Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 280.5 Horas de Titorías: 14 Clase Interactiva: 5.5 Total: 300
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Saber manexar fontes documentais especializadas para a procura de información.
- Ser capaz de interpretar e valorar a calidade das investigacións que se producen nos contextos da Psicoloxía do traballo e as organizacións.
- Saber formular un problema de investigación nos ámbitos da Psicoloxía do Traballo, as organizacións.
- Saber deseñar e desenvolver unha investigación científica nos ámbitos de coñecemento propios do Máster.
- Ser capaz de defender o informe de investigación.
Para a obtención do Título de Máster o alumno deberá realizar un Traballo Fin de Máster (TFM) individual cunha asignación de 12 créditos. O TFM implicará a planificación, realización e defensa dun traballo científico no que apliquen e desenvolvan os coñecementos e competencias adquiridas no Máster.
O TFM pode adoptar as seguintes modalidades:
a) Intervención aplicada: Describe e analiza un problema particular en relación aos contidos das materias do Máster, formulando unha proposta de intervención profesional que signifique unha achega relacionada coa problemática abordada.
b) Investigación empírica ou de revisión con meta-análise: Describe, analiza e/ou explica unha problemática teórica ou empírica asociada coas liñas temáticas manexadas nunha área do programa do Máster.
c) Investigación con estudo de caso: Consigna o estudo e a resolución dun caso, acompañando os elementos teóricos que permitan unha análise máis profunda. Pode consistir na realización dun informe pericial.
O TFM terá a estrutura dun traballo académico científico.
Será dirixido por un membro de equipo docente do Máster, coa titulación de doutor. Con anterioridade á súa presentación, o titor do TFM deberá emitir un informe positivo á Comisión Académica do Máster.
O alumnado terá unha única Convocatoria e dúas oportunidadese por curso académico. Haberá tres períodos de presentación e defensa do TFM: febreiro, xullo e setembro. O alumnado deberá elixir o período ó que desexa optar unha vez que cumpra os requisitos para a súa defensa.
Non procede
- Ser capaz de elaborar proxectos de intervención nos diversos ámbitos da Psicoloxía do Traballo e as Organizacións
- Ser capaz de relacionar os contidos teóricos coa práctica profesional do psicólogo do traballo e das organizacións.
- Coñecer e interpretar a un nivel avanzado os métodos de medición e avaliación que se utilizan nos contextos ou organizacional.
- Ser capaz de establecer as metas da actuación psicolóxica nos con-textos organizacional.
- Coñecer, valorar e interpretar a relación entre as características de diferenzas individuais ( p.e., personalidade, ou habilidades, destrezas) e o desempeño (individual e grupal), así como establecer a súa influencia sobre a efectividade organizacional
- Coñecer a un nivel avanzado as diferentes técnicas e ferramentas necesarias para poder entender, medir e/ou solucionar situacións e problemas laborais como conflitos, toma de decisións, satisfacción laboral, clima organizacional, etc.)
- Saber realizar informes técnicos, recomendacións de intervención ou informes sobre o momento da investigación ou programa de intervención
- Coñecer e aplicar os requirimentos deontolóxicos e os estándares internacionais ( p.e., APA, SIOP, EFPA)
- Orientar a actuación profesional por valores de respecto, igualdade imparcialidade e obxectividade
- Saber manexar fontes documentais especializadas para a procura de información
- Ser capaz de interpretar e valorar a calidade das investigacións que se producen na Psicoloxía do Traballo e as Organizacións.
- Saber formular un problema de investigación nos ámbitos da Psicoloxía do Traballo e as Organizacións.
- Saber deseñar e desenvolver unha investigación científica nos ámbi-tos da Traballo e as Organizacións
- Saber redactar e defender un informe de investigación
- Ser capaz de divulgar e comunicar de forma eficaz, entre outros, a destinatarios, profersionales, responsables institucionais e a poboa-ción xeral, os resultados das diferentes fases do proceso de avaliación e intervención.
Non procede
O TFM será avaliado por un tribunal composto por tres profesores doutores designados pola Comisión Académica do Master, quen xulgará a calidade científica do traballo que se presenta, así como a exposición e defensa oral do mesmo. Os TFM serán orixinais, e deberán demostrar a familiaridade e o dominio que o alumno posúe sobre o tema proposto.A presentación dos traballos poderá adecuarse a tres formatos Tesina, Artigo ou Estudo de Caso.
Non procede
- Recoméndase que o alumno dispoña dunha capacidade de lectura e comprensión de documentos en inglés.
- Recoméndase que o alumno domine técnicas de revisión sistemática ou metaanálisis.
- En todas as actividades escritas realizadas polo alumno valorarase o axuste á normativa APA (2012).
- Para presentar o Traballo de Fin de Máster será requisito superar a totalidade dos créditos obrigatorios (24) e os optativos da especialidade (mínimo 24) establecidos no plan de estudos
- Será dirixido por un membro de equipo docente do máster, que exercerá como titor/a.
- Todas as continxencias derivadas do desenvolvemento e avaliación desta materia deberán guiarse pola normativa aplicable, e na súa falta, polas directrices que emanen da Comisión Académica do Máste
Praxio e uso indebido das tecnoloxías: a realización fraudulenta e calquera exercicio, informe, etc. de xeito total ou parcial, que poida ser obxecto de avaliación para a materia implicará a calificación de suspenso na convocatoria vixente dacordo co artigo 16 recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"