Dotar a alumnado de instrumentos para analizar e avaliar propostas de ensino interdisciplinares en E. Infantil e/ou Primaria.
- Introdución á interdisciplinariedade. Liñas básicas do traballo interdisciplinar: antecedentes, fundamentación teórica, modelos, etc.
- Centros de interese para o traballo interdisciplinar. Análise da aportación das distintas disciplinas curriculares.
- Estudo da interdisciplinariedade a través das competencias básicas e estándares de aprendizaxe no currículo.
- Metodoloxías para o traballo interdisciplinar en E. Infantil e/ou Primaria.
- Análise e avaliación de propostas interdisciplinares concretas.
Bibliografía básica
- Arias Correa, A. et al. (2009). O traballo por proxectos en Infantil, Primaria e Secundaria. Xunta de Galicia.
- Majó Masferrer, F.; Baqueró Alos, M. (2014). Ocho ideas clave. Los proyectos interdisciplinarios. Graó.
- Rodríguez Marcos, A. (coord.) (1994). Un Enfoque interdisciplinar en la formación de los maestros. Narcea, D.L.
Bibliografía complementaria
- Antiseri, D. (1976). Fundamentos del trabajo interdisciplinar. Adara D.L.
- Boix Mansilla, V., Gardner, H. e Miller, W. (2000). On Disciplinary Lenses and Interdisciplinary Work. En S. Wineburg e P. Grossman (Eds.). Interdisciplinary Curriculum: Challenges to Implementation (pp. 17-38). Teacher College Press.
- Bybee, R. W. (2013). The case for STEM Education: Challenges and Opportunities.Virginia: National Science Teachers Association (NSTA).
- Castro Acuña, C. (2012). STEM, STEAM, proyectos educativos integrales y olimpiadas de química: métodos que buscan convencer a los jóvenes de que la ciencia es útil para todos. En G. y. Pinto, Enseñanza y divulgación de la Química y la Física (pp. 221-227). Ibergarceta Publicaciones.
- Diego, J., Fernández, M., González, M., Ísturiz, M., Gorgal, A., González, I., et al. (2017). Proyecto Kiks (Kids Inspire Kids for STEAM). Congreso Iberoamericano de educación Matemática.
- Gómez González, F. J. (2016). ¿El mito de la ciencia interdisciplinar? : obstáculos y propuestas de cooperación entre disciplinas. Los Libros de la Catarata.
- Juanola, R. (2011). La investigación didáctica: hacia la interdisciplinariedad y la cooperación. Educatio Siglo XXI, 29(1), 233-262.
- Monge, J.J. e Portillo, R. (1996). La formación del profesorado desde una perspectiva interdisciplinar retos ante el siglo XXI. Santander: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Cantabria.
- National Research Council (NRC) (2014). STEM learning Is everywhere: Summary of a convocation on building learning systems. Washington DC:The National Academies Press.
-Pérez Egea, E., Baeza Verdú, Mª. C. e Miralles Martínez, P. (Ed.) (2008). El rincón de los tiempos. Un palacio en el aula de Educación Infantil. Revista Iberoamericana, 48(1).
- Posada Álvarez, R. (2004). Formación Superior basada en competencias, interdisciplinariedad y trabajo autónomo del estudiante. Revista Iberoamericana de Educación, 8 (1).
Competencias Básicas e Xerais
CB6- Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (o multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8- Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10- Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permita continuar estudando dun modo que terá que ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
G1.- Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
G3.- Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
G4.- Desenvolverse no exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática y solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
G6.- Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
G7.- Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
G8.- Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Competencias Transversais
T1.- Capacidade de análise e síntese.
T3.- Traballar de forma autónoma e con iniciativa.
T4.- Traballar de forma colaborativa.
T5.- Capacidade de organización e planificación en ámbitos educativos disciplinares e interdisciplinares.
T11.- Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
T12.- Capacidade para comunicarse por oral e por escrito en lingua galega.
T13.- Sustentabilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.
Competencias Específicas
E1.- Coñecer as bases teóricas do traballo interdisciplinar e identificar os seus centros de interese en contextos escolares e non escolares.
E2.- Identificar e analizar criticamente propostas interdisciplinares no ámbito educativo.
E3.- Deseñar, xustificar, organizar e avaliar de forma sistemática propostas interdisciplinares en distintos contextos educativos.
E9.- Ensaiar e avaliar plantexamentos de ensinanza disciplinares ou interdisciplinares en contextos educativos reais, e promover propostas de mellora en relación cos resultados obtidos.
E13.- Analizar e valorar criticamente investigacións e proxectos de innovación en ámbitos disciplinares específicos.
E17.- Seleccionar, adaptar e aplicar materiais e recursos TIC e de outra índole, para mellorar a ensinanza e aprendizaxe dos diferentes ámbitos disciplinares
Metodoloxía utilizada nas clases expositivas
Nas sesións expositivas empregarase principalmente a lección maxistral, na cal explicación do profesor convértese nun dos elementos que se integran no proceso de construción de coñecementos dos estudantes, adquirindo relevancia no traballo do alumnado. Combinarase a lección maxistral con pequenas actividades de aplicación do abordado nas sesións.
Metodoloxía utilizada nas clases interactivas
Nas sesións interactivas realizaranse distintos tipos de actividades formativas que comprenden:
1) A análise de fontes documentais, para a cal se empregarán documentos audiovisuais e/ou bibliográficos, acompañados de actividades de análise de ditas fontes.
2) Traballos tutelados para promover a aprendizaxe autónoma en escenarios variados.
3) Aprendizaxe colaborativa na cal o alumnado traballa organizado en pequenos grupos para resolver determinadas tarefas asignadas polas docentes para optimizar a súa aprendizaxe e a do resto dos membros do grupo.
4) Presentacións orais.
Empregarase o campus virtual como ferramenta de comunicación entre o alumnado e os docentes, así como para programar e realizar determinadas actividades. Para o correcto funcionamento da materia é imprescindible consultar de forma habitual a información proporcionada na aula virtual.
As titorías realizaranse de forma presencial ou virtual a través da plataforma Teams.
1) Avaliación do alumnado xeral
Parte I: Contribución á cualificación final 70%
a. Asistencia, participación activa e colaborativa nas actividades que se organicen na aula (10%)
b. Elaboración e presentación de traballos tutelados (individualmente ou en pequenos grupos), que comprendan reflexións sobre os contidos abordados nas sesións expositivas (poñendo de manifesto o aprendido) (60%)
Parte II: Contribución á cualificación final 30%
d. Proba final (individual) sobre os contidos correspondentes á programación das sesións expositivas e interactivas.
Para obter puntuación na parte I será necesaria a asistencia, como mínimo, ao 80% das clases. A xustificación das faltas terase en conta para non perder o dereito a avaliación continua, mais non proporcionarán puntuación no apartado de asistencia.
Para superara a materia cómpre obter una puntuación igual ou superior a 5 puntos sobre 10 en cada una das partes mencionadas anteriormente.
O alumnado que asista á segunda oportunidade da primeira convocatoria soamente terá dereito á realización da proba escrita da Parte II. As cualificacións obtidas na Parte I conservaranse para esta oportunidade, pero non serán modificadas. Do mesmo xeito, non se admitirá a entrega de ningún traballo fóra dos prazos establecidos no transcurso do semestre.
2) Avaliación do alumnado con exención parcial de docencia
O alumnado con exención de docencia ás clases expositivas será avaliado das partes I e II de igual modo que o alumnado de convocatoria ordinaria, agás no que se refire á participación nas clases expositivas, que deberá entregar unha reflexión persoal dun folio sobre os contidos que se abordaron en cada sesión. Na avaliación do apartado b, requirirase igualmente a entrega de traballos/actividades desenvolvidas nas sesións expositivas. Estas actividades serán colgadas na aula virtual.
O alumnado que non contacte cos docentes dentro das 2 primeiras semanas de curso será avaliado de igual forma que o de convocatoria ordinaria, agás que se trate dunha causa debidamente xustificada.
3) Avaliación do alumnado con Dispensa de Asistencia e/ou Exención de Docencia Completa.
O alumnado con Dispensa de Asistencia e/ou Exención de docencia a todas as sesións, se así se determina, será avaliado como se indica a continuación. En cumprimento da instrución 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a exención de asistencia a clase, este alumnado deberá acordar un plan de traballo e avaliación específico dentro das dúas primeiras semanas do curso e que incluirá:
-Un programa de actividades relacionadas coas sesións expositivas e interactivas con prazos de entrega determinados (40%)
-A realización dunha proba escrita na que amose a adquisición das competencias obxecto de avaliación na materia (60%)
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado supoñerá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás que se programasen de forma coordinada.
OBSERVACIÓN: Esta é unha materia impartida por dous docentes. En todos os casos (1, 2 e 3), o alumnado deberá superar as partes impartidas por cada docente para aprobar a materia. Así mesmo, terán que respectarse os prazos de entrega de traballos e manteranse as normas para a convocatoria de xullo. O profesorado poderá empregar algún medio para garantir a autoría das probas, que poderá supoñer ata un 30% da porcentaxe da nota final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa da avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Esta é unha materia de 4,5 ECTS (112,5horas). Distribúese mediante unha carga lectiva de 13,5 horas expositivas, 18 horas interactivas de seminario e 4,5 horas de titorías.
Considérase que as 76,5 horas restantes deberían ser utilizadas polo alumnado da seguinte maneira:
- Estudo autónomo, lecturas recomendadas e actividades na biblioteca ou similares, preparación de debates e preparación de probas.
- Lecturas sobre a parte práctica, programación de traballos prácticos, escritura de traballos e conclusións, e preparación de presentacións orais.
- Preparación individual de probas escritas e de presentacións orais, revisións de probas de avaliación, orientación e seguimento de traballos prácticos.
A metodoloxía de traballo que se utilizará durante o curso, supón a implicación do alumnado na súa propia aprendizaxe. Consecuentemente, é necesario asistir a clase e participar activamente nas actividades propostas.
A análise da problemática de aprendizaxe, así como a análise e a actualización dos contidos científicos, implican a busca de información nas fontes correspondentes e a súa atenta lectura.
- O programa da materia desenvolverase na Facultade de Ciencias da Educación, Campus Norte, durante o primeiro cuadrimestre.
- As titorías atenderanse no despacho dos profesores na Facultade de Ciencias da Educación, Campus Norte e a través da plataforma Microsoft Teams.
- Os correos electrónicos e as extensión telefónicas están consignados nos horarios do profesorado da materia que aparecen no sitio web correspondente da USC.
- Os contidos abordados nas sesións da materia estarán dispoñibles na aula virtual, para que cada estudante poida elaborar os seus materiais de estudo.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Responsabilidade medioambiental. Se o docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
*Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
*Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
*Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
*Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
*Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Francisco Sóñora Luna
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Experimentais
- Correo electrónico
- francisco.sonora [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Jorge Albella Martinez
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Matemática
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 14 |
Xoves | |||
16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán, Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 14 |
10.01.2025 16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 14 |
20.06.2025 16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 14 |