Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.5 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Coñecer, comprender e utilizar os principios de equipos e maquinarias auxiliares da industria agroalimentaria. Automatización e control de procesos.
Equipos de procesado de alimentos: materiais, deseño higiénico, acabados. Transmisións mecánicas. Oleohidráulica. Ventiladores. Compresores. Neumática: uso en automatización e control. Tuberías, válvulas e accesorios. Uso en automatización e regulación de procesos. Elementos, cálculo, regulación e control das instalacións de aire a presión e fornezo de combustibles na Industria Agroalimentaria. Combustión e eliminación de fumes. Eficiencia energética nas Industrias Agroalimentarias. Sistemas de coxeneración.
PROGRAMA DE TEORÍA (18 horas)
PARTE 1.- Medios mecánicos utilizados na industria agroalimentaria (6 horas, repartidas por igual entre os distintos temas)
Tema 1.1.- Motores eléctricos na IA. Tipos, prestacións e usos na IA (asíncrono, universal, paso a paso). Curvas características. Selección
Tema 1.2.- Transmisións mecánicas. Eixos e suxeición. Engrenaxes, cadeas, correas, biela- manivela e levas. Exemplos prácticos de uso nos equipos da IA.
Tema 1.3.- Variación da velocidade de traballo de elementos de equipos na IA. Exemplos. Redutores de revolucións. Axustes de caudais temperaturas e tempos en tratamentos térmico.
Tema 1.4.- Transmisións mediante fluídos. Oleohidráulica e pneumática. Importancia e aplicacións na IA. Elementos: actuadores, fluído a presión, válvulas (seguridade, vías, caudal e lóxicas, accionamento). Importancia na automatización
PARTE 2.- Equipos de procesado de alimentos (9 horas, repartidas por igual entre os distintos temas)
Tema 2.1.- Normativa, materiais, deseño hixiénico e acabado de equipos na IA
Tema 2.2.- Transporte de sólidos: cintas transportadoras, transportadores de sinfin e rosca, transportadores de cadea, elevadores, transporte mediante auga e pneumático. Distribuidores. Silos
Tema 2.3.- Manexo de líquidos alimentarios I. Impulsión. Bombas de uso alimentario, efectos sobre o fluído e aplicacións. Bombas centrífugas, anel líquido, rotor lobulado e rotor elíptico, parafuso excéntrico, de pistón, diafragma
Tema 2.4.- Manexo de líquidos alimentarios II. Transporte. Tubaxes, accesorios e normas. Tipos de válvulas para o transporte de fluídos alimentarios, accionamento e aplicacións: peche, desvío, asento, bolboreta, antirretorno, modulantes. Sistemas de válvulas
Tema 2.5.- Manexo de líquidos alimentarios III. Almacenamento. Tipos de depósitos, materiais e usos na IA: recepción, almacenamento, lanzamento, tratamentos, normalización e mestura, depósitos asépticos, fermentadores. Materiais deseño, disposición, situación e acabados. Elementos: axitadores, bocas de limpeza, sensores de temperatura, niveis, siemprellenos, sistemas de axitación, illamento térmico, quecemento e refrixeración, sistemas de limpeza CIP
Tema 2.6.- Equipos de tratamento térmico. Fornos: aplicacións (repostería, galleteros, cocción de produtos cárnicos), constitución e tipos (de carros, pisos, rotativos, convección, túnel). Marmitas de cocción: aplicacións, elementos, moldes, carga e descarga. Intercambiadores: constitución, tipos (placas, tubulares, superficie rascada) e aplicacións.
Tema 2.7.- Muíños e trituradores: función e aplicacións (elaboración de pulpa, picadoras, moenda); tipos (rodetes, martelos, de disco, gravitatorios). Rebanadoras, cortadoras e ralladoras. Prensas: constitución e tipos (parafuso sen fin, hidráulicas, pneumáticas, continuas, de bandas); aplicacións (enoloxía, quesería, granuladoras, extrusionadoras, laminadoras, tratamento de residuos).
Tema 2.8.- Mesturadoras e amasadoras: constitución e tipos (espiral, de brazos, eixo oblicuo, continuas); aplicacións (panadería produtos cárnicos pensos). Centrífugas e decantadoras: principio de funcionamento e elementos constitutivos; aplicacións ( higienizadoras e desnatadoras, decantadoras de lodos).
Tema 2.9.- Dosificadoras: sistemas de dosificación de sólidos, líquidos e produtos viscosos. Envasadoras: aplicacións e tipos (sen carga, atmosfera inerte). Etiquetadoras. Embotelladoras e liñas de enjuagado, enchido, taponado e etiquetaxe. Etiquetadoras.
Tema 2.10.- Ensacadoras, encajonadoras, paletizadoras, enfardadoras
PARTE 3.- Elementos básicos e accesorios das instalacións complementarias das IA (6 horas, repartidas por igual entre os distintos temas)
Tema 3.1.- As instalacións complementarias das IA. Funcións e fluídos que empregan
Tema 3.2.- Compoñentes básicos das instalacións: recipientes, caldeiras, intercambiadores, bombas, compresores, ventiladores. Modelización e fundamentos do cálculo. Normativa aplicable.
Tema 3.3.- Tubaxes: materiais, unións, accesorios, traballos en tubos, disposición e fixación, illamento, protección contra a oxidación e corrosión electrolítica (protección catódica). Sistemas de condución apropiados a cada instalación.
Tema 3.4.- Válvulas e accesorios ( filtros, separadores, secadores, purgadores). Accionamento e usos na automatización e regulación de procesos agroindustriais
Tema 3.5.- Aplicación nas principais instalacións das IA: quecemento, refrixeración, aire a presión e subministración de combustibles.
Nota: este reparto das horas de teoría por temas é orientativo e poderá ser modificado polos profesores en función da marcha da materia, e as necesidades e preferencias dos alumnos.
PRÁCTICAS DE LABORATORIO E SEMINARIOS INTERACTIVOS (18 horas)
Nas prácticas mostraranse e utilizarán os equipos e instalacións tratados na materia. Nelas propoñeranse casos prácticos comentando e resolvendo algúns en sesións con formato de tipo seminario con enfoque participativo
Faranse visitas ás industrias agroalimentarias máis representativas:
Matadoiro, industria cárnica e secadero de xamóns
Industria para procesado de produtos hortofrutícolas (castañas) e adega de viños con D. O. Ribeira Sacra.
Industria láctea de elaboración de queixos e fábrica de pensos
Nas VISITAS A INDUSTRIAS ós alumnos, acompañados do persoal designado pola industria e dos profesores da materia, vánselles recordando os procesos e as distintas partes das instalacións, a maquinaria e os materiais de acabado da industria, mentres as observan, ao ir pasando polas distintas salas.
As VISITAS son OBLIGATORIAS, valóranse na asistencia, e se evalúan por formar parte dos coñecementos que se preguntan nos exames da asignatura.
De forma aproximada as PRÁCTICAS de laboratorio e os seminarios interactivos terán a seguinte DISTRIBUCIÓN HORAS:
Medios mecánicos empregados na industria agroalimentaria (6 horas, repartidas por igual entre os distintos temas)
Equipos de procesamento de alimentos (6 horas, repartidas por igual entre os distintos temas)
Elementos e accesorios básicos das instalacións complementarias das IA (6 horas, repartidas por igual entre os distintos temas)
TITORÍAS (2 horas)
Seguimento do desenvolvemento de traballos e resolución de dúbidas
TRABALLO INDIVIDUAL OU EN GRUPO FÓRA DA AULA (74,5 horas)
De forma aproximada O TRABALLO PERSOAL farase co seguinte REPARTO:
Medios mecánicos empregados na industria agroalimentaria (24,5 horas, repartidas por igual entre os distintos temas)
Equipos de procesamento de alimentos (25 horas, repartidas por igual entre os distintos temas)
Elementos e accesorios básicos das instalacións complementarias das IA (25 horas, repartidas por igual entre os distintos temas)
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA.
Aula virtual: apuntes, videos E links ddeixados no Campus Virtual.
-ALFA LAVAL. Manual de industrias lácteas. Ed. AMV. Madrid
ATLAS COPCO AIR POWER NV. Manual de Aire Comprimido. ISBN: 9789081535816
CARNICER, E. Aire comprimido. Teoría y cálculo de las instalaciones. Ed. Paraninfo. ISBN 84-283-1813-1
CARNICER, E. y MAINAR, C. Oleohidráulica. Conceptos básicos. Ed. Paraninfo. ISBN: 84-283-2438-7
GARCIA-VAQUERO, E. AYUGA, F. Diseño y construcción de Industrias Agroalimentarias. Ed. Mundi P. Madrid
MORAN, M.J. y SHAPIRO, H. N. Fundamentos de Termodinámica Técnica. Ed. Reverté. Barcelona, España.
SÁNCHEZ, M. T. Procesos de elaboración de alimentos y bebidas. Ed. AMV. Madrid
SERRANO, A. Oleohidráulica. Ed: McGraw Hill. ISBN: 84-481-3527-X
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA.
DE GROOT, J. P. Tecnología de los circuitos hidráulicos. Editorial CEAC. ISBN: 84-329-1113-5
HERRERO, A. Conservación de frutos. Ed. Mundi-P. Madrid
LÓPEZ, A. Las instalaciones frigoríficas en la industria alimentaria. Ed. AMV. Madrid
MADRID, A. Curso de industrias lácteas. Ed. AMV. Madrid
MADRID, A. Piensos y alimentos para animales. Ed. AMV y Mundi-P. Madrid
MANNESMANN REXROTH PNEUMATIK GmbH. Neumática Básica. Training neumático. Compendio 1. ISBN: 3-8023-0291-5
RD 1495/1991. Disposiciones de aplicación de la Directiva del Consejo de las Comunidades Europeas 87/404/CEE, sobre recipientes a presión simples
RD 2085/1994 por el que se aprueba el Reglamento de Instalaciones Petrolíferas.
RD 769/1999 por el que se dictan las disposiciones de aplicación de la Directiva del Parlamento Europeo y del Consejo, 97/23/CE, relativa a los equipos de presión.
RD 919/2006, por el que se aprueba el Reglamento técnico de distribución y utilización de combustibles gaseosos y sus instrucciones técnicas complementarias
RD 2060/2008, por el que se aprueba el Reglamento de equipos a presión y sus instrucciones técnicas complementarias
REAL DECRETO 552/2019 por el que se aprueban el Reglamento de seguridad para instalaciones frigoríficas y sus instrucciones técnicas complementarias (B.O.E. 24.10.2019).
RODRÍGUEZ, E. Industrias de la alimentación. Ed. Bellisco. Madrid
SERRANO, A. Neumática. Ed. Paraninfo. ISBN: 84-283-2275-9
VICKERS. Curso de diseño de circuitos hidráulicos.
VICKERS. Manual de Oleohidráulica Industrial. ISBN: 84-7031-537-4
Competencias básicas e xerais.
CB4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CG1 - Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou contornas cambiantes.
CG3.- Capacidade de liderado, comunicación e transmisión de coñecementos, habilidades e destrezas nos ámbitos sociais de actuación.
CG4 – Capacidade para a procura e utilización da normativa e regulamentación relativa ao seu ámbito de aplicación.
Competencias transversais
CT1.- Capacidade de análise e síntese.
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4.- Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva..
CT5.- Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT7.- Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Competencias específicas
CEG1.- Capacidade para a preparación previa, concepción, redacción e firma de proxectos que teñan por obxecto a construción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe ou explotación de bens mobles ou inmuebles que pola súa natureza e características queden comprendidos na técnica propia da produción agrícola e ganadera (instalacións ou edificaciones, explotacións, infraestructuras e vías rurales), a industria agroalimentaria (industrias extractivas, fermentativas, lácteas, conserveras, hortofrutícolas, cárnicas, pesqueras, de salgaduras e, en xeral, calquera outra dedicada á elaboración e/ou transformación, conservación, manipulación e distribución de produtos alimentarios) e a jardinería e o paisajismo (espazos verdes urbanos e/ou rurales -parques, xardíns, viveros, arbolado urbano, etc.-, instalacións deportivas públicas ou privadas e contornas sometidas a recuperación paisaxística).
CEG2.– Coñecemento adecuado dos problemas físicos, as tecnoloxías, maquinaria e sistemas de subministración hídrica e enerxética, os límites impostos por factores orzamentarios e normativa construtiva, e as relacións entre as instalacións ou edificacións e explotacións agrarias, as industrias agroalimentarias e os espazos relacionados coa xardinería e o paisajismo coa súa contorna social e ambiental, así como a necesidade de relacionar aqueles e esa contorna coas necesidades humanas e de preservación do medio ambiente.
CEG3.- Capacidade para dirixir a ejecución de óbralas obxecto dos proxectos relativos a industrias agroalimentarias, explotacións agrarias e espazos verdes e os seus edificaciones, infraestructuras e instalacións, a prevención de riscos asociados a esa ejecución e a dirección de equipos multidisciplinares e xestión de recursos humanos, de conformidad con criterios deontológicos.
CEG4.- Capacidade para a redacción e firma de medicións, segregaciones, parcelaciones, valoracións e tasaciones dentro do medio rural, a técnica propia da industria agroalimentaria e os espazos relacionados coa jardinería e o paisajismo, teñan ou non carácter de informes periciales para órganos xudiciais ou administrativos, e con independencia do uso ao que este destinado o ben moble ou inmueble obxecto das mesmas.
CEG5.- Capacidade para a redacción e firma de estudos de desenvolvemento rural, de impacto ambiental e de xestión de residuos das industrias agroalimentarias, explotacións agrícolas e ganaderas, e espazos relacionados coa jardinería e o paisajismo.
CR8.- Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios de xestión e aprovechamiento de subproductos agroindustriais.
IA2.- Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da Enxeñería das industrias agroalimentarias: Equipos e maquinarias auxiliares da industria agroalimentaria. Automatización e control de procesos. Enxeñería das obras e instalacións. Construcións agroindustriais. Xestión e aproveitamento de residuos.
Nota: estas competencias adquírense conxuntamente cursando outras materias da titulación.
Haberá docencia expositiva (teoría), interactiva (prácticas e traballo en grupo), e tutorías presenciais. Completarase con apoio virtual á docencia usando Microsoft Teams e Moodle, así como co correo electrónico oficial e grupos de WhatsApp informáis.
DOCENCIA EXPOSITIVA (teoría)
Se impartirá mediante clases teóricas presenciais nas que se desenvolverán os temas do programa. Os alumnos realizarán cuestionarios e aclararanse dúbidas sobre os conceptos explicados utilizando foros. Para iso usarase Microsoft Teams e a aula virtual. (Competencias CG1, CG4, CT1, CT3, CEG1, CEG2, CEG3, CEG4, CEG5, CR8, IA2).
DOCENCIA INTERACTIVA (prácticas e traballo en grupo)
Nela os alumnos traballarán tanto individualmente como en grupo, e de forma presencial con apoio virtual. Haberá seminarios, realizaranse exercicios, e elaboraranse e expoñerán varios traballos prácticos relacionados cos contidos da materia. Os seminarios, a explicación das tarefas, a formación de grupos de prácticas, a realización de parte do traballo, e as exposicións e postas en común no pleno faranse en sesións presenciais de forma síncrona. Moodle utilizarase como apoio para proporcionar información, resolver dúbidas, guiar e monitorizar o progreso da ejecución das tarefas principais, e realizar entregas e evaluarlas. Cada grupo terá plena liberdade para organizar os seus traballos, debendo respectar en todo caso os fitos que se establezan, especialmente as datas das entregas. Para que a distribución da carga de traballo no tempo sexa uniforme se coordinará coa docencia expositiva, e alternaranse as lecturas, procuras, realización de cuestionarios, eventos de monitorización de tarefas e as presentacións públicas dos traballos. (Competencias CB4, CG3, CG4, CT1, CT4, CT5, CT7, CT12, CEG1, IA2).
TITORÍAS
Usaranse para orientar aos alumnos e resolver as dúbidas persoais. As tutorías presenciáis programadas terán lugar de forma síncrona. As individuais e de apoio aos grupos de traballo realizaranse de forma asíncrona, de forma presencial, utilizando os foros do aula virtual, ou por calquera outro medio virtual adecuado (correo electrónico ou Microsoft Teams).
TEORÍA: (50% da nota). Ó longo do curso faranse varios exames teórico-prácticos que consistirán en probas oráis ou escritas con preguntas cortas, de tipo test e problemas. (Competencias CG1, CG4, CT1, CT3, CEG1, CEG2, CEG3, CEG4, CEG5, CR8, IA2).
SEMINARIOS E PRÁCTICAS: (35% da nota) mediante avaliación das entregas dos traballos propostos, tanto individuais como en grupo. Para aprobar a materia é obligatorio facer máis do 80% dos traballos prácticos que se propoñan ao alumno durante o curso. No caso das actividades de grupo, para asegurar que todos contribúen adecuadamente a realizar os traballos, os profesores poderán reservar ata un 30% da puntuación dos traballos correspondentes para evaluar individualmente e de forma subjetiva a actitude, disposición ao traballo e contribucións de cada alumno. (Competencias CB4, CG3, CT1, CG4, CT1, CT4, CT5, CT7, CT12, CEG1, IA2).
ASISTENCIA: (15% da nota).
CONTINUIDADE DA EVALUACIÓN
A realización de exames parciais de teoría e problemas e a distribución das entregas dos traballos prácticos ao longo do curso, xunto coa valoración da asistencia aseguran unha porcentaxe de avaliación continua superior ao 50%.
Os alumnos que non poidan seguir con éxito a materia por curso deberán presentarse ao exame final da materia. Este exame constará dunha parte teórica e outra de resolución de problemas relacionados coas prácticas. Cada parte puntuará un 50% do total da nota e non se lles computará a nota por asistencia.
DISPENSA DA ASISTENCIA
Os alumnos con dispensa de asistencia deberán presentarse ao exame final da materia. Este exame constará dunha parte teórica e outra de resolución de problemas relacionados coas prácticas. Cada parte puntuará un 50% do total da nota e non se lles computará a nota por asistencia.
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA E ALUMNOS REPETIDORES
Estes criterios manteranse para a convocatoria extraordinaria de xullo e para os alumnos repetidores.
REALIZACIÓN FRAUDULENTA DE EXERCICIOS OU PROBAS
A realización fraudulenta de calquera exercicio ou proba requirida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de obras plaxiadas ou obtidas de fontes accesibles ao público sen reelaboración nin reinterpretación, e sen citar os autores das fontes. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o disposto na “Normativa de avaliación do rendemento académico do alumnado e revisión de cualificacións”.
TRABALLO PRESENCIAL EN AULA (40 horas)
Docencia expositiva en grupo de ata 80 alumnos: 18
Docencia interactiva en grupos de 20 alumnos: 18
Titorías en grupos de 10 alumnos: 2
Actividades de avaliación: 2
TOTAL TRABALLO EN AULA: 40
TRABALLO INDIVIDUAL OU EN GRUPO (74,5 horas)
De forma aproximada O TRABALLO PERSOAL farase co seguinte REPARTO:
Medios mecánicos empregados na industria agroalimentaria (24,5 horas, repartidas por igual entre os distintos temas)
Equipos de procesamento de alimentos (25 horas, repartidas por igual entre os distintos temas)
Elementos e accesorios básicos das instalacións complementarias das IA (25 horas, repartidas por igual entre os distintos temas)
TOTAL TRABALLO INDIVIDUAL OU EN GRUPO: 74,5
Recoméndase asistir a todas as actividades docentes, xa sexan presenciais ou virtuais, pois nelas proporciónase gran cantidade de información dispersa e en continua evolución, da que non existe bibliografía actualizada. Por iso usarase como base os temas e a información deixada na aula virtual polos profesores, así como a xerada polos alumnos traballando en grupo. Ademais recoméndase consultar a bibliografía antes indicada, así como calquera outra relacionada cos temas a tratar, xa sexa en formato papel ou electrónico.
Gran parte das competencias da materia só se poden adquirir na práctica, polo que é obligatorio facer polo menos o 80% dos traballos prácticos que se propoñan ao alumno durante o curso.
Recoméndase así mesmo facer uso frecuente das tutorías polos medios dispoñibles para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia.
Maximo Antonio Dugo Paton
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Teléfono
- 982823213
- Correo electrónico
- maximo.dugo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Julio Gomez Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- julio.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Enrique Rafael Arbones Maciñeira
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- enrique.arbones [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 4 (Aulario 1) |
Xoves | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 4 (Aulario 1) |
19:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 4 (Aulario 1) |
14.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 (Aulario 2) |
19.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 (Aulario 1) |