Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Establecer a relevancia da interacción dos seres vivos có medio ambiente xeolóxico e edáfico e a súa importancia como factor de biodiversidade, así como as implicacións en cuestións de comprensión, conservación e xestión, a través da adquisición de capacidades e habilidades para: diferenciar os principais tipos de rochas, ambientes morfoxenéticos e solos; identificar os factores do medio físico que condicionan a biodiversidade; integrar información xeolóxica, xeomorfolóxica e edafolóxica en estudios do medio natural.
Programa de clases expositivas
Tema 1. Concepto de xeodiversidade. Implicacións no desenvolvemento dos diferentes tipos de hábitats. (1 hora).
Tema 2. Os materiais xeolóxicos: composición, estrutura e propiedades. (3 horas)
Tema 3. Procesos xeolóxicos externos nos principais ambientes morfoclimáticos. Relevos litolóxicos e estruturais. (2 horas)
Tema 4. As funcións ecosistémicas do solo (1 hora)
Tema 5. Edafodiversidade: factores de formación, procesos edafoxenéticos e distribución de solos (4 horas)
Tema 6. O solo como factor de biodiversidade (2 horas)
Programa de clases interactivas
Seminario (2 horas)
Un seminario que permita ao alumnado, a través do estudo de exemplos concretos, familiarizarse co manexo dos sistemas de clasificación de solos.
Saída de campo (5 horas)
Si se consigue financiación farase un percorrido no que se analizaran, no campo, as relacións entre a xeoloxía, os solos e os hábitats, empregando como unidade de integración a paisaxe. Tamén se incidirá na importancia da análise do medio físico na interpretación e xestión da biodiversidade.
Se non fora posible realizar a saída, esta será substituída por unha sesión de laboratorio para analizar os distintos tipos de rocas (2 horas) e un seminario (3 horas) no que se afondará na influenza da xeodiversidade e da edafodiversidade na aparición e desenvolvemento de distintos tipos de hábitats.
Titoría
Seguimento da aprendizaxe do alumnado. Acláranse as dúbidas suscitadas polo alumnado e traballaranse aquelas cuestións que presentan máis dificultades para o alumnado.
Bibliografía básica
- Tarbuck, E.J. y Lutgens, F.K., 2013. Ciencias de la Tierra: una introducción a la Geología Física. 10ª ed. Madrid: Pearson.
Biblioteca de Bioloxía:
A TG 197 M 1
A TG 197 M 2
A TG 197 N
A TG 197 O 1
A TG 197 P 1
A TG 197 Q 1
- Porta, J., López-Acevedo, M., Poch, R.M. 2008. Introducción a la Edafología. Uso y protección del suelo. Mundi-Prensa.
Biblioteca de Bioloxía: A TS 82
Biblioteca de Farmacia: TS 449
- Driessen PM., Deckers, JA., Spaargaren, OC., Nachtergaele, FO. 2001. Lecture Notes on the Major Soils of the World. World Soil Resources Reports 94. Food and Agriculture Organization of the United Nations, Rome. https://www.fao.org/3/y1899E/y1899e00.htm
- IUSS Working Group WRB. 2022. World reference base for soil resources. International soil classification system for naming soils and creating legends for soil maps. 4ª edition. International Union of Soil Sciences (IUSS), Vienna, Austria. https://www3.ls.tum.de/fileadmin/w00bds/boku/downloads/wrb/WRB_fourth_e…
Bibliografía complementaria
- Breemen, N. Van., Buurman, P. 2002. Soil formation. Dordrecht ; Boston : Kluwer Academic.
- Buol S.W., Southard R.J., Graham R.C., McDaniel P.A. 2003. Soil Genesis and Classification. Ames (Iowa) : Iowa State University Press
- European Soil Bureau Network. 2005. Soil Atlas of Europe. European Comission, Office for Official Publications of the European Communities, Louxemburg. https://esdac.jrc.ec.europa.eu/content/soil-atlas-europe
- Gallardo J.F. 2016. The soils of Spain. Springer
- Gutiérrez Elorza, M. 2008. Geomorfología. Pearson Educación. Madrid.
- Juma, N.G. 1999. The Pedosphere and its Dynamics. A Systemes Approach to Soil Science. Vol1. Salman Productions, Edmonton.
- Pipkin, B.; Trent, D.D.; Hazlett, R. y Bierman, P. 2011. Geology and the environment. Brooks/Cole, Cengage Learning. USA.
Competencias básicas e xerais
As especificadas na memoria do grao para o conxunto das materias
Competencias específicas
CE1 - Saber identificar aspectos xeolóxicos e xeomorfolóxicos relevantes para comprender a biodiversidade.
CE2 - Coñecer os factores ambientais que condiciona a edafodiversidade.
CE3 - Coñecer os condicionantes edáficos da biodiversidade.
Competencias transversais
CT4 - Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada.
CT9 - Utilización de información bibliográfica e da internet.
CT10- Utilización de información en lingua estranxeira.
CT11- Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Clases expositivas:
Alternancia de clases maxistrais, que ofrecen a posibilidade de incidir no máis importante de cada tema, con debates e cuestións. Estas clases centraranse na comprensión dos conceptos propios da materia e ofrecerán unha visión global do tema tratado. Actividades apoiadas en medios audiovisuais e informáticos; e diferentes formatos (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia), promovendo a participación. Tamén se indicarán aqueles recursos máis recomendables para a preparación posterior do tema en profundidade.
Clases interactivas:
Titoría e Seminario: debates e cuestións, promovendo a participación do alumnado baixo a tutela e dirección do profesorado para estudar con detalle aspectos importantes da materia que non se poden tratar con profundidade nas clases teóricas.
O seminario busca reforzar a aprendizaxe de conceptos, e desenvolver competencias instrumentais, sistémicas e interpersonais necesarias para a resolución de problemas.
A titoría será individual ou en grupo moi reducido, para aclarar dúbidas, fornecer información ou orientar ó alumnado, así como para coñecer o progreso na adquisición de competencias.
Saídas e traballo de campo: saída de campo titorizada para observar e aprender a identificar no medio natural as interaccións entre o biotopo e a biocenose, e as consecuencias para a biodiversidade. No traballo persoal orientarase a actividade á aplicación práctica dos coñecementos adquiridos.
Para facilitar a preparación e seguimento de todas as actividades por parte do alumnado, empregarase a aula virtual na plataforma Moodle do campus virtual da USC e MS Teams.
As actividades expositivas, os seminarios e as titorías desenvolveranse de forma síncrona e presencial na sede da USC ou por videoconferencia nas sedes do resto de universidades participantes.
Se o número de estudantes matriculados na materia e a dispoñibilidade de transporte o permiten, a saída de campo será presencial e é obrigatoria a asistencia do alumnado.
Os coñecementos, competencias e destrezas adquiridos avaliaranse mediante avaliación continua, exame e realización dun traballo práctico
- O exame representará un 50% da cualificación final, ademais de cuestións teóricas pode incluír a resolución de exercicios.
- O traballo práctico (40% da cualificación) consistirá nun estudo de caracterización da xodiversidade e da edafodiversidade dun área, así como na análise da súa importancia e implicacións na aparición e desenvolvemento de distintos tipos de hábitats. O alumnado disporá dun período non inferior a 1 mes para as súa realización.
- Na avaliación continua (10% da cualificación) valorarase a asistencia e participación activa en todas as actividades a realizar durante o curso na materia
Para superar a materia é obrigatorio asistir á saída de campo e realizar o exame e o traballo práctico.
Conservaranse as cualificacións da avaliación continua e do traballo práctico durante as dúas seguintes convocatorias, sempre que estas foran iguais ou superiores ao 50% da cualificación máxima alcanzable en cada unha delas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A avaliación das competencias levase a cabo do seguinte modo:
No traballo práctico avalíanse as competencias: CT4, CT9, CT11, CE1, CE2, CE3
Nos traballos na aula avalíanse as competencias: CT4, CT10, CE1, CE2, CE3
No traballo de campo avalíanse as competencias: CT4, CT9, CT10, CT11, CE1, CE2, CE3
Traballo presencial na aula
Clases expositivas e seminario: 15 horas
Prácticas de laboratorio/campo: 5 horas
Titorías: 1 hora
Realización de exames: 2 horas
Total horas de traballo presencial: 23 horas
Traballo persoal
Estudo individual: 22 horas
Elaboración da memoria do estudo de caso: 18 horas
Outras actividades (titorías, realización de probas, preparación saída de campo, lecturas recomendadas): 10 horas
Total horas de traballo persoal: 50
Horas totais de dedicación a materia: 23 presenciais + 50 persoais = 73 horas
Asistencia e participación activa en todas as actividades
Consulta da bibliografía recomendada
Uso das canles virtuais de traballo e comunicación
Teresa Maria Taboada Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881813289
- Correo electrónico
- teresa.taboada [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
09:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Seminario 4. Jacques Ives Cousteau |