Créditos ECTS Créditos ECTS: 2.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 42.5 Horas de Titorías: 2.5 Clase Expositiva: 7.5 Clase Interactiva: 10 Total: 62.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer en profundidade a organización e funcionamento dos servizos de orientación e asesoramento psicopedagóxico existentes en España e, máis especificamente, na comunidade galega.
- Analizar as relacións existentes entre os distintos servizos de orientación.
- Examinar os contextos nos que o profesional da orientación desenvolverá a súa función.
- Comprender a necesidade de que exista coordinación entre as actuacións desenvolvidas polos servizos educativos, sociais, de saúde, etc. dunha mesma zona.
BLOQUE I. Conceptualización da Orientación Educativa.
1.1. Principios polo que se rexe.
1.2. Modelos de organización e intervención en España e Galicia
1.3. Organización en termos de nivel
1.4. Relacións dos centros educativos con outros servizos públicos e entidades comunitarias.
BLOQUE II. Ámbitos de actuación da orientación. A atención á diversidade.
2.1. Atención á diversidade e NEAE.
2.2. Respostas educativas á diversidade.
BLOQUE III. Plans e programas de actuación dende o Departamento de Orientación: Plan de Orientación, Plan de Acción Titorial, Plan de Atención á Diversidade e Plan de Convivencia.
Bibliografía básica
Álvarez, M. e Bisquerra, R. (2012). Orientación educativa. Modelos, áreas, estrategias y recursos. Madrid: Wolters Kluwer España, S.A.
Grañeras, M. e Parras A. (Coord.) (2009). Orientación educativa: fundamentos teóricos, modelos institucionales y nuevas perspectivas (2ª edic.). CIDE. http://www.apega.org/attachments/article/379/orientacion_educativa.pdf
Santos Yañez, J. (Coord.) (2008). Funciones del Departamento de Orientación. Ministerio de Educación, Subdirección General de Información y Publicaciones.
Bibliografía Complementaria:
Álvarez, M. (2005). Los modelos de orientación en España. REOP, 16(1), 147-162. http://www.redalyc.org/pdf/3382/338230772009.pdf
Decreto 120/1998, do 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia. DOG nº 79 de 27-04-1998, pp. 4321-4326.
Decreto 229/2011, de 7 de decembro, polo que se regula á atención á diversidade do alumnado nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación. Diario Oficial de Galicia, 242, de 21 de decembro de 2011, 37487- 37515. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2011/20111221/AnuncioC3F1-151211-9…
Diz, M. J. (2016). Funcións do Departamento de Información e Orientación Profesional nos Centros Integrados de Formación Profesional de Galicia. En M. Valcarce e A.F. Rial (edits.) (2016). Vulnerabilidade, formación para o traballo, orientación e comunidade na eurorrexión Galicia-norte de Portugal (pp.61-79). SPIC USC, 37-61.
Jato, E. (2016). Novos modelos de intervención en orientación: a inclusión da singularidade persoal, social e profesional. En M. Valcarce e A.F. Rial (edits.) (2016). Vulnerabilidade, formación para o traballo, orientación e comunidade na eurorrexión Galicia-norte de Portugal (pp. 23-35). SPIC USC.
Mariño, C. (2012). Analisis de los servicios de Orientación Educativa en España. Innovación Educativa, 22, 217-228. http://www.usc.es/revistas/index.php/ie/article/view/753/734
Martín, E. e Mauri, T. (2011) (Coords.). Orientación educativa. Atención a la diversidad y educación inclusiva. Barcelona: Editorial Graó y Ministerio de Educación.
Martínez, C. (2007). “La intervención por programas en la orientación educativa”. En A. Lledó (Coord.) La orientación educativa desde la práctica. (251-268). Sevilla: Fundación ECOEM.
Menéndez, E. (2004). Evolución de los Servicios de Orientación en la Comunidad Autónoma de Galicia Situación actual. REOP, 15(2), 401-411. http://www2.uned.es/reop/pdfs/2004/15-2-2%20-%20Elena%20Menendez%20Mart…
Negro, A. (2006). La orientación en los centros educativos. Organización y funcionamiento desde la práctica. Graó.
Orde do 24 de xullo de 1998 pola que se establece a organización e funcionamento da orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia regulada polo Decreto 120/1998. Diario Oficial de Galicia, 147, de 31 de xullo de 1998, 8861-8870. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/1998/19980731/Anuncio960E_es.html
Riartvendrell, J. (2007). Manual de tutoría y orientación en la diversidad. Pirámide.
Sánchez, M. F. (2017) (coord.). Orientación profesional y personal. 2ª edic. UNED
Sandoval, M.; Simón, C. y Echeita, G. (2019). Educación inclusiva y atención a la diversidad desde la orientación educativa. Síntesis.
Santanavega, L. (2007). Orientación educativa e intervención psicopedagógica. Cambian los tiempos, cambian las responsabilidades profesionales (2 ª ed.). Pirámide.
Sobrado, L. M.; Fernández, E. e Rodicio, M. L. (Coord.) (2012).Orientación educativa: nuevas perspectivas. Biblioteca Nueva
Torrego, J. C. (coord.) (2014). La tutoría en los centros educativos. Graó
Xunta de Galicia (2000). A orientación educativa e profesional en Galicia. Xunta de Galicia.
Xunta de Galicia (2008). Rede da orientación educativa en Galicia. Santiago de Compostela: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia.
Enderezos de Internet
Consellería de Cultura, Educación, Ciencia, Universidade e Formación Profesional. https://www.edu.xunta.gal/portal/
Orientación e atención á diversidade (Consellería de Cultura, Educación, Ciencia, Universidade e Formación Profesional). https://www.edu.xunta.gal/portal/es/diversidadeorientacion/1578
Eurydice España. Rede Española de Información sobre educación
https://eurydice.eacea.ec.europa.eu/es/national-education-systems/spain…
Confederación de Organizaciones de Psicopedagogía y Orientación de España.
https://www.copoe.org/
Recursos para a Orientación na Rede
https://sid-inico.usal.es/recursos_internet/orientared/
https://aula21.net/orientacion/portales.htm
OrientaGuía
https://orientaguia.wordpress.com/presentacion/
1. Básicas e xerais:
CG21 - Analizar a organización e funcionamento do centro para coordinar a orientación, persoal, académica e profesional do alumnado en colaboración cos membros da comunidade escolar
CG23 - Identificar os servizos públicos e entidades comunitarias coas que poda colaborar o centro e promover e planificar, en colaboración co equipo directivo, as accións necesarias para unha mellor atención do alumnado.
2. Específicas
CEG23 - Articular estratexias de coordinación e traballo en rede cos servizos profesionais existentes na comunidade.
CEE24 - Coñecer e analizar as características, organización e funcionamento dos servizos de orientación educativa e asesoramento psicopedagóxico que operan nos diferentes niveis do sistema educativo (Infantil, Primaria, ESO, FP e Bacharelato);
3. Transversais:
CT1 - Utilizar bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
A metodoloxía de ensinanza combinará:
- Clases expositivas: basearase na exposición por parte da docente dos contidos básicos da materia, nas que se procurará a participación activa do alumnado a través da reflexión e o debate.
- Clases interactivas: empregaranse diferentes estratexias metodolóxicas tomadas dos métodos activos, proporcionando ao alumnado problemas, casos e contextos nos que aplicar os coñecementos, habilidades e procedementos relacionados coa práctica profesional nos Servizos de Orientación. Levaranse a cabo actividades, tanto individuais como grupais, coa supervisión e apoio da docente.
Para o desenvolvemento da materia contémplase o uso do campus virtual da USC para o acceso a documentación e información de interese para o alumnado, para a entrega de tarefas e como espazo de comunicación.
A avaliación será continua e formativa, e terá un carácter integral abarcando todas as actividades individuais e colectivas. Comprenderá:
- Realización de pequenos traballos de prácticas, en pequeno grupo, orientados ao desenvolvemento dos contidos teóricos e prácticos. O seu peso porcentual será do 50%. Para poder ser avaliado, o/a alumno/a debe ter realizadas como mínimo o 80%, o que implica a asistencia a clase e participación activa durante a realización.
- Realización dunha proba final individual sobre os contidos da materia. O seu peso porcentual será do 50%.
Para obter unha valoración positiva no conxunto da materia será preciso superar cada unha das partes (prácticas e proba individual).
O alumnado que teña concedida exención de docencia ou dispensa de asistencia a clase deberá poñerse en contacto co profesorado da materia nos primeiros 15 días posteriores á comunicación de dita concesión para presentar a documentación pertinente e acordar o plan de traballo a desenvolver para a superación da mesma, así como o seguimento que se realizará. A súa avaliación atenderá aos mesmos criterios que o resto de alumnado: (1) o dossier de actividades prácticas (50%), similar ás que realizarán o resto de alumnado, e (2) a proba individual sobre o contido da materia (50%). Igualmente que o resto de alumnado, para obter unha valoración positiva da materia será preciso superar ambas partes.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Os/as alumnos/as que non superaran a materia en convocatorias anteriores serán avaliados/as atendendo aos criterios que se establezan en cada curso académico.
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA-Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7 ª ed. Washington: APA, 2020, que se poden consultar no enlace: http://www.apastyle.org
Clases expositivas: 8 horas
Clases interactivas: 8 horas
Titorías: 4 horas
Traballo persoal: 42,5 horas
- Traballo continuado dende o inicio da materia.
- Lectura dos textos básicos de referencia de cada tema, de cara a facilitar a súa comprensión e a resolución das actividades propostas nas sesións interactivas.
- Implicación na realización das actividades prácticas, procurando dar respostas fundamentadas no coñecemento teórico-práctico da disciplina (lecturas realizadas, etc.).
- Uso das titorías para o seguimento e resolución de dúbidas sobre os contidos da materia e as actividades.
- É obrigatoria a asistencia ao 80% das clases presenciais. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia. Sobre a dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias, estará suxeita ás normas dictadas na instrucción num. 1/2017, da Secretaría Xeral da USC. No caso de ter formalizada e/ou concedida a solicitude, deberá informarse ao profesorado ao inicio da materia. Igualmente de calquera outra circunstancia relacionada coa asistencia ás clases.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse a través da aula virtual.
Responsabilidade medioambiental. Se a docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://assets.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai da USC.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
-Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o alumnado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Beatriz Garcia Antelo
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813832
- Correo electrónico
- beatriz.garcia.antelo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Venres | |||
18:00-19:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
19.12.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
17.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |