Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Proporcionar ao alumno coñecemento en:
- Propagación de plantas.
- Organización e xestión da produción viverística.
- Control de calidade na produción de material de vivero. Identidade varietal e rexistro varietal.
- Recursos xenéticos agrícolas e a súa conservación.
- Preparación do material de partida.
- A selección de plantas de interese agrícola.
- Proxectos de investigación de cara á obtención de material vexetal de reprodución usando a biotecnoloxía.
Contidos Memoria Verificada de Título
Propagación de plantas. Organización e xestión da produción viverística. Control de calidade na produción de plantas de viveiro. Identidade varietal e rexistro de variedades. Recursos xenéticos agrícolas e a súa conservación. Obtención do material de partida. A selección de material vexetal de interese agrícola. Proxectos de investigación orientados á obtención de material vexetal a partir da mellora xenética utilizando a biotecnoloxía.
Temario (h P: horas presenciais; h NP: horas non presenciais)
1. Propagación vegetal: propagación sexual o por sementes, propagación clonal (enxerto, estacaxe, porbaixa e cultivo in vitro). Organización e xestión da produción en viveiro.(3 h P; 9 h NP)
1.1. Definicións: clon, variedade, cultivar, ...
1.2. Clasificación dos métodos de propagación.
1.3. Propagación por sementes. Tipos de sementes. Tratamentos. Sementeira.
1.4. Propagación clonal: Enxerto. Tipos Periodos de realización.
1.4. Propagación clonal: Estacas. Tipos. Preparación da planta nai para producir estacas. Aplicación de hormonas. Realización. Aclimatación.
1.4. Propagación clonal: Acodo. Tipos. Métodos. Aplicación de hormonas. Bandeado. Reforzo.
1.4. Propagación clonal: In vitro. Métodos. Plantas nai. Aclimatación. Reforzo.
1.5. Organización e xestión da produción en viveiro. Tipos de viveiro. Instalacións. Plantas nai. Distribución das especies. Xestión da produción.
2. Control de calidade da produción en viveiro. Categorías. Certificación. pasaporte. Identidade varietal. Rexistro de variedades. (1 h P; 2 h NP)
2.1. Lexislación
2.2. Conceptos
2.3. Organizacións implicadas
3. Recursos xenéticos na agricultura: conservación in situ e ex situ (Bancos de Xermoplasma).(2 h P; 6 h NP)
3.1. Obxectivos da conservación dos recursos xenéticos. Cales deben conservarse? Diversidade dos recursos xenéticos.
3.2. Conservación in situ e ex situ. Tipos de Bancos de Xermoplasma. Organizacións Nacionais e Internacionais. Exemplos.
4. Obtención do material: Selección de material de interés agronómico: seleccións tradicionais. Hibridación controlada e mutación. Transformación xenética. (3 h P; 9 h NP)
4.1. Obtención do material de partida. cabeza de clon e material de reserva.
4.2.Selección masal e dirixida.
4.3.Hibridación controlada e mutación. Importancia destas técnicas no desenvolvemento de novas variedades. Exemplos
4.4. Tranformación xenética. Metodoloxía. Importancia da técnica en produción agronómica. Exemplos.
5. Proxectos de investigación orientados á obtención de material vexetal mediante mellora usando biotecnoloxía (3 h P; 9 h NP)
5.1. Redacción de proxectos de Investigación. Tipos principais de convocatorias. Estrutura do proxecto.
5.2. Obxectivos da mellora. Enfoque de escenarios. Resistencia a pragas e doenzas. Rasgos agronómicos mellorados. Caracteres cuantitativos e cualitativos. Variabilidade adaptativa.
5.3. Mellora por autopolinización e polinización cruzada. Exemplos de interés para Galicia
5.4. Aplicación de marcadores moleculares. Marcadores moleculares na mellora. Selección asistida por marcadores.
Traballos individuais:
Propagación in vitro (en inglés) (5 h NP)
Programas de mellora vexetal (en inglés) (5h NP)
Básica
Badenes, M.L.; Byrne, D.H. 2012. Fruit breeding / Springer Series “Handbook of Plant Breeding” (M.L. Badenes and D. Byrne eds.), XVI, Springer, 875 pp.
Jack Brown Peter D.S. Caligari. 2008. An Introduction to Plant Breeding. Blackwell Publishing. ISBN: 978-1-4051-3344-9
Michael A. Dirr (Autor), Charles W. Heuser (Autor). 2009. Reference Manual of Woody Plant Propagation: From Seed to Tissue Culture. Timber Press; Edición: 2nd edition (5 de enero de 2009)
ISBN-10: 1604690046. ISBN-13: 978-1604690040
Sansavini, S., Costa, G., Gucci, R., Inglese, P., Ramina, A., Xiloyannis, C., and Desjardins,Y., eds. (2019). Principles of Modern Fruit Science (Leuven, Belgium: ISHS), pp.421. ISBN 978-94-6261-204-4.
Complementaria
Bradshaw, J.E. 2010. Root and Tuber Crops Series: Handbook of Plant Breeding, Vol. 7
Hallauer, Arnel R., Carena, Marcelo J., Miranda Filho, J.B. 2010. Quantitative Genetics in Maize Breeding. Series: Handbook of Plant Breeding, Vol. 6
Boller, Beat; Posselt, Ulrich K.; Veronesi, Fabio. 2010. Fodder Crops and Amenity Grasses. Series: Handbook of Plant Breeding, Vol. 5
Vollmann, Johann; Rajcan, Istvan 2010. Oil Crops. Series: Handbook of Plant Breeding, Vol. 4
Carena, Marcelo J. (Ed.)2009. Cereals. Series: Handbook of Plant Breeding, Vol. 3
Prohens-Tomás, Jaime; Nuez, Fernando (Eds.)2008. Vegetables II Fabaceae, Liliaceae, Solanaceae, and Umbelliferae. Series: Handbook of Plant Breeding, Vol. 2
Prohens-Tomás, Jaime; Nuez, Fernando (Eds.)2008. Vegetables I. Asteraceae, Brassicaceae, Chenopodicaceae, and Cucurbitaceae. Series: Handbook of Plant Breeding, Vol. 1
Bruce Macdonald. 2006. Practical Woody Plant Propagation for Nursery Growers. Timber Press. ISBN-10: 0881928402. ISBN-13: 978-0881928402
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral ou da enxeñaría forestal en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias básicas, xerais e transversais:
CB9 - Que los estudiantes sepan comunicar sus conclusiones, y los conocimientos y razones últimas que las sustentan, a públicos especializados y no especializados de un modo claro y sin ambigüedades
CG5 - Capacidad para transmitir sus conocimientos y las conclusiones de sus estudios o informes, utilizando los medios que la tecnología de comunicaciones permita y teniendo en cuenta los conocimientos del público receptor.
CT1 - Capacidad de análisis y síntesis.
CT2 - Capacidad para el razonamiento y la argumentación.
Competencias específicas:
CE10 - Conocimientos adecuados y capacidad para desarrollar y aplicar tecnología propia en la gestión de proyectos de investigación y desarrollo de nuevas tecnologías aplicadas a los procesos productivos vegetales: biotecnología y mejora vegetal.
Materia en extinción no curso 2024/25 sen docencia presencial, polo que a metodoloxía de ensinanza se baseará na documentación aportada na aula virtual e a disponibilidade que ten o alumnado para a consulta de contidos nas tutorías individuais.
A proba final será presencial (avaliacións da 1ª e 2ª oportunidade) mediante a realización dun exame escrito -que inclúe os contidos teóricos - cuxa nota supón o 55% da cualificación global. A avaliación continua, esencialmente baseada nos traballos, representa o 45%.
Proba o probas, orales e/ou escritas (55%): CB9, CG5, CT1, CT2, CE10
Traballos entregados e/ou expostos (20%) + informes de prácticas e exercicios da Aula Virtual (25%): CB9, CG5, CT1, CT2, CE10
Cada unha das probas e traballos deben acadar unha nota mínima de 5,0.
O alumnado repetidor ou con dispensa de asistencia examinarase da totalidade dos contidos da materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nos traballos farase unha revisión de plaxio.
Materia en extinción no curso 2024/25 sen docencia presencial.
TOTAL HORAS DE TRABALLO DO ESTUDANTE: 75 HORAS
Aconséllase acudir á titorías para resolver as dúbidas relativas á materia. Os profesores da materia están dispoñibles para calquera consulta, previa cita
Materia en extinción no curso 2024/25, sen docencia pero con dereito á avaliación co sistema especificado para estudantes repetidores.
Santiago Pereira Lorenzo
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- santiago.pereira.lorenzo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Juan Luis Fernández Lorenzo
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- juanluis.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade