Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal, Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Enxeñaría Agroforestal, Produción Vexetal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Presentar aos estudantes distintas alternativas de xestión do combustible que reducen a virulencia e a gravidade dos incendios. Prestarase especial atención ao lume prescrito e aos sistemas silvopastorais.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Xestión do combustible forestal mediante lume prescrito e pastoreo ou carga de fauna silvestre. Actuacions na interfaz urbano-forestal. Ferramentas de planificación e avaliación de actuacións.
Estes contidos se desenvolverán segundo o seguinte temario teórico práctico. A dedicación non presencial estímase en dúas horas por cada hora presencial.
TEORÍA
Bloque I (6 horas presenciais)
Tema 1. O lume prescrito
1.1 Conceptos de lume técnico
1.2 Usos do lume prescrito
1.3 Descrición do lume a favor, lume en contra e lume de flanco
1.4 Transmisión de calor e desprazamento dunha liña de lume
1.5 Fases do lume prescrito: planificación, preparación e execución
1.6 Tipos de ignición e técnicas de prendido
1.7 Análise comparativa das distintas técnicas de prendido
Tema 2. Ferramentas de planificación e avaliación de actuacións
2.1 Introducion a FLAMMAP
2.2 Traballando con FLAMMAP
O uso desta ferramenta implica o manexo da lingua inglesa xa que tanto os módulos de cálculo como os menús do programa e o sistema de axuda están integramente en inglés.
Tema 3. Xestión na interfaz urbano-forestal
3.1 Actuacións sobre o combustible
3.2 Otras actuacións
Bloque II (6 horas presenciais)
Tema 1. Roza biolóxica (sistemas silvopastorais)
1.1 Sistemas agroforestais
1.2 Distintos tipos de sistemas silvopastorais
1.3 Compoñentes dos sistemas silvopastorais
1.4 Sistemas silvopastorais e control do combustible vexetal do sotobosque
1.5 Características desexables no arboredo
1.6 Calidade pascícola das especies do sotobosque
1.7 Acondicionamento da matogueira do sotobosque e do arboredo
1.8 Mellora do pasto do sotobosque
1.9 Praderías arboradas
1.10 Tipos de gando e manexo deste
1.11 Infraestruturas necesarias (cerramentos, bebedoiros, comedeiros, refuxios...)
1.12 Alimentación complementaria
1.13 Atención veterinaria
1.14 Rendemento económico
1.15 Efectos ecolóxicos e sobre o arboredo
Tema 2. Outros Sistemas de ordenación do combustible vexetal do sotobosque
2.1 Roza manual e mecánica
2.2 Fitocidas
PRÁCTICAS
Viaxe de prácticas (6 horas)
Resolución de casos prácticos (6 horas presenciais)
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA bloque I
MAGRAMA. 2012. Quemas prescritas realizadas por los EPRIF. Método y aplicación. Organismo Autónomo de Parques Nacionales. Madrid.
Vega J.A. 2001. Manual de Queimas Prescritas para Matogueiras de Galicia. Xunta de Galicia.
Fernández, C.; Vega J.A.; Fonturbel, M.T, (2013), Shrub Resprouting Response after Fuel Reduction Treatments: Comparison of Prescribed Burning, Clearing and Mastication. Journal of Environmental Management . (117) p. 235-241.
Fernandes, P.M.; Davies, G.M.; Ascoli,D., Fernández C.; Moreira, F.; Rigolot, E.; Stoof, C.R.; Vega, J.A.; Molina, D., (2013), Prescribed Burning in Southern Europe: Developing Fire Management in a Dynamic Landscape. Frontiers in Ecology and Environment. (11) p. 4-14.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA bloque I
Agee, J.K., C.N, Skinner. 2005. Basic principles of forest fuel reduction treatments Forest Ecology and Management 211:83-96.
Fernandes, P.M, Botelho, H.S. 2003.A review of prescribed burning effectiveness in fire hazard reduction. Int. Journal of Wildland Fire 12:117-128
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA Bloque II
Mosquera, A., 1992. Transformación de terrenos de monte gallegos a praderas permanentes. Dosis óptimas de cal para su implantación y mantenimiento. En “100 años de Investigación Agraria”. Ed. Consellería de Agricultura. Xunta de Galicia.
Mosquera, M.R., Rigueiro, A., Romero, R., Piñeiro, J., González, P., López, M.L., 2000. Plantas de los prados del Noroeste de España. Universidade de Santiago de Compostela.
Muslera, E., Ratera, C., 1991. Praderas y Forrajes. Mundi Prensa. Madrid.
Rigueiro, A., 2000. Sistemas silvopastorales en la Iberia Atlántica. Actas de la Reunión Ibérica de Pastos y Forrajes, 3:649-657.
Rigueiro, A., Silva-Pando, J., Rodríguez, J., Castillón, P., Alvarez, P., Mosquera, M.R., Romero, R., González, M.P., 1998. Manual de sistemas silvopastorales. Universidad de Santiago de Compostela.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA Bloque II
García, L., Fernádez, C. 1991. Fundamentos sobre las malas hierbas y herbicidas. Mundi-Prensa. Madrid.
González Hernández, M.P.& Silva-Pando, F.J. 1999. Nutritional attributes of understory plants known as components of deer diets. J. Range Management 52 (2): 132-138.
González-Hernández, M.P.; Starkey, E.E.; Karchesy, J. 2003. Research observation: Hydrolyzable and Condensed Tannins in Plants of northwest Spain forests. Journal of Range Management, 56 (5): 461-465.
Sineiro, F., 1978. Establecimiento del pasto por los métodos de mínimo laboreo y no laboreo tras corta o quema del matorral. Centro de Investigaciones Agrarias de Mabegondo.
Os estudantes traballarán as seguintes competencias básicas, transversais e específica:
CB7: Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CT2: Capacidade para o razoamento e a argumentación
CT3: Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica
CT10: Utilización bibliográfica e de Internet
Competencias específicas:
CE36: Formación completa sobre as distintas técnicas e procedementos para o control do combustible no monte coa finalidade de reducir a combustibilidade das formacións vexetais, facilitar o control do lume e minimizar os seus impactos
O ensino desta materia baséase na exposición teórica das distintas alternativas de xestión e das súas vantaxes e os inconvenientes (CE36), procurando a participación activa dos estudantes (CB7, CT2). Formularanse casos reais a escala monte e paisaxe nos que os alumnos traballarán de forma autónoma (CE36, CT3, CT10). Os profesores axudaranse de presentacións feitas mediante o ordenador, e tamén se utilizará a pizarra clásica. Os contidos teóricos da materia, os casos prácticos propostos e o material complementario de interese se incluirán na aula virtual.
Práctica de campo obligatoria: visita a unha zona forestal na que executásense actuacións de ordenación do combustible.
Realizarase unha avaliación continua ao longo do curso, tendo en conta os rendementos dos estudantes nos seguintes apartados:
Probas escritas (20%): CT2, CT3, CE36
Resolución de casos prácticos e realización de traballos (70%): CB7, CT2, CT3, CT10, CE36
Participación do alumnado nas actividades da aula e informe da práctica de campo (10%): CT3, CT10, CE36
Os criterios son os mesmos para as dúas oportunidades, a ordinaria e a extraordinaria de recuperación. Tamén son os mesmos para os alumnos repetidores. No caso de estudantes con dispensación de asistencia concedida establecerase un acordo personalizado para superar a materia, sendo necesario en cualquera caso superar as probas escritas ea correcta execución dos exercicios e traballos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións” ” (artigo 16 da Resolución de 15/6/2011 da USC, DOG de 21/7/2011).
Previstas 51 horas de traballo persoal do alumno. Esto implica que por cada hora de traballo presencial o alumno deberá traballar persoalmente unhas dúas horas, incluíndo o tempo dedicado á comprensión e estudo de contidos teóricos, revisión de casos prácticos e preparación de probas escritas.
Asistencia a clases e viaxe de prácticas.
Ana Daria Ruiz Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- anadaria.ruiz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Antonio Rigueiro Rodríguez
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- antonio.rigueiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Emérito LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 19 (Pav.II-PPS) |
17.12.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario I (Pav.III) |
25.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario I (Pav.III) |