Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 85 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 125
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Física
Áreas: Química Física
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Anual
Docencia: Sen docencia (Ofertada)
Matrícula: Non matriculable (Só alumnado repetidor)
Introducir ao alumno nos aspectos prácticos da Química Computacional e no manexo de programas: o alumno debe coñecer os diferentes métodos da química cuántica e saber seleccionar e aplicar os diferentes métodos á resolución de problemas químicos sinxelos.
Prácticas de Aula de Informática. Realizaranse varias prácticas dentro das seguintes catro áreas.
(1) Análise conformacional.
(2) Avaliación de propiedades electrostáticas.
(3) Estudo de interacións intermoleculares.
(4) Reactividade e dinámica químicas
Guións de prácticas elaborados especificamente para cada un dos experimentos propostos. En xeral, estes guións inclúen bibliografía específica de libros e, nalgún caso, fotocopias dalgún artigo especialmente indicado.
- Mellorar os aspectos prácticos de traballo no laboratorio.
- Manexar con soltura o programa de ordenador Gaussian 09.
- Distinguir entre os diferentes métodos mecanocuánticos e saber seleccionar e aplicar os métodos á resolución de problemas químicos sinxelos.
Aos alumnos dáselles unha breve introdución teórica xeneral para todas as prácticas e entréganselles os guiones destas. Para algunhas prácticas, os alumnos deben repasar os conceptos que se lles indican, así como revisar a bibliografía que se recomenda. Ao acabar cada práctica deben expoñer e comentar os resultados e conclusións co profesor.
- Avaliación continua a través do traballo na aula de informática. Avalíanse tamén os resultados obtidos en cada práctica, así como o grao de comprensión dos obxectivos e métodos utilizados.
- Exame final. Levarase a cabo na Aula de Informática, durante o último día das prácticas correspondentes.
Para superar a materia será necesario obter unha nota mínima dun 5. Ningún alumno poderá aprobar a materia sen ter realizado as prácticas que lle corresponderan.
Ademais do traballo na aula de informática, os alumnos poden necesitar unha media de 15 horas de traballo persoal.
Estudar os aspectos teóricos relacionados coas prácticas que se realicen.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
Enrique Manuel Cabaleiro Lago
Coordinador/a- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Correo electrónico
- caba.lago [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jesus Rodriguez Otero
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881814436
- Correo electrónico
- r.otero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Antonio Fernandez Ramos
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881815705
- Correo electrónico
- qf.ramos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade