Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Introducir ao alumno en métodos avanzados de regresión lineal e non lineal co propósito de establecer relacións entre variables.
• Capacitar ao estudante para a análise de datos nos que estean involucradas moitas variables, podendo no seu caso describir a natureza dos datos e a súa dimensión.
• Manexar apropiadamente software estatístico para o proceso de selección, axuste e validación de modelos
• Capacitar ao alumno no uso da linguaxe estatística para transmitir e discutir correctamente os resultados das probas e modelización estatística que empregue en cada caso.
1. Limitacións da regresión lineal.
2. Modelización lineal xeralizada.
3. Modelo aditivo e modelo aditivo xeralizado.
4. Métodos de ordenación para datos multivariantes
5. A linguaxe estatística en bioloxía: unha visión crítica.
Temario doutras actividades (prácticas, seminarios, titorías, etc.)
1. Prácticas en R para a implementación dos métodos considerados no temario de teoría.
Martínez-Abraín, A. (2007). Are there any differences? A non-sensical question in ecology. Acta Oecologica 32, pp 203-206.
Martínez Abraín, A. (2008) Statistical significance and biological relevance: A call for a more cautious interpretation of results in ecology. Acta Oecologica, 34 pp 9–11.
Martínez-Abraín, A. (2013). Why do ecologists aim to get positive results? Once again, negative results are necessary for better knowledge accumulation. Animal Biodiversity and Conservation, 36 pp 33-36.
Martínez-Abraín, A. (2022). In search of a better reporting of scientific results: A data probability language. Acta Oecologica 117, 103868.
Zuur A, Ieno, EN y Smith GM (2007) Analyzing Ecological Data. Statistics for Biology and Health. Springer.
Zuur A, Ieno, EN, Walker NJ, Savaliev AA y Smith GM (2009) Mixed effects models and extensions in Ecology with R. Statistics for Biology and Health. Springer
BÁSICAS
CB1- Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base u oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contesto de investigación.
XERAIS
CG01- Adquisición da capacidade de análise sobre a situación actual e futura da biodiversidade.
CG03- Empregar fontes de información e bases de datos necesarias para contribuír o análise e xerar información específica.
TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de análise y síntese.
CT5- Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
ESPECÍFICAS
CE2- Capacidade para aplicar análise estatística á caracterización global das respostas das comunidades aos factores ambientais.
CE3- Capacidade para deseñar e realizar adecuadamente mostraxes e experimentos, e interpretar correctamente os resultados.
Lección-explicación (por videoconferencia): procedemento docente polo cal o/a profesora presenta conceptos e/ou procedementos, achegando información básica necesaria para entender unha perspectiva teórica ou un procedemento práctico, promovendo a participación do/a estudante. Realizaranse simultaneamente de forma presencial na Facultade de Ciencias da UDC (para os alumnos da UDC) e por videoconferencia (para os demais alumnos)
Clase práctica: desenvolvida no campo, laboratorio ou aula de informática. Ten por obxecto a observación in situ de aspectos do medio físico e biolóxico, a realización de experimentos ou a aprendizaxe e aplicación de software informático, co apoio e supervisión do profesorado. Realizaranse de forma presencial en aulas de informática da Facultade de Ciencias.
Aprendizaxe colaborativo: os/as estudantes, co asesoramento do/a docente, traballan en pequenos grupos, de forma que o traballo de cada un dos membros vai dirixido á consecución dunha meta común. Os/as estudantes elaborarán, en grupos, un traballo consistente na análise de datos de biodiversidade con software estatístico. Os/as estudantes poderán consultar cos/as profesores/as as súas dúbidas, fixando as correspondentes titorías tanto de forma presencial como online, usando Teams.
Lectura comentada en grupo de artigos seleccionados polo profesor (artigos en inglés e castelán) e síntese dos puntos principais a reter sobre o bo uso da linguaxe en Estatística Ecolóxica.
SISTEMA DE EVALUACIÓN (PONDERACIÓN MÍNIMA - PONDERACIÓN MÁXIMA)
• Avaliación continua (30.0% da nota final): Participación nas clases e/ou resolución de exercicios relacionados cos temas da materia.
• Exame/Traballo (70.0% da nota final): Os/as estudantes deberán realizar pequenos traballos en cada un dos tres bloques temáticos diferenciados do programa.
o Bloque I (Temas 1 a 3). Traballo consistente na resolución de casos prácticos facendo uso dalgún software estatístico (peso 50%)
o Bloque II (Tema 4). Traballo consistente na resolución de casos prácticos facendo uso dalgún software estatístico (peso 25%)
o Bloque III (Tema 5). Traballo consistente en identificar varios casos de uso incorrecto da linguaxe estatística en artigos científicos publicados, en relación aos casos previamente estudiados na clase, e comentalos criticamente por escrito (peso 25%)
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a aplicación da normativa vixente.
Implicacións do PLAXIO na cualificación: Aplicarase a normativa vixente.
Actividade Horas Presencialidade
Clases expositivas 10 100 (Videoconferencia)
Clases interactivas 10 100
Titorías obrigatorias 1 100 (Videoconferencia)
Estudo persoal do alumnado 54 0
Total horas de traballo 75
Recoméndase a participación activa en todas as actividades, pero moi especialmente nas clases interactivas. Recoméndase tamén a instalación do software estatístico R canto antes, para solucionar calquera problema técnico que poida xurdir (especialmente no caso de Macs).
Programa Green Campus Facultade de Ciencias
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos que se realicen nesta materia enviaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático.
De realizarse en papel, non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado, e evitarase a realización de borradores.
Perspectiva de Xénero
Segundo recóllese nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...) Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Traballarase para detectar situacións de discriminación por razón de xénero e propoñeranse accións e medidas para corrixilas.
Canles de comunicación directa co alumnado
A comunicación establecerase mediante dous canles principais:
Correo electrónico Diariamente, para facer consultas, solicitar titorías e para o seguimento da actividade de aprendizaxe colaborativo.
Teams Para a realización de titorías individuais e grupais fixadas previamente.
Teams Diariamente, segundo a necesidade do alumnado. Na plataforma crearanse “foros temáticos” asociados aos módulos da materia, para formular as consultas necesarias.