Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Área externa M.U en Bioloxía Mariña
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Dar a coñecer os mecanismos bioquímicos que se encontran detrás das adaptacións específicas que os organismos desenvolveron para adaptarse ao medio acuático.
Tema 1. Adaptación bioquímica: Mecanismos básicos e estratexias.Tempo das adaptacións bioquímicas.
Tema 2. Deseño do metabolismo celular: Puntos de adaptación metabólica a nivel da glucolisis. Orixe e distribución filoxenética do ciclo da urea. Adaptacións no metabolismo enerxético mitocondrial.
Tema 3. Adaptación das encimas ás funcións metabólicas: Mecanismos de regulación encimática. As encimas como elementos de protección.
Tema 4. Adaptación á dispoñibilidade limitada de osíxeno: Metabolismo anaeróbico dos invertebrados mariños. Metabolismo anaeróbico dos vertebrados mariños. Adaptación á hipoxia.
Tema 5. Adaptación á salinidade: Regulación osmótica dos organismos acuáticos. Regulación da resposta ao choque osmótico.
Tema 6. Adaptación á temperatura: Mecanismos de compensación ás variacións de temperatura dos organismos poiquilotermos. Mecanismos de aclimatación á temperatura. Adaptación ao xeo.
Tema 7. Adaptación á presión: Efectos da presión hidrostática sobre os sistemas biolóxicos. Mecanismos de percepción e compensación aos cambios de presión.
Atkinson D.E. , Cellular Energy Metabolism and its Regulation, 1977, Academic Press, Inc.
Di Prisco, G. , Life under extreme conditions, 1991, Springer-Verlag
Ewart K.V., Fish antifreeze proteins. Molecular aspects of fish and marine biology, 2002,
Hochachka, P.W. and Somero G.N., Strategies of Biochemical adaptation, 1973, Int. Thomson Publis
Hochachka, P.W. and Mommsen T.P. , Metabolic Biochemistry, 1995, Elsevier
Hochachka P.W and Somero G.N., Biochemical Adaptation, 2002, Oxford niversity Press
Le Gal, Y. , Biochimie Marine, 1988, Masson, París
Lucas A. , Bioenergetics of Aquatic Animals , 1997 , Taylor & Francis
Mathews-Van Holde, Bioquímica, 2006, McGraw Hill
Nelson D.L and Cox M.M., Lehninger. Principios de Bioquímica, 2015, Ediciones Omega
Salway J., Metabolism at a glance, 2004, Blackwell Publishing Limited.
Urich, K. , Comparative Animal Biochemestry, 1994, Springer-Verlag
Adquisición de conceptos básicos sobre a estrutura das biomoléculas, as reaccións metabólicas, os principais procesos de obtención e utilización de enerxía e a transmisión e expresión da información xenética
Formulación dos fenómenos adaptativos en termos moleculares
Coñecemento dos mecanismos básicos e estratexias da adaptación a nivel molecular
Coñecemento dos principais puntos adaptativos del metabolismo enerxético
Interpretación da adaptación molecular aos principais factores variables del medio mariño
Adquisición e utilización apropiada de conceptos e terminoloxía bioquímicos
Desenvolvemento del estilo de pensamento científico
Sesión maxistral: Nas sesións maxistrais o profesor dará as nocións fundamentais para que o alumno entenda e poida preparar os contidos da materia.
Seminarios: Nos seminarios os estudantes traballarán temas ou datos bibliográficos relacionados coa materia e elaborarán comentarios ou presentacións que defenderán oralmente.
Sesión maxistral: Os coñecementos teóricos adquiridos avaliaranse mediante unha proba final tipo test. 70% da cualificación final
Seminarios: No traballo realizado nos seminarios valorarase a capacidade de relacionar os coñecementos e conceptos adquiridos, a correcta utilización da terminoloxía da materia e a capacidade crítica e de síntese. 30% da cualificación final
-----------------------Sesión maxistral-----Seminarios------Probas tipo test
Horas presenciais---------20--------------------4-------------------1
do alumno/a
Factor de traballo----------2--------------------2.5
Horas de traballo---------40-------------------10
persoal alumno/a
Horas totais---------------60------------------14-------------------1
Horas totais: 75
Carga lectiva en créditos ECTS: 3
Sesión maxistral: Se contempla unha atención personalizada durante a preparación da materia para solucionar as dúbidas formuladas e recibir a axuda necesaria na preparación dos seminarios a través de titorías voluntarias.
Seminarios: Se contempla unha atención personalizada durante a preparación da materia para solucionar as dúbidas formuladas e recibir a axuda necesaria na preparación dos seminarios a través de titorías voluntarias.
A realización dos seminarios e do traballo bibliográfico é obrigatoria para a superación da materia.
A proba final é obrigatoria para a superación da materia. A nota en cada unha das partes correspondentes á materia impartida por cada profesor deberá ser de 3 (sobre 10) para facer a media. A nota media do exame deberá ser de 3.5 (35% da valoración da materia), para que sexa tida en conta a valoración dos seminarios
PLAN DE CONTINXENCIA:
En previsión de posibles continxencias derivadas da pandemia covid-19, contémplanse as seguintes adaptacións:
Escenario 2. Distanciamento; restricións parciais á presencialidade.
Metodoloxía: As clases serán telemáticas a traves de MS Teams, salvo as practicas que poderan, desenvolvendose en pequenos grupos..
Avaliación: Poderase realizar unha avaliación continua mediante tarefas e exame pola plataforma Moodle (USC virtual).
- A comunicación co alumnado será a través das plataformas MS Teams, Moodle y email
Escenario 3. Peche das instalacións
Metodoloxía: As clases serán telemáticas a través de MS Teams
Avaliación: Poderase realizar unha avaliación continua mediante tarefas e examepola plataforma Moodle (USC virtual).
- A comunicación co alumnado será a través das plataformas MS Teams, Moodle y email.
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | - | Aula Videoconferencia. Sir David Attenborough |
Venres | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | - | Aula Videoconferencia. Sir David Attenborough |
09.12.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Videoconferencia. Sir David Attenborough |
16.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Videoconferencia. Sir David Attenborough |