Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 10 Total: 22
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Organización de Empresas
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo deste programa de aprendizaxe é desenvolver habilidades integrais na xestión de recursos humanos, liderado, motivación e comunicación empresarial, así como na formación e dirección de equipos efectivos. O alumnado adquirirá coñecementos sobre os principios fundamentais da xestión de recursos humanos para optimizar o rendemento organizacional, ao mesmo tempo que perfeccionará as súas habilidades de liderado, motivación e comunicación para inspirar e dirixir equipos cara as metas compartidas. Ademais, aprenderá estratexias de xestión de conflitos e negociación para resolver conflitos de maneira efectiva e alcanzar acordos beneficiosos. Así mesmo, se fará fincapé na valoración e xestión da diversidade na contorna laboral, fomentando a inclusión e integración e creando un ambiente onde todas as persoas se sentan valoradas e respectadas.
Tema 1. Dirección de recursos humanos (1,5 h expositivas e 0,5 horas interactivas).
Tema 2. Liderado, motivación e comunicación empresarial (3 h expositivas e 3,5 h interactivas).
Tema 3. Xestión de equipos efectivos (2 h expositivas e 2,5 h interactivas).
Tema 4. Xestión de conflitos e negociación (1,5 h expositivas e 2 h interactivas).
Tema 5. Xestión da diversidade (1 h expositiva e 1,5 h interactivas).
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Llorenç, G. (2021). “Competencias directivas: claves para la gestión y el liderazgo”. 2ª ed. Ed. Marge Books
Puchol, L.; Puchol, I. (2016). “El libro de las habilidades directivas”. Ed. Díaz de Santos.
Robbins, S.; Judge, T. (2017). “Comportamiento organizacional”. 17ª ed. Ed. Pearson.
Robbins, S.; Judge, T. (2023). “Organizational behavior. Global Edition”. 19ª ed. Ed. Pearson.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Davis, K.; Newstrom, J.W. (2014). “Comportamiento humano en el trabajo”. 13ª ed. Ed. McGraw Hill.
Costa García, M.; et al (2011). “Negociar para con-seguir”. Ed. Prentice Hall.
Dessler, G. (2001). “Administración de personal”. 8ª ed. Ed. Prentice Hall.
Whetten, D. A.; Cameron, K. S. (2016). “Desarrollo de Habilidades Directivas”. 9ª ed. Ed. Pearson Educación- Prentice Hall.
Poderase recomendar bibliografía específica para os distintos contidos.
Coñecementos:
Con07. Prácticas en xestión e dirección de recursos humanos para crear valor na organización.
Habilidades / Destrezas:
H03. Liderar e traballar eficazmente en equipos interdisciplinares.
H07. Capacidade para o intercambio de opinións e para comunicar eficazmente as súas ideas e defendelas.
Competencias
Comp09. Identificar problemas e desenvolver solucións efectivas na xestión das persoas.
Esta materia de carácter obrigatorio desenvolverase a través de 9 horas expositivas e 10 horas de carácter interactivo.
As sesións dedicadas ás clases expositivas utilizaranse para introducir os contidos básicos dos temas que conforman o programa, salientando os aspectos especialmente relevantes e as relacións entre eles.
Durante as sesións interactivas abordarase a resolución de problemas mediante a metodoloxía do estudo de caso. Abordaranse traballos tales como a resolución de exercicios e casos, procura de información ou análise de documentos e lecturas, entre outros. En moitos casos, logo da súa elaboración, efectuarase unha posta en común e/ou debate sobre os mesmos. Algunhas actividades abordaranse de forma individual e outras en grupo; algunhas se resolverán na súa totalidade en horario lectivo, outras se comezarán en horario lectivo e deberán ser abordadas/finalizadas na parte de traballo autónomo do alumnado, e outras se prepararán no tempo dedicado ao traballo autónomo e resolveranse en horario lectivo. Este traballo autónomo será guiado polo profesorado nas horas destinadas a titorías, que servirán para resolver dúbidas e solucionar problemas aos que se enfronte o alumnado no proceso de ensino-aprendizaxe. As titorías tamén servirán de canle de retroalimentación sobre os resultados obtidos.
Utilizarase a aula virtual como ferramenta de comunicación e apoio á docencia.
O desenvolvemento das sesións realizarase de forma presencial nos horarios de clase establecidos, sendo recomendable a asistencia a todas as sesións. As titorías realizaranse preferentemente de forma presencial, aínda que en determinados casos tamén se poderán realizar de forma virtual sincrónica (a través da plataforma institucional MS Teams) ou asincrónica (a través do campus virtual). En calquera caso, desenvolveranse no horario publicado oficialmente polo profesorado.
En resumo, as metodoloxías docentes utilizadas na materia son:
• Lección maxistral (Con07).
• Seminario (Con07; H03; Comp09).
• Presentacións (Con07; H03; H07).
• Estudo de casos (Con07; H03; Comp09).
• Debates (Con07; H07).
• Aprendizaxe colaborativo (Con07; H03; Comp09).
O sistema de avaliación terá en conta todas as actividades desenvolvidas polo alumnado: realización e participación activa na análise de casos, debate e comentario de lecturas, artigos ou noticias de prensa, presentación e exposición de traballos, etc.
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda, que será a que figure no seu expediente académico no caso de que a cualificación alcanzada fose superior.
O sistema de avaliación destas dúas oportunidades, tanto para o alumnado de primeira matrícula como para o alumnado repetidor, recóllese a continuación:
Primeira oportunidade ordinaria. Contémplase a avaliación continua, combinada cunha proba final.
A) Avaliación continua: Estudos de casos, traballos, debate, observación sistemática (40%): Con07; H03; H07; Comp09.
B) Proba escrita: Exame de preguntas obxectivas e exame de desenvolvemento (60%): Con07, Comp09.
Para poder sumar B e A é necesario que o alumnado obteña como mínimo un 3 sobre 6 na proba escrita (aprobado). A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para superar a materia.
O alumnado que non obteña ningunha puntuación vinculada ás actividades realizadas nas sesións expositivas e interactivas só poderá obter un máximo de 6 puntos nesta convocatoria.
Segunda oportunidade extraordinaria de recuperación:
Aplicarase o mesmo sistema de avaliación que na primeira oportunidade, é dicir, realizarase un novo exame final de contidos, coa ponderación establecida para a primeira oportunidade, que se sumará á puntuación alcanzada na avaliación continua.
De acordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación suporá que a nota final do estudante sexa distinta de NON PRESENTADO.
O alumnado ao que lle sexa concedida a dispensa de asistencia seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, avaliarase cun exame final específico que suporá o 100% da nota.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudante e de revisión de cualificacións.
A materia ten asignados 3 créditos ECTS. Cada crédito equivale a 25 horas, co que ten unha carga de traballo para o alumnado de 75 horas, entre as que se inclúen como actividades presenciais 9 h expositivas, 10 h interactivas de seminario e 2 h de avaliación.
- Asistir e participar tanto nas clases expositivas como nas interactivas.
- Consultar a bibliografía recomendada.
- Examinar os materiais recomendados polo profesorado e/ou entregados fisicamente ou a través da aula virtual.
- Recorrer ao profesorado para aclarar dúbidas, utilizando as titorías e todos os métodos de contacto dispoñibles.
Mª Angeles Lopez Cabarcos
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Correo electrónico
- angeles.lopez.cabarcos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Paula Vazquez Rodriguez
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 982824475
- Correo electrónico
- paula.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
18:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 14 (Aulario 4) |
09.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 (Aulario 4) |
23.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 (Aulario 4) |