Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 12 Total: 25
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo principal da materia é dotar o alumno de ferramentas para o estudo, a compresión e a utilización dos sistemas e tecnoloxías de goberno da irrigación e a drenaxe. Outros obxectivos atinxen á modernización e avaliación da eficiencia da utilización da auga en zonas regables. Presentaranse os grandes eixos económicos, sociais e ambientais sobre os que debe asentarse unha xestión racional de regadíos.
Neste sentido, búscase que os alumnos poidan dominar con soltura os principios teóricos e prácticos da enxeñaría no campo da hidráulica aplicada. Ademais, preténdese que adquiran unha visión dos diferentes campos de aplicación destes coñecementos. Considérase de gran importancia a capacidade de interrelacionar os contidos, e aplicacións, da disciplina impartida con outras materias.
Asemade contémplase
•Expoñer criterios para afrontar os traballos de modernización de regadío
•Preséntanse criterios para o dimensionamento de todos los elementos singulares do regadío
Os resultados da aprendizaxe segundo a avaliación EUR-ACE abordada na materia son:
5.4 Capacidade para aplicar estándares da práctica da enxeñaría.
5.5. Coñecemento e comprensión das implicacións sociais, sanitarias e de seguridade, ambientais, económicas e industriais da práctica da enxeñaría.
5.6. Coñecemento e comprensión crítica de cuestións económicas, organizativas e de xestión (como a xestión de proxectos, a xestión de riscos e cambios).
7.1. Capacidade de empregar diferentes métodos para comunicar as súas conclusións, de xeito claro e inequívoco, e os coñecementos e fundamentos lóxicos que os apoian, a audiencias especializadas e non especializadas coa materia, en contextos nacionais e internacionais.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos: Sistemas de rega, Avaliación de sistemas de rega, Modernización e rehabilitación de regadíos, Xestión de regadíos, Modelización, Sistemas de asesoramento ao regador. Deseño e utilización, Xestión ecosistémica da auga, Sistemas de drenaxe
Estes contidos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario teórico (DP=10h, 2h por tema; DNP=12h):
Tema 1. Sistemas de rega. Avaliación de sistemas de rega
Tema 2. Modernización e rehabilitación de regadíos
Tema 3. Xestión de regadíos. Modelización.
Tema 4. Sistemas de asesoramento ao regador. Deseño e utilización
Tema 5. Xestión ecosistémica da auga
Tema 6. Sistemas de drenaxe
Temario práctico (DP=11h, 2h por tema; DNP:12h):
Tema 1. Sistemas de rega. Avaliación de sistemas de rega
Tema 2. Modernización e rehabilitación de regadíos
Tema 3. Xestión de regadíos. Modelización.
Tema 4. Sistemas de asesoramento ao regador. Deseño e utilización
Tema 5. Xestión ecosistémica da auga
Tema 6. Sistemas de drenaxe
Prácticas e Traballos Curso (DNP=25h):
A. Proxecto e xestión de deseño de sistema de rega en parcela. Resolución de diversos supostos sobre deseño, avaliación e modernización de sistema de rega. O alumno parte do traballo previo realizado na materia: Sistemas de Produción Vexetal (P4161110), a partir do cal realiza o deseño completo do sistema de rega na parcela e cultivo asignado.
B. Avaliación do sistema de rega dun sector de rega das zonas verdes da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría. Preparación da avaliación, recollida de datos, análise e interpretación, elaboración de informe final. Exposición e Defensa.
C. Modelización dunha Rede de rega empregando Software libre (EPANET, GESTAR, DIOPRAM).
D. Revisión e análise de traballos científicos publicados en revistas indexadas incluídas no WOK.
Viaxe de Prácticas (Obrigatorio) (DP=3h):
Realizarase unha viaxe a Comunidade de Regantes do Río Miño-Pequeno-Franqueira (Arneiro-Muimenta-Cospeito) na que se visitan diversos elementos da instalación: Captación, Estación de Bombeo e Telecontrol, e Hidrante en Parcela e demais elementos singulares. O alumno debe entregar un informe técnico sobre a instalación, asemade avaliaranse cuestións da visita durante o exame escrito.
BÁSICA:
De Paco López-Sánchez, J. 1993. Fundamentos del cálculo hidráulico en los sistemas de riego y drenaje. Ed. Mundi Prensa.
Merriam J.; J. Keller. 1978. Farm Irrigation system evaluation: A guide for management. Department of Agriculture and Irrigation Engineering. Utah State University, Logan, Utah, USA.
Pereira, L. S.; de Juan, J.A.; Picornell, M.R.; Tarjuelo, J.M. 2010. El riego y sus tecnologías. CREA-UCLM (Centro Regional de Estudios del Agua. Universidad de Castilla-La Mancha). Web: crea.uclm.es
Tarjuelo, J.M., 1999. El riego por aspersión y su tecnología. Ediciones Mundi-Prensa.
Sistemas de Asesoramiento al Regante:
https://eportal.mapa.gob.es//websiar/Inicio.aspx
http://www.inforiego.org/opencms/opencms
http://riegos.ivia.es/red-siar
del Moral Ituarte, Leandro, Pedro Arrojo Agudo, and Tony Herrera Grao. 2015. El agua: Perspectiva ecosistémica y gestión integrada. https://www.researchgate.net/profile/Leandro-Del-Moral/publication/2993…
COMPLEMENTARIA:
Hardy, L. ; Garrido, A. 2010. Análisis y evaluación de las relaciones entre el agua y la energía en España. Papeles de Agus Virtual nº 6, Fundación Botín. Madrid
IDEA. 2005. Ahorro y eficiencia energética en agricultura de regadío. Madrid, IDEA
Lecina, S. 2009. Efecto de la modernización de regadíos sobre la cantidad y la calidad de las aguas: la cuenca del Ebro como caso de estudio . Instituto Nacional de Investigación y Tecnología Agraria y Alimentaria, Madrid.
Martín de Santa Olalla, F. y J. De Juan Valero. 1993. Agronomía del riego. Ed. Mundi Prensa. Madrid.
Pizarro, F. 1978. Drenaje agrícola y recuperación de suelos salinos. Ed. Agrícola Española. Madrid
Hoffman, G. J., Evans, R. G., Jensen, M. E., Martin, D. L., & Elliott, R. L. (2007). Design and operation of farm irrigation systems (p. 863). St. Joseph, MI: American Society of Agricultural and Biological Engineers.
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral ou da enxeñaría agronómicas en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias: Com04, Com05, Com07, Com09
Habilidades ou destrezas: H/D01, H/D03, H/D04, H/D05, H/D09, H/D11, H/D12, H/D13, H/D15, H/D16, H/D18, H/D19
Coñecementos: Con02, Con06, Con07
Nesta materia a metodoloxía de ensinanza divídese en docencia presencial: con clases teóricas, seminarios de resolución de problemas, prácticas e titorías individualizadas e colectivas e o traballo de elaboración de traballos e proxectos propostos, realización das memorias de prácticas e traballo autónomo e estudo independente dos alumnos.
A ensinanza da materia se distribuirá da seguinte forma:
Leccións maxistrais participativas nas que se desenvolverán os conceptos teóricos necesarios para a comprensión da materia: 12 horas.
Competencias: Com04, Com05, Com07, Com09
Habilidades ou destrezas: H/D03, H/D09, H/D11, H/D12, H/D13, H/D15, H/D16, H/D18, H/D19
Coñecementos: Con02, Con06, Con07
Resolución de problemas, actividades en seminarios (grupos reducidos) coa finalidade da resolución de problemas prácticos: 12 horas.
Competencias: Com04, Com05, Com07, Com09
Habilidades ou destrezas: H/D01, H/D03, H/D04, H/D05, H/D09, H/D11, H/D12, H/D13, H/D15, H/D16
Coñecementos: Con02, Con06, Con07
Titorías en pequenos grupos (grupos moi reducidos) disponse de 2 horas destinadas á clarificación das dúbidas que podan existir nos diferentes temas tratados na materia.
Competencias: Com04, Com05, Com07, Com09
Habilidades ou destrezas: H/D04, H/D05, H/D09, H/D11, H/D12, H/D13, H/D15, H/D16, H/D18, H/D19
Coñecementos: Con02, Con06, Con07
Común á oportunidade ordinaria e extraordinaria
1. Exame escrito, constará de dúas partes -parte teórica (40%) e parte de problemas ou suposto práctico (60%) e, terá un valor do 50% da puntuación final da materia.
As fórmulas e táboas necesarias para a resolución elaboraranse previamente, sempre a disposición do profesor, e poderanse dispoñer das mesmas na parte de problemas.
2. Programa práctico: o traballo práctico será elaborado individualmente ou en grupos, segundo o traballo, para a realización do mesmo utilizaranse os coñecementos adquiridos nas clases teóricas e prácticas, inclúense a valoración dos catro traballos de curso reflexados no apartado Contidos da Programación Docente.
Valoración máxima 50 % da puntuación total da materia e sometido a unha avaliación presencial individualizada, a realizar na última semana de impartición da materia. A non realización non impide a presentación ao exame escrito co valor do 50% da puntuación final da materia.
Os traballos serán presentados no calendario establecido durante o curso, no caso de non acadar un mínimo de un 5 (sobre 10) en cada traballo, os alumnos poderán presentar estes traballos de novo, acadando como máximo unha cualificación de 5 (sobre 10). Esta segunda presentación ten que ser realizada no período académico entre a primeira e a segunda oportunidade, tendo como data límite o día anterior a fecha do exame oficial da segunda oportunidade. Aqueles que alumnos que non presenten os traballos durante o curso, teñen a oportunidade de presentalos no período académico entre a primeira e a segunda oportunidade, tendo como data límite o día anterior a fecha do exame oficial da segunda oportunidade.
A non realización da viaxe de prácticas conlevará suspender a materia, cunha nota máxima de 4,5, nos casos en que o alumno teña as outras partes aprobadas.
Sistema de avaliación- Competencias- Peso na cualificación
Exame escrito: Com04, Com09, H/D01, H/D06, H/D12, H/D16 (50%)
Prácticas: Com04, Com05, Com07, Com09, H/D01, H/D04, H/D06, H/D12 (30%)
Traballos entregados: Com04, Com05, Com07, Com09, H/D03, H/D06, H/D08, H/D11, H/D16, H/D18, H/D19 (20%)
Cada alumno/a cursa cada ano académico a totalidade da materia, polo que a avaliación para alumnos non matriculados por primeira vez é idéntica a establecida para os alumnos matriculados por primeira vez.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Os estudantes que teñan concedida a dispensa de asistencia nalgunha das actividades docentes programadas segundo o disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral, deben ter presente que para aprobar esta materia é obrigatoria a asistencia as actividades prácticas, tanto de laboratorio como de campo, sinaladas no horario de clases e programadas na Guía Docente, así como a proba escrita.
O tempo dedicado á asistencia presencial para as clases de expositiva é de 12 horas, para as clases de interactivas 12 horas, 2 horas de titorías e 49 horas de traballo persoal do alumno. Total 75 horas.
A asistencia a clase recoméndase que sexa dun xeito activo, participando no seu desenvolvemento. Así mesmo, é interesante facer uso das titorías, recorrer á bibliografía recomendada e participar nas prácticas e realizar os traballos prácticos.
Tomas Serafin Cuesta Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- tomas.cuesta [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade