Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 113 Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 12 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación, Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores, Área externa M.U en Computación de Altas Prestacións
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Desde fai varios anos, o uso de arquitecturas de computación paralelas foi un aspecto fundamental que permitiu o desenvolvemento de importantes áreas en múltiples campos da ciencia básica e aplicada. Con todo, o elevado custo dos sistemas paralelos tradicionais limitou o seu uso practicamente a grandes industrias e centros de investigación. Hai tempo que o uso de redes de computadores de baixo custo, así como a computación usando infraestruturas conectadas a través de Internet, representa unha alternativa práctica e barata aos grandes sistemas. Así, a Computación na Nube (Cloud Computing) xurdiu como unha paradigma de computación distribuída que cambia o modo no que usamos os computadores, permitindo o acceso transparente, seguro e barato a enormes recursos computacionais desde calquera lugar do mundo.
O obxectivo principal desta materia é dar a coñecer o modelo de Cloud Computing, e como o mundo da Computación de Altas Prestacións pode utilizar o cloud para afrontar problemas que, ata o momento, estaban restrinxidos á súa resolución en grandes supercomputadores. Veranse diferentes exemplos de como é posible resolver problemas do ámbito da computación de altas prestacións utilizando servizos e recursos distribuídos accesibles na nube.
- Introdución á computación na nube
- Servizos de cómputo na nube: Clusters virtuais
- Modelos e frameworks de procesamiento distribuído
- Servizos para o procesamento distribuído na nube
Bibliografía básica:
- Erl T., Puttini R. and Mahmood Z. Cloud Computing, Concepts, Technology & Architecture (2013). Ed. Prentice-Hall.
- White, T. Hadoop: The Definitive Guide, Storage and Analysis at Internet Scale, 4ª edición (2015). O'Reilly Media.
- B. Chambers, M. Zaharia, "Spark: The Definitive Guide", O'Reilly, 2018
Bibliografía complementaria:
- Foster, I. and Gannon, D.B. Cloud Computing for Science and Engineering (2017). The MIT Press.
- Zaharia, M., Karau, H., Konwinski, A. y Patrick Wendell. Learning Spark: Lightning-Fast Big Data Analysis (2015), O'Reilly Media.
- Karau, H., Warren, R,. High Performance Spark: Best Practices for Scaling and Optimizing Apache Spark, (2017). O'Reilly Media.
Como resultados da aprendizaxe teremos que:
- O alumno coñecerá os fundamentos da computación na nube e a virtualización de servizos.
- O alumno coñecerá e aprenderá a utilizar os servizos básicos proporcionados por algún dos principais provedores públicos de Cloud.
- O alumno coñecerá e saberá aplicar os principais paradigmas de programación distribuída utilizados na computación Cloud.
- O alumno coñecerá e aprenderá a utilizar os servizos e recursos accesibles na nube para preparar e executar aplicacións do ámbito da computación de altas prestacións.
- O alumno adquirirá a habilidade necesaria para a procura, selección e manexo de recursos (bibliografía, software, etc.) relacionados coa computación Cloud no ámbito da computación de altas prestacións.
Competencias da titulación traballadas:
Básicas e xerais
CG1 - Ser capaz de buscar e seleccionar a información útil necesaria para resolver problemas complexos, manexando con soltura as fontes bibliográficas do campo
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Transversais
CT1 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
Específicas
CE1 - Definir, avaliar e seleccionar a arquitectura e o software máis adecuado para a resolución dun problema
CE6 - Coñecer as tecnoloxías e ferramentas dispoñibles para a computación en sistemas distribuídos sobre unha rede
CE7 - Aptitude para despregar infraestruturas e aplicacións Cloud para resolver problemas en investigación e enxeñaría
- Clases teóricas, nas que se expón o contido de cada tema. O alumno disporá de copias das transparencias con anterioridade e o profesor promoverá unha actitude activa, realizando preguntas que permitan aclarar aspectos concretos e deixando cuestións abertas para a reflexión do alumno.
- Clases prácticas na aula de informática, que permiten ao alumno familiarizarse desde un punto de vista práctico coas cuestións expostas nas clases teóricas.
- Realización de traballos, nos que o alumno ten que empregar os coñecementos adquiridos para resolver distintos problemas de forma autónoma.
Actividades formativas de carácter presencial e a súa relación coas competencias da titulación
- Clases teóricas: impartidas polo profesor e exposición de seminarios. Competencias traballadas: CE1, CE6, CE7.
- Clases prácticas de laboratorio, resolución de problemas e casos prácticos. Competencias traballadas: CG1, CB7, CB10, CT1, CE1, CE6, CE7.
- Titorías: orientación para a realización dos traballos e resolución de dúbidas. Competencias traballadas: CG1, CB7, CB10
- Exame. Competencias avaliadas: CG1, CB7, CE1, CE6, CE7.
Actividades formativas de carácter non presencial e a súa relación coas competencias da titulación:
- Traballo persoal do alumno: consulta de bibliografía, estudo autónomo, desenvolvemento de actividades programadas e realización de traballos academicamente dirixidos. Competencias traballadas: CG1, CB7, CB10, CT1, CE1, CE6, CE7.
Oportunidade ordinaria:
Contribución á nota final e criterios de avaliación:
- Prácticas de laboratorio: 45% da nota
Os alumnos abordarán a resolución de diversos problemas propostos na aula de informática. Deberán realizar traballos nos que se presenten os resultados obtidos. Varios destes traballos serán de entrega obrigatoria e outros opcionais, que permitirán subir a nota. Para facilitar a organización das prácticas, estas dividiranse en bloques que serán avaliados por separado. Todos os traballos deberán ser entregados antes das datas que se especificarán e deberán cumprir uns requisitos mínimos de calidade para ser avaliados. Valorarase o grao de cumprimento das especificacións, a metodoloxía e rigorosidade e a presentación de resultados. Nesta parte avaliaranse implícita ou explicitamente as competencias CG1, CB7, CB10, CT1, CE1, CE6 e CE7.
- Realización dun traballo tutelado: 15% da nota
Os traballos tutelados serán sobre algún tema a convir entre o alumno e o profesor. Valorarase o cumprimento das especificacións, a orixinalidade, a contribución persoal, a metodoloxía e rigorosidade e a presentación de resultados. Aqueles traballos de excelente calidade poderán optar ata 1 punto adicional que se engadirá á nota final. Nesta parte avaliaranse implícita ou explicitamente as competencias CG1, CB7, CB10
- Exame teórico: 40% da nota
Ao final do cuadrimestre realizarase un exame sobre os contidos teóricos da materia. Este exame busca determinar o grao de asimilación dos diferentes conceptos discutidos nas clases teóricas e prácticas. Nesta parte avaliaranse implícita ou explicitamente as competencias CG1, CB7, CE1, CE6, CE7.
Para superar a materia, debe conseguirse unha puntuación mínima de 4 puntos nen cada bloque de practicas de laboratorio e máis no no exame e unha nota tmedia ponderada igual ou superior a 5.
Os alumnos que non sexan de nova matrícula poden conservar as notas dos bloques de prácticas e do traballo tutelado do curso anterior nas que obtiveran unha puntuación mínima de 5 sobre 10.
Oportunidade de recuperación (Xullo) e extraordinaria:
A valoración será igual que na oportunidade ordinaria. Os alumnos que non entregaron os traballos propostos ao longo do cuadrimestre deberanos entregar antes da data do exame teórico da segunda oportunidaded.
Condición para cualificación de Non Presentado: non presentar ningunha práctica e non presentarse ao exame.
No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
En aplicación da Normativa da ETSE sobre plaxio (aprobada pola Xunta da ETSE o 19/12/2019), a copia total ou parcial dalgún exercicio de prácticas ou teoría suporá o suspenso nas dúas oportunidades do curso, coa cualificación de 0,0 en ambos casos.
Con 6 créditos ECTS, o traballo total do alumno é dunhas 150 horas, distribuídas da seguinte maneira:
- Clase de teoría: 24 horas de traballo presenciais
- Clases prácticas na aula de informática: 75 horas de traballo (12 presenciais, 63 de traballo autónomo)
- Titorías: 9 horas
- Realización de traballos academicamente dirixidos: 40 horas de traballo autónomo
- Realización do exame: 2 horas presenciais
En resumo, o alumno ten 38 horas presenciais, 103 de traballo autónomo e 9 de titoría.
Debido á forte interrelación entre a parte teórica e a parte práctica, e á progresividade na presentación de conceptos moi relacionados entre si na parte teórica, é aconsellable adicar un tempo de estudo ou unha revisión diaria.
Nesta materia farase un uso intensivo de ferramentas de comunicación en liña: videoconferencia, correo-e, chat, etc.
Anselmo Tomás Fernández Pena
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
- Teléfono
- 881816439
- Correo electrónico
- tf.pena [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A5 |
16.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A5 |
16.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A5 |
27.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A5 |
27.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A5 |