Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 108 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 22 Clase Interactiva: 18 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación, Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores, Área externa M.U en Computación de Altas Prestacións
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Nesta materia incrementaranse os coñecementos de programación paralela adquiridos polo alumnado no cuadrimestre anterior nas materias "Programación paralela" e "Programación de arquitecturas heteroxéneas". O obxectivo será que o alumnado aprenda a optimizar códigos paralelos para grandes arquitecturas paralelas ou supercomputadores actuais, usando como base para as súas probas os recursos proporcionados polo Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e o Grupo de Arquitectura de Computadores (GAC) da Universidade de A Coruña (UDC).
Centrarase naqueles aspectos das aplicacións paralelas que adoitan penalizar o rendemento, como son as comunicacións, o abalo de carga, o acceso a memoria ou o manexo de entrada/saída. Tamén se abordará a computación multiplataforma que permita aproveitar o paralelismo a nivel de tarefas entre varios aceleradores hardware, así como a computación híbrida, onde una mesma aplicación faga uso de varias paradigmas de programación paralela co fin de obter un bo rendemento en clústers de sistemas multinúcleo e/ou aceleradores hardware.
- Técnicas avanzadas de optimización de códigos paralelos.
- Control de afinidade e balanceo de carga.
- Optimización de comunicacións en sistemas de memoria distribuída.
- Entrada/saída paralela.
- Programación híbrida para sistemas con varios aceleradores hardware.
- Programación híbrida para sistemas de memoria compartida/distribuída.
Bibliografía básica:
- Using Advanced MPI: Modern Features of the Message-Passing Interface. 2014. W. Gropp, T. Hoefler, R. Thakur, E. Lusk. MIT Press
- Using OpenMP: The Next Step: Affinity, Accelerators, Tasking, and SIMD (Scientific and Engineering Computation). 2017. R. van der Pas, E. Stotzer, C. Terboven . MIT Press
- OpenCL Programming Guide. 2011. A. Munshi, B. Gaster, T. G. Mattson, J. Fung, D. Ginsburg. Addison-Wesley/Pearson Education
Bibliografía complementaria:
- Multi-core programming. 2006. S. Akhter e J. Roberts. Intel Press.
- Professional CUDA C Programming. 2014. J. Cheng, M. Grossman, T. McKercher. Wross.
Bibliografía en liña:
- https://www.mpi-forum.org/docs/
- https://www.openmp.org/resources/
Competencias da titulación que se traballan (ver memoria título):
- Básicas: CB6, CB7, CB10
- Xerais: CG1, CG4
- Transversais: CT1
- Específicas: CE1, CE2, CE4, CE5 e CE7
- Clases teóricas, nas que se expón o contido de cada tema. O alumnado disporá de todo o material necesario antes da clase e o profesor promoverá unha actitude activa, realizando preguntas que permitan aclarar aspectos concretos e deixando cuestións abertas para a reflexión do alumnado.
- Tódolos materiais docentes estarán a disposición do alumnado nunha plataforma virtual, que este curso será a Aula Cesga, https://aula.cesga.es/.
- Clases prácticas no laboratorio e en aula de informática, nas que se realizan tarefas dirixidas que permitan ao alumnado familiarizarse desde un punto de vista práctico cos contidos expostos nas clases teóricas.
- Realización de traballos, nos que o alumnado ten que empregar os coñecementos adquiridos para resolver distintos problemas de forma autónoma.
- Titorías de seguimento: orientación para a realización dos traballos, resolución de dúbidas, etc.
Actividades formativas de carácter presencial e a súa relación coas competencias da titulación:
Clases de teoría CB6, CE1, CE4, CE7
Clases prácticas en laboratorio CT1, CE2, CE5
Titorías CB6, CB7
Actividades formativas de carácter non presencial e a súa relación coas competencias da titulación:
Clases prácticas en laboratorio CB10, CT1, CE2, CE5
Realización de traballos academicamente dirixidos CB6, CB7, CB10, CT1, CG1, CG4, CE1, CE2, CE4, CE5, CE7
Avaliación de traballos e prácticas academicamente dirixidos: 100%
Segunda oportunidade: evaliación de traballos e prácticas academicamente dirixidos: 100%
No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
En aplicación da Normativa da ETSE sobre plaxio (aprobada pola Xunta da ETSE o 19/12/2019), a copia total ou parcial dalgún exercicio suporá o suspenso nas dúas oportunidades do curso, coa cualificación de 0,0 en ambos casos.
- Clases de teoría: 20h presenciais + 0h traballo autónomo (total 20h)
- Clases prácticas en laboratorio: 21h presenciais + 63h traballo autónomo (total 84h)
- Titorías: 1h presencial + 0h traballo autónomo (total 1h)
- Realización de traballos: 0h presenciais + 45h traballo autónomo (total 45h)
TOTAL: 42h presenciais + 108h traballo autónomo, para un total de 150h
Debido á forte interrelación entre a parte teórica e a parte práctica, e á progresividad na presentación de conceptos moi relacionados entre si na parte teórica, é recomendable dedicar un tempo de estudo ou repaso diario.
Nesta materia se hará un uso intensivo de ferramentas de comunicacioun en línea: videoconferencia, correo-e, chat, etc.
Nas actividades de avaliación a distancia se lles poderá requirir aos alumnos a aplicación de mecanismos que garantan a súa identidade así como o autoría de os elementos avaliables presentados.
Jose Carlos Cabaleiro Dominguez
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
- Teléfono
- 881816421
- Correo electrónico
- jc.cabaleiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A5 |
28.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A5 |
28.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A5 |
09.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A5 |
09.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A5 |