Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 12 Total: 25
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Preténdese que o alumno que cursou e superou esta materia teña capacidade para:
- Coñecer a importancia da madeira como materia prima renovable
- Identificar as dificultades e puntos críticos no deseño de industrias forestais
- Coñecer as ferramentas necesarias para acadar un deseño efectivo de industrias forestais
- Integrar os conceptos de calidade e seguridade e hixiene no deseño de industrias forestais
- Plasmar nun anteproxecto un modelo actualizado de industria forestal de primeira transformación
- Entender e detectar a problemática industrial que supón o abastecemento de madeira, os conceptos que interveñen nela e a súa manifestación a niveis global, rexional e local
- Traballar en equipo
A memoria del título contempla para esta materia os seguintes contidos:
• Localización e dimensionado de industrias forestais
• Xustificación de procesos
• Optimización de recursos: materia prima produto e aproveitamento de residuos
• Deseño e calidade: concepto de proxectos modulares evolutivos e ecodeseño
• Exemplos de deseño de produtos e/ou procesos
Que serán desenvoltos de acordo co seguinte temario:
TEMARIO DE TEORÍA.-
1. INDUSTRIA FORESTAL
- Panorama xeral do sector 1 hora
- Clasificación das industrias forestais 1 hora
- Caracterización das principais industrias 3 horas
- Actividades do graduado e do máster na actividade industrial forestal 1 hora
2. PLANIFICACIÓN DA INDUSTRIA FORESTAL (en Seminario)
- Planificación xeral dunha industria forestal 1 hora
- Elección do emprazamento 1 hora
- Superficies e edificacións segundo o tamaño e dispoñibilidade de equipos 1 hora
- Definición da man de obra mínima necesaria 1 hora
- Planificación das operacións a realizar nos diferentes tipos de industrias 1 hora
- Stock de materia prima e de produto elaborado 1 hora
3. DESEÑO: CONCEPTO E CONCEPTUALIZACIÓN
- Concepto xeral de deseño 0,5 horas
- Deseño xeral dunha industria forestal 0,5 horas
- Definición do concepto de capacidade de traballo 0,5 horas
- Análise económica da industria 0,5 horas
- Control de calidade da industria forestal 0,5 horas
- Seguridade na industria forestal 0,5 horas
4. DESEÑO APLICADO DE INDUSTRIAS FORESTAIS (I): INDUSTRIA DE SERRADO (en Seminario)
- Conceptos previos no deseño dun serradoiro 0,5 horas
- Descrición dos modelos base de serradoiros 0,5 horas
- Distribución da maquinaria, equipos e persoal nun serradoiro 0,5 horas
- Estudo económico dunha industria de serrado 0,5 horas
5. DESEÑO APLICADO DE INDUSTRIAS FORESTAIS (I): CALIDADE, SEGURIDADE E HIXIENE (en Seminario)
- Concepto de calidade 0,5 horas
- Concepto de seguridade e hixiene 0,5 horas
- Distribución en planta de conceptos 1 hora
- Deseño e calidade: concepto de proxectos modulares evolutivos 1 hora
- Exemplos de deseño de produtos e procesos 1 hora
TEMARIO DE PRÁCTICAS.-
Práctica nº 1. Análise da evolución do deseño dun produto derivado da industria forestal. 2 horas
Bibliografía básica
• 1. LA INDUSTRIA MADERERA – Brown-Bethel –Ed. Limusa, 1965.
• 2. TECHNICAL CRITERIA FOR THE SELECTION OF WOODWORKING MACHINES – United Nations Industrial Development Organization – Viena, 1991.
Bibliografía complementaria
• 3. ACABADOS DE LA MADERA. S. W. Gibbía. CEAC.
• 4. Manual de construcción de viviendas en madera, Centro de transferencia tecnológica, Corporación chilena de la madera CORMA, Chile
• 5. Tectónica: monografías de arquitectura, tecnología y construcción, varios números, ATC Ediciones, Madrid, 1996 a 2002
Publicacións electrónicas de consulta recomendada
• www.forestindustries.se
• www.auxitesa.com
• www.finnforest.com
• www.halfen.com
• www.holtza.es
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral ou da enxeñaría de montes en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias básicas:
Quen supere esta asignatura, conocerá:
- COM1-05. A tipoloxía de industrias forestais e as súas características
- COM1-06. A planificación e o deseño das industrias forestais
- COM1-07. A importancia do deseño a nivel de industria e de produto
- COM1-08. Os principios básicos do EcoDeseño e as súas implicacións na Xestión Forestal Sustentable
Ademáis, será capaz de:
- HAM1-06. Deseñar diferentes tipos de industrias forestais
- HAM1-07. Optimizar os recursos necesarios para a elaboración de produtos nas industrias forestais
Competencias específicas:
- CEM1-01. Capacidade para a redacción, dirección e execución de proxectos de industrias de desenvolvemento, aserrío e moble e para o aproveitamento de enerxías renovables.
- CEM1-02. Capacidade para a redacción, dirección e execución de proxectos de industrias de celulosa e papel, industrias de taboleiros de fibras, partículas e contrachapado e industrias de destilación da madeira.
- CEM1-03. Coñecemento e capacidade para proxectar e dimensionar instalacións de industrias e productos forestais.
Competencias xerais:
- CG03. Capacidade para proxectar, dirixir e xestionar industrias e instalacións forestais de primeira e sucesivas transformación
É competencia de todo educador proceder a unha elección lúcida entre os diferentes métodos pedagóxicos e os medios específicos que implican. A variedade e complexidade dos contidos a impartir na materia, así como a amplitude e diversidade dos obxectivos que se pretenden acadar mediante a súa docencia, poñen de manifesto a imposibilidade de utilizar un único método de ensino.
Dado o tamaño dos grupos de alumnos, pódese recorrer á lección maxistral como técnica de docencia nunha parte reducida do temario ó resultar máis axeitada e rápida para o desenrolo e exposición. Sen embargo é preciso utilizar tamén outros métodos e técnicas didácticas que favorezan a capacidade de análise e síntese do alumno.
Para que o alumno adquira os coñecementos que conforman a materia e satisfacen as competencias básicas, xerais, transversais e específicas citadas debese poñer á súa disposición toda a información necesaria, complementando as lecións maxistrais con técnicas que lle axuden ó docente a desempeñar con eficacia as súas tarefas, tal é o caso de seminarios e clases prácticas, titorías (en grupos e personais) e traballos individuais.
Ademáis, a materia integra un elemento moi importante como potencial tema de realización de Proxectos e Traballos Fin de Mestrado.
Para o idóneo desenrolo da docencia, utilizaranse recursos didácticos que serven para facilitarlle ó alumno a comprensión dos coñecementos, como bibliografía actualizada, pizarra, medios audiovisuais e visita de persoal profesional axeno á universidade.
Este é o reparto horario segundo tipoloxía das actividades:
Leccións maxistrais (expositivas de grupo grande): 11 horas
Actividades en seminarios (interactivos, con grupos reducidos): 12 horas
Titorías individuais: 3 horas
Actividades de avaliación: 3 horas
1. Méritos básicos non imputables na avaliación numérica
Asistencia a, polo menos, o 80% das clases presenciais (teóricas, titorías, seminarios e prácticas).
2. Méritos imputables na avaliación numérica
Os alumnos examinaranse da parte teórica da materia mediante un exame escrito que terá lugar nas datas aprobadas polo centro, e que será necesario aprobar para superar a materia. O exame constará dun conxunto de entre 10 e 15 preguntas curtas, moi concretas, con espazo limitado para a resposta e relacionadas co explicado en clase.
Por outra parte, elaborarán unha memoria na que analizarán a evolución do deseño dun produto derivado da industria forestal, remarcando aqueles aspectos de deseño do proceso e do produto, márketing e imaxe de marca que foron manexados na clase. Non se poderá aprobar a materia sen ter presentado correctamente esta memoria descritiva.
En resumo, a importancia na avaliación final da materia de cada un dos elementos comentados e a relación entre cada actividade avaliadora e as competencias definidas para a materia, plásmase no seguinte cadro:
Sistema de evaluación / Competencias avaliadas / Peso na calificación
Asistencia e participación / - / 10 %
Exame de preguntas obxectivas / COM1-05, COM1-06, COM1-07, COM1-08, HAM1-06, HAM1-07, CEM1- 01, CEM1- 02, CEM1- 03, CG03 / 80%
Traballo práctico / COM1-05, COM1-06, COM1-07, COM1-08, HAM1-06, HAM1-07, CEM1- 01, CEM1- 02, CEM1- 03, CG03 / 10%
Sen embargo o alumnado pode optar por redactar un traballo práctico mais amplo cun peso na avaliación do 90% e que evita ter que facer a proba escrita.
O alumnado que non superasen a materia na convocatoria ordinaria e teñan aprobado o traballo práctico, só terá que realizar o exame da convocatoria de xullo no caso de non optar por superar a materia só co traballo.
O estudantado que teña concedida dispensa de asistencia a algunha das actividades docentes programadas, segundo o disposto na Instrucción 1/2017 da Secretaría Xeral, deben ter en conta que, para aprobar esta materia, é obrigatoria a asistencia ás actividades prácticas sinaladas no horario e programadas na guía docente.
Respeto do plaxio e o uso indebido das tecnoloxías é importante destacar que, para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión das cualificacións.
Estímase que por cada hora de docencia teórica se necesitan ó redor de 1,5 horas de dedicación á materia, o que supón un total de, aproximadamente 24 horas. A isto sería necesario engadir un complemento de 24 horas para a preparación da memoria na que analizarán a evolución do deseño dun produto derivado da industria forestal.
- Lectura e preparación de temas 9 horas
- Preparación de probas de avaliación 15 horas
- Preparación da memoria de análise da evolución do deseño dun produto derivado da industria forestal 20 horas
- Viaxe de prácticas 4 horas
- Total horas de estudo e traballo persoal 48 horas
É dicir, son necesarias un total de 48 horas
Recoméndase a asistencia e a participación activa nas clases, así como as consultas das posibles dúbidas en titorías.
É importante completar os contidos explicados en clase mediante a consulta da bibliografía básica e complementaria, especialmente a lectura da bibliografía referente á próxima clase conforme ás indicacións do profesor. Ademais, vinculado con esa relación profesor – alumno, recoméndase consultar dúbidas durante o desenrolo da clase correspondente ou en titorías, para o que será necesario o repaso da materia explicada en clase e a elaboración dunha síntese esquemática.
A materia tamén utiliza a USC virtual: https://www.usc.gal/gl/campusvirtual
Pablo Vila Lameiro
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- pablo.vila.lameiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 20 (Pav.II-PPS) |
13.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario I (Pav.III) |
17.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario I (Pav.III) |