Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Dotar ao alumno da perspectiva necesaria para analizar eventos e procesos que teñen lugar sobre o territorio, ao permitir localizar cada evento na súa posición xeográfica. As novas tecnoloxías de información espacial proporcionan información precisa, detallada e rápida de gran utilidade para a avaliación e xestión de recursos.
Aplicación de novas tecnoloxías de información espacial (teledetección, fotogrametría e Sistemas de Información Xeográfica) á produción e análise de información xeo-espacial para a avaliación e xestión ambiental a diversas escalas, tanto local como rexional e global.
A memoria do título considera para esta materia os seguintes contidos:
Captura, tratamento, análise, interpretación, difusión e almacenamento da información xeográfica.
Teledetección: correccións e tratamentos dixitais da imaxe. Extracción, análise da información e visualización 3D.
Fotogrametría: fotogrametría aérea de baixa altitude. Técnicas de modelado 3D a partir de imaxes.
Aplicacións no ámbito da agroingeniería.
Estes contidos serán desenvolvidos de acordo cos seguintes:
Contidos teóricos (9 horas, 22 horas NP)
1.- Teledetección.(4 horas, 10 horas NP)
1.1- Introdución á teledetección. Aplicacións na agroenxeñería
1.2- Fundamentos de teledetección.
1.3- Plataformas e sensores.
1.4- Correccións xeométricas.
1.5 Tratamentos dixitais e extracción e análise da información. Visualización 3D
2.- Fotogrametría.(3 horas, 7 horas NP)
2.1- Fotogrametría aérea. Aplicacións na agroingeniería.
2.2- Fotogrametría aérea de baixa altitude. Uso de UAS.
2.3- Fotogrametría terrestre. Modelado 3D. Aplicacións na agroenxeñería.
3.- Os SIG. Captura, tratamento, almacenamento, organización, análise e interpretación, da información xeográfica.(1 hora, 2 horas NP )
Exposición de traballos (1 hora, 3 horas NP )
Contidos prácticos (12 horas, 27 horas NP)
I -Teledetección (5 horas, 18 horas NP)
1.- Descarga de software libre e imáxes SENTINEL-2 (0,5 horas)
2.- Tratamientos dixitais básicos (1 hora)
3.- Uso da calculadora ráster para obtención de índices. (1 horas)
4.- Uso de máscaras e recorte de imaxes (1 hora)
5.- Reproxección e Clasificacións da imaxen (1,5 horas)
II - Fotogrametría (4 horas, 9 horas NP)
- Modelado 3D. Virtualización tridimensional dun obxecto sinxelo e un obxecto libre ( 3 horas)
-Subida a Sketchfab e creación de código Qr ( 1 hora )
III.- Visita obligatoria o IET (Instituto de Estudos do Territorio), (3 horas)
Bibliografía básica
- FERNANDEZ GARCÍA, S; GIL DOCAMPO, M. L. Topografía y Geomática Básicas en Ingeniería. Ed. Bellisco. ISBN 978-84-92970-38-4,351 pp. Madrid. 2012
- GIL DOCAMPO, Mª L; ARMESTO GONZÁLEZ, J. Apuntes de teledetección. Ed.Unicopia. ISBN 84-89189-2. 53 pp. Lugo. 2002
- D. Liverman, E. F. Moran, R. R. Rindfuss & P. C. Stern (Eds.), People and Pixels: Linking Remote Sensing and Social Science. Washington, D. C.: National Academy Press, National Research Council. 1998.
- Schuckman, K. and O'Neil-Dunne, J. (2014). GEOG 883: Remote Sensing Image Analysis and Applications. The Pennsylvania State University. Retrieved January 4, 2015, from https:// www.e-education.psu.edu/geog883/
Bibliografía complementaria
- BOSQUE SENDRA, J. Sistemas de Información Geográfica. Ed. Rialp, Madrid 1997.
- Ferrer Torío, R y otros “Fotogrametría” ETSI de Caminos Canales y Puertos. Universidad de Cantabria.
- Chuvieco Salinero, E. “Teledetección ambiental” Ed Ariel Ciencia. 2006.
-López Cuervo, Serafín. “Fotogrametría” Ed Egraf. 1980
- Manzano Agugliaro, F. y otros. "Aplicaciones fotogramétricas y cartográficas en la ingeniería rural". Ed Universidad de Almería. 1999.
-Ortiz Sanz, L.; Gil Docampo, M L,; Rego Sanmartín, T. - Problemas resueltos de topografía y fotogrametría. Ed. Bellisco. 2003.
- Ortiz Ortiz, J.; GIL, M. L; MARTÍNEZ, S.; Rego, T.; Meijide, Gonzalo
A simple methodology for recording petroglyphs using low-cost digital image correlation photogrammetry and consumer-grade digital cameras”,JOURNAL OF ARCHAEOLOGICAL SCIENCE. V.37, 3158-3169 2010
- Jensen, J. R. Introductory Digital Image Processing: a Remote Sensing Perspective. Upper Saddle River: Prentice Hall.1996.
- Lillesand, T and Kiefer R. Remote Sensing and Image Interpretation. John Wiley and Sons. USA.1994.
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral ou da enxeñaría agronómica en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias básicas, xerais e transversais:
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CG4 - Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos para a solución de problemas formulados en situacións novas, analizando a información proveniente do ámbito e sintetizándoa de forma eficiente para facilitar o proceso de toma de decisións en empresas e organizacións profesionais do sector agroalimentario.
CG5 - Capacidade para transmitir os seus coñecementos e as conclusións dos seus estudos ou informes, utilizando os medios que a tecnoloxía de comunicacións permita e tendo en conta os coñecementos do público receptor.
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT7 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente
CT9 - Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
Competencias específicas:
CE Coñecementos adecuados e capacidade para desenrolar e aplicar tecnoloxía propia nas tecnoloxías de la información xeoespacial.
Os coñecementos e habilidades obteranse a través de:
- Clases expositivas (8 horas) se impartirán fundamentalmente mediante presentación oral con power point. (Competencias traballadas CB6)
- Os alumnos deberán realizar un traballo obligatorio en inglés e presentalo en clase tamén en inglés mediante power point o similar (1 hora). (Competencias traballadas, CG5, CT7 e CT10)
- Se impartirán así mesmo 9 horas de prácticas con software específico. Levarase a cabo a aplicación de metodoloxías e técnicas vistas na teoría, con aplicación a exemplos concretos. O software a empregar será o de SNAP e Xeomática para teledetección e XIS respectivamente e Scann3D e Metashape entre outros. Os alumnos deberán realizar así mesmo unha memoria de prácticas individual. (Competencias traballadas CG4 , GG5, CT3, CT9)
- Se realizará una visita (3 horas) ó Instituto de Estudos do Territorio (IET) Obligatoria (Competencias traballadas, CE)
- Tutorías en grupo (3horas) nas que se tratará de resolver as dúbidas suscitadas na asignatura(Competencias traballadas CG4 e CT9)
Para a avaliación continua dos alumnos:
- A visita ou no seu caso, a entrega do informe sobre o IET terá lugar o rematar a parte de teledetección.
- A realización do traballo de grupo obrigatorio farase rematada a parte da materia de fotogrametría.
- A entrega do informe de prácticas farase ao final do curso.
Realizarase un exame final na data oficial fixada polo centro. A realización das prácticas é obrigatoria así como a entrega dunha memoria final de prácticas, a falta de entrega das mesma será causa de suspenso na materia. As prácticas aprobadas gardaranse para sucesivas convocatorias.
Será obligatorio así mesmo a realización dun traballo sobre o tema da materia que indique o profesor, así como a súa exposición oral en clase.
Para o cálculo da nota final é necesario que a proba escrita e o aproveitamento das prácticas sexa maior que 4.
Proba ou probas, orais e/ou escritas (30%): competencias CB6 e CE23
Aproveitamento das prácticas (50%): competencias CG4 e CT9
Visita ao IET (10%): competencias CE
Traballos entregados e/ou presentados. (10%): competencias GG5, CT3, CT7 e CT10.
O retraso na entrega das prácticas segundo a fecha prevista será penalizada cun 10% respecto da nota das mesmas.
O sistema descrito de avaliación será o empregado tanto na oportunidade ordinaria coma na extraordinaria de recuperación.
Ós alumnos repetidores se lles gardarán as prácticas e os traballos durante dous cursos consecutivos.
Os estudantes que teñan concedida dispensa de asistencia a algunha das actividades docentes programadas segundo o disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral, poderán estudar a materia empregando os recursos materiais proporcionados polo profesor no campus virtual, axudando coa bibliografía. básico . O traballo sobre o tema terá que facerse individualmente. Terán que realizar as prácticas de xeito independente e entregar a memoria final . A visita ao IET substituirase por un informe que explique o traballo realizado no campo da xeomática por dito organismo.
Respecto ó plaxio se seguirá o artigo 16 da Normativa de Avaliación do Rendemento Académico e Revisión de cualificación sobre o plaxio nas probas da USC
A materia consta de 3 créditos, iso supón unha carga total para o alumno de 75 horas.
Docencia expositiva en grupo de 40 alumnos 9
Docencia interactiva en grupo de 20 alumnos (laboratorio, aula de informática...) 12
Titorías en grupo de 10 alumnos 3
Actividades de avaliación 2
Outras (traballo en grupo)
TOTAL 1 26
Lectura e preparación de temas 16
Realización de exercicios 0
Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas 12
Elaboración de traballos de curso (en grupo ou individuais) 12
Preparación probas de avaliación 9
TOTAL 2 49
Para que participe activamente na formulación de dúbidas e inquietudes
"Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións” ” (artigo 16 da Resolución de 15/6/2011 da USC, DOG de 21/7/2011)".
María De La Luz Gil Docampo
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Correo electrónico
- ml.gil [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 18 (Pav.II-PPS) |
Martes | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula de Informática 3 (Pav.III) |
17.12.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 (Aulario 1) |
01.07.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 (Aulario 1) |