Créditos ECTS Créditos ECTS: 30
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 22.5 Clase Interactiva: 8.5 Total: 31
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional, Xeografía Humana
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo do Traballo Fin de Máster (TFM) é introducir ao alumnado nun tema de investigación e/o desenvolvemento con obxectivos concretos e alcanzables nun curto espazo de tempo. Ao finalizar o traballo, cada estudante será capaz de:
No plano cognitivo:
- Integrar os coñecementos adquiridos para aplicalos a un traballo de investigación e/o desenvolvemento concreto
No plano subxectivo:
-Presentar e defender os resultados do traballo ante un público especializado
O traballo consistirá no estudo dun tema de investigación e/o desenvolvemento naquela dimensión, das 6 que articulan a temática do máster, na que o alumno ou alumna cursase as dúas materias optativas do segundo cuadrimestre. Este traballo terá obxectivos concretos alcanzables no período dun cuadrimestre.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XENERAIS
CX2 - Elaborar adecuadamente e con certa orixinalidade composicións escritas ou argumentos motivados, redactar plans,
proxectos de traballo e formular hipóteses razoables.
CX3 - Adquirir coñecementos, ferramentas e recursos de alto nivel para cubrir as expectativas investigadoras e profesionais do
estudantado e da sociedade no relativo ao estudo da Ordenación, Planificación e Xestión das cidades.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/o aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á
aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos
especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT3 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a
perspectiva de xénero.
CT5 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e
cultural da sociedade.
CT6 - Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos.
TITORÍAS: o profesorado atenderá ao alumnado en sesións de titorías individualizadas e/o en grupo dedicadas á orientación
no estudo e a resolución de dúbidas sobre os contidos e traballos da materia.
APRENDIZAXE POR PROXECTOS: exponse ao alumnado proxectos prácticos cuxo alcance require que se lle dedique unha parte
importante da dedicación total do alumno á materia. Ademais, polo alcance dos traballos para realizar, requírese que o
alumnado aplique competencias de xestión ademais de competencias de índole técnica.
O terceiro cuadrimestre, con 30 ECTS, está destinado á elaboración do TFM que será dirixido por dous docentes, un dunha das universidades portuguesas e o outro dunha das universidades galegas
Ao finalizar o traballo cada estudante ha de presentar unha memoria final e defender o traballo ante unha comisión especializada.
O Traballo Fin de Máster só poderase defender unha vez superados os restantes créditos da titulación.