Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 11.5 Clase Interactiva: 4.5 Total: 16
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía, Botánica, Enxeñaría Agroforestal, Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría, Economía Aplicada
Áreas: Análise Xeográfica Rexional, Xeografía Física, Xeografía Humana, Botánica, Expresión Gráfica da Enxeñaría, Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría, Produción Vexetal, Economía Aplicada, Economía, Socioloxía e Política Agraria
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo do Traballo Fin de Máster (TFM) é a realización obrigatoria dun traballo de investigación inédito e orixinal de forma individual por parte do alumnado no que se poñan en práctica os coñecementos, capacidades, competencias e habilidades adquiridas no desenvolvemento do Máster en Planificación e Xestión Territorial.
O tema do TFM debe encadrarse no perfil do Máster en Planificación e Xestión Territorial e estar na liña temática dalgunha das materias do programa.
O alumnado fará unha proposta de TFM, a partir dos temas ofertados ou por iniciativa propia, co visto e prace do/a titor/a. A extensión da memoria da proposta de TFM será dun máximo de cinco páxinas e debe incluír brevemente a seguinte información: (i) título e titor/a; (ii) xustificación; (iii) obxectivos; (iv) metodoloxía proposta e fontes de datos a empregar; (v) bibliografía básica; e (vi) calendario de traballo proposto.
O TFM deberá conter os seguintes apartados:
(i) Introdución. Contemplará, cando menos, unha xustificación do obxectivo perseguido.
(ii) Marco teórico. Incluirá unha revisión conceptual do campo de investigación no que se desenvolve o traballo.
(iii) Metodoloxía e fontes empregadas.
(iv) Análise de resultados.
(v) Discusión dos resultados e conclusións.
A extensión máxima será de 100 páxinas, que deberán ir numeradas.
-
CG01: Capacidade de procurar e seleccionar a información útil para resolver problemas complexos, manexando con soltura as fontes bibliográficas e estatísticas existentes.
CG02: Capacidade de manter e estender formulacións teóricas fundadas para abordar problemas de investigación no campo da análise xeográfica e territorial.
CG03: Capacidade de recompilar información espacial procedente de diferentes fontes e integrala en bases de datos xeoespaciais.
CG04: Capacidade de planificar e realizar tarefas de investigación no ámbito dos estudos e análises territoriais.
CB6: Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de seren orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7: Que o alumnado dea aplicado os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudio.
CB8: Que o alumnado sexa quen de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9: Que o alumnado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
CB10: Que o alumnado posúa as habilidades de aprendizaxe que lle permita continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
CT02: Capacidade analítica e de síntese.
CT01: Capacidade de procura e selección de información.
CT03: Capacidade de realizar unha exposición en público e debater con soltura sobre o tema que se estea expoñendo.
CT07: Capacidade de traballo e de resposta baixo condicións adversas (dificultade de comunicación entre membros dunha equipa, prazos de entrega exiguos, falla de recursos, etc.)
CE01: Entender o marco legal e institucional da planificación e xestión territorial.
CE02: Coñecer os principais instrumentos de ordenación e xestión territorial e as principais figuras de planeamento en ordenación do territorio e urbanismo.
CE03: Coñecer os diferentes instrumentos de xestión de terras.
CE04: Capacidade para levar a cabo procesos de análise, avaliación e diagnóstico do territorio, do medio ambiente, do urbanismo, dos usos do solo e da propiedade da terra desde un punto de vista económico, social e ambiental.
CE05: Formación para extraer, analizar e presentar a información necesaria para a toma de decisións na planificación e xestión territorial e ambiental.
CE06: Coñecemento e uso crítico da terminoloxía especializada en planificación e xestión territorial e ambiental, e capacidade para a aplicación práctica dos coñecementos sobre planificación do territorio, nomeadamente no ámbito galego.
CE07: Preparación e redacción de informes de ordenación do territorio, planeamento urbanístico e de xestión ambiental a través da análise crítica, a avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
CE08: Coñecer as técnicas, ferramentas e tecnoloxías que permiten realizar unha planificación e xestión territorial eficientes e a diferentes escalas (rexional, urbana, etc.).
CE09: Capacidade para o deseño de políticas de planificación e xestión do uso do solo, así como de propiedade da terra.
CE10: Capacidade tanto para a resolución de problemas derivados da infrautilización ou ineficiencia no uso do solo como da súa sobreexplotación ou uso inadecuado.
CE11: Capacidade para pensar e actuar como axente de desenvolvemento rural e local, considerando as persoas e comunidades involucradas nas políticas e plans de desenvolvemento.
O TFM será realizado de forma individual polo alumnado.
Os TFM deberán ter un/ha titor/a que oriente o alumnado na súa realización, en particular en aspectos tales como: (i) o estabelecemento dos obxectivos; (ii) a definición da metodoloxía; (iii) a recollida de datos; (iv) a identificación das referencias bibliográficas; (v) a interpretación de resultados; (vi) a elaboración das conclusións; e (vii) o deseño do plan de traballo.
O/a titor/a programará sesións de traballo co/a alumno/a e velará polo cumprimento dos obxectivos fixados.
As datas de entrega e defensa dos TFM serán fixadas pola Comisión Académica a inicio de cada curso académico, de acordo co calendario académico acordado pola Universidade.
Ante un tribunal designado a tal efecto, o alumnado fará unha exposición oral e pública do TFM durante un tempo máximo de 20 minutos, tras a que o tribunal formulará preguntas. O/a alumno/a terá logo dereito a réplica. Para a exposición inicial, poderá utilizar os medios audiovisuais que considere necesarios.
Tras a defensa do TFM, o tribunal emitirá a súa cualificación, entre 0 e 10 puntos e con expresión dun decimal. Esta resultará de puntuar de 0 a 1 cada un dos seguintes dez apartados da rúbrica:
(1) Defensa oral.
(2) Réplica ás cuestións formuladas polo tribunal.
(3) Presentación formal do TFM, incluída a cartografía, de a houber.
(4) Calidade do texto: escrita e estilo; ausencia de erros tipográficos, ortográficos e gramaticais.
(5) Referencias académicas empregadas completas, actualizadas e relevantes. Formato das referencias axeitado, de acordo coas convencións existentes, tanto dentro do texto (preferentemente, estilo Harvard) como na bibliografía final. Todas as referencias citadas ao final están citadas dentro do texto e no texto non hai referencias ausentes na listaxe bibliográfica final.
(6) Introdución, con xustificación explícita do/s obxectivo/s.
(7) Marco teórico que demostra un coñecemento axeitado da bibliografía do tema tratado.
(8) Explicación clara e xustificación do/s método/s e fonte/s empregados. Adecuación deles ao/s obxectivo/s do TFM.
(9) Exposición dos resultados, que evita unha presentación repetitiva e cun uso axeitado de cartografía, figuras, táboas, etc.
(10) Capacidade de interpretar os resultados (discusión) e de inferir conclusións apoiadas na análise realizada.
O TFM debe seguir os seguintes principios éticos na investigación:
(a) A utilización de fontes de datos, fontes documentais, imaxes ou cartografía que non sexan de elaboración propia debe recoñecer a autoría orixinal, citando as fontes.
(b) A utilización de parte ou todo o traballo doutra autoría sen cumprir o criterio anterior (plaxio) comportará a cualificación de suspenso por parte do tribunal avaliador. Neste senso, o tribunal suspenderá aqueles TFM que non sexan orixinais e/ou que non citen as autorías das referencias e/ou as fontes mobilizadas. Asemade, deberá pór o feito en coñecemento da Reitoría a efectos de iniciar as accións disciplinarias que procedan, de conformidade co artigo 16 da Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
O número máximo de convocatorias que poderá consumir o alumnado será de dúas, con dúas oportunidades como máximo en cada unha. A obtención de non presentado/a nalgunha das oportunidades ou en todas computarase para os efectos de consumir a convocatoria.
O tempo global de dedicación é de 150 horas de traballo persoal d@ estudante.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.