Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Poñer ao alumno en contacto coa tecnoloxía empregada no uso da biomasa de orixe forestal para a obtención de enerxía.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Sistemas de aproveitamento da biomasa forestal. Mecanización dos aproveitamentos de biomasa forestal. Loxística dos aproveitamentos de biomasa forestal. A biomasa como fonte de enerxía. Procesos de transformación da biomasa: térmicos, químicos e biolóxicos. Coxeración. Biocombustibles.
Estes contidos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario (horas presenciales - horas no presenciales:
1. Condicionantes da biomasa forestal para o seu aproveitamento (1 h. - 1.5 h.).
2. Maquinaria para acondicionar residuos forestais (5 h. - 7.5 h.).
3. Organización e avaliación da recollida mecanizada de residuos forestais (3 h. - 4.5 h.).
4. Materia prima da biomasa forestal (1 h. - 1.5 h.).
5. Utilización da biomasa forestal como fonte de enerxía (1 h. - 1.5 h.) .
6. Aproveitamento dos residuos silvícolas (1 h. - 1.5 h.).
7. Procesos de transformación da biomasa (2 h. - 3 h.).
8. Tecnoloxías de conversión térmica (3 h. - 4.5 h.).
9. Biocombustibles sólidos (2 h. - 3 h.).
10. Biocombustibles líquidos (1h - 1.5 h.).
11. Coxeración (1h - 1.5 h.).
Prácticas:
Fendedora: morfoloxía, funcionamento, mantemento (0.5 h. - 1 h.)
Suposto práctico de cadea completa de aproveitamento de residuos forestais (1 h. - 1.5 h.)
Dimensionado de caldeiras de vapo (0,5 h. - 1 h.)
Estudo de custos e de amortización de caldeiras (1 h. - 1.5 h.)
Básica:
Sebastian, F.; García Galindo, D. ; Rezeau, A. 2010. Energía de la biomasa. Prensas Universitarias de Zaragoza.
Velázquez Martí, Borja. 2006.Aprovechamiento de los residuos forestales para uso energético. Editorial UPV.
Nieto Ojeda, R. (Editor). Manual de Mecanización Forestal, 4ª Ed.
Complementaria:
Linares Hurtado, J.L. (ed.). 2009. Biomasa: estado actual y perspectiva inmediata.
U. Pontificia de Comillas. Asociación N. de Ingenieros del ICAI.
Alain Damien. 2010. La Biomasa. Fundamentos, Tecnologías y Aplicaciones. Mundi Prensa.
Obernberger, I., Theck, G. 2010. The pellet handbook : the production and thermal utilization of pellets. IEA Bioenegy.
Seoánez Calvo, M. 2013. Tratado de la biomasa : con especial incidencia sobre la biomasa como fuente energética. McGraw-Hill/Interamericana de España, D.L.
Brown, R. (ed.). 2011. Termochemical Processing of biomass. Vonversion into fuels, chemicals and power. Wiley.
Strezov, V.; Evans, T. (ed.). 2014. Biomass Processing Technologies CRC Press.
Martin, A.M., Owendw P.M.O., Holden N.M., Ward S.M. 2001. Designation of timber extraction routes in a GIS using road maintenance cost data. Forest Products Journal 51 (10), 32-38
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral ou da enxeñaría forestal en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias xerais:
• CG3. Capacidade para proxectar, dirixir e xestionar industrias e instalacións forestais de primeira e sucesivas transformacións.
• CG5. Capacidade para o desenvolvemento de técnicas e proxectos no campo das enerxías renovables.
Competencias transversais:
• CT1. Capacidade de análisis e síntesis.
• CT2. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
• CT3. Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
• CT4. Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
• CT5. Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada.
• CT6. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
• CT10. Utilización da información bibliográfica e de Internet.
• CT11. Utilización da información en lingua estranxeira.
• CT12. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Competencias específicas:
• CE1. Capacidade para a redacción, dirección e execución de proxectos de industrias de desenrolo, aserrío e moble e para o aproveitamento das enerxías renovables.
• CE3. Coñecementos axeitados e capacidade para proxectar e dimensionar instalacións de industrias e productos forestais.
O conxunto de actividades docentes a realizar polos estudantes clasificanse como segue:
1. Probas de avaliación: O alumno realizará probas escritas constituídas por cuestións e exercicios do conxunto de temas da materia. Nestas probas, avaliaranse tanto os coñecementos teóricos coma a resolución de problemas. CG3, CG5, CT1, CT6, CT10, CT11, CT12, CE1, CE3.
Para a realización das titorías e manter unha correcta comunicación por parte do alumnado entre si, e co docente, empregaríanse os medios do foro do Campus Virtual, de Ms Teams ou ben do correo electrónico.
2. Traballo non presencial (CT3, CT5, CT6, CT11, CE1)
Ao longo do curso, o alumno deberá preparar os seguintes traballos:
Un traballo para entregar ao final do curso sobre algún tema que propoñerá o profesor
Un traballo de revisión de artigos ou catálogos técnicos de máquinas forestais en lingua inglesa.
Probas escritas: avalían as competencias CG3, CG5, CT1, CT6, CT10, CT11, CT12, CE1, CE3. Contarán o 65% da cualificación. O alumno deberá obter como mínimo unha calificación de 5 (sobre 10).
Traballos entregados e/ou expostos: con eles avalíanse as competencias CG5, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT10, CT11. Terán un peso na cualificación do 35%. Se deberá obter unha calificación de a lo menos de 5 (sobre 10) .
Na oportunidade extraordinaria de recuperación, deberanse realizar as probas escritas e/ou traballos que non superasen a cualificación de aprobado na oportunidade ordinaria. En todo caso, manteríase o peso relativo de cada parte indicado no parágrafo anterior.
No caso de alumnos repetidores, o sistema de avaliación será idéntico ao anteriormente citado.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
PRESENCIAL (3.0 h.):
Exames e revisión: 3.0 h.
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO (72.0 h.):
Lectura e preparación de temas de teoría: 36.0
Lectura e preparación de clases interactivas: 15.0
Traballos: 11.0
Exames e revisión: 10.0
TOTAL: 75.0 h.
Recoméndase a asistencia regular ás clases e demais actividades, así como a realización das actividades propostas polo/os profesor/es.
Materia en extinción no curso 2024/25, sen docencia pero con dereito á avaliación co sistema especificado para estudantes repetidores.
Maximo Antonio Dugo Paton
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Teléfono
- 982823213
- Correo electrónico
- maximo.dugo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria