Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 85 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 125
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Lingüística Xeral
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Introducir ao alumnado nos principais fundamentos e teorías que sustentan o ensino e aprendizaxe de linguas.
- Familiarizar ao alumnado coas orientacións do ensino de linguas que emanan das directrices e documentos europeos.
- Fomentar a colaboración didáctica no ensino e aprendizaxe de linguas.
- Orientar cara á elaboración de proxectos interlingüísticos para o ensino secundario.
Tema 1. O proceso de adquisición de linguas.
1.1. Linguas primeiras e linguas engadidas.
1.2. A adquisición da L1 fronte á aprendizaxe da L2: semellanzas e diferenzas.
Tema 2. Enfoques e correntes metodolóxicas no ensino de linguas.
2.1. Evolución histórica dos métodos e enfoques no ensino de idiomas.
2.2. Métodos tradicionais: método gramática-tradución, métodos estruturais, método audiolingual ou audiolingüístico.
2.3. Os enfoques comunicativos actuais: o ensino comunicativo da lingua, o ensino baseado en tarefas.
Tema 3. Pautas e instrumentos para o ensino e aprendizaxe de linguas.
3.1.O Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas. A competencia comunicativa: competencia lingüística, sociolingüística e pragmática. Os niveis de referencia.
3.2. O Portfolio Europeo das Linguas. Ferramenta para promover o plurilingüismo e a conciencia intercultural.
Tema 4. Desenvolvemento da competencia plurilingüe e intercultural nas aulas de lingua.
4.1. Introdución: o desenvolvemento da competencia plurilingüe e intercultural nas aulas de lingua.
4.2. Aproximacións plurais á aprendizaxe das linguas. Marco de Referencia para as Aproximacións Plurais (CARAP).
4.3. A didáctica da intercomprensión na educación lingüística. Conceptos e plataformas para o seu desenvolvemento.
4.4. O tratamento integrado das linguas no sistema educativo (CLIL/AICLE). Aspectos lingüísticos e críticos sobre os Proxectos Interlingüísticos.
Seminarios interactivos:
Nos seminarios interactivos desenvolveranse actividades e traballos de xeito colaborativo e que recollerán aspectos diversos do programa de contidos, cunha metodoloxía baseada no debate, a interacción e a exposición dos mesmos. Algunhas destas actividades realizaranse a través da plataforma do campus virtual da USC.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Candelier, M. (coord.) (2012). CARAP. Cadre de Référence pour les Approches Plurielles des Langues et des Cultures. Conseil de l'Europe.
Cantero Serena, F. J. (2019). El arte de no enseñar lengua. Octaedro.
Consello de Europa (2001). Marco europeo común de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación. Xunta de Galicia.
Council of Europe (2020). Common European Framework of Reference for Languages: learning, teaching, assesment. Companion Volume. https://rm.coe.int/common-european-framework-of-reference-for-languages…
Trujillo Sáez, F. (2007). “Enseñar nuevas lenguas en la escuela: L1, L2, LE… NL”. Revista de Educación, 343, 71-91.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Andrade, A. I. e Pinho, S. (2010). Línguas e Educaçao: práticas e percursos de trabalho colaborativo. Universidade de Aveiro.
Baker, C. (1997). Fundamentos de Educación Bilingüe y Bilingüismo. Cátedra.
Cassany, D. (2006). El Portfolio Europeo de las Lenguas y sus aplicaciones en el aula. Ministerio de Educación.
Centro Virtual Cervantes (2008). Diccionario de términos clave de ELE. https://cvc.cervantes.es/ensenanza/biblioteca_ele/diccio_ele/indice.htm
Conde, G. (2006). “El Portfolio Europeo de las Lenguas: el proyecto europeo y su desarrollo en España”. Carabela, 57, 143-154.
Cots, J.M. et al. (2010). Plurilingüismo e interculturalidad en la escuela. Reflexiones y propuestas didácticas. Horsori.
Cummins, J. (2002). Lenguaje, poder y pedagogía. Ediciones Morata.
Díaz García, M.T., Mas Álvarez, I. e Zas Varela, L. (2009). Diversidade lingüística e cultural no ensino de linguas. TresCtres.
Doughty, C.J. e Long, M.H. (2003). The handbook of second language acquisition. Blackwell.
Garrote Salazar, M. (2019). Didáctica de segundas lenguas y lenguas extranjeras en Educación infantil y Primaria. Paraninfo.
González Piñeiro, M. et al. (2010). Didáctica de las lenguas modernas. Competencia plurilingüe e intercultural. Síntesis.
Hernández, A. (2007). El trabajo en equipo del profesorado. 14 ideas clave. Graó.
Lomas, C. (1999). Cómo enseñar a hacer cosas con las palabras. Teoría y práctica de la educación lingüística. Paidós.
Lorenzo, F., Trujillo, F. e Vez, J.M. (2011). Educación bilingüe. Integración de contenidos y segundas lenguas. Síntesis.
Martín-Macho Harrison, A. e Guadamillas Gómez, M.V. (2022). Mediación lingüística en la enseñanza de lenguas: aportaciones del volumen complementario y recursos para el aula. Octaedro.
Martín Peris, E. (2004). “¿Qué significa trabajar en clase con tareas comunicativas?”. redELE, 0. http://www.mepsyd.es/redele/revista/martin.shtml
Martínez Atienza, M. e Zamorano Aguilar, A. (coords.) (2018). Teoría y metodología para la enseñanza de ELE, 4 vols. enClave ELE.
McLelland, N., Smith, R. (2020). The History of Language Learning and Teaching. Cambridge.
Ministerio de Educación, Cultura y Deporte (2012). Estudio Europeo de Competencia Lingüística (EECL). http://www.mecd.gob.es/inee/estudios/competencia-linguistica.html
Muñoz Cruz, H. (coord.) (2023). Usar, enseñar, aprender lenguas en la diversidad, globalización y movilidad: perspectivas conceptuales y metodológicas. Ediciones del Lirio.
Palacios Martínez, I.M. (dir.) (2007). Diccionario de enseñanza y aprendizaje de lenguas. enclave-ELE.
Palacios Martínez, I.M. (2008). “O Portfolio Europeo das Linguas: reflexións e ideas para a súa posta en práctica na aula”. En Díaz García, T., Mas Álvarez, I. e Zas Varela, L. (coord.). Integración lingüística e inmigración (117-136). Universidade de Santiago de Compostela.
Pastor Cesteros, S. (2004). Aprendizaje de segundas lenguas. Lingüística aplicada a la enseñanza de idiomas. Universidad de Alicante.
Richards, J.C. e Rogers, T.S. (2001). Enfoques y métodos en la enseñanza de idiomas. Cambridge University Press.
Ruiz de Zarobe, L. e Ruiz de Zarobe, Y. (eds.) (2013). Enseñar hoy una lengua extranjera. Portal Education.
Sánchez Lobato, J. e Santos Gargallo, I. (2004). Vademecum para la formación de profesores. Enseñar Español como segunda lengua (L2)/lengua extranjera (LE). SGEL.
San Isidro Agrelo, F.X. (2009). CLIL: Integrando linguas “A través” do Currículo. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
San Isidro Agrelo, F.X. (2011). Materiais Plurilingües 3.0: Formación, creación e difusión. Santiago de Compostela: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Trujillo Sáez, F. (2005). ”En torno a la interculturalidad: reflexiones sobre cultura y comunicación para la didáctica de la lengua”. Porta Linguarum, 4, 23-39.
Vez, J.M. (2000). Fundamentos lingüísticos en la enseñanza de lenguas extranjeras. Ariel.
Vez, J.M. (2009). "Multilingual education in Europe: policy developments". Porta Linguarum, 12, 7-29.
CG2 - Coñecer o corpo de coñecementos didácticos sobre os procesos de ensino e aprendizaxe respectivos.
CG8 - Adquirir estratexias para estimular o esforzo do estudante e promover a súa capacidade para aprender por si mesmo e con outros, desenvolvendo habilidades de pensamento e decisión que faciliten a autonomía, a confianza e as iniciativas persoais.
CG16 - Traballar en equipo con outros profesionais da educación, enriquecendo a súa formación.
CT1 - Utilizar bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por internet.
CT2 - Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, vías alternativas e identificando erros lóxicos na toma de decisións.
CT3 - Potenciar a capacidade para o traballo en entornas cooperativas e pluridisciplinarios
CEE4 - Coñecer contextos e situacións nas que se usan en aplican os diversos contidos curriculares.
CEE5 - Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das correspondentes materias
CEE6 - Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo
CEE8 - Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as aportacións dos estudantes
CEE11 - Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
Esta materia adopta un enfoque de aprendizaxe reflexiva, que esixe do alumnado unha intensa participación activa en todas as actividades do programa do curso e unha continua relación entre os contidos que se tratan nas sesións e os coñecementos previos do estudantado e as súas experiencias de ensino ou aprendizaxe de linguas.
As explicacións dos contidos do programa serán realizadas nas sesión expositivas da materia e irán encamiñadas a facilitar a aprendizaxe. A información recibida directamente na clase pódese converter en coñecemento e ser sometida a debate na dinámica das sesións seminario.
Nos seminarios interactivos desenvolveranse actividades e traballos de xeito colaborativo e que recollerán aspectos diversos do programa de contidos, cunha metodoloxía baseada no debate, a interacción e a exposición dos mesmos. Algunhas destas actividades realizaranse a través da plataforma do campus virtual da USC.
Será imprescindible sustentar os contidos proporcionados na aula mediante a consulta de fontes bibliográficas específicas para cada tema. A autoaprendizaxe e a lectura selectiva segundo as pautas marcadas para cada apartado dos temas fornece os mecanismos de autoaprendizaxe e reflexión crítica. A posta en práctica dos conceptos é imprescindible para asentar e madurar a preparación na materia mediante a realización dos exercicios propostos.
1. PRIMEIRA E SEGUNDA OPORTUNIDADE
A avaliación será continua e os seus criterios serán os mesmos tanto na PRIMEIRA OPORTUNIDADE coma na SEGUNDA OPORTUNIDADE. Este sistema de avaliación terá en conta a participación, o traballo individual, as actividades grupais e actividades avaliables segundo a seguinte ponderación:
a) Actividades avaliables derivadas da dinámica do traballo no grupo de clases: 70%
b) Proba final individual: 30%
O alumnado debe ter en conta que a asistencia ás clases expositivas e aos seminarios interactivos é obrigatoria. No caso de que as ausencias inxustificadas estean próximas ao 20%, o docente responsable poderá indicar a obriga de realizar algún traballo complementario para poder superar a materia en calquera das dúas oportunidades da convocatoria.
2. ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE
A avaliación consistirá nunha proba final. Esta proba suporá o 100% da nota e incluirá cuestións teóricas e prácticas sobre os contidos do programa. Este sistema de avaliación será aplicado tanto na primeira coma na segunda oportunidade. As actividades de titorización realizaranse presencialmente ou a través de MSTeams.
3. CONVOCATORIAS POSTERIORES
O sistema de avaliación en convocatorias posteriores para aquelas persoas que suspendesen a materia será o mesmo que se establece para o alumnado de primeira matrícula.
4. ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL
O alumnado que precise algún tipo de adaptación ou apoio específico por NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao docente, pero só se considerarán aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC). http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/integracion.html
5. MOI IMPORTANTE
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación e rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2011/20110721/AnuncioG2018-190711-…
DISTRIBUCIÓN DA CARGA ECTS
Sesións expositivas: 15 horas presenciais + 25 non presenciais (total: 40 horas).
Sesións interactivas: 20 horas presenciais + 30 non presenciais (total: 50 horas).
Sesións de titoría: 5 horas presenciais + 5 non presenciais (total: 10 horas).
Sesións de avaliación: 2 horas presenciais + 20 non presenciais (total: 22 horas).
TOTAL: 42 horas presenciais + 80 horas non presenciais (= 122 horas).
Os ritmos de aprendizaxe non son os mesmos en todo o alumnado, e tampouco será idéntico o esforzo que esixan as actividades de traballo autónomo programadas nos distintos temas, pero vaise requirir do alumnado o seu compromiso para a asistencia proveitosa ás clases e o traballo constante e continuado.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación cos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia, pídese ter en conta as seguintes indicacións que mellorarán a responsabilidade ambiental no emprego de recursos:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
- É obrigatorio o emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais (conta de correo RAI.USC, Campus Virtual, Microsoft Office 365...), así como outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Debe terse en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado: enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o alumnado matriculado na materia.
USO DO TELÉFONO MÓBIL
Queda restrinxido o uso do teléfono móbil na aula ao uso como instrumento de traballo seguindo as indicacións das docentes. O alumnado é responsable das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse do seu uso inapropiado.
PROTECCIÓN DE DATOS
Adóptase a normativa da USC a este respecto: https://www.usc.gal/gl/politica-privacidade-proteccion-datos
ENTREGA DE TRABALLOS
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
Montserrat Souto Gomez
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Teléfono
- 982824778
- Correo electrónico
- montserrat.souto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Colaborador
Venres | |||
---|---|---|---|
16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 25 |
15.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 26 |
27.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 27 |