Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Adquisición de coñecementos para realizar traballos de planificación hidrolóxica e loita contra a desertificación.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Planificación hidrolóxica. Conceptos e principios da planificación integrada de concas. Inventario de masas de auga. Influencias antrópicas nas concas vertentes. Lexislación sobre planificación hidrolóxica. Modelado hidráulico: fluxo de auga en correntes naturais, cálculo de perfís de fluxo en ríos, modelos hidráulicos. Restauración de concas hidrográficas de montaña. Ordenación agro-hidrolóxica de concas vertentes. A desertificación: causas naturais, diagnóstico do risco e técnicas de prevención e control. Plan nacional de loita contra a desertificación.
Estes contidos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario:
As horas que aparecen asignadas son de clases expositivas e interactivas e son unha previsión de distribución de horas
Tema 1. Conceptos e principios da planificación integrada de concas (2 horas)
Planificación hidrolóxica. Conceptos e principios da planificación integrada de concas. Inventario de masas de auga. Indicadores de calidade das masas de auga. Lexislación sobre planificación hidrolóxica
Tema 2. Modelado hidráulico: fluxo de auga en correntes naturais (4 horas)
Modelado hidráulico: fluxo de auga en correntes naturais, cálculo de perfís de fluxo en ríos, modelos hidráulicos. Delimitación do dominio público hidráulico. Estudios de inundabilidade.
Tema 3. Caudais ecolóxicos. (2 horas)
Tipos de réximes de caudais ecolóxicos. Métodos de determinación de réximes de caudais ecolóxicos: hidrolóxicos e hidrobiolóxicos. Metodoloxía IFIM e PHABSIM. Réximes de caudais ecolóxicos nos planos hidrolóxicos.
Tema 4. Xeomorfoloxía fluvial (2 horas)
Introdución á xeomorfoloxía fluvial. Tipos de formas en planta de ríos. Estabilidade dun cauce: concepto de equilibrio nun río. Morfoloxía de cauces. Análise xeomorfolóxica dos cambios nos cauces.
Tema 5. Restauración de concas hidrográficas de montaña (6 horas)
Introdución e principios das Restauracións Hidrolóxico-Forestais. Hidrotécnias transversais. Hidrotécnicas lonxitudinais. Proxectos de Restauración hidrolóxico-forestais.
Tema 6. Ordenación agrohidrolóxica de concas (4 horas)
Manexo de Concas. Conceptos utilizados no estudio da conca. Actuacións hidrolóxico-forestais en concas vertentes con distintos escenarios. Bases para o manexo sostible dunha conca. Manexo Ecolóxico do solo. Propostas agroforestais
Tema 7. Desertificación (1 hora)
Definición de desertificación. Causas e efectos da desertificación. Paisaxes da desertificación. A loita contra a desertificación.
Prácticas
Práctica Nº 1: Modelado de fluxo de auga en canles en réxime permanente co “software” HEC-RAS (2 horas).
Práctica Nº 2: Ordenación agrohidrolóxica dunha conca (1 hora)
Bibliografía básica
• ASCE. 1996. River hydraulics. ASCE Press. New York. 144 pp. https://www.publications.usace.army.mil/USACE-Publications/Engineer-Man…
• Chaudhry, M.H. 1993. Open-channel flow. Prentice Hall. New Jersey. 483 pp.
• Chow, V.T. 1982. Hidráulica de los canales abiertos. Editorial Diana. México. 633 pp.
• De Aranda, G. (Ed.). 1992. Hidrología forestal y protección de suelos. Técnicas y experiencias en dirección de obras. ICONA. Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación. Madrid. 693 pp.
FISRWG. 1998. Stream Corridor Restoration: Principles, Processes, and Practices. Federal Interagency Stream Restoration Working Group (FISRWG)(15 Federal agencies of the US gov't). https://www.nrcs.usda.gov/wps/portal/nrcs/main/national/water/manage/re…
• French, W.H. 1988. Hidráulica de canales abiertos. McGraw-Hill. México.
• López, F. (Ed.). 1998. Restauración hidrológico forestal de cuencas y control de la erosión. Ministerio de Medio Ambiente, Tragsa, Tragsatec y Ediciones Mundi-Prensa. Madrid. 945 pp.
• López, F. 1988. Corrección de torrentes y estabilización de cauces. FAO. Roma. 182 pp..
• Martín Vide. 1999. Ingeniería fluvial. Edicions UPC. 199 pp.
• Mintegui, J.A. y López, F. 1990. La ordenación agrohidrológica en la planificación. Servicio central de publicaciones del Gobierno Vasco. Vitoria. 306 pp.
• Suárez, L.M. 1993. Presas de corrección de torrentes y retención de sedimentos. Ministerio del Ambiente y de los Recursos Naturales Renovables. Caracas.
Bibliografía complementaria
ASCE. 1995. Hydraulic design of flood control channels. ASCE Press. New York. 120 pp. https://www.publications.usace.army.mil/USACE-Publications/Engineer-Man…
CEDEX. 2011. Mapa de caudales máximos Memoria Técnica. CEDEX. Madrid. 73 pp. https://www.miteco.gob.es/es/cartografia-y-sig/ide/descargas/agua/mapa-…
Sánchez Martínez, F.J., Lastra Fernández, J. (Coordinadores). 2011. Guía metodológica para el desarrollo del Sistema Nacional de Cartografía de Zonas Inundables. Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino Madrid 349 pp. https://www.miteco.gob.es/es/agua/publicaciones/guia_metodologica_ZI.as…
WMO. 2012. Glosario hidrológico internacional . WMO-No. 385 https://library.wmo.int/doc_num.php?explnum_id=8209
Competencias básicas, xerais e transversais:
CG2 - Capacidade para deseñar, dirixir, elaborar, implementar e interpretar proxectos e plans de actuación integrais no medio natural.
CG4 - Capacidade para aplicar e definir criterios e indicadores no campo da auditoría ambiental.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica
CT4 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible
CT7 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT9 - Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11 - Utilización de información en lingua estranxeira.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Competencias específicas :
CE5: coñecemento e capacidade para deseñar plans de desenvolvemento integral sostible para as rexións forestais e desenvolvemento de indicadores de xestión.
CE6: Capacidade para deseñar e calcular plans de declaración e / ou xestión de espazos naturais protexidos.
CE7: Capacidade para deseñar e calcular plans de ordenación do territorio, zonas de montaña e zonas costeiras.
CE8: coñecemento e capacidade adecuadas para desenvolver e aplicar tecnoloxía propietaria na planificación hidrolóxica e na loita contra a desertización.
CE9: Capacidade para controlar a contaminación do Medio Natural debido á actividade industrial e á xestión de residuos.
CE11: Capacidade para desenvolver sistemas de calidade forestal e auditorías ambientais.
No transcurso da docencia expositiva facilítase o acceso do alumno ás bases científicas e técnicas da materia impartida.
O profesor encargado de cada unidade encárgase da exposición dos fundamentos teóricos e da súa comprensión por parte dos alumnos. A ensinanza é de carácter práctico e aplicado. Unha vez que o alumno coñece as principais fontes de información, a materia desenvólvese dun xeito eminentemente práctico mediante docencia interactiva, coa realización de exercicios e realización de prácticas e elaboración dun traballo posterior sobre as mesmas
Nesta materia na docencia presencial traballaranse as seguintes competencias:
*Docencia expositiva: CG2 CG4 CB6 CB7 CB8 CB10 CT1 CT2 CT3 CT12 CE5 CE6 CE7 CE8 CE9 CE11
*Seminarios e resolución de problemas: CG2 CG4 CB6 CB7 CB8 CB10 CT1 CT2 CT3 CT4 CT5 CT6 CT7 CT8 CT9 CT10 CT11 CT12 CE5 CE6 CE7 CE8 CE9 CE11
*Prácticas e elaboración de traballos CG2 CG4 CB6 CB7 CB8 CB9 CB10 CT1 CT2 CT3 CT4 CT5 CT6 CT7 CT8 CT9 CT10 CT11 CT12 CE5 CE6 CE7 CE8 CE9 CE11
*Titorías en grupos reducidos CG4 CB7 CB8 CB10 CT1 CT2 CT3 CT12 CE5 CE6 CE7 CE8 CE9 CE11
1. Exame escrito, constará de dúas partes (parte teórica e parte de problemas) e, terá un valor do 70% da puntuación final da materia.
Competencias avaliadas:
Competencias básicas: 6, 7,8 e 10
Competencias transversais: 1,2,3,6, 10, 11 e 12
Competencias específicas: 5,6,7,8,9,11
2. Programa práctico: O traballo práctico será voluntario, asignado a cada grupo, para a realización deste utilizaranse os coñecementos adquiridos nas clases teóricas e prácticas. Valoración 15%.
Competencias avaliadas:
Competencias xerais: 2 e 4
Competencias básicas,: 6, 7, 8, 9 e 10
Competencias transversais: 1,2,4,5,6,7,8,9,10 e 11
Competencias específicas: 5,6,7,8,9,11
3. Outras actividades, exercicios e traballos propostos 15% da puntuación total da materia.
Incluirá a seguinte actividade: usando o glosario de termos hidrolóxicos publicado pola organización meteorolóxica mundial e a base de datos web of science e Scopus, recabar información sobre artigos de temas da materia publicados en inglés sobre un área específica determinada polo profesorado da materia
Competencias avaliadas:
Competencias xerais: 2 e 4
Competencias básicas: 6,7,8,9 e 10
Competencias transversais: 1,2,4,5,6,7,8,9,10,11 e 12
Competencias específicas: 8
Este sistema de avaliación estará vixente tanto na primeira como na segunda oportunidade
O cualificacións das prácticas e das outras actividades conservaranse durante o curso académico actual e o seguinte.
Os estudantes que teñan dispensa de asistencia a algunha das actividades docentes programadas por mor do traballo ou conciliación familiar, terán que aterse ao disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral. Neses casos, para aprobar esta materia é obrigatoria a asistencia aos exames, podendo realizar o resto de actividades programadas na Guía docente de xeito non presencial.
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto no Regulamento para a avaliación do rendemento académico dos estudantes e a revisión das cualificacións correspondente ao artigo 16 da Resolución do 15/06/2011 da USC, DOG do 21/07/2011.
Clases expositivas, seminarios, prácticas e titorías en grupo 24 h
Lectura e preparación de temas: 14 h
Elaboración de traballos de curso: 3h
Realización de exercicios: 18h
Preparación práctica e traballo posterior das mesmas 7 h
Preparación de probas avaliación: 6 h
Realización de probas 3 h
Total 75 horas
A asistencia a clase recoméndase que sexa dun xeito activo, participando no seu desenvolvemento. Así mesmo, é interesante facer uso das titorías, recorrer á bibliografía recomendada e participar nas prácticas e realizar os traballos prácticos.
Materia en extinción no curso 2024/25, sen docencia pero con dereito á avaliación co sistema especificado para estudantes repetidores
Jorge Dafonte Dafonte
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- jorge.dafonte [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade