Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 3 Total: 36
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias Morfolóxicas, Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Anatomía e Embrioloxía Humana, Farmacoloxía, Área externa M.U en Biociencias Moleculares [L]
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Comprender os conceptos de terapia avanzada, personalizada e dirixida e as súas implicacións no proceso de I + D de fármacos e na medicina de precisión.
- Identificar os distintos tipos de terapias moleculares e xénicas e comprender os fundamentos do seu desenvolvemento.
- Coñecer e comprender o impacto da inmunoterapia na terapéutica actual.
- Coñecer as principais aplicacións clínicas actuais da terapias moleculares e xénicas e albiscar o seu potencial futuro
- Coñecer e comprender os fundamentos da medicina rexenerativa, terapia celular e enxeñería de tecidos.
- Coñecer as aplicacións experimentais e clínicas da medicina rexenerativa, terapia celular e enxeñería de tecidos e as súas perspectivas de futuro.
A) Clases expositivas (30h)
Bloque I. Introdución ás terapias avanzadas e personalizadas (3h)
Tema 1. Conceptos fundamentais sobre terapias personalizadas e terapias avanzadas.
Tema 2. Introdución ao proceso de investigación e desenvolvemento de fármacos.
Bloque II. Terapias moleculares (4h)
Tema 3. Introdución ás terapias moleculares personalizadas/dirixidas.
Tema 4. Aplicacións clínicas de terapias moleculares personalizadas/dirixidas.
Bloque III. Terapia xénica. ARN de interferencia e outros ARN non codificadores (5h)
Tema 5. Historia e fundamentos de terapia xénica.
Tema 6. Ferramentas de terapia xénica.
Tema 7. ARNs terapéuticos. Tipos e estratexias de incorporación. Aplicacións.
Tema 8. Aplicacións clínicas da terapia xénica. Aplicacións autorizadas en Europa e USA e evolución de ensaios clínicos.
Bloque IV. Inmunoterapia (8h)
Tema 9. Introdución á inmunoterapia: dos medicamentos biolóxicos á inmunoterapia celular avanzada.
Tema 10. Fármacos inmunoestimulantes e inmunosupresores. Inhibidores de punto de control inmunitario.
Tema 11. Vacinas. Evolución tecnolóxica e aplicacións actuais. Virus como axentes terapéuticos.
Tema 12. Inmunoterapia celular avanzada: o caso paradigmático das células CAR-T.
Tema 13. Máis aló do CAR-T. Outras inmunoterapias baseadas en células T e noutras células do sistema inmune.
Bloque V. Terapia celular (10h)
Tema 14. Introdución á terapia celular e medicina rexenerativa.
Tema 15. Células nai. Tipos, fontes de obtención e aplicacións.
Tema 16. Reprogramación celular en medicina rexenerativa. Fundamentos e aplicacións.
Tema 17. Enxeñería de tecidos e biomateriais. Fundamentos, estratexias e aplicacións.
Tema 18. Consideracións éticas e legais da investigación con células nai.
B) Seminarios (3h)
S1. Aspectos regulatorios da produción e posta en mercado de terapias celulares. Manufactura GMP.
S2. Aspectos de seguridade en terapias avanzadas e dirixidas.
S3. Visita instalacións Centro de Fabricación de Terapias Avanzadas de Galicia.
Básica
Atala A., Lanza R., Mikos T. and Nerem R. (Eds.). Principles of regenerative medicine. 3rd ed. New York: Elsevier Academic Press; 2019. Acceso en liña.
Galli M. C., ed. Regulatory Aspects of Gene Therapy and Cell Therapy Products A Global Perspective. 2nd ed. Springer International Publishing; 2023. Acceso en liña.
Khan, F. Advances in application of stem cells: from bench to clinics. Switzerland: Springer; 2021. Acceso en liña.
Nóbrega C., Mendonça L., Matos C. A. A Handbook of Gene and Cell Therapy. 1st ed. 2020. Springer International Publishing. Acceso en liña.
Slack, J.M.W. The science of stem cells. Hoboken: John Wiley; 2018. Acceso en liña.
Complementaria
http://www.stembook.org/
http://www.eurostemcell.org/
https://stemcells.nih.gov/
https://learn.genetics.utah.edu/content/stemcells/
https://www.aemps.gob.es/
https://www.fda.gov/
https://www.ema.europa.eu/en/homepage
RESULTADOS DO PROCESO DE FORMACIÓN E APRENDIZAXE
Coñecementos
Con01 - Identificar e relacionar a estrutura e aplicacións de materiais poliméricos e nanomateriais con aplicacións biomédicas e agroalimentarias.
Con03 - Coñecer os fundamentos e aplicacións dos principais métodos experimentais avanzados e técnicas analíticas e moleculares de vangarda utilizados no ámbito de estudo das Biociencias Moleculares.
Con06 - Comprender as técnicas moleculares empregadas no diagnóstico e abordaxe terapéutico de diversas enfermidades, con énfases en todas aquelas técnicas moleculares, xénicas e celulares, típicas da denominada medicina personalizada.
Habilidades/destrezas
H/D02 - Aplicar métodos e tecnoloxías seguros para a aplicación dos novos desenvolvementos en xenómica para o estudo e análise de mecanismos moleculares de resistencia antimicrobiana.
H/D03 - Capacidade para deseñar e levar a cabo experimentos utilizando técnicas instrumentais avanzadas, aplicando as normativas e técnicas relacionadas con seguridade e hixiene, xestión de residuos e calidade os resultados xerados dentro do ámbito de traballo.
H/D05 - Aplicar os coñecementos do campo da Inmunoloxía a calquera estudo de Biociencias Moleculares deseñando experimentos e empregando as técnicas e as ferramentas máis avanzadas.
H/D09 - Aplicar adecuadamente os coñecementos e técnicas adquiridas para analizar unha situación ou concepto complexos e atopar unha maneira de liquidalos.
Competencias
Comp01 - Desenvolver a capacidade de organizar e planificar adecuadamente o traballo, partindo dunha síntese e análise que permitan tomar decisións.
Comp04 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos teóricos-prácticos dunha forma profesional e sexan competentes no formulación/resolución de problemas tanto en contextos académicos como profesionais relacionados coas Biociencias Moleculares.
Comp05 - Colaborar en equipos interdisciplinares en calquera ambiente de traballo, partindo do coñecemento da contorna e da normativa legal vixente.
Comp06 - Desenvolver a capacidade de aprender de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor.
Comp08 - Ser capaz de comunicar unhas conclusións e coñecementos de forma argumentada a públicos especializados e non especializados con claridade e precisión, tamén en linguas estranxeiras, principalmente en lingua inglesa.
A docencia expositiva impartirase mediante clases maxistrais, con apoio do encerado e recursos audiovisuais, nas que se favorecerá a reflexión e participación do alumnado. Nos seminarios abordaranse temas e realizarán actividades que completen ou complementen os coñecementos adquiridos nas clases maxistrais. Realizarase unha saída de estudos orientada ao coñecemento de ámbitos profesionais e laborais, onde o alumnado coñece de forma presencial a realidade e a forma de traballar do sector biotecnolóxico a unha escala maior que a do laboratorio. Empregaranse metodoloxías activo-participativas que promovan a aprendizaxe autónoma e nas que o alumnado traballe de forma individual e/o en grupo, orientado polo profesorado. Ademais, realizaranse actividades complementarias, baseadas na resolución de problemas, gamificación ou outros, para reforzar a aprendizaxe. Realizarase un seguimento da participación e actitude do alumnado nas actividades programadas durante o curso. Realizaranse titorías para a orientación da aprendizaxe e habilitarase un foro público de titorías na aula virtual da materia e outras ferramentas para a resolución de dúbidas.
Para poder ser avaliado é necesaria a asistencia regular ás clases expositivas e seminarios (polo menos un 80%). Avaliaranse os coñecementos, habilidades/destrezas e competencias adquiridas en clases expositivas (Con01, Con03, Con06, H/D02, H/D05, H/D09, Comp01 e Comp06) mediante unha proba final con preguntas obxectivas tipo test, que representará ata un 60% da nota máxima global. Realizarase ademais unha avaliación continua para avaliar as habilidades/destrezas e competencias adquiridas (H/D03, H/D05, H/D09, Comp01, Comp04, Comp05, Compo06 e Comp08), na que se valorará a asistencia a clases, a actitude e participación, e a realización e contido de todas as actividades programadas durante o curso. A avaliación continua supoñerá ata un 40% da nota global.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións (Resolución do 15 de xuño de 2011, DOG do 21 de xullo de 2011).
A materia ten unha dotación de 4,5 créditos ECTS, distribuídos como segue:
- Expositivas: 30 horas presenciais
- Interactivas (seminarios): 3 horas presenciais
- Titorización en grupo reducido: 1 hora.
- Exame: 2 horas
- Traballo persoal do estudante: 76,5 horas.
Recoméndase levar a cabo unha aprendizaxe activa dos coñecementos que se adquiren co desenvolvemento do temario, empregando esquemas organizados e realizando nexos entre os coñecementos propios e os novos. Recoméndase a participación nas clases, o estudo regular da materia, con apoio das notas de clase, a consulta de textos ou manuais recomendados e a utilización das horas de titorías para a orientación da aprendizaxe e a resolución de dúbidas. É importante que o alumnado adquira conciencia da importancia da comprensión dos conceptos e dos métodos e técnicas descritas, para desenvolver habilidades e competencias que lle resultarán de utilidade no ámbito profesional.
Para o máximo aproveitamento da materia é recomendable que os estudantes posúan coñecementos previos de inmunoloxía, xenética, bioloxía molecular, bioloxía celular e embrioloxía, de inglés para o manexo da bibliografía/recursos didácticos e competencias no uso de tecnoloxías da información e a comunicación. O alumnado terá á súa disposición unha aula virtual da materia na plataforma Moodle, cos recursos e canles de comunicación que ofrece. Ademais, poderase empregar como medio de comunicación docente-alumnado a aplicación Microsoft Teams e o correo electrónico.
Jannette Rodriguez Pallares
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881815466
- Correo electrónico
- jannette.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria De Los Angeles Castro Perez
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881815457
- Correo electrónico
- marian.castro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 1P AULA 1 PRIMEIRA PLANTA |
Venres | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 1P AULA 1 PRIMEIRA PLANTA |
19.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | FAC. BIOLOXÍA |
26.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | FAC. BIOLOXÍA |