Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Botánica, Bioloxía Funcional
Áreas: Botánica, Ecoloxía
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia contribuirá a que o alumno obteña parte das competencias especificadas no Plan de Estudos da Titulación para a Especialidade de Modelos para a Xestión Forestal, a través dos seguintes obxectivos:
• Coñecemento dos principais métodos ecofisiolóxicos de utilidade para estudar o comportamento dos ecosistemas forestais fronte ao cambio global.
• Adquisición de habilidades para comprender a reposta dos bosque ao longo do tempo e o seu posible comportamento no futuro.
Caracterización de parámetros básicos: intercepción da radiación solar e chuvia, índice de área foliar, superficie foliar específica, discriminación isotópica, distribución de biomasa, produción primaria bruta e neta.
Dendrocronoloxía: bases anatómicas, sincronización e elaboración de series de aneis de crecemento. Dendroclimatoloxía: reconstrución climática e estudo do cambio global. Outras aplicacións da dendrocronoloxía.
Estes contidos desenvolveranse de acordo co seguinte temario:
ACTIVIDADES EXPOSITIVAS
Introdución á ecofisioloxía vexetal. O ambiente das plantas. A Radiación solar. O microclima das plantas.
Utilización de carbono e produción de materia orgánica. Metabolismo de carbono na célula. Intercambio gasoso en plantas. Presuposto de carbono dunha planta. Presuposto de carbono en rodais. Conversión de enerxía. Enriquecemento atmosférico de CO2.
Relacións hídricas. A auga na célula. Relacións hídricas nunha planta en conxunto. Relacións hídricas en diferentes tipos de plantas. Relacións hídricas en comunidades de plantas.
Caracterización de parámetros morfolóxicos e anatómicos de importancia funcional: cuantificación e significado ecolóxico. Aneis de crecemento. Formación estacional da madeira. Técnicas de estudo e modelización da actividade cambial.
A análise dos aneis de crecemento no estudo do cambio global. Dendrocronoloxía: concepto e base biolóxica. Respostas das árbores ao clima e a outras condicións ambientais. Variables de crecemento anuais e intraanuais.
Datación dos aneis de crecemento: sincronización. Elaboración de series dendrocronolóxicas: estandarización e cálculo de cronoloxías. Identificación dos sinais de interese.
Aplicacións das técnicas dendrocronolóxicas. Reconstrución do clima pasado. Estudo la dinámica forestal ao longo do tempo. Outras aplicacións da dendrocronoloxía.
ACTIVIDADES INTERACTIVAS
Análise de pigmentos fotosintéticos.
Cálculo do índice de área foliar e da área foliar específica.
Resolución de problemas de ecosfisioloxía.
Observación e interpretación de aneis de crecemento.
Elaboración de series dendrocronolóxicas.
Modelización usando aneis de crecemento: estudo do clima e a dinámica forestal.
Elaboración e exposición dun traballo práctico.
Bibliografía básica
Lambers, H., Chapin III, F.S. & Pons, T.L. (2008). Plant physiological ecology, 2nd edition, Springer, New York, 604 pp.
Landsberg, J., Sands, P. (2011). Physiological ecology of forest production: principles, processes and models . Academic Press, London.
Larcher, W. (1977). Ecofisiología vegetal. Omega, Barcelona, 305 pp.
Larcher, W. (1995). Physiological plant ecology: ecophysiology and stress physiology of funtional groups, 3rd edition, Springer-Verlag, Berlin, 506 pp.
Fritts, H.C. (2001). Tree rings and climate. Blackburn Press, 2nd edition. Caldwell, New Jersey. 567 pp.
Schweingruber, F.H. (1996). Tree rings and environment. Dendroecology. Paul Haupt, Berne, 609 pp.
Schweingruber, F.H., Börner, A. & Schulze, E.D. (2006). Atlas of woody plant stems. Evolution, structure, and environmental modifications. Springer, Berlin-Heidelberg, 229 pp.
Speer, J.H. (2010). Fundamentals of tree-ring research. The University of Arizona Press, Tucson. 368 pp.
Bibliografía complementaria
Fitter, A.H., Hay, R.K.M. (2002). Environmental physiology of plants.3rd ed. Academic Press, San Diego, 367 pp.
Kozlowski, T.T., Kramer, P.J. & Pallardy, S.G. (1991). The physiological ecology of woody plants, Academic Press, San Diego, 657 pp.
Landsberg, J.J. & Gower, S.T. (1997). Applications of physiological ecology to forest management, Academic Press, San Diego. 354 pp.
Nobel, P.S. (2009). Physicochemical and Environmental Plant Physiology. 4th ed. Academic Press, 582 pp.
Schweingruber, F.H. (2012). Trees and wood in dendrochronology. Morphological, anatomical, and tree-ring analytical characteristics of trees frequently used in dendrochronology. Springer, Berlin-Heidelberg, 409 pp.
Vaganov, E.A., Hughes, M.K. & Shashkin, A.V. (2006). Growth dynamics of conifer tree rings. Images of past and future environments. Springer, Berlin-Heidelberg, 354 pp.
Os recursos electrónicos iranse facilitando ao longo do curso.
Ao concluír esta materia, o alumno deberá haber adquirido unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da Enxeñería en xeral e da Enxeñería Forestal en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación traballaranse as seguintes:
Competencias básicas, xerais e transversais
CB6. Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenrolo e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (o multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB10. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
CT1 Capacidade de análise e síntese.
CT2. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT4. Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT12. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Competencias específicas
CE47. Adquirir coñecementos sobre los efectos del quecemento global sobre as árbores de forma individual e sobre as masas forestais. Mostrar os factores que contribúen tanto as variacións no crecemento como a distribución das especies e identificar as variables anatómicas máis sensibles, de forma que o alumno saiba interpretar sucesos pasados e lle sirva para a futura xestión dos bosques/ecosistemas.
Mediante as clases expositivas explicaranse os conceptos teóricos xerais (CE47), empregando clases maxistrais, apoiadas mediante o uso de presentacións e outras ferramentas informáticas (CB6, CB7, CT5). Nas clases prácticas mostraranse técnicas de laboratorio empregadas en estudos ecofisiolóxicos e dendrocronolóxicos, así como as ferramentas estatísticas e informáticas para a aplicación de determinados modelos estudados (CB6, CB7, CT1, CT4, CT12). O alumno deberá elaborar algúns dos resultados obtidos durante as sesións prácticas, e mediante a aplicación dos conceptos teóricos adquiridos, presentar memorias razoadas (individuais e/ou en grupo) do traballo realizado (CB6, CB7, CB10, CT1, CT2, CT4, CT12).
O Campus Virtual servirá para que os alumnos poidan acceder a toda a información subministrada nas clases, así como a outra información complementaria que poida ser do seu interese, pero que por razóns de tempo no se chegue a detallar en clase (CE47, CB6, CT5). Tamén se expoñerá o calendario de actividades e se comunicarán os resultados das avaliacións e as diversas incidencias que xurdan na actividade docente.
Realizarase un seguimento da asistencia e participación do alumnado.
Asistencia e participación activa nas actividades da aula (10%). Competencias CT1, CT2 e CE47
Probas escritas (60%). Competencias CB6, CB7, CB10, CT1, CT2, CT12 e CE47
Traballos entregados e/ou expostos (30%). Competencias CB6, CT1, CT2, CT4, CT5, CT12 e CE47
As probas escritas deberán ser superadas para poder aprobar a materia.
A dispensa da asistencia, en casos xustificados, só poderá ser concedida para as actividades expositivas. Neste caso, a avaliación realizarase a partir do exame final, cunha porcentaxe do 65%. As actividades interactivas seguirán o mesmo proceso que para o resto dos alumnos.
En segunda oportunidade, os alumnos deberán facer entrega das tarefas non realizadas, e superar a proba final escrita, de modo análogo á primeira oportunidade.
Os alumnos repetidores que superaron as actividades interactivas nun curso pasado non teñen que volver a realizalas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións.
O tempo de estudo e traballo persoal pode ser moi variable en función das capacidades de cada alumno. Por termo medio cada hora de traballo presencial requirirá de dous a tres horas de estudo e traballo persoal do alumno.
Recoméndase levar ao día a materia e consultar a bibliografía recomendada, polo menos a básica, e os recursos informáticos propostos. O uso das horas de titorías para a resolución de dúbidas é máis que aconsellable.
Ruben Villares Pazos
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Correo electrónico
- ruben.villares [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Ignacio Garcia Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Correo electrónico
- ignacio.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 (Aulario 2) |
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula 5 (Aulario 2) |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 (Aulario 2) |
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula 5 (Aulario 2) |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 (Aulario 2) |
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula 5 (Aulario 2) |
16.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario I (Pav.III) |
10.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario I (Pav.III) |