Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 110 Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 21 Clase Interactiva: 18 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación, Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores, Electrónica, Área externa M.U en Computación de Altas Prestacións
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos globais desta materia son: formar ao alumno nos diversos paradigmas de programación de computadores paralelos; incidir en técnicas software para o deseño e implementación de algoritmos e aplicacións paralelas eficientes; e aplicar estas técnicas de forma práctica para a programación de computadores paralelos con diferentes arquitecturas, utilizando recursos de supercomputación como os dispoñibles no Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).
Unha vez finalizada a materia, o alumno disporá dos coñecementos teóricos e prácticos necesarios para:
* Comprender as principais diferenzas de organización nas arquitecturas paralelas
* Entender os principais modelos de programación
Aplicar os coñecementos adquiridos á implementación eficiente de aplicacións paralelas usando distintos modelos de programación.
* Introdución á computación paralela
* Paradigmas de programación paralela
* Programas paralelos utilizando directivas de memoria compartida
* Programas paralelos utilizando librarías de paso de mensaxes
* P. Pacheco (2011). An Introduction to Parallel Programming. Morgan Kaufmann Publishers
* F. Almeida, D. Giménez, J.M. Manta, A.M. Vidal (2008). Introducción a la programación paralela. Paraninfo
* W.P. Petersen, P. Arbenz (2004). Introduction to Paralell Computing. Oxford University Press
* R. Chandra, L. Dagum, D. Kohr (2001). Parallel Programming in OpenMP. Morgan Kaufmann Publishers
* P.S. Pacheco (1997). Parallel Programming with MPI. Morgan Kaufmann Publishers
* W. Gropp, E. Lusk and R. Thakur (1999). Using MPI-2. The MIT Press
* Barbara Chapman, Gabriele Jost and Ruud Van der Pas (2008). Using OpenMP. The MIT Press
Básicas e Xerais:
CG1 - Ser capaz de buscar e seleccionar a información útil necesaria para resolver problemas complexos, manexando con soltura as fontes bibliográficas do campo.
CG5 - Ser capaz de traballar en equipo, especialmente de carácter multidisciplinar, e ser hábiles na xestión do tempo, persoas e toma de decisións.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
Transversais:
CT1 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
Específicas:
CE1 - Definir, avaliar e seleccionar a arquitectura e o software máis adecuado para a resolución dun problema.
CE2 - Analizar e mellorar o rendemento dunha arquitectura ou un software dado.
CE3 - Coñecer os conceptos e as técnicas básicas da computación de altas prestacións.
CE4 - Profundar no coñecemento de ferramentas de programación e diferentes linguaxes no campo da computación de altas prestacións.
CE5 - Analizar, deseñar e implementar algoritmos e aplicacións paralelas eficientes.
* Instrución programada a través de materiais docentes
* Aprendizaxe baseada en problemas e estudo de casos
A asignatura divídese en dúas partes (programación baseada en directivas e mediante pase de mensaxes). Cada parte supón o 50% da nota final da asignatura. Para poder superar a asignatura deberá obterse como mínimo un 5 de media entre as dúas partes da asignatura, cun mínimo de 4 en cada unha delas. A avaliación da asignatura queda do seguinte xeito:
- Avaliación dos traballos academicamente dirixidos: 50% (25% programación mediante directivas + 25% pase de mensaxes)
- Avaliación das prácticas: 50% (25% programación mediante directivas + 25% pase de mensaxes)
No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
En aplicación da Normativa da ETSE sobre plaxio (aprobada pola Xunta da ETSE o 19/12/2019), a copia total ou parcial dalgún exercicio suporá o suspenso nas dúas oportunidades do curso, coa cualificación de 0,0 en ambos casos.
Actividade Formativa Horas Presenciais Horas Traballo Autónomo
------------------------------------------------------------------------------------------------------
Lectura de material didáctico, visionado
de vídeos e consulta de material multimedia: 0 20
Realización de prácticas de forma autónoma
con seguimento do profesorado: 3 57
Tutorías de seguimento en modalidade a distancia: 1 0
Realización de traballos academicamente dirixidos: 0 66
Actividades de avaliación: 3 0
A atención personalizada na realización das prácticas de laboratorio é imprescindible para dirixir aos alumnos no desenvolvemento do traballo. Recoméndase aos alumnos facer uso das tutorías para ir validando o traballo que van realizando.
A materia do máster "Programación Paralela Avanzada" é unha continuación natural desta.
Antonio Jesus Garcia Loureiro
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Electrónica
- Teléfono
- 881816467
- Correo electrónico
- antonio.garcia.loureiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Juan Carlos Pichel Campos
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
- Teléfono
- 881816437
- Correo electrónico
- juancarlos.pichel [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade