Créditos ECTS Créditos ECTS: 9
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 173.35 Horas de Titorías: 1.25 Clase Interactiva: 0.4 Total: 175
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade, Organización de Empresas e Comercialización, Historia da Arte, Xeografía, Electrónica e Computación, Ciencia Política e Socioloxía, Dereito Público Especial e da Empresa, Economía Aplicada
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade, Comercialización e Investigación de Mercados, Organización de Empresas, Historia da Arte, Análise Xeográfica Rexional, Xeografía Humana, Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial, Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense, Dereito do Traballo e da Seguridade Social, Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos das prácticas, que teñen carácter obrigatorio para a orientación profesional, son que o alumnado aplique coñecementos adquiridos, mellore e desenvolva novas competencias a través da súa inmersión nunha contorna de traballo representativo do contexto profesional futuro.
As 225 horas da matería van destinadas á realización de prácticas en destacadas empresas e institucións do sector turístico. Os contidos variarán en función do posto e da organización na que o alumno realice as prácticas.
Non procede.
As competencias adquiridas estarán en función da natureza da organización na que se realiza a práctica e do perfil do posto desenvolvido pero, en todo caso, tras realizalas, o alumnado será capaz de:
-Aplicar os coñecementos adquiridos á realidade do sector turístico.
-Resolver problemas en contornas novas ou pouco coñecidas
-Tomar decisións a partir de información incompleta ou limitada.
-Demostrar unha visión estratéxica ante os problemas empresariais.
-Dirixir e xestionar os distintos tipos de organizacións turísticas.
-Aplicar a ética á toma de decisións.
-Demostrar razoamento crítico.
-Traballar en equipos de composición diversa.
-Formular propostas creativas e emprendedoras.
A cada alumno asignaráselle un titor académico e un titor profesional na organización de prácticas. Nas sesións individuais, o titor académico orientará ao alumno sobre a organización na que vai desenvolver as súas prácticas, as actividades e os comportamentos adecuados e sobre a estrutura da memoria de prácticas que debe realizar o alumno. O alumno debe realizar e entregar ao titor académico, ao termo do período de prácticas, unha memoria de actividades na que recollerá as actividades desempeñadas, as competencias desenvolvidas, os problemas atopados, así como a súa valoración persoal sobre as prácticas realizadas.
Durante o período de prácticas, o titor académico realizará un seguimento das prácticas, establecendo contactos co alumno e o titor profesional para constatar que as tarefas desempeñadas contribúen á adquisición de competencias e que a organización de prácticas cumpre as condicións establecidas no convenio de colaboración.
A cualificación das prácticas será realizada polo titor académico, baseándose nos informes do titor profesional e na memoria de prácticas realizada polo alumno.
A cualificación final será numérica entre 0 e 10.
As prácticas son 9 créditos e cada crédito equivale a 25 horas.
Polo tanto, o alumnado ten que realizar 225 horas de prácticas na organización de destino.
Para maximizar a aprendizaxe durante o período de prácticas é conveniente que o alumnado estea en contacto co titor académico e co titor profesional, e que lles informe inmediatamente sobre calquera problema ou dúbida.
As prácticas son obrigatorias para o alumnado da orientación profesional.