Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Adquisición de coñecementos axeitados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en sistemas produtivos das industrias agroalimentarias. O alumno adquirirá coñecementos básicos necesarios para deseñar e proxectar industrias agroalimentarias e intervir na xestión dos seus procesos produtivos, facendo énfase na xestión de calidade. Coñecemento dos equipos e sistemas destinados á automatización e control de procesos agroalimentarios
Marco legal e operacións de proceso das industrias agroalimentarias máis importantes. Xestión da calidade e trazabilidade dos produtos agroalimentarios. Deseño de industrias agroalimentarias. Áreas, fluxos de materiais e enerxía, materiais construtivos e acabados. Deseño hixiénico. Equipos e instalacións auxiliares. Automatización e control de procesos agroalimentarios
PROGRAMA DE TEORÍA (24 horas)
Parte I (16 horas)
Marco legal e operacións de proceso das industrias agroalimentarias.
Matadoiros
Industrias cárnicas
Industrias hortofrutícolas
Fábricas de pensos
Industrias lácteas
Parte II (8 horas)
Deseño de industrias agroalimentarias.
Normativa de hixiene.
Calidade, rastrexabilidade e lotaxe de produtos agroalimentarios.
Materiais de rematado das industrias agroalimentarias.
Instalacións auxiliares
Automatización e control de procesos agroalimentarios
PRÁCTICAS DE LABORATORIO E SEMINARIOS INTERACTIVOS (24 horas)
Nas prácticas e seminarios resolveranse casos prácticos de deseño de industrias agroalimentarias.
Ademais faranse 3 visitas ás industrias agroalimentarias máis representativas:
- Matadoiro, industria cárnica e secadoiro de xamóns.
- Industria para procesado de produtos hortofrutícolas e adega con D. O. Ribeira Sacra.
- Industria láctea de elaboración de queixos e fábrica de pensos.
Nas VISITAS A INDUSTRIAS aos alumnos, acompañados do persoal designado pola industria e do profesor da materia, se lles van gravando os procesos e as distintas partes das instalacións, a maquinaria e os materiais de acabado da industria, mentres as observan, ao ir pasando polas distintas salas.
As VISITAS son OBRIGATORIAS, se valoran na asistencia, e se avalían por formar parte dos coñecementos que se preguntan nos exames da asignatura.
TITORÍAS (3 horas)
Seguimento do desenvolvemento de traballos sobre casos prácticos e resolución de dúbidas.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- CENZANO, I. Nuevo manual de Industrias alimentarias. Ed. AMV Ediciones. Madrid (1.993).
- GARCIA-VAQUERO, E. AYUGA, F. Diseño y construcción de Industrias Agroalimentarias. Ed. Mundi-prensa, Madrid (1993).
- LÓPEZ, R, CASP, A, Tecnología de mataderos. Ed. Mundi-prensa. Madrid (2004)
- LÓPEZ, A. Diseño de industrias agroalimentarias. Ed. AMV Ediciones. Madrid (1990).
- TETRA PAK. Manual de industrias lácteas. Ed. Tetra Pak. Madrid (1.996).
- MADRID, A. Piensos y alimentos para animales. Ed. AMV ediciones. y Mundi-Prensa, Madrid (1.995).
- MELGAREJO, P. Aislamiento, cálculo y construcción de cámaras frigoríficas. Ed. AMV. Ediciones. Madrid (1995).
- RODRÍGUEZ., E. Industrias de la alimentación. Ed. Bellisco. Madrid (1.990).
- SÁNCHEZ, M. T. Procesos de elaboración de alimentos y bebidas. Ed. AMV Ediciones Madrid. (2003).
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- ALFA LAVAL. Manual de industrias lácteas. Ed. AMV. Ediciones. Madrid (1.990).
- ARTHEY, D. Procesado de hortalizas. Ed. Acribia. Zaragoza (1.992).
- ARTHEY, D. Procesado de frutas. Ed. Acribia. Zaragoza (1.997).
- HERRERO, A. Conservación de frutos. Ed. Mundi-prensa. Madrid (1.992).
- LÓPEZ, A. Las instalaciones frigoríficas en la industria alimentaria. Ed. AMV Ediciones. Madrid (1994).
- MADRID, A. Curso de industrias lácteas. Ed. AMV Ediciones. Madrid (1.996).
- RIVERA, L. M. 2016. Gestión de la Calidad Agroalimentaria. Antonio Madrid Vicente
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CG1 - Capacidade para planificar, organizar, dirixir e controlar os sistemas e procesos produtivos desenvolvidos no sector agrario e a industria agroalimentaria, nun marco que garanta a competitividade das empresas sen esquecer a protección e conservación do medio e a mellora e desenvolvemento sostible do medio rural.
CG7 - Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou ámbitos cambiantes.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
Estas competencias adquírense conxuntamente con outras materias.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE14 - Coñecementos axeitados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en sistemas produtivos das industrias agroalimentarias.
CE15 - Coñecementos axeitados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en equipos e sistemas destinados á automatización e control de procesos agroalimentarios.
CE16 - Coñecementos axeitados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en xestión da calidade e da seguridade alimentaria, análise de alimentos e rastrexabilidade.
Haberá docencia expositiva (teoría), interactiva (prácticas e traballo en grupo), e tutorías presenciais. Completarase con apoio virtual á docencia usando Microsoft Teams e Moodle, así como co correo electrónico oficial e grupos de WhatsApp informáis.
Docencia expositiva (presencial): Clases teóricas nas que se desenvolverán os temas do programa e aclaración de dúbidas sobre os conceptos explicados. (Competencias CG1, CG7, CE14, CE15, CE16)
Docencia interactiva (presencial): Prácticas de laboratorio e seminarios para realización de exercicios prácticos e resolución de dúbidas en grupo. Realización de viaxes de prácticas para visitar as industrias agroalimentarias máis representativas (Competencias CB7, CT3, CT12, CE14, CE15, CE16)
Titorías
Usaranse para orientar aos alumnos e resolver as dúbidas persoais. As tutorías presenciáis programadas terán lugar de forma síncrona. As individuais e de apoio aos grupos de traballo realizaranse de forma asíncrona, de forma presencial, utilizando os foros do aula virtual, ou por calquera outro medio virtual adecuado (correo electrónico ou Microsoft Teams).
- Teoría: (50 % da nota). Os exames consistirán en probas oráis ou escritas sobre o programa teórico con preguntas curtas, de tipo test e problemas. (Competencias CG1, CG7, CE14, CE15, CE16)
- Prácticas: (50 % da nota) mediante avaliación das entregas dos traballos e exercicios prácticos propostos. A memoria de prácticas pode substituírse por un traballo individual. (Competencias CB7, CT3, CT12, CE14, CE15, CE16)
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA E ALUMNOS REPETIDORES
Estes criterios manteranse para a convocatoria extraordinaria de xullo e para os alumnos repetidores.
REALIZACIÓN FRAUDULENTA DE EXERCICIOS OU PROBAS
A realización fraudulenta de calquera exercicio ou proba requirida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de obras plaxiadas ou obtidas de fontes accesibles ao público sen reelaboración nin reinterpretación, e sen citar os autores das fontes. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o disposto na “Normativa de avaliación do rendemento académico do alumnado e revisión de cualificacións”.
TOTAL TEMPO DE ESTUDO E TRABALLO PERSOAL: 150 horas
Enrique Rafael Arbones Maciñeira
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- enrique.arbones [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade