Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 100 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 20 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Análise e interpretación de investigacións meta-análiticas
Aplicación de métodos meta-analíticos na investigación psicolóxica.
1. ¿QUÉ É O META-ANÁLISE?
2. DESENVOLVEMENTO DUNHA INVESTIGACIÓN META-ANALÍTICA.
3. MÉTODOS DE LOCALIZACIÓN DE ESTUDOS.
4. TIPOS DE ERROS ARTIFACTUAIS QUE ALTERAN O VALOR DAS
MEDIDAS.
5. O SESGO DE PUBLICACIÓN E OUTROS SESGOS.
6. UNIDADES DE MEDIDA NO META-ANÁLISE: TAMAÑO DO
EFECTO.
7. MÉTODOS DE META-ANALISE PSICOMÉTRICO.
8. INTERVALOS DE CONFIANZA E CREDIBILIDADE.
9. FÓRMULAS DE CONVERSIÓN DE d EN delta.
10. FÓRMULAS DE ESTIMACIÓN DA FIABILIDADE.
Salgado, J.F. (2010). Métodos de meta-análisis. Departamento de Psicología Social. Universidad de Santiago.
Hunter, J.E. y Schmidt, F.L. (2004). Methods of Meta-analysis. 2ª ed. Newbury Park, CA: Sage
-Ser capaz de aplicar o meta-análise e outras técnicas de investigación.
-Ser capaz de analizar e interpretar investigacións e estudos onde se utilicen estas técnicas.
-Ser capaz de levar a cabo unha investigación científica completa seguindo todos os procedementos e técnicas aprendidos na materia.
-Ser capaz de redactar un informe de investigación.
-Ser capaz de utilizar os coñecementos adquiridos para aplicalos ao contexto de referencia.
-Ser capaz de orientar a actuación investigadora respetando e seguindo os principios e regras do método científico.
As clases expositivas e prácticas están orientadas á capacitación do estudantado respecto á adquisición dos coñecementos relativos aos contidos da materia. Para iso, o profesorado explicará os diferentes temas apoiándose en material audiovisual e ferramentas TIC.
O contido teórico será impartido nas clases expositivas.
As actividades interactivas consistirán na realización de exercicios prácticos e traballos, ademáis de lecturas e discusións de artigos e textos especializados, para poñer en práctica os conceptos aprendidos nas clases expositivas e adquirir as competencias específicas necesarias para superar a materia.
Débese asistir como mínimo ao 80% das clases interactivas e expositivas para poder superar a materia.
A avaliación das competencias específicas da materia que están máis relacionadas coa adquisición de coñecementos teóricos e prácticos farase mediante o exame final que valerá un 80% da cualificación final.
O exame constará de varias partes: preguntas tipo test, preguntas curtas e resolución de exercicios prácticos.
A avaliación das competencias tanto específicas como aquelas relacionadas coa titulación farase en función do desempeño en cada unha das actividades interactivas (prácticas, traballos, lecturas). Esta parte valerá un 20% da calificación final.
Será necesario aprobar o exame para poder superar a materia.
Lectura, estudo e preparación do material: 42 horas
Lectura previa, análise e discusión do material. Informes individuais: 20 horas
Realización do traballo: 40 horas
Total horas de traballo persoal: 102
Se o alumnado non ten ningún coñecemento previo sobre os contidos da materia, recoméndase que, ademais de seguir puntualmente as clases, lea o material bibliográfico que se presenta no programa.
Plaxio e uso indebido das tecnoloxías:
A realización fraudulenta de calquera exame, exercicios, informes, etc., de maneira total ou parcial, que poida ser obxeto de avaliación para a materia, implicará a cualificación de suspenso na convocatoria vixente, de acordo co artigo 16 recollido na “Normativa de evaluación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Jesus Fernando Salgado Velo
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
- Teléfono
- 881813803
- Correo electrónico
- jesus.salgado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Inmaculada Otero Moral
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
- Correo electrónico
- inmaculada.otero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 7 |
Martes | |||
10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 7 |
Mércores | |||
10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 7 |
Xoves | |||
10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 7 |
Venres | |||
09:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Castelán | Aula 4 |
09:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula 7 |
13.01.2025 17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
26.06.2025 17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |