Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Organización de Empresas
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer a normativa laboral española.
- Aprender e desenvolver as técnicas de xestión de RR.HH que permitan integrar esforzos de forma coordinada.
- Potenciar as habilidades de dirección de grupos de traballo, tanto técnicas como humanas (consecución de obxectivos).
4.1. Descriptores da materia:
Normativa laboral. Xestión de recursos humanos. Grupos de traballo. Traballo en equipo. Técnicas de motivación e resolución de conflitos. Liderado e delegación. Selección de persoal.
4.2. Epígrafes de l a materia :
Tema 1. Xestión dos recursos humanos
Tema 2. Análise e deseño de postos de traballo
Tema 3. Planificación dos recursos humanos e flexibilidade da forza laboral
Tema 4. Recrutamento e selección
Tema 5. Normativa laboral relacionada coa contratación. Socialización
Tema 6. Formación dos recursos humanos e xestión de carreiras
Tema 7. Avaliación e mellora do desempeño e sistema de retribución
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
De la Calle Durán, M.C., Ortiz de Urbina Criado, M (2004, 2014, 2018). “Fundamentos de recursos humanos”. Pearson Educación, Madrid.
BILIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Bonache, J.; Cabrera, Á. (2006) "Dirección de personas: evidencias y perspectivas para el siglo XXI " Prentice Hall.
Dolan, S.; Valle, R. (2007) "La gestión de los recursos humanos: como atraer, retener y desarrolar con éxito el capital humano en tiempos de transformación " McGraw-Hill.
Fernández Sánchez, E., Junquera Cimadevilla, B. (2013). Iniciación a los recursos humanos, Septem Universitas.
García-Tenorio, J.; Sabater, R. (Coordinadores) (2004) "Fundamentos de dirección y gestión de recursos humanos" Thomson.
Gómez-Mejía, L.R.; Balkin, D.B.; Cardy, R.L. (2016) "Gestión de recursos humanos" Prentice Hall.
Sastre, M.Á.; Aguilar, E.Mª (2003) "Dirección de recursos humanos. Un enfoque estratégico" McGraw-Hill.
Valle, R.J. (coord.) (2004) "La gestión estratégica de los recursos humanos" Pearson Educación.
O profesor/a poderá proporcionar bibliografía específica para cada tema.
Competencias básicas e xerais.
-CG1 Innovar en espazos e ámbitos do campo de traballo, demostrando iniciativa e espírito emprendedor
-CG3 Valorar a responsabilidade na xestión da información e do coñecemento no ámbito da Química Industrial e a Investigación Química
-CG4 Demostrar habilidade de analizar, describir, organizar, planificar e xestionar proxectos
-CG5 Utilizar terminoloxía científica en lingua inglesa para argumentar os resultados experimentais no contexto da profesión química
-CG6 Aplicar correctamente as novas tecnoloxías de captación e organización de información para solucionar problemas na actividade profesional
-CG8 Valorar a dimensión humana, económica, legal e técnica no exercicio profesional, así como o impacto da química no medio ambiente e no desenvolvemento sustentable da sociedade.
-CB9 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
-CB10 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido, ou autónomo.
Competencias transversais.
-CT1 Elaborar, escribir e defender publicamente informes de carácter científico e técnico.
-CT2 Traballar en equipo e adaptarse a equipos multidisciplinarios.
-CT3 Traballar con autonomía e eficiencia na práctica diaria da investigación ou da actividade profesional.
-CT4 Apreciar o valor da calidade e a mellora continua, actuando con rigor, responsabilidade e ética profesional.
-CT5 Demostrar unha actitude de respecto cara ás opinións, os valores, os comportamentos e as prácticas doutros.
Competencias específicas.
-CE9: Valorar, promover e practicar a innovación e o emprendemento na industria e na investigación química.
As sesións expositivas utilizaranse para introducir os contidos dos temas que conforman o programa, salientando os aspectos especialmente relevantes e as relacións entre os diferentes contidos. O material a utilizar para cada tema se poñerá a disposición do alumnado en data previa á clase correspondente.
Empregarase o ordenador e o canón-proxector como soportes principais da materia, proxectando transparencias e diferente material que serve de guía ás explicacións realizadas. Tamén se empregará a pizarra, artigos impresos ou calquera outra información necesaria para ampliar coñecementos e aclarar dúbidas.
Nas sesións interactivas trátase de que o alumnado aplique os conceptos teóricos, traballe individualmente e/ou en equipo e desenvolva competencias propias da materia. Por iso, analizaranse casos, debateranse cuestións propostas polo profesorado, faranse sesións de role-play e realizaranse as presentacións dos traballos previamente elaborados en equipo.
O profesorado monitorizará a asistencia do alumnado e a súa participación nas sesións expositivas e interactivas.
As actividades de traballo persoal do alumnado inclúen, ademais do tempo dedicado ao estudo, a busca, lectura e síntese de material bibliográfico referenciado polo profesorado. Tamén abarcan a elaboración dun traballo en equipo a presentar nunha sesión interactiva.
As titorías realizaranse preferiblemente de modo presencial. De ser necesario, poderán realizarse tamén de modo virtual. As titorías virtuais poderán combinar as titorías síncronas (individual ou grupal a través da plataforma MS Teams) con titorías asíncronas (campus virtual). En calquera caso, as titorías terán lugar á hora habitual publicada oficialmente polo profesorado.
A avaliación terá en conta tódalas actividades desenvolvidas polo alumnado (participación activa na análise de casos, debate e comentario de lecturas, artigos ou noticias de prensa, realización e exposición de traballos, exame de contidos, etc. ).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda, que será a que figure no seu expediente académico no suposto de que a cualificación acadada fose superior. O sistema de avaliación destas dúas oportunidades recóllese a continuación.
-Primeira oportunidade ordinaria:
Proba final de contidos: 60% da nota total. Competencias avaliadas: CB9, CB10
Avaliación continua:40% da nota total.
Competencias avaliadas:
Resolución de problemas e casos prácticos: 15% da nota total. Competencias avaliadas:CB9, CG1, CG3 CG4, CG5, CG6,
CG8, CT2, CT4, CT5, CE2, CE9
Realización de traballos e informes escritos: 5% da nota total. Competencias avaliadas: CT1, CT3, CE9
Exposición oral (traballos, informes, problemas e casos prácticos): 10% da nota total. Competencias avaliadas: CG1,
CG3, CG4,CB10, CT1, CT2,CT5
Avaliación continua do alumnado mediante preguntas e cuestións orais durante o curso: 10% da nota total.
Competencias avaliadas:CT3
Alumnado con dispensa de asistencia a clase:
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cun exame final presencial específico que suporá o 100% da cualificación.
-Segunda oportunidade extraordinaria de recuperación:
Aplicarase o mesmo sistema de avaliación que na primeira oportunidade.
De acordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación suporá que a nota final do estudante sexa distinta de NON PRESENTADO.
Clases presenciais teóricas: 12 horas.
Seminarios: 7 horas.
Titorías programadas: 2 horas.
Preparación de probas e traballos dirixidos: 18 horas.
Estudo persoal do alumnado: 36 horas.
Total horas : 75
Para maximizar a aprendizaxe é recomendable que o alumnado asista regularmente ás clases, participe activamente en todas as actividades propostas polos profesores e consulte a bibliografía e outro material recomendado. As tutorías son un recurso útil que os alumnos deberían utilizar as veces que fose necesario. O acceso campus virtual para informarse de diferentes cuestións que xurdan ao longo do curso e poder dispor e revisar antes das clases o material complementario facilita a participación do alumno e a súa capacidade de adquirir coñecementos.
Recoméndase tamén a lectura do programa e as normas de avaliación.
Adolfo Carballo Penela
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 881811590
- Correo electrónico
- adolfo.carballo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
13.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Inorgánica (1º andar) |