Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Lingua e a Literatura
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Analizar e reflexionar sobre os diversos eidos e xeitos de innovación educativa na área de linguas.
- Familiarizar ao alumnado con modelos, instrumentos, orientacións temáticas, técnicas e metodoloxías de investigación na área de linguas.
- Orientar sobre instrumentos e recursos de desenvolvemento profesional na área de linguas.
- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente e adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelos nos alumnos e alumnas.
BLOQUE 1: Innovación, mellora e calidade docente na área de linguas.
1. Aproximación á innovación docente.
1.1. Presentación de conceptos básicos.
1.2. Paradigmas para a innovación. A lingua como obxecto de coñecemento, como ferramenta comunicativa e como factor de cohesión social.
2. A innovación dende as accións do Consello de Europa.
2.1. O plurilingüismo e a interculturalidade como obxectivo da innovación.
2.2. Promoción de metodoloxías e enfoques: tratamento integrado das linguas, inclusión das TIC, traballo por proxectos, clases invertidas, comunidades de aprendizaxe...
3. Análise crítica e deseño de experiencias ou proxectos de innovación docente.
BLOQUE 2: Investigación educativa na área de linguas.
4. Aproximación á investigación educativa.
4.1. Presentación de conceptos básicos.
4.2. A investigación-acción na área de linguas.
5. O proceso da investigación educativa.
5.1. Plantexamentos iniciais e enfoques metodolóxicos existentes dende a perspectiva cuantitativa e a cualitativa.
5.3. A elaboración do informe de investigación.
6. A presenza da investigación educativa nas experiencias ou proxectos de innovación docente.
BÁSICA:
ALBERT GÓMEZ, María José (2007): La investigación educativa: claves teóricas, Madrid, McGraw Hill.
ÁLVAREZ GAYOU, Juan Luis (2003): Cómo hacer una investigación cualitativa: fundamentos y metodología, México, Paidós.
CORBETTA, Piergiorgio (2007): Metodología y técnicas de Investigación Social, Madrid, McGraw-Hill.
COMPLEMENTARIA:
AREA MOREIRA, Manuel (2008): "Una breve historia de las políticas de incorporación de las tecnologías digitales al sistema escolar en España", Quaderns digitals. Revista de Nuevas Tecnologías y Sociedad, 51.
ARNAL, Justo e A. Antonio DELIO DEL RINCÓN (1992). Investigación educativa. Fundamentos y metodología, Barcelona, Labor.
BARRIOS ESPINOSA, M. Elvira e Jorge GARCÍA MATA (2006). Formación en didáctica de lenguas extranjeras a través de la observación en el aula, Málaga, Servicio de Publicaciones de la Universidad de Málaga.
BEZERRA PONTES, Elicio (2006): Docencia y nuevas tecnologías: una propuesta de formación de docentes de la educación fundamental para el uso crítico de los medios y las nuevas tecnologías de comunicación, información y multimedia, UNED.
BISQUERRA ALZINA, Rafael (coord.) (2004): Metodología de la investigación educativa, Madrid, La Muralla.
ELLIOT, John (1993): El cambio educativo desde la investigación-acción, Madrid, Morata.
ELLIS, Rod (2012): Language teaching research and language pedagogy, Chichester. Wiley-Blackwell.
FERNÁNDEZ LÓPEZ, Luis (2009): "Los proyectos de investigación del alumnado para la adquisición de las competencias básicas", Aula de Innovación Educativa, 186, pp. 19-22.
GARCÍA-VALCÁRCEL MUÑOZ-REPISO, Ana (2010): "Evaluación de procesos de innovación escolar basados en el uso de las TIC desarrollados en la Comunidad de Castilla y León", Revista de Educación, 352, pp. 125-147.
GIL PASCUAL, Juan Antonio (2004): Bases metodológicas de la investigación educativa: análisis de datos, Madrid, UNED.
GONZÁLEZ SANMAMED, Mercedes (1995): Formación docente: perspectivas desde el desarrollo del conocimiento y la socialización profesional, Barcelona, PPU.
IMBERNÓN, Francesç (coord.) (2002): La investigación educativa como herramienta de formación del profesorado. Reflexión y experiencias de investigación educativa, Grao, Barcelona.
MORENO CABRERA, Juan C. (2006): De Babel a Pentecostés. Manifiesto plurilingüista, Barcelona, Horsori.
MURGA MENOYO, M.ª Ángeles (2009): Escenarios de innovación e investigación educativa, Madrid, Universitas.
NIETO MARTÍN, Santiago e María José RODRÍGUEZ CONDE (coord.) (2010): Investigación y evaluación educativa en la sociedad del conocimiento, Salamanca, Universidad de salamanca
COMPETENCIAS XERAIS
CG12 – Participar na avaliación, investigación e innovación dos procesos de ensinanza e aprendizaxe, comunicando as conclusións e as razóns que as sustentan á comunidade educativa e aos outros profesionais da educación.
CG17 – Desenvolver hábitos e actitudes de aprender a aprender ao longo da posterior etapa profesional.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE-E11 – Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no eido da especialización cursada.
CE-E12 – Analizar criticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación empregando indicadores de calidade.
CE-E13 – Identificar os problemas relativos á ensinanza e á aprendizaxe das materias da especialización e plantexar alternativas e solucións.
CE-E14 – Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativa e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT-1 – Empregar bibliografía e ferramentas de pesquisa de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso a Internet.
CT-2 – Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións.
CT-3 – Potenciar a capacidade para o traballo en entornos cooperativos e pluridisciplinarios.
Os contidos básicos da materia daranse a coñecer a través das clases expositivas. Esta presentación complementarase de xeito cotiá coa realización de distintas actividades prácticas. A través delas preténdese que o alumno chegue a comprender mellor a información ofrecida e a profundar en aspectos que forman parte dos fundamentos da materia.
Nas clases interactivas de grupo reducido empregarase o debate e a análise de casos concretos. Ocupará tamén un lugar destacado a elaboración de propostas didácticas propias e a exposición e comentario por parte do alumno de determinados temas. Nestas tarefas contará coas indicacións que se lle proporcionará tanto dentro como fóra da aula.
As titorías en grupo permitirán orientar ao alumno na súa aprendizaxe e, de xeito especial, no traballo persoal que deberá desenvolver ao longo do curso. Haberá titorías en grupo reducido e individuais.
É necesario o emprego da aula virtual, na que se facilitarán pautas xerais da materia, indicacións sobre lecturas e programación de tarefas.
A cualificación do alumno conformarase a partir de dous elementos complementarios:
(a) Asistencia e participación nas actividades de aula e realización de prácticas (50%)
(b) Realización dunha proba ou traballo final (50%).
Na cualificación extraordinaria, terase en conta:
(a) Realización de prácticas (50%)
(b) Realización dunha proba ou traballo final (50%).
Os estudantes que teñan dispensa de asistencia por calquera das casuísticas fixadas pola normativa oficial deberán atender ao fixado na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral. Neses casos, para aprobar esta materia é obrigatoria a asistencia ás actividades prácticas e a realización das exposicións das sesións interactivas que están sinaladas no horario de clases e programadas na Guía docente.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA (escenario 1)
-Clases expositivas: 15 horas
-Clases interactivas: 24 horas
-Titorías en grupo mediano: 3 horas
-Titorías en grupo pequeno: 6 horas
Escenarios 2 e 3:
-Clases expositivas: 15 horas
-Clases interactivas: 24 horas
-Titorías en grupo mediano: 3 horas
-Titorías en grupo pequeno: 6 horas
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
-Estudo autónomo individual ou en grupo: 40 horas
-Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos: 20 horas
-Programación/experimentación con medios técnicos: 20 horas
-Preparación de debates e presentacións orais: 15 horas
-Actividades de biblioteca, lecturas e pesquisas bibliográficas: 7 horas
TOTAL VOLUME DE TRABALLO: 150 horas
Para o bo desenvolvemento do curso, recoméndase que o alumno participe das seguintes actividades e actitudes:
(a) Asistencia activa e participativa.
(b) Lectura da bibliografía recomendada.
(c) Implicación nas actividades prácticas propostas.
(d) Reflexión sobre a importancia da propia actitude lingüística.
Respecto da última recomendación sinalada é necesario salientar que a propia actitude lingüística constituirá no futuro exercicio docente o modelo de lingua para alumnos e alumnas de educación secundaria, e que como tal debe ser non só un exemplo lingüístico axeitado gramaticalmente e rico lexicamente, senón a expresión de actitudes lingüísticas de valoración dos distintos códigos. O uso lingüístico do profesorado ten un papel esencial na formación de individuos plurilingües, con flexibilidade para o uso das diversas linguas e que valoren estas non só como códigos de comunicación funcional senón como elementos clave do patrimonio cultural e da construción da propia identidade e a apertura a outras culturas e sociedades.
O alumnado necesitará un dispositivo móbil (computador portátil ou equivalente) para a realización das distintas actividades de aplicación que se realicen na aula.
Esta materia desenvólvese parcialmente na USC-virtual. É necesario que todos os alumnos e alumnas accedan ó Campus Virtual, tanto para entregar traballos e comentarios de texto, participar en foros ou usar o correo electrónico na titoría e ter acceso ao material de contidos que está a súa disposición nesa páxina.
Responsabilidade ambiental.
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia teranse en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Emprego de grampas en lugar de canutiños. - Impresión en modo “aforro de tinta”.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: Recoméndase o uso de mecanismos que propicien un código non discriminatorio, inclusivo, co manexo de ferramentas tecnolóxicas como as facilitadas pola Oficina de igualdade da USC ( https://www.usc.gal/es/servizos/oix/documentacion.html Documentación - Oficina de Igualdade de Xénero - USC Documentación.
Segundo a temática: Ferramentas informáticas e manuais de linguaxe non sexista. Exeria: Aplicación para unha linguaxe non sexista (en galego); Nomea en Rede (corrector en español); Ferramenta Themis: Corrector de linguaxe sexista (en español); Ferramenta T-inclúe ( analizador de páxinas web); Recompilatorio de recursos web sobre linguaxe non sexista (en español)
Alumnado con necesidade de apoio EDUCATIVO:
O alumnado que presente calquera tipo de diversidade funcional ou dificultade para un seguimento diario normal da materia, sexa esa dificultade permanente ou temporal, deberá xustificar a súa situación a través dun documento expedido polo servizo acreditado pola USC para estes efectos, e informar do seu caso ao docente correspondente dentro das dúas primeiras semanas do semestre afectado, a fin de que ambas as partes poidan acordar o máis axiña posible o plan de traballo do estudante na materia e, se é necesario, as adaptacións curriculares e/ou evaluativas que fosen pertinentes para atender cada situación particular, de tal maneira que o estudante en cuestión puidese sacar adiante a materia indicada.
O proceso de ensino-aprendizaxe é privado. Lémbrase a obrigatoriedade de uso das ferramentas corporativas da USC, así como do correo corporativo como canle de comunicación. Non se pode empregar o teléfono móbil en aula, salvo fins didácticos expresamente sinalados polo docente, e débese respectar a normativa de protección de datos da nosa universidade. Finalmente, os traballos entregaranse por medio da aula virtual.
Noelia Estevez Rionegro
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Teléfono
- 982821036
- Correo electrónico
- noelia.rionegro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Javier Lopez Quintans
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Teléfono
- 982821073
- Correo electrónico
- javier.lopez.quintans [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 25 |
Venres | |||
16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 25 |
28.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 27 |
03.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 26 |