Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Esta materia pertence ao Plano de Estudos de Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, con carácter de Formación Básica, na materiaAsesoramento para o desenvolvemento profesional dos profesores, cuxo obxectivo é ofrecer a formación pedagóxica e didáctica esixida pola normativa vixente aos futuros profesores da Educación Secundaria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas e como requisito imprescindible para o ingreso nos Corpos de Profesores habilitados para a docencia.
Como resultado da aprendizaxe, estímase que os orientadores escolares desenvolvan as competencias necesarias sobre a profesión docente (formación, socialización e desenvolvemento profesional) para que, mediante o traballo colaborativo, poidan desenvolver a súa función de asesoramento ao profesorado.
Obxectivos da materia
1.Identificar diferentes enfoques de asesoramento e as súas implicacións nos procesos de mellora do desenvolvemento profesional do profesorado.
2. Coñecer criticamente as distintas variables organizativas que poden influír nos procesos de asesoramento profesional docente.
3. Coñecer estratexias e pautas básicas para planificar, desenvolver e avaliar procesos de asesoramento ó profesorado como núcleo do seu desenvolvemento profesional e desde un modelo colaborativo e procesual.
- A análise da profesión docente: culturas profesionais, saberes docentes, procesos de socialización profesional e de construcción da identidade e modelos de desenvolvemento profesional.
- Condicións institucionais para o cambio educativo. Límites e posibilidades dos centros escolares como espazos para o desenvolvemento profesional do profesorado.
- A colaboración entre persoal orientador e profesorado. Modelos de traballo colaborativo integrador da comunidade educativa.
Bibliografía básica
• Day, C. (2005). Formar docentes. Cómo, cuándo y en qué condiciones aprende el profesorado. Narcea.
• Estévez, I., Souto-Seijo, A., & González-Sanmamed, M. (2022). Aprender de y con los demás: Análisis de las interacciones como oportunidades para el desarrollo profesional docente. New Trends in Qualitative Research, 12, e728-e728.
• Iranzo García, P. (2012). Asesoramiento pedagógico al profesorado. Síntesis.
• Marcelo, C., & Vaillant, D. (2009). Desarrollo profesional docente. Narcea.
• Legislación actualizada.
Bibliografía complementaria
• Ávalos, B. (2011). Teacher professional development in teaching and teacher education over ten years. Teaching and Teacher Education, 27(1), 10-20. https://doi.org/10.1016/j.tate.2010.08.007
• Bolívar, A. (2006a). La formación inicial del profesorado y el desarrollo de las instituciones de formación. En J. M Escudero, & A. L. Gómez (Eds.), La formación del profesorado y la mejora de la educación (pp. 123-154). Octaedro.
• Bolívar, A. (2006b). La identidad profesional del profesorado de secundaria. Crisis y reconstrucción. Aljibe.
• Castañeda, L. J., & Adell, J. (Eds.) (2013). Entornos Personales de Aprendizaje: claves para el ecosistema educativo en red. Editorial Marfil. Recuperado de https://cutt.ly/ersXz0n
• Crow, N. A. (1986). The role of teacher education in teacher socialization: A case study. Recuperado de https://files.eric.ed.gov/fulltext/ED269369.pdf
• Day, C. (2005). Formar docentes. Cómo, cuándo y en qué condiciones aprende el profesorado. Narcea.
• Estévez, I., Souto-Seijo, A., & Romero, P. (2021). Ecologías de Aprendizaje y Desarrollo Profesional Docente: oportunidades y retos en un contexto formativo cambiante. Publicaciones, 51 (3), 71–89.
• Galaz, A. (2011). El profesor y su identidad profesional: ¿facilitadores u obstáculos del cambio educativo? Estudios pedagógicos (Valdivia), 37(2), 89-107. https://doi.org/10.4067/S0718-07052011000200005
• Gewerc, A. (2011). Identidades docentes en contextos turbulentos. Espacios, tiempos y afectos. En C. Monereo, & J. I. Pozo (Coords.), La identidad en Psicología de la Educación: necesidad, utilidad y límites (pp. 189-212). Narcea.
• Gimeno-Sancristán, J. (1992). Profesionalización docente y cambio educativo. En A. Alliaud, & L. Duschatzky (Comps.), Maestros: formación, práctica y transformación escolar (pp. 113–144). Miño y Dávila Editores.
• González Sanmamed, M., Estévez Blanco, I., & Souto Seijo, A. (2022). La innovación educativa como ecosistema de aprendizaje. Innnovación educativa para una educación transformadora, 9-28.knowledge and learning activity types: Curriculum-based technology integration reframed. Journal of Research on Technology in Education, 41(4), 393-416. https://doi.org/10.1080/15391523.2009.10782536
• González-Sanmamed, M. Estévez, I., & Seijo, A. S. (2023). La Configuración de la Identidad Profesional Docente: un Estudio Cualitativo en Educación Superior. In Identidades migrantes y formación del profesorado: investigación educativa para el encuentro entre culturas fronterizas (pp. 157-173). Universitas.
• González-Sanmamed, M., Souto-Seijo, A., González, I., & Estévez, I. (2019). Aprendizaje informal y desarrollo profesional: análisis de las ecologías de aprendizaje del profesorado de educación infantil. Edutec. Revista Electrónica de Tecnología Educativa, (68), 70-81.
• Harris, J., Mishra, P., & Koehler, M. (2009). Teachers’ technological pedagogical content
• Huberman, M., Thompson, C. L., & Weiland, S. (2000). Perspectivas de la carrera del profesor. En B. J. Biddle, T. L. Good, & I. F. Goodson (Eds.), La enseñanza y los profesores, I. La profesión de enseñar (pp. 19-98). Paidós.
• Imbernón, F. (1999). El desarrollo profesional del profesorado de primaria. Revista Educación, 1, 59-68. Recuperado de http://hdl.handle.net/10272/305
• Imbernón, F. (2001). Claves para una nueva formación del profesorado. Revista Investigación en la Escuela, 43, 57-66. Recuperado de http://hdl.handle.net/11441/60307
• Nieto, J. M., & Alfageme-González, M. B. (2017). Enfoques, metodologías y actividades de formación docente. Profesorado. Revista de Currículum y Formación de Profesorado, 21(3), 63-81. Recuperado de https://www.redalyc.org/pdf/567/56752489004.pdf
• Prieto-Parra, M. (2004). La construcción de la identidad profesional del docente. Revista Enfoques Educacionales, 6(1), 29-49. Recuperado de https://cutt.ly/Qro26ZQ
• Sangrà, A., Estévez, I., Iglesias, V., & Souto-Seijo, A. (2019). Desarrollo profesional docente a través de las ecologías de aprendizaje: Perspectivas del profesorado. Edutec. Revista Electrónica de Tecnología Educativa, (68), 42-53.
• Shulman, L. S. (1987). Knowledge and teaching: Foundations of the new reform. Harvard Educational Review, 57(1), 1-22.
• Souto-Seijo, A., Estévez, I., & Sande, O. (2021). Oportunidades de aprendizaje y formación docente: una mirada desde las Ecologías de Aprendizaje. Educatio Siglo XXI, 39(2), 61-80.
• Souto-Seijo, A., Estévez, I., Fustes, V. I., & González-Sanmamed, M. (2020). Entre lo formal y lo no formal: un análisis desde la formación permanente del profesorado. Educar, 56(1), 91-107.
• Tardif, M. (2004). Los saberes del docente y su desarrollo profesional. Narcea Ediciones.
• Tejada, J. (2009). Competencias docentes. Profesorado. Revista de currículum y formación del profesorado, 13(2), 1-15. Recuperado de https://cutt.ly/GrpuWXN
• Zeichner, K. M. (1985). The development of teacher perspectives: Social strategies and institutional control in the socialization of beginning teachers. Journal of Education for Teaching, 11(1), 1-25. https://doi.org/10.1080/0260747850110101
• Zeichner, K., & Gore, J. (1990). Teacher Socialization. En W. R. Houston, M. Haberman, & J. Sikula (Eds.), Handbook of research on teacher education (pp. 329-372). McMillan.
Competencias xerais (CX)
- Planificar, desenvolver e avaliar o porceos de ensinanza e aprendizaxe potenciando procesos que faciliten a adquisición de competencias propias das respectivas ensinanzas, atendendo ó nivel e formación previa dos estudantes así como á orientación dos mesmos, individualmente e en colaboración con outros docentes.
- Contextualizar o currículo que se implante nun centro docente participando na planificación colectiva do mesmo.
- Deseñar e desenvolver metodoloxías didácticas, tanto grupais como personalizadas, adaptadas á diversidade dos estudantes.
- Acadar estratexias que estimulen o esforzo do estudante e promover a aprendizaxe por si mesmo e con outros desenvolveno habilidades de pensamento e decisión que faciliten a autonomía, confianza e iniciativas persoais.
- Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e dominar destrezas e habilidades sociais para fomentar a aprendizaxe e a convivencia na aula e abordar problemas de disciplina e resolución de conflitos.
- Deseñar e realizar actividades que contribúan a facer do centro un lugar de participación e cultura.
- Desenvolver a función de titoría e orientación dos estudantes dun xeito colexiado.
- Participar na avaliación, investigación e innovación dos procesos de ensino e aprendizaxe.
-Coñecer e analizar as características históricas da profesión docente, a súa situación actual e a relación coa realidade de cada época.
-Traballar en equipo con outros profesionais da educación enriquecendo así a súa formación.
- Coñecer as medidas de atención á diversidade que se poden adoptar para realizar o asesoramento necesario en cada caso.
- Analizar a organización e o funcionamento do centro para coordinar a orientación do alumnado en colaboración cos membros da comunidade escolar.
Competencias específicas asociadas ó módulo xenérico (CE-G)
- Identificar e valorar os factores e procesos que inciden na capacidade de aprendizaxe do alumnado e no seu rendemento escolar.
- Analizar e revisar as proposas de materiais, situación e contextos educativos.
- Analizar as características e funcionamento dos centros educativos e valorar a funcionalidade dos procesos e órganos de dirección, participación e coordinación didáctica.
- Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula.
- Colaborar na adopción de medidas para a coordinación do centro coas familias e deseñar estratexias orientadas a favorecer a colaboración destas cos procesos educativos.
Competencias específicas asociadas ó módulo específico (CE-E)
- Coñecer os procesos de desenvolvemento curricular e de elaboración dos plans institucionais para participar cos equipos directivos e os órganos de coordinación no su deseño e aplicación.
- Asesorar e colaborar co profesorado na revisión e mellora dos procesos de ensinanza e aprendizaxe e de avaliación.
- Identificar demandas, establecer obxectivos e participar no deseño de plans de intervención acordes cos resultados da análise institucional dos centros educativos.
- Colaborar no establecemento de estruturas de traballo colaborativo cos docentes e outros membros da comunidade escolar así como con outros profesionais que interveñen nos centros.
- Analizar criticamente os plantexamentos conceptuais e ideolóxicos da inclusión e da exclusión socioeducativa.
- Participar e colaborar en proxectos de investigación e innovación orientados á análise e á mellora da práctica educativa.
- Apoiar o traballo en equipo dos docentes mediante estratexias e técnicas de traballo colaborativo e de análise da práctica en equipo.
- Asesorar nos procesos de avaliación da calidade e da elaboración de plans de mellora.
Competencias transversais (CT)
- Utilizar bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
- Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos disponibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e indicando erros lóxicos na toma de decisión.
- Potenciar a capacidade para o traballo en contornas cooperativas e pluridisciplinarias.
A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria, tal como se especifica para os graos adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar a exención oficial de docencia. Os alumnos que obteñan a exención de docencia deberán presentar o documento ao/á profesor/a de forma inmediata para poder establecer un plan de traballo alternativo. Este consistirá:
a) Alumnado con exención de docencia -clases expositivas-: ademais das tarefas a desenvolver durante as sesións interactivas, realizará individualmente un informe reflexivo e crítico sobre un manual ou documento bibliográfico que o profesor prescribirá ao comezo do curso.
b) Alumnado con dispensa de asistencia -tanto a clases interactivas como expositivas: realizarán, individualmente, un portfolio de actividades que o profesor prescribirá ao comezo do curso. Incluirá unha infografía, unha reflexión escrita, unha descrición da posta en marcha dunha dinámica de grupo, unha análise baseada na teoría EdA e un vídeo explicativo sobre un tema acordado coa profesora.
A metodoloxía tratará de favorecer a máxima congruencia posible na explicación e comprensión da materia, nos planos individual e colectivo.
As clases expositivas permitirán a presentación das claves informativas e dos contidos básicos en relación cos descritores indicados. Asemade, proporcionarán unha primeira orientación sobre as posibles liñas de indagación e profundización a desenvolver polo alumnado.
Os demais tempos formativos (clases interactivas e titorías individuais) permitirán sintetizar e clarificar a información básica, seleccionar conceptos e temas relevantes, dar resposta ás inquedanzas sobre a formación e contribuír á construción dun coñecemento crítico e integral da formación permanente do profesorado.
O traballo en equipo realizarase con diferentes tipos de agrupación (parellas, tríadas, etc.). As actividades de aprendizaxe realizaranse a partir da implantación de diferentes técnicas e estratexias metodolóxicas de E-A: debates, estudos de casos, aprendizaxe cooperativa, visualización de vídeos, análise, reflexión grupal, role playing, deseño e avaliación de proxectos de centro.
Todos eles requirirán un importante traballo autónomo por parte do alumnado sen a presenza do profesor, tanto individualmente como no marco dos grupos que se forman na aula. Deste xeito, desenvolveranse as distintas competencias mencionadas, que están relacionadas co traballo colaborativo nos centros educativos, coa participación, coordinación, animación e xestión de grupos e procesos.
As actividades en pequeno grupo e as titorías permitirán orientar ao alumnado dun xeito máis personalizado, e analizar o traballo realizado, desenvolvendo as competencias mencionadas.
Utilizarase o Campus Virtual e/ou o correo electrónico institucional para informar ao alumnado sobre aquelas cuestións que afecten á materia, para acoller documentación e para calquera outra cuestión que se considere oportuna ou xurda do escenario docente adoptado pola Facultade de Ciencias da Educación .
Avaliaranse todas as actividades propostas, individuais e/ou colectivas, para que o sistema de avaliación da aprendizaxe poida definirse en función do seu carácter formativo, continuo, cooperativo e integral.
Dáselle moita importancia ao desenvolvemento de hábitos de estudo e traballo, ao uso correcto do vocabulario, á participación activa, ao esforzo e dedicación e á reflexión. Todas estas consideracións teranse en conta na avaliación final.
En correspondencia coas actividades programadas e o plan de traballo proposto, e en consonancia coas competencias sinaladas, os obxectivos, os contidos e as estratexias metodolóxicas establecidas, a avaliación do alumnado farase en función das cualificacións que obteñan nas achegas que estes realicen realizar, na participación e calidade das achegas nas clases expositivas e interactivas.
O alumnado que teña concedida a exención oficial da docencia terá a obriga de informar e entregar, no prazo que regulamentariamente se estableza (20 días desde a data de concesión), o documento oficial de exención ao profesorado e de entregar todos os traballos solicitados no prazo e o período establecido.
Desde esta perspectiva, contémplase a seguinte estrutura de avaliación:
Dimensión 1. Avaliación continua:
- A elaboración e entrega de traballos escritos (en grupo ou individuais) que terán un enfoque diversificado, en función das dinámicas de clase que os promovan ou da temática que traten (40%).
- Realización dunha exposicións oral (individual ou grupal) dalgúns produtos emanados das prácticas ou traballos escritos (10%).
- Participación, proactividade, actitude positiva, habilidades de interacción social e traballo en equipo durante o desenvolvemento das sesións (10%)
Dimensión 2. Avaliación final:
- Realización dunha proba individual final (40%). A proba final, que é obrigatoria, terá un valor máximo de 4 ptos. na cualificación final da maeteria, e será necesario obter polo menos 2 puntos para proceder á suma das cualificacións derivadas da avaliación continua. O exame centrarase nos contidos abordados no marco da materia.
Método de avaliación no caso de dispensa de asistencia ou exención de docencia:
a) Alumnado con exención da impartición de clases expositivas: avaliación continua - a partir da avaliación das tarefas das sesións de clase (30%), elaboración da memoria sobre o contido do manual ou documento bibliográfico que o profesor prescribirá ó inicio de curso (50%), e a proba final (50%).
b) Alumnado con exención de asistencia: un portfolio de actividades que o profesor prescribirá ao comezo do curso (40%) e a proba final - exame (60%).
Notas sobre a avaliación.
- Para superar a materia, deberase acadar polo menos o 50% da puntuación nos diferentes elementos ou dimensións que configuren a avaliación (Avaliación continua e avaliación final).
- Para obter unha valoración positiva na materia (desde a aprobación ata a de honra), todas as actividades especificadas deberán realizarse e entregarse en prazo. Tamén pode haber postos de traballo optativos e outros de carácter voluntario. Todos eles especificaranse ao comezo do curso.
- Os traballos individuais ou en grupo deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá un suspenso e a avaliación do alumno na seguinte convocatoria.
- Para efectos de avaliación non se poderá utilizar un mesmo traballo para varias materias, salvo naquelas actividades programadas de forma coordinada.
- Mantense os criterios de avaliación na 1a e 2a oportunidade. Se só se suspende unha das dimensións na primeira oportunidade (avaliación final ou avaliación continua), manterase a nota da dimensión aprobada na segunda oportunidade; tendo o alumnado que recuperar a parte suspensa exclusivamente.
Tendo en conta os factores de equivalencia que se aplican, de acordo cos criterios dos créditos ECTS, o alumnado deberá afrontar a seguinte adicación horaria:
- Clases expositivas……………. 11 horas
- Clases interactivas ............ 8 horas
- Titorías ........................... 5 horas
- Traballo persnal ............... 51 horas
- Estudo autónomo........ 20 horas
- Traballos derivados..... 13 horas
- Presentacións orais...... 8 horas
- Búsqueda bibliográfica.. 10 horas
Total: 75 horas
Recoméndaselle ó alumnado abordar a materia dun xeito crítico e reflexivo, procurando establecer relacións entre os contidos e as súas propias experiencias e coñecementos. Procede ter sempre presente a aplicabilidade que os diversos principios, técnicas e conceptos estudados teñan para o desenvolvemento profesional do asesor.
A complexidade terminolóxica, conceptual, teórica e aplicada que caracteriza a asignatura, en función dos seus obxectivos e contidos, aconsella un traballo continuado na mesma, procurando desde o inicio unha implicación e participación activa nas distintas actividades que se desenvolvan.
Estímase que, ao ser a clase teórica e práctica, os/as estudantes deberán dedicar un tempo para realizar fóra da clase determinadas tarefas e estudo, para afianzar os coñecementos adquiridos.
Nese sentido, deberán revisar os contidos abordados en la clase para unha comprensión máis profunda dos mesmos e poder seguir puntualmente a secuencia de actividades.
Deberán familiarizarse coa linguaxe normativa (BOE e DOGA), consultando as correspondentes disposicións legais. Os cambios importantes que se producen en relación coa formación permanente do profesorado (a nivel estatal e autonómico) esixen estar ao día no desenvolvemento institucional a nivel normativo.
En particular, recoméndase:
-Unha lectura detida, reflexiva e crítica do Programa da asignatura nos seus diversos apartados.
-Realizar e presentar nos prazos que se establezan as actividades asociadas á dinámica de clase, de modo individual e/ou en grupo.
-Tomar e facer operativas decisións que posibiliten unha adecuada organización no tempo, compatibilizando os requirimentos desta asignatura cos das demais.
-Realizar lecturas complementarias de libros e revistas especializadas, recomendadas polo profesorado, que posibiliten unha comprensión globalizada dos contidos da asignatura.
-Facer uso das titorías -a nivel individual ou colectivo, en pequenos grupos- que posibiliten a mellora significativa da aprendizaxe, personalizar as opcións metodolóxicas e pedagóxicas, segundo intereses, expectativas, problemáticas específicas, etc.
USO DO CORREO: É obrigatorio o emprego do correo institucional rai.usc.es
UTILIZACIÓN DO MÓBIL NA AULA: Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
cado_WEB_USC.pdf
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
- Existe a obrigatoriedade de empregar as ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola Universidade (TEAMS, etc)
-O proceso de ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, enténdase privado como un proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia, polo que leva implícita a obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos.
Iris Estevez Blanco
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- iris.estevez.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
05.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
03.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |