Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Poñer ao alcance dos futuros enxeñeiros un modelo e unhas técnicas de organización e xestión necesarios tanto para a súa aplicación na explotación directa no monte como nas empresas industriais derivadas.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Dirección económico-financeira da empresa forestal. Plan de empresa. Estrutura do mercado da madeira, dos seus elaborados industriais e doutros produtos forestais. Dirección comercial das empresas forestais. Comercio exterior. Fiscalidade no ámbito forestal.
Estes contidos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario. As horas indicadas para cada tema deben entenderse como unha aproximación:
Bloque 1. Dirección económico-financeira da empresa forestal. Plan de empresa (18 horas presenciais-2.25 ECTS)
1. A dinámica empresarial. Os novos modelos de coordinación e cooperación empresarial. (3 horas presenciais)
2. O sistema de financiamento na empresa: achegas dos socios; autofinanciamento; fontes de financiamento allea. (3 horas presenciais)
3. Bases e contido dun plan de empresa (6 horas presenciais)
4. Análise económica e financeira da empresa (4 horas presenciais)
5. Fiscalidade da empresa.(2 horas presenciais)
Bloque2. Estrutura do mercado da madeira dos seus elaborados industriais e de outros produtos forestais. (12 horas presenciais- 1.5 ECTS)
6. Estudo do contorno: a cadea da madeira, como conxunto de actividades integradas de produción de materias primas, elaboración e distribución. (4 horas presenciais)
7. Estrutura económica das unidades de produción primaria (4 horas presenciais)
8. Estrutura económica do sector da primeira e segunda transformación. (4 horas presenciais)
Bloque 3. Dirección comercial das empresas forestais. Comercio exterior (18 horas presenciais- 2.25 ECTS)
9. Marketing estratéxico na empresa da madeira. (5 horas presenciais)
10. Segmentación de mercados: obxectivos, criterios e límites. A información como base da segmentación. (6 horas presenciais)
11. O produto como obxecto de marketing. (5 horas presenciais)
12. Os mercados da madeira no entorno internacional. Incoterms. (2 horas)
PROGRAMA PRÁCTICO
PRÁCTICAS OBRIGATORIAS (Dentro das horas presenciais consignadas na distribución anterior por temas, considéranse as seguintes prácticas)
1. Análise económico e financeiro de empresas da madeira (2 horas presenciais)
2. Elaboración dun plan de empresa en cinco fases (4 horas presenciais)
OUTRAS PRÁCTICAS
3. PRÁCTICAS DE MERCADOS (12 horas presenciais)
4. ANÁLISIS DE CASOS DE MÁRKETING (4 horas presenciais)
5. Incoterms (2 horas)
Básica:
KOTLER, P. E ARMSTRONG (2013): Fundamentos de Marketing. Pearson, Mexico.
ALONSO SEBASTIÁN, R., 2008, Economía de la Empresa Agroalimentaria, Mundi Prensa, 392 pp
FERNÁNDEZ, X.A. e PRADA, A. (1996) “Estrutura y Tendencias del Sector Forestal”, en PAPELES DE ECONOMÍA ESPAÑOLA: Economía de las Comunidades Autónomas, nº 16, pp: 130-140.
Molero, R. M. (2003). La fiscalidad de los montes en España. Papeles de trabajo sobre medio ambiente y economía= Working papers on environment and economics, (2), 1-48.
VVAA (2016): Análise da Cadea Forestal-Madeira. Instituto Galego de Estatística. Xunta de Galicia
MEIXIDE VECINO, A (Dir). (2020) A Economía Galega. Informe 2019. AFundación-IDEGA.
Complementaria
GONZÁLEZ GURRIARÁN, J. FIGUEROA DORREGO, P. et al., 1999, La Cadena empresarial de la madera en Galicia: diagnóstico estratégico y propuestas de mejora de su competitividad,Instituto de Estudios Económicos de Galicia Pedro Barrié de la Maza, D.L., A Coruña .
MARTÍNEZ NUÑEZ Y DÍAZ BALTEIRO (2007) La Industria forestal en España. Aspectos productivos, organizativos y medioambientales. En Investigación Agraria: Sistemas y Recursos Forestales 2007 16(2), 182-196
PAPELES DE ECONOMÍA ESPAÑOLA: Economía de las Comunidades Autónomas, nº 16, pp: 130-140.
PRADA BLANCO, A. (1991): Montes e Industria. O circuito da Madeira en Galicia. Fundación Caixa Galicia, Vigo, 306 pp.
Vicente-Archie, J. I. (2003). La afección de bienes a la actividad forestal y sus consecuencias tributarias en la imposición directa (No. 1102-2016-90811, p. 183).
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral ou da enxeñaría forestal en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias básicas, xerais e transversais:
• CB6 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de seren orixinais no desenvolvemento e aplicación de ideas, a cotío nun contexto de investigación
• CB7 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
• CB8 Que os estudantes sexan quen de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuizos a partires dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais, e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuizos.
• CB9 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun xeito craro e sen ambigüedades
• CB10 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo
• CG1 - Capacidade para aplicar as técnicas de marketing e comercialización de produtos forestais
• CG3 - Capacidade para proxectar, dirixir e xestionar industrias e instalacións forestais de primeira e sucesivas transformacións
• CT1 Capacidade de análise e síntese
• CT2 Capacidade para o razoamento e a argumentación
• CT6. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible
• CT11 Utilización de información en lingua estranxeira
• CT12 Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos
Competencias específicas:
• CE12 Capacidade para analizar e diagnosticar o entorno e a propia empresa, elaboración e xestión de plans de negocio e realización de estudios de rendibilidade de investimentos forestais.
• CE14. Coñecemento das ferramentas para a análise económica e financeira e capacidade para a xestión dos recursos económicos
• CE15 Coñecemento das estratexias de marketing, estudios de mercado e políticas de distribución
Utilizaremos as seguintes ferramentas:
Leccións maxistrais participativas, seminarios e conferencias.(Competencias traballadas: CE12, CE14, CE15, CG1, CG3, CB8). A área de Economía Política e Socioloxía Agraria xunto co departamento de Historia Contemporánea organizará diversas xornadas de debate, nas que se reflexionará sobre os problemas e a situación actual do medio rural galego no que se enmarca o sector forestal. Estas xornadas constitúen unha práctica obrigatoria, polo que os contidos nelas tratados serán avaliados mediante o exame. Agárdase do alumnado que participe activamente nestas sesións de discusión activa.
Utilización de encerados clásicos. Utilización da aula virtual. (Competencias traballadas: CE12, CE14, CE15, CG1, CG3,CB10)
Resolución de problemas. (Competencias traballadas: CE12, CE14, CE15, CG3, CT12, CB7)
Aprendizaxe baseado na resolución de casos prácticos e en proxectos. (Competencias traballadas: CE12, CE14, CE15, CG1, CG3, CB6, CB7)
Titorías individualizadas e colectivas .(Competencias traballadas: CE12, CE14, CE15, CG3, CG1, CB10)
Traballo autónomo e estudio independente do alumnado. .(Competencias traballadas: CE12, CE14, CE15, CB10, CG1, CG3, CT1, CT2, CT6)
Traballo en grupo e aprendizaxe cooperativa. Sesión/s de discusión activa.(Competencias traballadas: CE12, CE14, CE15, CG1, CG3, CB8, CB7, CB9, CT1, CT2, CT6, CT11)
Avaliación de competencias mediante exercicios de control. (Competencias traballadas: CE12, CE14, CE15, CG3, CG1)
Participación nas clases expositivas, interactivas e outras actividades complementarias (10%) CT1, CT2, CT6, CT12 e competencias básicas arriba citadas.
Realización de prácticas e seminarios (10%) CB6 CB7 CB8 CB9 CB10 CT1, CT2, CT6, CT11, CT12
Presentación de traballos ou informes relacionados co contido da materia: competencias avaliadas
Plan de empresa (20%) CB8, CB9, CB10, CG3, CT1, CT2, CT6, CE12, CE14
Traballo Márketing (10%) CB8, CB9, CB10, CG1, CT1, CT2, CT6, CE15
Proba ou probas parciais e/ou finais, orais e/ou escritas (50%): Haberá una proba escrita e unha proba oral. Competencias específicas arriba citadas e a CG1, CG3 , CT11 e CT12.
O alumnado en segunda oportunidade e repetidor será avaliado cos mesmos criterios.
A realización de prácticas fraudulentas poden conlevar o suspenso na primeira e na segunda oportunidade. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación
Ademais da asistencia á clase, considérase suficiente, para a aprendizaxe da materia, unha dedicación de 102 horas de traballo persoal do alumno incluíndo as actividades de avaliación.
Estímase necesario un estudo regular ao longo do semestre que incida na resolución dos problemas prácticos.
"Materia en extinción no curso 2024/25, sen docencia pero con dereito á avaliación co sistema especificado para estudantes repetidores"
Ana Isabel García Arias
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía, Socioloxía e Política Agraria
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Iban Vazquez Gonzalez
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía, Socioloxía e Política Agraria
- Correo electrónico
- iban.vazquez.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor